Neptuno: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
|||
Liña 3: | Liña 3: | ||
{{Neptuno info}} |
{{Neptuno info}} |
||
'''Neptuno''' é o oitavo [[planeta]] a partir do [[Sol]], e o [[xigante gasoso]] máis afastado no noso [[sistema solar]]. Neptuno recibiu o nome do [[Neptuno (deus)|deus romano dos mares]]. |
'''Neptuno''' é o oitavo [[planeta]] a partir do [[Sol]], e o [[xigante gasoso]] máis afastado no noso [[sistema solar]]. Neptuno recibiu o nome do [[Neptuno (deus)|deus romano dos mares]] e o seu símbolo astronómico é ♆, unha versión estilizada do tridente do deus. Neptuno ten 17 veces a masa da [[Terra]] e é lixeiramente máis masivo que [[Urano]], que ten 15 veces a masa da Terra pero non é tan denso. De media, Neptuno orbita ao redor do Sol a unha distancia de 30,1 UA, unhas 30 veces a distancia da Terra ao Sol. |
||
== Características == |
== Características == |
Revisión como estaba o 29 de outubro de 2013 ás 19:12
Neptuno | |||||||
Descubrimento | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Descuberto por | Urbain Le Verrier John Couch Adams Johann Galle | ||||||
Descuberto o | 23 de setembro de 1846 | ||||||
Características orbitais | |||||||
Raio medio | 4 498 252 900 km | ||||||
Excentricidade | 0,00858587 | ||||||
Período orbital | 164 a 288 d 13 h | ||||||
Período sinódico | 367,5 días | ||||||
Velocidade orbital media | 5,4778 km/s | ||||||
Inclinación orbital | 1,76917° | ||||||
Número de satélites | 13 | ||||||
Características físicas | |||||||
Diámetro ecuatorial | 49 572 km | ||||||
Área superficial | 7,65×109 km² | ||||||
Masa | 1,024×1026 kg | ||||||
Densidade media | 1,64 g/cm³ | ||||||
Gravidade na superficie | 11,0 m/s² | ||||||
Período de rotación | 16 h 6,5 min | ||||||
Inclinación axial | 29,58° | ||||||
Albedo | 0,41 | ||||||
Velocidade de escape | 23,71 km/s | ||||||
Temperatura superficial |
| ||||||
Características atmosféricas | |||||||
Presión atmosférica | 100-300 kPa | ||||||
Hidróxeno | >84% | ||||||
Helio | >12% | ||||||
Metano | 2% | ||||||
Amonio | 0,01% | ||||||
Etano | 0,00025% | ||||||
Acetileno | 0,00001% |
Neptuno é o oitavo planeta a partir do Sol, e o xigante gasoso máis afastado no noso sistema solar. Neptuno recibiu o nome do deus romano dos mares e o seu símbolo astronómico é ♆, unha versión estilizada do tridente do deus. Neptuno ten 17 veces a masa da Terra e é lixeiramente máis masivo que Urano, que ten 15 veces a masa da Terra pero non é tan denso. De media, Neptuno orbita ao redor do Sol a unha distancia de 30,1 UA, unhas 30 veces a distancia da Terra ao Sol.
Características
Orbitando tan lonxe do Sol, Neptuno recibe moi pouca calor. A súa temperatura superficial media é de -218 °C. Porén, o planeta parece ter unha fonte interna de calor. Cóidase que isto se debe ao resto da calor xerada pola materia en caída durante o nacemento do planeta, que agora irradia ao espazo. A atmosfera de Neptuno ten as máis altas velocidades de ventos no sistema solar, que están por riba dos 2.000 km/h; considérase que os ventos son amplificados por este fluxo interno de calor.
A estrutura interna lembra a de Urano -- un núcleo rochoso cuberto por unha codia de xeo, agachada no profundo da súa grosa atmosfera. Os dous terzos internos de Neptuno están compostos dunha mestura de rocha fundida, auga, amonio líquido e metano. A terza parte exterior é unha mestura de gases quentes composta por hidróxeno, helio, auga e metano. Igual que Urano e a diferenza da composición uniforme de Xúpiter e Saturno, considérase que a estrutura interna de Neptuno consta de tres capas. Como Urano, o campo magnético de Neptuno é moi inclinado en relación ao seu eixo rotacional, a 47 °C, e desviado no mínimo en 0,55 radiáns (preto de 13.500 km) do centro físico do planeta. Comparando o campo magnético dos dous planetas, os científicos coidan que esta orientación extrema se debe aos característicos fluxos no interior do planeta, e non ao resultado da orientación lateral de Urano.
