Conversa usuario:Isili0n: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 394: Liña 394:
Grazas pola corrección. En realidade xa o sei pero na práctica escápanseme moitos casos, e debe haber moitos máis noutras páxinas. Agora creo que o que se preconiza é eliminar a preposición a sempre, en todos os casos, incluso cando o complemento directo é de persoa (igual que en portugués), por exemplo "Lin Rosalía" = Lin libros de Rosalía (e non Lin a Rosalía). Pero si en complementos indirectos: "Linlle á miña amiga Rosalía un libro de poemas".--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 6 de abril de 2017 ás 21:24 (UTC)
Grazas pola corrección. En realidade xa o sei pero na práctica escápanseme moitos casos, e debe haber moitos máis noutras páxinas. Agora creo que o que se preconiza é eliminar a preposición a sempre, en todos os casos, incluso cando o complemento directo é de persoa (igual que en portugués), por exemplo "Lin Rosalía" = Lin libros de Rosalía (e non Lin a Rosalía). Pero si en complementos indirectos: "Linlle á miña amiga Rosalía un libro de poemas".--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 6 de abril de 2017 ás 21:24 (UTC)
*{{resposta a|Miguelferig}} Perdoando a intromisión, non teño noticia de que agora se preconice a eliminación ante antropónimo, onde sacas ese dato? ※ [[Usuario:Sobreira|Sobreira]] ►〓 [[Conversa usuario:Sobreira|「''parlez'' 」]] 14 de setembro de 2017 ás 09:57 (UTC)
*{{resposta a|Miguelferig}} Perdoando a intromisión, non teño noticia de que agora se preconice a eliminación ante antropónimo, onde sacas ese dato? ※ [[Usuario:Sobreira|Sobreira]] ►〓 [[Conversa usuario:Sobreira|「''parlez'' 」]] 14 de setembro de 2017 ás 09:57 (UTC)
[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]], [[Usuario:Sobreira|Sobreira]] lendo sobre isto, acabo de lembrarme desta conversa. Esta ligazón explica esquematicamente os casos particulares onde se emprega a preposición diante dun CD, entre os que está un antropónimo: [O complemento directo sen a preposición a http://multimedia.xunta.es/portaisweb/Flash/curso-superior-linguaxe-administrativa/unidades_flash/3/3.1/teoria.html]. Un saúdo!--[[Usuario:Isili0n|Isili0n]] ([[Conversa usuario:Isili0n|conversa]]) 10 de decembro de 2017 ás 11:19 (UTC)


== Hilda de Whitby ==
== Hilda de Whitby ==

Revisión como estaba o 10 de decembro de 2017 ás 11:20

Benvido(a) á Galipedia, Isili0n!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.☣Banjo tell me 6 de setembro de 2015 ás 21:49 (UTC) [responder]

Referencias en contribucións recentes

Ola, Isili0n. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! ☣Banjo tell me 6 de setembro de 2015 ás 21:49 (UTC) [responder]

Ola Isilion. Permíteme insistir no que che dixo o compañeiro. As referencias son moi importantes nun proxecto como este.
Tes máis información sobre o tema en Wikipedia:Verificabilidade.
Grazas. Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 12 de setembro de 2015 ás 19:20 (UTC)[responder]

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa

Ola Isili0n. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir! ☣Banjo tell me 10 de setembro de 2015 ás 11:16 (UTC) [responder]

Proposta para o 2017

Boas, na taberna hai unha proposta para desenvolver un grupo de artigos relevantes e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 17 de setembro de 2015 ás 17:16 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Ligar os artigos novos

Ola Isilion.

Cando fagas un artigo novo non esquezas revisar as ligazóns doutros artigos cara a el, para que non quede illado.

Dese xeito: Casa consistorial do Porriño pode e debe ligarse, por exemplo, dende O Porriño, dende Antonio Palacios Ramilo... Feito! Feito!

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 20 de setembro de 2015 ás 10:18 (UTC)[responder]

Invitación á entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha invitación para asistir á cerimonia da entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional concedido á Wikipedia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 11:24 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para outubro, novembro e decembro

Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! MediaWiki message delivery (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 10:41 (UTC)[responder]

Anuncio da segunda malla de artigos da Galipedia

Boas, na taberna hai unha nova proposta para organizar a Segunda malla de artigos da Galipecia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de outubro de 2015 ás 04:09 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Boas! Estou a traballar nunha proposta de política para os títulos dos artigos sobre organizacións (nomeadamente partidos políticos e sindicatos, organizacións internacionais, centros educativos e equipos deportivos). Agradeceríache que lle botaras unha ollada e que fixeras os comentarios e achegas que consideraras na conversa. Se adoitas traballar en artigos sobre equipos deportivos a túa axuda sería de especial interese, pois está moi verde o tema. Tamén convén un pulo especial á proposta de partidos. Grazas! --Norrin (Fálame) 16 de outubro de 2015 ás 20:16

