Media aritmética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A media aritmética ou termo medio dunha cantidade finita de números é igual á suma de todos eles dividida entre o número de sumandos.

Así, dados os números a1, a2, ... , an a media aritmética será igual a:

Por exemplo, a media aritmética de 8, 5 e -1 é igual a (8 + 5 + (-1)) / 3 = 4.

O símbolo µ (mu) é usado para a media aritmética dunha poboación. Usamos X cunha barra horizontal sobre o símbolo para medias dunha mostra: .

Outras medias estatísticas son: a media xeométrica, a media harmónica, a media cadrática, a media ponderada, a media aritmética, a media aritmética xeométrica e a media xeralizada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]