Saltar ao contido

Javier García-Verdugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Francisco Javier García-Verdugo»)
Modelo:BiografíaJavier García-Verdugo
Biografía
Nacemento6 de xullo de 1934 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xuño de 2017 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Talavera de la Reina, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor en Wikidata - 1967 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1950–1952 Talavera Club de Fútbol
1952–1953   Club Deportivo Toledo
1953–1954   CD Logroñés 21(0)
1954–1955   Atlético de Madrid 0(0)
1955–1955   Real Zaragoza 0(0)
1955–1958   Xerez Club Deportivo 80(7)
1958–1960   Cádiz CF 56(1)
1960–1963   Real Valladolid 78(0)
1963–1966   Valencia CF 27(0)
1964–1965 cesión CE Sabadell 25(0)
1966–1967   Deportivo da Coruña 9(0)

Francisco Javier García-Verdugo Garrido, nado en Madrid o 6 de xullo de 1934 e finado en Talavera de la Reina o 9 de xuño de 2017,[1] foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Ocupaba as posicións de defensa central e medio volante e xogou en tres clubs da Primeira División (Valladolid, Valencia e Deportivo da Coruña), así como en varios de Segunda. Como adestrador dirixiu tanto na Segunda División como na Terceira, conseguindo dous ascensos á categoría de prata con Tenerife e Real Burgos e o primeiro ascenso á Primeira División da historia do Rayo Vallecano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Madrid, sendo o décimo fillo de Carlos García-Verdugo Menoyo, fundador do primeiro centro de ensinanza media de Talavera de la Reina, o colexio Cervantes.[2] Criouse en Talavera e deu os seus primeiros pasos como futbolista no propio colexio Cervantes, pasando logo ao Talavera. Aos 16 anos debutou co primeiro equipo, no que xogou dous anos, antes de militar durante unha tempada no Toledo.

Na tempada 1953/54 fichou polo Logroñés, co que debutou na Segunda División, disputando 21 encontros. O seu bo nivel na Rioxa propiciou a súa contratación por parte do Atlético de Madrid de Quincoces, co que, con todo, non chegou a debutar, saíndo finalmente en novembro rumbo ao Zaragoza. Despois de disputar oito partidos co equipo aragonés, xogou entre 1955 e 1958 no Xerez, club onde atopou a regularidade, ao disputar un total de 80 partidos oficiais e de marcar 7 goles, ocupando habitualmente a posición de centrocampista. Tralo descenso do equipo á Terceira División, asinou polo Cádiz, no que militou dúas tempadas, atrasando a súa posición ata a de defensa central.

Na tempada 1960/61 pasou ao Valladolid, co que realizou a súa estrea na Primeira División. Titular indiscutible durante tres campañas, viviu un descenso a Segunda e un ascenso só un ano despois. A continuación xogou no Valencia entre 1963 e 1966,[3] cun intervalo dunha tempada que foi cedido ao Sabadell, de Segunda. En maio de 1966 fichou polo Deportivo da Coruña, ao que chegou xunto aos tamén exvalencianistas Sánchez Lage e Suco.[4] Só puido disputar nove partidos ás ordes de Orizaola antes de que unha lesión de xeonllo puxese fin á súa carreira.[5]

Comezou a súa traxectoria como adestrador no Talavera, ao que dirixiu só uns meses, antes de chegar ao banco do Tenerife no verán de 1969, co obxectivo de devolver o equipo canario á Segunda División.[6] A pesar de recibir varios ultimatos pola falta de bos resultados, continuou no banco e conseguiu o ascenso ao remate da tempada 1970/71. Dirixiu o equipo tamén na categoría de prata, ata que foi destituído en xaneiro de 1972, despois de só tres vitorias nos primeiros 15 encontros.[7]

Tras adestrar brevemente ao Salamanca, pasou polos bancos do Córdoba e Gimnàstic, ambos de Segunda, sendo cesado antes do remate da tempada en ambas ocasións. Na campaña 1976/77 dirixiu o Rayo Vallecano, guiándoo ata o primeiro ascenso á Primeira División da súa historia, despois de manterse invicto como local.[8] Entre 1977 e 1979 adestrou a Osasuna, tamén na segunda categoría.

Para a tempada 1979/80 fichou polo Deportivo da Coruña. Aínda que comezou con sete derrotas nos primeiros dez partidos, ocupando a penúltima praza da Segunda División, conseguiu remontar ata o décimo lugar na xornada 20, cun equipo que lideraban no campo Paco Buyo e José Luis Vara.[5] Con todo, unha mala serie de resultados devolveu o equipo aos postos de descenso, e o adestrador foi destituído a falta de oito xornadas.[5]

En 1981 baixou á Terceira División para adestrar durante unha campaña o Deportivo Aragón, filial do Real Zaragoza, ao tempo que exercía as funcións de segundo adestrador de Leo Beenhakker no primeiro equipo. En 1984 converteuse no segundo adestrador da historia do Real Burgos, club fundado un ano antes e ao que conseguiu ascender ata a Segunda División B. Pechou a súa carreira no mesmo club no que a comezara, o Talavera, ao que adestrou na Terceira División.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Tenerife
Real Burgos
  1. Fallece a 83 años García-Verdugo, jugador y entrenador del Valencia y Dépor
  2. "Fallece a 83 años Javier García-Verdugo, jugador y entrenador de fútbol" (en castelán). 9 de xuño de 2017. Consultado o 31 de maio de 2023. 
  3. "Molina al Betis y García Verdugo al Valencia". La Noche (en castelán) (12998). 7 de agosto de 1963. p. 6. Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  4. "Sánchez Lage y García-Verdugo, han fichado por el R.C. Deportivo". La Noche (en castelán) (13897). 25 de maio de 1966. p. 5. Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Rodríguez Cudeiro, Juan Luis (1 de xuño de 2020). "Cuarenta años del descenso del Deportivo a Segunda B" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2023. Consultado o 31 de maio de 2023. 
  6. Padilla, Luis (1 de abril de 2018). "Las siete vidas de García Verdugo" (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2023. 
  7. "Temporada 71/72: La caída de García Verdugo" (en castelán). 20 de abril de 2020. Consultado o 31 de maio de 2023. 
  8. "Falleció García-Verdugo, técnico del primer ascenso a Primera". As (en castelán). 10 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2023. Consultado o 31 de maio de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]