Saltar ao contido

Neso (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neso
 Instancia de
 Epónimo
Neso (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Designación provisional
S/2002 N 4 Editar o valor en Wikidata
 Astro pai
Características orbitais
Excentricidade orbital0,5714 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital136,439 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital9.740,73 d Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior48.387.000 km Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro60 km Editar o valor en Wikidata
Masa160 Eg Editar o valor en Wikidata
Albedo0,04 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
14 de agosto de 2002 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0393b5 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Neso (ou en grego Νησώ), coñecido tamén coma Neptuno XIII, é o satélite irregular máis externo de Neptuno. Foi descuberto por Matthew J. Holman, Brett J. Gladman, e o seu equipo. o 14 de agosto do 2002, aínda que pasou inadvertido ata o 2003.[1][2]

Satelites irregulares de Neptuno.

Neso orbita Neptuno a unha distancia de máis de 48 Gm (millón de km), facendo dela a lúa máis distante do seu planeta nai1. Segue unha órbita cunha gran inclinación orbital e tamén cunha gran excentricidade, ilustrados estes conceptos no diagrama en relación ás outras lúas irregulares de Neptuno. Os satélites arriba do eixo horizontal son de movemento directo, e os satélites por debaixo do eixo son retrógrados. Os segmentos amarelos esténdense dende o pericentro ó apocentro, amosando a excentricidade, fágase notar a acusadisima excentricidade de Neso e Psámate.

Neso ten aproximadamente 60 km de diámetro, e asumindo unha densidade media de 1,5 g/cm3[3] a súa masa foi estimada en 1,6 x 1017 kg.

Dados os parámetros orbitais tan semellantes que posúe esta lúa con relación á lúa e Psámate (S/2003 N 1), suxeriuse que estás dúas lúas podían ter unha orixe común a partir da división dunha lúa maior.ref name="SJ_Neptune2006"> S. Sheppard, D. Jewitt e J. Kleyna A Survey for "Normal" Irregular Satellites Around Neptune: Limits to Completeness, The Astronomical Journal, 132 (2006), pp. 171–176. Preprint.</ref>

Neso recibiu o nome dunha das Nereidas. Antes do anuncio do seu nome o 3 de febreiro do 2007 (IAUC 8802), Neso era coñecida coa designación provisional de S/2002 N 4.

1As distancias están máis en relación cás distancias dos planetas interiores co Sol que coas distancias das lúas comparadas cos seus planetas; un apocentro dun satélite superior ós 72 Gm (72 millóns de km) coma neste caso en comparación a Mercurio que ten un afelio de ~70 Gm!

  1. IAU Circular 8213
  2. M. Holman, JJ Kavelaars, B. Gladman, T. Grav, W. Fraser, D. Milisavljevic, P. Nicholson, J. Burns, V. Carruba, J.-M. Petit, P. Rousselot, O. Mousis, B. Marsden, R. Jacobson; Discovery of five irregular moons of Neptune, Nature, 430 (2004), pp. 865-867. Final preprint(pdf)
  3. Physical parameters from JPL

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]