Saltar ao contido

Federico Trillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFederico Trillo

(2001) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalFederico Trillo-Figueroa Martínez-Conde,
Biografía
Nacemento(es) Federico Trillo-Figueroa y Martínez-Conde Editar o valor en Wikidata
23 de maio de 1952 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Cartaxena Editar o valor en Wikidata
Embaixador de España no Reino Unido
31 de marzo de 2012 – 14 de xaneiro de 2017 (renuncia)
 Carles CasajuanaCarlos Bastarreche (pt) Traducir 
Deputado no Congreso dos Deputados
13 de decembro de 2011 – 14 de maio de 2012 (dimisión)

Circunscrición electoral: Alacant

Deputado no Congreso dos Deputados
1 de abril de 2008 – 13 de decembro de 2011 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Alacant

Deputado no Congreso dos Deputados
2 de abril de 2004 – 1 de abril de 2008 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Alacant

8º Ministro de Defensa de España
27 de abril de 2000 – 18 de abril de 2004
 Eduardo Serra RexachJosé Bono 
Deputado no Congreso dos Deputados
5 de abril de 2000 – 2 de abril de 2004 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Alacant

Deputado no Congreso dos Deputados
27 de marzo de 1996 – 5 de abril de 2000 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Alacant

Presidente do Congreso dos Deputados
27 de marzo de 1996 – 27 de abril de 2000
 Félix PonsLuisa Fernanda Rudi 
Deputado no Congreso dos Deputados
29 de xuño de 1993 – 27 de marzo de 1996 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Alacant

Deputado no Congreso dos Deputados
21 de novembro de 1989 – 29 de xuño de 1993 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Alacant

Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid - doutoramento en Dereito
Universidade de Salamanca - licenciatura en Dereito Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico (1983–), militar (–1983), funcionario (1974–), avogado, letrado del Consejo de Estado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular (1989–)
Alianza Popular (1983–1989) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
LealdadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Rama militarArmada Española Editar o valor en Wikidata
Rango militarcomandante Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaría José Molinuevo (valor descoñecido–valor descoñecido), divorcio Editar o valor en Wikidata
PaisFederico Trillo-Figueroa y Vázquez Editar o valor en Wikidata  e Eloísa Martínez-Conde Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1775650 BNE: XX1439282 Dialnet: 73530 Editar o valor en Wikidata

Federico Trillo-Figueroa Martínez-Conde, nado en Cartagena o 23 de maio de 1952, é un xurista e político español do Partido Popular. Foi presidente do Congreso dos Deputados e ministro de Defensa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É fillo de Federico Trillo-Figueroa Vázquez, político franquista galego. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e Doutor en Dereito. Ingresou no corpo xurídico da Armada en 1974 onde estivo destinado na Fiscalía da Zona Marítima do Mediterráneo e, máis tarde, na Dirección de Construcións Navais Militares. En 1979 accedeu por oposición ao corpo de letrados do Consello de Estado. Retirouse como comandante en 1989 para entrar na actividade política.

Actividade política

[editar | editar a fonte]

En 1983 entrou no gabinete xurídico de Coalición Popular, dirixida por Manuel Fraga Iribarne, desde onde participou na reestruturación do partido, que acabou refundándose no Partido Popular. Pertence á Executiva Nacional dende 1986.

Foi elixido deputado por Alacant dende 1989. Durante os anos 1989 a 1996 ocupou a vicepresidencia da mesa do Congreso dos Deputados. De 1991 a 1996 foi portavoz de Xustiza do grupo popular e comisionado ante o Tribunal Constitucional. O 27 de marzo de 1996 foi nomeado Presidente do Congreso dos Deputados, cargo que mantivo ata o final da VI lexislatura en 2000.

O 27 de abril de 2000, José María Aznar nomeouno Ministro de Defensa do seu segundo goberno. Como tal, en xullo de 2002 ordenou o asalto á illa Perejil, ocupada días antes por militares marroquís, para liberala e devolverlle o statu quo.

Durante o seu mandato produciuse o accidente do Yakovlev 42 en Trebisonda (Turquía) o 26 de maio de 2003, no que morreron 62 membros do Exército español, 12 tripulantes ucraínos e un cidadán bielorruso que volvían de Afganistán. Trillo negouse repetidamente a aceptar unha suposta responsabilidade política ou penal (nin sequera logo da posterior condena a prisión de tres dos seus subordinados por falsificar a identificación de 30 dos cadáveres).[1]

Colaborou na fundación da Asociación de Estudios para el Progreso Social e é membro da Comisión Española de Historia Militar. Dende marzo de 2012 ocupa o posto de embaixador de España no Reino Unido.

  • El poder político en los dramas de Shakespeare.
  • Pregones y semblanzas.