Segunda malla de artigos da Galipedia

Esta semana, do 19 ó 25 de outubro, ambos inclusive, organízase a Segunda malla de artigos da Galipedia. A idea é que durante esta semana todos traballemos nos artigos con problemas que están na categoría Atención, para amañalos e que non enchan a Galipedia. Nesa categoría hai agora 355 artigos, se cada usuario activo amaña catro artigos remataremos o choio antes de rematar a semana! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 19 de outubro de 2015 ás 00:31 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego

Na taberna hai unha información sobre o Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego que pode ser do seu interese. Tamén hai unha votación para engadir un aviso na cabeceira dos artigos sobre este evento e para a que se solicita a participación da comunidade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 27 de outubro de 2015 ás 09:54 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proceso de escolla de artigos bos

Boas, na taberna hai unha proposta para comezar a revisar o proceso de selección de artigos bos na Galipedia, e que pode ser do seu interese. Nesta fase debateranse os detalles necesarios para permitir a escolla deste tipo de artigos que mellorarán a calidade e visibilidade do proxecto. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de outubro de 2015 ás 11:24 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta para organizar a páxina dos artigos de calidade

Boas, na taberna hai unha proposta para organizar a páxina dos artigos de calidade na Galipedia, e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 11 de novembro de 2015 ás 10:38 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votacións de propostas de políticas - Actualización a decembro de 2015

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as votacións de políticas en curso e as próximas votacións programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me1 de decembro de 2015 ás 09:14 (UTC)[responder]

Votacións de propostas de políticas - xaneiro 2016

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as próximas votacións de políticas programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me 11 de xaneiro de 2016 ás 08:01 (UTC)[responder]

Votacións de propostas de políticas - febreiro 2016

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as próximas votacións de políticas programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me 1 de febreiro de 2016 ás 08:34 (UTC)[responder]

Pseudónimos

Chamo ao debate sobre un tema de pseudónimos que me gustaría que me axudásedes. Gustaríame que me axudase a recadar a maior base posible para o debate. Moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de marzo de 2016 ás 08:32 (UTC)[responder]

Nova escolla de artigos bos

Boas, xa se aprobou o proceso de escolla de artigos bos polo que xa se pode comezar a propor e votar esta nova categoría. Anímate a propor artigos, e revisa e vota as novas propostas! Saúdos,--MediaWiki message delivery (conversa) 7 de abril de 2016 ás 02:38 (UTC)[responder]

Sen votacións para artigos destacados na portada para 2018

Boas, hai unha proposta na taberna para eliminar no futuro a escolla de artigos destacados para a portada e substituílos polos artigos de calidade e os bos que vaian sendo escollidos, podes consultala aquí. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de abril de 2016 ás 17:19 (UTC)[responder]

Ola! Xa comezou a votación para decidir se cambiamos o deseño da portada da Galipedia, en base a este debate previo. A votación rematará o 15 de maio de 2016. Hai varias propostas e varios apartados nos que votar, as instrucións para a votación atópanse ó comezo da propia proposta. Se cumpres os requisitos para votar podes seguir as instrucións alí indicadas para emitir o teu voto, e se non os cumpres tamén estás invitado a pasarte pola votación e deixar a túa opinión nos comentarios. Saúdos! Banjo tell me 15 de abril de 2016 ás 07:14 (UTC)[responder]

Arao dos cons

Boas IsiliOn, vin que engadiches no artigo que o nome arao ven do francés antigo e puxeches unha referencia, porén nesa referencia non se indica nada sobre a etimoloxía polo que esa información non é verificable. Poderías achegar outra referencia para validar esa información? Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de abril de 2016 ás 15:20 (UTC)[responder]

Perdoa!, estou cego!, mireino tres veces e non me decatei :O Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de abril de 2016 ás 17:30 (UTC)[responder]

Aviso votación para administrador

Hai unha aberta unha votación para decidir se outorgalle a Chairego apc as funcións de administrador.--MediaWiki message delivery (conversa) 5 de maio de 2016 ás 15:40 (UTC)[responder]

Proposta para limitar o tempo dos dereitos de administración

Boas, na taberna hai unha proposta para limitar o tempo dos dereitos de administración. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de maio de 2016 ás 23:07 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

A grandes trazos

Ola,IsiliOn. Revertín a túa edición en memoria histórica. A grandes trazos é correcto. [1] Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 9 de agosto de 2016 ás 11:36 (UTC)[responder]

Si, *a grandes rasgos é incorrecta, pero non a grandes trazos. Un saúdo e a seguir. --Atobar (conversa comigo) 9 de agosto de 2016 ás 15:48 (UTC)[responder]

Radio

Ola Isilion.