Formación e migración
A formación de xigantes de xeo, Neptuno e Urano, demostrou ser dificil de modelar con precisión. Os actuais modelos suxiren que a densidade da materia das rexións externas do Sistema Solar é demasiado baixa para ter en conta a formación de tales grandes corpos a partir do método tradicionalente aceptado de acreción do núcleo, e varias hipóteses teñen avanzado para explicar a súa creación. Unha di que os xigantes xeados non foron creados por acreción do núcleo senón por inestabilidades dentro do disco protoplanetario orixinal e que posteriormente as súas atmosferas foron aniquiladas pola radiación duns estrela OB masiva próxima.
Un concepto alternativo é que se formaron preto do Sol, onde a densidade da materia era maior, e posteriormente migraron cara as súas órbitas actuais tras a extracción do disco protoplanetario gasoso. Esta hipótese da migración tras a formación é a favorita na actualidade, debido a que explica mellor a ocupación das poboacións de pequenos obxectos observados na rexión trans-neptuniana. A explicación actualmente máis aceptada dos detalles desta hipótese coñécese como modelo Niza, que expón os efectos da migración de Neptuno e dos outros planetas xigantes na estrutura do cinto de Kuiper.
Exploración de Neptuno
Os deseños astronómicos de Galileo mostran que observou Neptuno por vez primeira o 28 de decembro de 1612, e novamente o 27 de xaneiro de 1613. Nas dúas ocasións, Galileo confundíu o planeta cunha estrela fixa polo que non se lle pode asignar a descuberta.
En 1821, Alexis Bouvard publicou táboas astronómicas da órbita de Urano. As observacións posteriores revelaron desvíos substanciais das táboas, levando a Bouvard a pór a hipótese da existencia dun corpo que perturbase a órbita. En 1843, John Couch Adams calculou a órbita dun oitavo planeta que puidese explicar o movemento de Urano. Enviou os seus cálculos a Sir George Airy, que os rexeitou con certa frialdade, levando a Adams abandonar o asunto.
En 1846, Urbain Le Verrier, independentemente de Adams, reproduciu os seus cálculos mais tamén atopou dificultades en atopar algún entusiasmo nos seus compatriotas. Porén, o mesmo ano, John Herschel comezou a promover a abordaxe matemática e convenceu a James Challis de procurar o planeta. Tendo en conta o seu período orbital de 164 anos e 288 días, o planeta completou unha orbita dende o seu descubrimento en 1846 no ano 2011, isto implica que se atopa na actualidade aproximadamente na mesma posición na que foi descuberto.
Satélites de Neptuno
Neptuno ten 14 lúas coñecidas. A maior delas, que comprende o 99,5% da masa en órbita ao redor do planeta e o único cunha masa o suficientemente grande para ser esférico, é Tritón, descuberta por Willian Lassell apenas 17 días despois da descuberta de Neptuno. A diferenza doutras grandes lúas planetarias do Sistema Solar, Tritón ten unha órbita retrógrada, indicando que foi capturado en vez de formarse alí; probablemente algunha vez foi un planeta anano no cinto de Kuiper. Está o suficientemente preto de Neptuno como para ser bloqueado nunha rotación sincrónica.
Nome | Diámetro (km) | Masa (10 20kg) | Distancia media de Neptuno (km) |
Período orbital |
---|---|---|---|---|
Náiade | 96×60×52 | 0,002 | 48.227 | 0,294396 días |
Talasa | 108×100×52 | 0,002 | 50.075 | 0,311485 días |
Despina | 190×148×128 | 0,02 | 52.526 | 0,334655 días |
Galatea | 204×184×144 | 0,04 | 61.953 | 0,428745 días |
Larisa | 216×204×168 | 0,05 | 73.548 | 0,554654 días |
S/2004 N 1 | 16-20[1] | - | 104.200 | 0,9362[1] días |
Proteo | 418 (436×416×402) | 0,5 | 117.647 | 1,122315 días |
Tritón | 2707 | 214 | 354.760 | -5,87685 días ** |
Nereida | 340 | 0,3 | 5.513.400 | 360,1362 días |
Halímede | 48 | 0,001 | 15.686.000 | -1874,8 días ** |
Sao | 48 | 0,001 | 22.452.000 | 2.918,9 días |
Laomedeia | 48 | 0,001 | 22.580.000 | 2982,3 días |
Psámate | 28 | 0,0002 | 46.695.000 | -9.115,9 días ** |
Neso | 60 | 0,0001 | 48.387.000 | -9.374,0 días ** |
** Períodos orbitais negativos indican unha órbita retrógrada ao redor de Neptuno (oposta á rotación do planeta)
Algúns asteroides reciben os mesmos nomes que as lúas de Neptuno: 74 Galatea, 1162 Larisa.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Neptuno |
Outros artigos
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Kelly Beatty (15-072013). "Neptune's Newest Moon". Sky & Telescope. Consultado o 16-07-2013.