Conversa usuario:Vímara Peres

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Æþelwulf!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--AMPERIO (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 14:40 (UTC)[responder]

Boas Æþelwulf, se cadra, xa que a túa especialidade é a historia da Alta Idade Media, poderías botarlle unha ollada á Categoría:Historia en progreso, que na que hai máis dun artigo por mellorar desa época. Saúdos!--AMPERIO (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 14:43 (UTC)[responder]

Silingos[editar a fonte]

Boas, lembra que se estás traballando nun artigo podes engadir {{enuso}} no cabezallo e así ninguén o editará mentres apareza ese marcador. Dígocho por que vín que no resumo de edición puxeches Pendente de rematar. Por favor, non borren nada ata mañá. que en realidade é difícil que alguén o lea se non vai mirando resumos normalmente. Saúdos! --AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 13:23 (UTC)[responder]

Boas, AMPERIO. Grazas pola información. Non sabía como poñelo, xa que acabo de comezar a escribir na Galipedia. En canto poida rematarei o artigo "Silingos", que é un dos que está en "Historia en Progreso". Un saúdo! Æþelwulf (conversa) 5 de febreiro de 2015 ás 21:25 (UTC)[responder]

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos[editar a fonte]

Ola Æþelwulf.

É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  PreferenciasTrebellosNavegación Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 12 de febreiro de 2015 ás 12:58 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Æþelwulf.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 15 de febreiro de 2015 ás 09:50 (UTC)[responder]

Pois unicamente podo dicir: desculpa, grazas polo artigo e grazas pola corrección.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 16 de febreiro de 2015 ás 22:57 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Vímara Peres. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 1 de febreiro de 2017 ás 19:01 (UTC)[responder]

Gonzalo Sánchez[editar a fonte]

Boas Vímara, desfixen a túa edición na páxina Wikipedia:Artigos con problemas porque esa é unha páxina que xa non se usa, só se mantén por motivos "históricos". Xa lle metiches o cartel de atención, iso fai que vaia a unha categoría especial de mantemento, Categoría:Wikipedia:Todos os artigos que requiren atención, polo que se un usuario revisa os artigos desa categoría xa o poderá atopar e traballar nel se o estima oportuno. Pola túa páxina de usuario vexo ti es especialista no tema, podes contactar co usuario que creou o artigo, Isili0n, e ver se el pode aclarar as dúbidas que vexas. O que importa é que o artigo teña referencias, precisamente nas partes das que dubidas non as hai así que todo ese texto hai que revisalo ben e poñer fontes fiables nas que basealo. Se non se poden atopar fontes para basear eses contidos haberá que cambiar o artigo.

Se precisas axuda para engadir referencias, ou outra cousa da wiki, podes deixarme unha nota na miña páxina de conversa e botareiche unha man sen problema. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de febreiro de 2017 ás 03:25 (UTC)[responder]

Eu só traducín o artigo en castelán, e todos os contidos e fontes bibliográficas proceden desta Wikipedia tamén. Se buscas a este persoeiro en Google si que hai datos del, mais como dis ti, pode tratarse dun erro xeral. Non posúo suficiente información sobre o caso, así que non podo axudarche moito, síntoo. Séntete libre de facer as edicións que vexas oportunas (sinalando as fontes pertinentes). P. D.: Déixoche aquí un artigo en castelán do Faro de Vigo no que podemos atopar a figura deste persoeiro: Desembarco en Jakobsland. Saúdos.--Isili0n (conversa) 10 de febreiro de 2017 ás 14:48 (UTC)[responder]