Penso que estás errado. A forma correcta é radio.

Un abrazo. --. HombreDHojalata.conversa 11 de agosto de 2016 ás 15:07 (UTC)[responder]

RE:Modelo de elemento químico

Feito! Feito!, polo menos de cara á galería. Os nomes dos parámetros do propio modelo seguen con *radio, cambialos aí levará algo máis de tempo, pero iso xa non é excesivamente prioritario xa que o resultado nos artigos é o correcto agora. Banjo tell me 11 de agosto de 2016 ás 16:21 (UTC)[responder]

Descorrer / discorrer

Boas. Vin que cambiaches nalgúns artigos discurrir por descorrer. Porén, neses casos o verbo adecuaro sería discorrer. Podes ver a diferenza entre descorrer e discorrer.

Por outra banda, é verdade que no DRAG non queda moi claro, pero en matemáticas, segundo o Vocabulario de Matemáticas da USC, prefírese empregar para o vocábulo castelán "acotado" (inglés "bounded") o temo limitado en lugar de acoutado. Un saúdo.--Jglamela (conversa) 16 de agosto de 2016 ás 18:46 (UTC)[responder]

Copyvio?

Ola compañeiro.

Copiaches texto en lingua galega [2] procedente doutras fontes? [3] [4] De ser así, por favor, procede a retiralo. E, en todo caso cita as fontes.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 18 de agosto de 2016 ás 18:57 (UTC)[responder]

Media e promedio

Dígo isto pola revisión de Homo antecessor; o termo promedio ten unha connotación estatística importante. En comparanza con só dicir "media", indica ademais o tipo de cálculo. Revisando o VOLGa vexo que efectivamente "promedio" é "entrada incorrecta" e suxiren "media > termo medio". "Pereiro F et al. (2008): Profesionaliza a túa lingua: estatística"., ie., (véxanse aquí) suxiren "termo medio" tamén. Agora ben, "media" non é un sinónimo perfecto de "promedio", e penso que "termo medio" segue sendo pouco axeitado. Coméntoo só para térmolo en mente en futuras revisións: nalgúns casos como este non é significativo o cambio, pero noutros pode selo.

Grazas polas revisións que vas facendo: a continuar! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Mgl.branco (conversacontribucións)

Familias botánicas

Ola! En verdade semella que segundo a política da Galipedia os nomes das familias botánicas deberían estar en galego. Case todas as familias teñen a día de hoxe a entrada en latín (agora sería un duro traballo mudalo todo ao nome vulgar), aínda que sempre se indica o nome galego no artigo e existe a redirección do mesmo. Persoalmente eu mantería as entradas en latín, como xa fan as outras Wikipedias en linguas achegadas, xa que a mairo parte delas son nomes moi pouco vulgares. Grazas de todos os xeitos pola túa apreciación. Un saúdo.Nachonion (conversa) 24 de agosto de 2016 ás 08:47 (UTC)[responder]

RE:Grampositivo e gramnegativo

Sure! Poñereime co choio pola tarde, aviso cando remate para que lle deas unha revisión. Banjo tell me 25 de agosto de 2016 ás 11:35 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Desculpa pola demora. Banjo tell me 30 de agosto de 2016 ás 19:02 (UTC)[responder]

Lingua Galega

Ola, Ilisi0n! ʊ é o símbolo oficial para a vogal case pechada semiposterior arrendondada no Alfabeto Fonético Internacional.

"Naturalmente, estamos a falar de valores medios, non de que todas as realizacións sexan necesariamente así. Estas vogais, de acordo co Alfabeto Fonético Internacional poden representarse como [ɪ], [ɐ], [ʊ]. Neste dicionario, dado que se procura, na medida do posible, unha transcrición accesible e clara para non especialistas, optouse por representar estas vogais cos signos [e̝], [a̝], [o̝]..."

[e̝] = [ɪ]; [a̝] = [ɐ]; [o̝] = [ʊ]

Non confundir [ʊ] (vogal case pechada semiposterior arrendondada) con [u] (vogal pechada posterior arredondada)!

