Arnaldo Otegi
Arnaldo Otegi | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 6 de xullo de 1958 |
Elgoibar | |
Organización | Herri Batasuna Euskal Herritarrok Batasuna |
Alma máter | Zorroagako filosofia fakultatea e Universidad Nacional de Educación a Distancia |
Profesión | Político |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Arnaldo Otegi Mondragon, nado en Elgoibar o 6 de xullo de 1958, é un político vasco de ideoloxía marxista e independentista vasca. Foi voceiro de Batasuna e parlamentario vasco de Herri Batasuna e Euskal Herritarrok, as tres declaradas ilegais en España en 2003 por ser consideradas baixo tutela de Euskadi Ta Askatasuna.[1] Foi tamén militante da desaparecida organización armada ETA político-militar.[2]
Foi condenado a seis anos e medio de cárcere por pertenza a organización terrorista no chamado «caso Bateragune».[3] No 2013, estando en prisión, foi elixido secretario xeral de Sortu. O 1 de marzo de 2016, foi posto en liberdade logo de cumprir a súa condena íntegra.[4]
Biografía[editar | editar a fonte]
Arnaldo Otegi naceu na localidade guipuscoana de Elgoibar. É licenciado en Filosofía e Letras. Está casado con Julia Arregi Gorrotxategi, coa cal ten unha filla, Garazi, e un fillo, Hodei.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Sentencia de ilegalización de Batasuna, Herri Batasuna y Euskal Herritarrok Arquivado 12 de outubro de 2006 en Wayback Machine., 27 de marzo de 2003.
- ↑ Gaizka Fernández Soldevilla, «Agur a las armas. EIA, Euskadiko Ezkerra y la disolución de ETA político-militar (1976-1985)», en Sancho el Sabio. Revista de cultura e investigación vasca, ISSN 1131-5350, núm. 33, 2010, pág. 92.
- ↑ El Supremo rebaja a seis años y medio la condena a Otegi, Público, 9 de maio de 2012.
- ↑ Lecumberri, Joaquín (29 de febreiro de 2016). "Otegi, fin a seis años y medio de condena polémica". La Vanguardia. Consultado o 1 de marzo de 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: País Vasco |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Entrevista co dirixente realizada por Carlos C. Varela e publicada na revista Luzes en febreiro de 2016. (en castelán)
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |