Fernando Grande-Marlaska

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fernando Grande-Marlaska Gómez»)
Infotaula de personaFernando Grande-Marlaska

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Fernando Grande-Marlaska Gómez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Fernando Grande Marlasca Editar o valor em Wikidata
26 de xullo de 1962 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados

3 de decembro de 2019 – 21 de febreiro de 2020 – Maria Gemma Araujo Morales (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Cádiz (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
16 de maio de 2019 – 24 de setembro de 2019

Circunscrición electoral: Cádiz (en) Traducir

Ministro do Interior de España
7 de xuño de 2018 –
← Juan Ignacio Zoido
Nomeado por: Pedro Sánchez
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , xuíz , avogado , xurista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGorka Arotz (2005–)
PaisAvelino Grande Editar o valor em Wikidata  e Ángela Marlasca Gómez Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm4268313 Dialnet: 2693186 Editar o valor em Wikidata

Fernando Grande-Marlaska Gómez, nado en Bilbao o 26 de xullo de 1962, é un maxistrado español, actual ministro do Interior do Goberno de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou na carreira xudicial en 1987 e ata 1989 prestou servizo no Xulgado de primeira instancia de Santoña, en Cantabria, onde investigou o suicidio de Rafael Escobedo, condenado polo crime dos marqueses de Urquijo.​ En 1990 pasa ao Xulgado de Instrución nº 2 de Bilbao, no que permanece durante nove anos. Promociona nese momento a presidente da Sección Sexta do Penal da Audiencia Provincial de Biscaia.

En 2003 instálase en Madrid, como titular do Xulgado de Instrución nº 36.

Maxistrado da Audiencia Nacional[editar | editar a fonte]

Dende 2004 e ata o 30 de xuño de 2006 exerceu no Xulgado Central de Instrución número 5 da Audiencia Nacional, substituíndo provisionalmente ao seu titular, o xuíz Baltasar Garzón. Destacou pola instrución de causas contra a banda terrorista ETA, paralizando manifestacións da esquerda abertzale e ordenando a entrada en prisión de Arnaldo Otegi e pola intervención policial da organización Fórum Filatélico​. Ao reincorporarse Garzón á súa praza (o 1 de xullo de 2006) quedou adscrito á Sala do Penal da Audiencia Nacional. Presentouse como candidato independente ao Consello Xeral do Poder Xudicial (2006), pero non foi elixido.

En 2007 asumiu a titularidade do Xulgado Central de Instrución nº 3 da Audiencia Nacional, en substitución de Teresa Palacios.

Nese momento faise cargo do caso máis importante: o accidente do Yak-42 en Turquía que custou a vida a 62 militares o 26 de maio de 2003 cando regresaban de Afganistán. Con todo aos catro meses de chegar ao xulgado, o 1 de xuño de 2007, arquivou o caso, e atribuíu as responsabilidades á tripulación ucraína, eximindo ao Ministerio de Defensa do accidente por contratar un avión inseguro. Con todo, o 22 de xaneiro de 2008, a Sección Cuarta da Sala do Penal revogou por unanimidade o arquivo, alegando que o xuíz non practicara dilixencia algunha e indefensión das vítimas. Unha vez reaberto o sumario, citou como testemuñas á cúpula militar do momento, e aos exministros Federico Trillo e José Bono. Finalmente o 20 de maio de 2008, imputou por 62 homicidios por imprudencia grave, a cinco altos mandos militares, entre eles o xefe do Estado Maior da Defensa, Antonio Moreno, máximo xefe da cúpula militar no momento do accidente.

O 30 de agosto de 2007 decretou a apertura de xuízo oral por inxurias á Coroa a varios artistas gráficos. En xuño de 2007 decidiu arquivar a causa aberta contra catro directivos de Air Madrid por presunta estafa cometida durante a crise que afectou á aeroliña en decembro de 2006 e, en setembro de 2007, rexeitou os recursos de apelación presentados pola Asociación Xeral de Consumidores e Usuarios e a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) contra o arquivo do auto.

O 23 de febreiro de 2012 foi nomeado presidente da Sala Penal da Audiencia Nacional en substitución de Javier Gómez Bermúdez.

O 29 de novembro de 2013 foi designado vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial, a proposta do Partido Popular, polo Senado.

Ministro do Interior[editar | editar a fonte]

O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministro do Interior do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]