Andalcant (conversa) 26 de agosto de 2016 ás 12:21 (UTC)[responder]

Reflexións sobre os artigos de calidade

Boas, na taberna hai unha proposta para comentar varios aspectos sobre a escolla dos artigos de calidade e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 31 de agosto de 2016 ás 00:29 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

casa

Feito! Feito!. E tamén corrixín outros numerosos erros de lingua nos que non repararas. --XoioÉche o que hai 2 de setembro de 2016 ás 16:44 (UTC)[responder]

Don Dinis

Agora é o momento de facer o cambio do acento. --XoioÉche o que hai 7 de setembro de 2016 ás 17:32 (UTC)[responder]

Acetil

Ola. Chamoume a atención a corrección de diacetilo/diacetil. Non teño acceso ao dicionario de 2011 de química, que parece que non é accesible en liña. Atopei máis entradas para acetil (que para o caso é o mesmo) que para diacetil. No buscatermos aparece acetilo en dous dicionarios, e no DRAG aparecen metilo, butilo, etilo. En cambio no DRAG aparece acetil, polo que parece que non son moi coherentes polo momento. O tradicional era que acetil e acetilo tiñan usos diferenciados. Usábase acetil cando era un prefixo fusionado con outra palabra (por exemplo acetilcolina, acetilcisteína), pero usábase acetilo cando se usaba como nome por separado (un grupo acetilo ou vermello de metilo). Ou sexa que podería dicir a acetilcisteína leva un grupo acetilo. A IUPAC dixo sempre acetyl, pero está en inglés. Supoño que agora quererán recomendar acetil para todos os usos, pero teñen que ser coherentes cos demais grupos químicos (metil, propil...). Grazas pola corrección, que atraeu a miña atención a eses termos. Espero que se aclaren porque son termos que saen continuamente en química, en centos de páxinas da wikipedia.--Miguelferig (conversa) 10 de setembro de 2016 ás 17:02 (UTC)[responder]

Outra cousa, tampouco hai que considerar como a Biblia algúns vocabularios, porque ás veces son incoherentes internamente, e parece que non están o suficientemente ben traballados. Por exemplo no dicionario de ciencias naturais que mencionabas ven tricociste, pero unhas páxinas máis atrás ven blastocisto e cnidocisto. Non é lóxico que teñan terminacións diferentes (e xa che comentei arriba que mesmo no propio DRAG viña acetil, metilo, etilo etc, que é outra incoherencia). En canto a traqueide supoño que será unha terminación que terá que adaptarse igual sempre (no DRAG vén nereida, pero non sei se é igual), porque supoño que se basearán nunha terminación latina ou grega á hora de taducir o inglés tracheid ou o alemán tracheide.--Miguelferig (conversa) 10 de setembro de 2016 ás 21:57 (UTC)[responder]

RE:Cromátide

Feito! Feito! Banjo tell me 11 de setembro de 2016 ás 18:24 (UTC)[responder]

Raíz az en química

Ola Isili0n, quería preguntar que información tes sobre o recomendado para a raíz az, usada pola IUPAC para compostos que conteñen nitróxeno (ou azote). Aparece en multitude de palabras como azida, aziridina, piperazina, fenotiazina e un longo etcétera. No DRAG non veñen ningunha desas palabras, pero parece que no vocabulario de medicina de 2008 si, aínda que isto de forma xeral ten que ver máis coa química que coa medicina. Non sei se se pode cambiar unha raíz da nomenclatura da IUPAC con tanta facilidade. Ten en conta que unha cousa son palabras que en inglés se escriben con z, como benzene (en galego benceno), onde non hai ningunha raíz de nomenclatura, e outra este caso de compostos con nitróxeno ou azote. O caso de encima/enzima é distinto, non é ningunha raíz de nomenclatura senón unha adaptación do termo grego zymos (aínda que chegou a través do alemán, creo). Ademais, o DRAG permite encima e enzima sen recomendar ningunha das dúas (de todos modos se só a recomendase tampouco sería incorrecto usar a outra). O DRAG pon a definición en encima creo que porque vai por orde alfabético e encima está antes que enzima. Eu son partidario de encima nese caso, pero é distinto o caso deses compostos con nitróxeno, que creo deben manter o z. Casos como cigurat, acimut, tampouco teñen que ver con normas de nomenclatura internacionais.

Hai que ser prudentes cos dicionarios ata que a cousa quede asentada. Volvín a retomar o do dicionario de ciencias naturais antes mencionado e nel aparecen formas contrarias ao DRAG, como platelminto (DRAG platihelminto), nefrona (DRAG nefrón), discontinuo (referido ao ADN, DRAG descontinuo), caseta (DRAG casete), taxinomía (DRAG taxonomía) etc. e iso só botándolle unha ollada superficial. Tamén recomendan un plural que me deu moito o riso, creo lembrar que o plural do encima tirosina quinase (cando se escribe por separado, porque tamén se dí tirosinquinase, que se recomenda) propoñen que sexa tirosinas quinase, en vez do lóxico tirosina quinases. Isto vai contra o significado da nomenclatura de encimas que pon primeiro o substrato e despois o encima, é dicir, o encima é a quinase e o substrato sobre o que actúa ese encima é sobre o aminoácido tirosina. O substrato ponse diante polas normas de nomenclatura dos encimas (substrato + nome do encima + terminación ase). Tamén se ten escrito con guión tirosina-quinase (ou xunto como tirosinquinase). É obvio que se hai varios encimas serán quinases, e se hai varios substratos tirosinas, pero se o nome completo do encima é tirosina quinase o plural será tirosina quinases (encimas que actúan sobre a tirosina). Non é o mesmo que casos como peixe sol / peixes sol (non peixes soles nin peixe soles). Mandei un correo á sección de Lexicoloxía da Academia sobre o caso de acetil e contestaron que o pasarían á comisión correspondente (como sempre fan), e haberá que aterse ao que decidan, e se se deciden por acetil (en vez de acetil e acetilo como ata agora, segundo o caso), pois haberá que cambiar todas as entradas do DRAG como carboxilo, carbonilo, hidroxilo, oxhidrilo, vinilo, metilo, etilo, butilo, etc. --Miguelferig (conversa) 13 de setembro de 2016 ás 12:29 (UTC)[responder]

