Treixadura (uva)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acios de uva treixadura.

Treixadura é unha clase de uva branca, autóctona de Galicia, de gran calidade e resistente ás enfermidades. É unha uva alongada, dura e moi doce que se traduce en viños lixeiros, finos e cítricos. Frecuentemente utilizada nos viños da denominación de Orixe O Ribeiro e Rías Baixas (subzona Condado).

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Non se coñece con seguridade a súa orixe, para a que se suxire que estea relacionada con treixa, tomada dunha suposta forma latina *tragella ‘rede’[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Treixadura". Portal das Palabras. Consultado o 25 de setembro de 2016.