Predictivo ou preditivo?

Ola Isili0n, perdoa pero teño unha duvida sobre cal é a forma correcta predictivo ou preditivo pois atopome con que se usan as dúas formas de forma xeral na galipedia. --Alfonso mande 17 de setembro de 2016 ás 11:26 (UTC)[responder]

RE:Tiroide

Feito! Feito! Aínda que o bot non atopou moitos resultados, debería estar xa listo. Deixame a lista das que vaias atopando na conversa e irei dándolles en canto poda. Banjo tell me 19 de setembro de 2016 ás 22:19 (UTC)[responder]

Perdoa, es ti administrador?

Garda civil/Garda Civl

Se tes un momento poderías dar a túa opinión en Conversa:Garda civil--HacheDous=0 (conversa) 30 de setembro de 2016 ás 20:06 (UTC)[responder]

Libro de Estilo

Boas tardes Isilion. Creo que boa parte dos comentarios que fas no resumo de edición para xustificar as túas correccións, cadrarían moi ben (tamén) no noso Libro de estilo, para evitar no posible que cometamos os mesmos erros no futuro. O caso é que se trata dunha páxina de políticas oficiais, polo que non se debería modificar unilateralmente. Eu non tería problema en que fixeras as engádegas oportunas, pero sería bo propoñelo antes na conversa por se alguén ten outra opinión. ¿Anímaste? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 7 de outubro de 2016 ás 14:46 (UTC)[responder]

Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para novembro de 2016

Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! Banjo tell me 25 de outubro de 2016 ás 09:04 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Fontes fiables, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Fontes fiables. Grazas! Banjo tell me 3 de novembro de 2016 ás 23:27 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política dunha nova redacción para os criterios dos artigos de calidade, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Novo texto para os criterios de calidade. Grazas! Banjo tell me 11 de novembro de 2016 ás 07:03 (UTC)~[responder]

Igrexa

Cal é a razón de mover nomes de Igrexas organizadas (isto é institucións) a minúsculas, Tal como afirma a DRAG cando igrexa é conxunto organizado do clero como institución leva maiúsculas.--HacheDous=0 (conversa) 12 de novembro de 2016 ás 12:32 (UTC)[responder]

Supoño que será unha convención, é lóxico que non se teña que ir unha a unha para ver cales son as Igrexas que que utilizan un nome formalmente rexistrado e aquelas outras que utilizan un nome determinado aínda que estean rexistradas formalmente con outro nome ou con varios en diferentes países.--HacheDous=0 (conversa) 12 de novembro de 2016 ás 13:01 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso. Grazas! Banjo tell me 18 de novembro de 2016 ás 11:19 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016. Grazas! Banjo tell me 25 de novembro de 2016 ás 08:08 (UTC)[responder]

Wikirreto

Feliz aninovo! Hoxe dá comezo a nova edición do Wikirreto 2017. Anímate a participar!

Maiúscula e minúsculas nos parámetros dos modelos

Ola Isili0n. Esta mensaxe é para comentar que os cambios de maiúsculas e minúsculas nos parámetros dos modelos, os que van entre tres chaves, non son inocuos. Se te fixas na listaxe de páxinas de Especial:Páxinas que ligan con esta/Modelo:Espazo natural podes comprobar que agora a visualización do dato do parámetro ten problemas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 8 de xaneiro de 2017 ás 14:41 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes no Libro de estilo da Galipedia, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo. Grazas! Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 00:16 (UTC)[responder]

Raio macuin

Abraiante a celeridade na revisión do artigo Pablo Carpintero Arias. Moitísimas grazas. --Viascos (conversa) 27 de xaneiro de 2017 ás 23:34 (UTC)[responder]

Gonzalo Sánchez

Non teño nada claro que este persoeiro desenvolvese as actividades que se describen no artigo. Para comezar, dubido da súa existencia como tal. Nas fontes non queda claro que Gonzalo foi o que se rebelou (e logo asasinou) a Sancho o Craso. Nese momento había outros nobres galegos de primeira orde chamados Gonzalo, entre os cales cómpre salientar a Gonzalo Méndez, Conde de Portugal, e a Gonzalo Muñoz, Conde de Coímbra. Por outra banda, a Historia Legionensis cita a quen destruíu a frota de Gunderedo como "Guillelmus Sancionis", é dicir, Guillerme Sánchez, e non Gonzalo Sánchez. O patronímico Sánchez non é tan frecuente na nobreza galega da época, atopándose poucos Sanchos na xeración anterior, se exceptuamos ó rei Sancho Ordóñez, do que o mencionado conde puido ser fillo. Pero a explicación máis doada, e quizais a máis acertada sería pensar que quen derrotou ós vikingos fose Guillerme II Sánchez, conde ou duque da Gascuña nese momento, quen ten relación coa derrota de varias expedicións do mesmo tipo no seu país. Incluso hai unha referencia a un mito relacionado co do Santiago Matamouros (neste caso San Severo "Matanormandos") que se lle aparecería a dito nobre durante unha batalla cos vikingos, o que recolle Juan Francisco de Masdeu na súa Historia crítica de España y de la cultura española (Tomo XIII, Libro II, p. 391). En León existe tamén o mito do conde Guillerme González, que tería resistido o asedio de Almanzor á cidade e morto en torno ó ano 987. Pode que se xerase algunha confusión en torno ós tres nomes (Guillerme González, Guillerme Sánchez e Gonzalo Sánchez) xunto co dos dous condes galegos antes mencionados (Gonzalo Méndez e Gonzalo Muñoz). Ademais disto, o nome de Guillerme era pouco frecuente na nobreza galaica dese tempo, e sí moi frecuente na nobreza aquitana, gascona, normanda e doutros países do actual occidente francés.

PS: Ben, comprobei que, efectivamente, noutras crónicas hai referencias ao tal Gonzalo Sánchez, en lugar de Guillerme Sánchez. De todos os xeitos, sería interesante referencialo e amosar tamén a outra versión.

Un saúdo.Vímara Peres (conversa) 9 de febreiro de 2017 ás 14:00 (UTC)[responder]

Grazas pola información e polo artigo. A ver se nos próximos días investigo algo todo este tema e sae algunha conclusión interesante que poidamos poñer no artigo. Polo momento, teño lido que non é claro que Gunnvaldsborg fose Tui. É que as crónicas non parecen facer mención de onde foi a derrota dos normandos, creo que só din que estes se estaban retirando ao seu forgar, polo que incluso puido suceder na Gascuña. Ora ben, de ser Gonzalo sería ben distinto. O malo é que o tema da derrota normanda é a única mención que se fai do tal conde. Ningún documento coetáneo fala de Gonzalo Sánchez nin está asinado por el. Tampouco hai máis mencións nas crónicas... En todo caso, sería cuestión de investigar máis a fondo.

Grazas e un saúdo! Vímara Peres (conversa) 10 de febreiro de 2017 ás 16:27 (UTC)[responder]

Linguaxe non sexista nos modelos e categorías

Boas, na taberna hai unha proposta para intentar facer que a Galipedia use unha linguaxe non sexista nos modelos e nas categorías. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 00:36 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes na política actual de ligazóns externas. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ligazóns externas/Proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 24 de febreiro de 2017 ás 09:32 (UTC)[responder]

Goberno provisional ruso

Boas, discordo co movemento do artigo Goberno Provisional Ruso cara Goberno provisional ruso. O nome fai referencia a unha etapa na historia do país, segundo o Manual de estilo do Diario Oficial de Galicia (apartado 2.2.12) As etapas e acontecementos históricos singulares (políticos, culturais, relixiosos [van con maiúscula]. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 2 de marzo de 2017 ás 18:06 (UTC)[responder]

Acepto o teu argumento a medias. Eu si entendo que é un período histórico delimitado no tempo, concretamente o réxime que se implantou en Rusia trala abdicación do tsar Nicolao II o 2 de marzoxul./ 15 de marzo de 1917greg. e que é comparable ao Bienio Progresista que mencionas. De todos modos, acabo de comprobar que a tradución literal de Временное правительство России sería Goberno provisional de Rusia e non Goberno provisional ruso, aínda que tradicionalmente se coñeza así. Como non teño ningunha gana de discutir e ti consideras que debe ser así, pois a perra gorda pa ti. Por min podes movelo se queres. Pero para situacións similares no futuro, e máis se se trata de artigos de calidade ou destacados na portada deberías consultalo antes de facer o cambio, por que si non cadaquén acaba facendo o que quere e isto convértese nun circo. Un saúdo.--AMPERIO (conversa) 3 de marzo de 2017 ás 19:29 (UTC)[responder]
Deixei unha copia da nosa conversa na Conversa:Goberno Provisional Ruso. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 3 de marzo de 2017 ás 19:34 (UTC)[responder]

Ligazóns

Lin as ligazóns de sexo-xénero que puxeches na Taberna. Gustáronme. Unhanova (conversa) 4 de marzo de 2017 ás 08:45 (UTC)[responder]

Catorce aniversario da Galipedia

Boas, na taberna hai unha proposta para buscar un logotipo para celebrar o catorce aniversario da Galipedia, será o vindeiro día 8 de marzo, e decidir se facer algunha actividade especial ese día. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 5 de marzo de 2017 ás 02:37 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política de títulos dos artigos sobre organizacións. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións. Grazas! Banjo tell me 17 de marzo de 2017 ás 19:10 (UTC)[responder]

Home

Lin a túa pregunta. Achego esta información desde a Galnet http://sli.uvigo.gal/galnet/galnet.php?variante=home&version=dev&compara=exacta&lingua=GL&pos=&category= Por se axuda. Unhanova (conversa) 20 de marzo de 2017 ás 08:02 (UTC)[responder]

Preposición a con transitivos

Grazas pola corrección. En realidade xa o sei pero na práctica escápanseme moitos casos, e debe haber moitos máis noutras páxinas. Agora creo que o que se preconiza é eliminar a preposición a sempre, en todos os casos, incluso cando o complemento directo é de persoa (igual que en portugués), por exemplo "Lin Rosalía" = Lin libros de Rosalía (e non Lin a Rosalía). Pero si en complementos indirectos: "Linlle á miña amiga Rosalía un libro de poemas".--Miguelferig (conversa) 6 de abril de 2017 ás 21:24 (UTC)[responder]

Miguelferig, Sobreira lendo sobre isto, acabo de lembrarme desta conversa. Esta ligazón explica esquematicamente os casos particulares onde se emprega a preposición diante dun CD, entre os que está un antropónimo: [O complemento directo sen a preposición a http://multimedia.xunta.es/portaisweb/Flash/curso-superior-linguaxe-administrativa/unidades_flash/3/3.1/teoria.html]. Un saúdo!--Isili0n (conversa) 10 de decembro de 2017 ás 11:19 (UTC)[responder]

Hilda de Whitby

Ola Isilion. Non é que se eliminaran as túas correccións na páxina, é que nese momento, tiña un marcador de -ENuso- e cando rematei de editar a páxina eliminou o anterior. De tódolos xeitos, agora podes comprobar que non se tocaron. E grazas polas correccións. Un saúdo.--maghoi (conversa) 17 de abril de 2017 ás 11:24 (UTC)[responder]

División Azul ou División azul

Boas IsiliOn, vin que nalgunhas ocasións estiveches amañando nomes de diferentes artigos que usaban incorrectamente as maiúsculas e por iso veño facerche esta pregunta. No artigo División azul non teño claro se deberían ir as dúas iniciais con maiúscula ou só a primeira. En tódalas ligazóns que atopei úsase coas dúas en maiúscula, polo que entendo que é o nome que debe ter o artigo e as ligazóns a el. Se podes achegar algunha información sobre o tema, agradeceríache que o indicaras na conversa do mesmo artigo para que se "concentren" aí todos os comentarios. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de abril de 2017 ás 07:44 (UTC)[responder]

Guerra Civil

Ola Isili0n. Vexo que modificaches a maiúscula da páxina Libertarias. Hai pouco seguín o comentario de ATobar sobre División Azul/División azul, no que coido que a súa formulación é a correcta e que se podería aplicar tamén á expresión "Guerra civil española", no sentido que é un nome propio, polo que coido que debería ir en maiúscula polo menos o sustantivo "Guerra". Cal é a túa opinión?. Un saúdo.--maghoi (conversa) 1 de maio de 2017 ás 10:15 (UTC)[responder]

Grazas pola aclaración--maghoi (conversa) 1 de maio de 2017 ás 15:59 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Punto de vista neutral, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Punto de vista neutral/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 2 de xuño de 2017 ás 09:01 (UTC)[responder]

Proposta para a organización da terceira malla da Galipedia

Boas tardes, na taberna hai unha proposta para organizar a terceira malla de artigos da Galipedia e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de xuño de 2017 ás 16:06 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Saúdos. Acaba de comezar unha votación sobre a proposta Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Podes ver e participar na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de xuño de 2017 ás 22:13 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)[responder]

Terceira malla de artigos da Galipedia

Como se anunciou na taberna, durante esta semana, do 3 ó 9 de xullo, estamos a facer a Terceira malla de artigos da Galipedia. Todo o mundo pode colaborar e precisamos axuda para amañar estes artigos con problemas. Anímate e achégate á malla!! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de xullo de 2017 ás 08:35 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Sextina vs sestina

Non con ese significado, IsiliOn. Olla a páxina de conversa e verás a resposta (e sobre todo a ligazón ao CIRP) de Lexicografía da propia Academia. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 3 de xullo de 2017 ás 10:32 (UTC)[responder]

Cópiocho aquí para aclarar: Sestina. Definición: grupo de seis figuras iguais coa mesma duración que se corresponde cun número de tempos do compás distinto de seis. (Tecnolecto: Música) --Atobar (conversa comigo) 3 de xullo de 2017 ás 10:34 (UTC)[responder]
@Atobar:, grazas pola aclaración! Non lera a páxina de conversa.--Isili0n (conversa) 3 de xullo de 2017 ás 11:21 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Proselitismo, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Proselitismo. Grazas! Banjo tell me 20 de xullo de 2017 ás 08:43 (UTC)[responder]

Lonxitude de artigos curtos

Boas, hai unha proposta na taberna para determinar a lonxitude dos artigos curtos, todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de agosto de 2017 ás 11:57 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Asociación de amigas e amigos da Galipedia

Boas, hai unha proposta na taberna para a creación dunha asociación de apoio á Galipedia, todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de agosto de 2017 ás 06:51 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Categorías/proposta 2017, seguindo o calendario de votacións proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Categorías/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 11 de agosto de 2017 ás 07:53 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta dunha nova redacción para a política oficial Wikipedia:O que a Wikipedia non é. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:O que a Wikipedia non é/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 2 de setembro de 2017 ás 09:43 (UTC)[responder]

Respecto a este cambio teu. Aínda que é de hai un ano, e o Portal mudou de estrutura, busquei e non atopei páxina que dea a etimoloxía (si o de que tamén se usa para "viño...". O gran Xerais si dá ese étimo. Houaiss indica orig. obsc. Ir Indo e Estraviz, nada. De onde o sacaches? Quizais sexa mellor usar Modelo:DRAG-PdPSobreira ►〓 parlez 14 de setembro de 2017 ás 10:01 (UTC)[responder]

Nótese tamén o que digo en #Preposición a con transitivos
Pois mira que o busquei en palabras feitas. Agora o cambio. ※ Sobreira ►〓 parlez 14 de setembro de 2017 ás 20:47 (UTC)[responder]
Vexo en treixadura (uva) que hai máis metidas como código. Metiches moitas? (non dou localizado). Quizais poidamos facer un modelo como modelo:DRAG. ※ Sobreira ►〓 parlez 20 de setembro de 2017 ás 12:15 (UTC)[responder]
Creado en modelo:EtimoloxíaPdP e aplicado en treixadura (uva) e brancellao. Quedoume algo? ※ Sobreira ►〓 parlez 22 de setembro de 2017 ás 10:24 (UTC)[responder]

Quince aniversario da Galipedia

Boas, hai unha proposta na taberna para organizar algún tipo de celebración e actividades en marzo de 2018 co gallo dos quince anos da Galipedia. Fai falta xente que axude coa organización e propostas a realizar, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 19 de setembro de 2017 ás 08:21 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Dúbida de maiúsculas

Boas Isili0n, temos unha dúbida no uso de maiúsculas no título do artigo da Basílica de Santo Isidoro de León, cando teñas un momento, podes comentar algo en Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Basílica de Santo Isidoro de León? Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de outubro de 2017 ás 10:30 (UTC)[responder]

Cento cincuenta artigos de calidade para o décimo quinto aniversario da Galipedia

Boas, hai unha proposta na taberna para tentar acadar os cento cincuenta artigos de calidade antes do décimo quinto aniversario da Galipedia. Fai falta xente para colaborar nesta proposta, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2017 ás 09:57 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Revisión do Paraíso

Ola Isili0n.

Coido que o artigo Pórtico do Paraíso precisa dunha revisión do uso das maiúsculas/minúsculas. Poderías meterlle man?

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 18 de novembro de 2017 ás 21:11 (UTC)[responder]

HombreDHojalata, penso que xa está, mais pode ser que me deixase algunha por aí perdida. Un saúdo! --Isili0n (conversa) 19 de novembro de 2017 ás 08:18 (UTC)[responder]

Outra pregunta sobre maiúsculas

Boas IsiliOn, na proposta Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Aleksandr Kolchak temos dúbidas sobre o uso de maiúsculas nos termos exército e goberno, poderías botarnos unha man? Eu entendo que os usos que se fan de "exército" no artigo son correctos porque están asociados a un nome (pero podo estar trabucado :), o que xa non teño moi claro é en que casos debe poñerse "goberno" con maiúscula. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2017 ás 14:47 (UTC)[responder]