Saltar ao contido

Nereida (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nereida
 Instancia de
 Epónimo
 Época
 Astro pai
Características orbitais
Argumento de periastro290,3 ° Editar o valor en Wikidata
Excentricidade orbital0,7512 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital504,909 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital360,11 d Editar o valor en Wikidata
Período de rotación11,594 h Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior5.513.400 km Editar o valor en Wikidata
Lonxitude do nó ascendente326 ° Editar o valor en Wikidata
Anomalía media318 ° Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro357 km Editar o valor en Wikidata
Radio170 km Editar o valor en Wikidata
Masa31 Zg Editar o valor en Wikidata
Densidade1,5 g/cm³ Editar o valor en Wikidata
Gravidade superficial0,075 m/s² Editar o valor en Wikidata
Albedo0,155 Editar o valor en Wikidata
Temperatura50 K Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente19,2 Editar o valor en Wikidata
Magnitude absoluta4,4 Editar o valor en Wikidata
Achatamento0,23 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
1 de maio de 1949 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/05f1v Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Nereida (en grego Νηρηΐδα), tamén coñecido coma Neptuno II, é a terceira lúa máis grande de Neptuno. Unha das súas características máis rechamantes é a súa grande excentricidade orbital. Nereida foi descuberta por Gerard P. Kuiper no ano 1949.

Descubrimento e Bautizo

[editar | editar a fonte]

Nereida foi descuberta o 1 de maio de 1949 por Gerard P. Kuiper, en placas fotográficas tomadas co telescopio de 82 polgadas do Observatorio McDonald. Propuxo o nome no informe do anuncio do seu descubrimento e máis tarde recibiría nome das Nereidas, as ninfas do mar na mitoloxía grega e asistentas do deus Neptuno.[1] Foi a última lúa en ser descuberta antes da chegadas da sonda Voyager 2, a cal descubriría varias lúas máis.[2]

Órbita e Rotación

[editar | editar a fonte]

A órbita de Nereida é de movemento directo [3] a unha distancia media de 5.513.400 km, pero a súa grande excentricidade de 0,7507 fai que o punto máis próximo (periapse) ó seu planeta quede situado a 1.372.000 km e o máis afastado (apoapse) quede a 9.655.000 km.

Esta peculiar órbita suxire que esta lúa podería se-la captura dun asteroide ou dun obxecto procedente do cinto de Kuiper, ou que a órbita desta lúa foi perturbada durante a captura da lúa máis grande de Neptuno, Tritón.

O período de rotación de Nereida foi determinado pola análise da súa curva de luz, sendo este período de 11,52±0,14 horas.[4]

Características físicas

[editar | editar a fonte]

Nereida é o terceiro satélite máis grande de Neptuno cun radio medio de 170 km.[5] Probablemente a lúa irregular máis grande do noso Sistema Solar.[4]

O espectro de Nereida é de cor gris[3] é foi detectado xeo de auga na súa superficie.[6] O seu espectro amósase coma algo intermedio entre os espectros das lúas de Urano Titania e Umbriel, o cal suxire que a superficie de Nereida é unha mestura entre xeo de auga e algún material espectralmente neutro .[6] O espectro de Nereida é considerablemente diferente dos espectros de planetas menores coma Pholus, Quirón e 1997CU26, suxerindo que hai moitas máis posibilidades de que Nereida se formase ó redor de Neptuno, en decrecemento das posibilidades de que sexa un corpo capturado.[6]

A lúa Halímede podería ser un fragmento arrincado de Nereida por mor evento de colisión.[7]

Exploración

[editar | editar a fonte]

A única sonda que visitou Nereida foi a Voyager 2, a cal pasou preto de Nereida, a unha distancia de 4.700.000 km[8] entre o 20 de abril e o 19 de agosto de 1989.[9] A Voyager 2 obtivo 83 imaxes da lúa cunha precisión entre 70 a 800 km.[9] Antes da chegada da Voyager 2, as observacións de Nereida estiveron limitadas ós telescopios terrestres que só puideron establece-lo brillo intrínseco de Nereida e os seus elementos orbitais.[10] Aínda que as imaxes obtidas pola sonda espacial non tiñan resolución de abondo para distingui-las características superficiais da lúa, a Voyager 2 puido establecer que o albedo da lúa é máis grande en comparación con outros satélites pequenos de Neptuno e que posiblemente a lúa sexa de cor gris.[3]

  1. Gerard P. Kuiper (1949). "The second satellite of Neptune". Publications of the Astronomical Society of the Pacific 61: 175–176. doi:10.1086/126166.
  2. NASA (ed.). "Neptune: Moons: Nereid". Arquivado dende o orixinal o 26-08-2009. Consultado o 08-11-2009.
  3. 1 2 3 McFadden, Lucy Ann Adams; Weissman, Robert Paul; Johnson, Torrence V. Encyclopedia of the Solar System. pp. 381–382.
  4. 1 2 T. Grav; M. Holman, J. J. Kavelaars (2003). "The Short Rotation Period of Nereid". The Astrophysical Journal 591: 71–74. doi:10.1086/377067.
  5. JPL (Solar System Dynamics), ed. (30-03-2009). "Jacobson, R.A. (2009)". Consultado o 31-03-2009.
  6. 1 2 3 Brown; Michael E.; Koresko, Christopher D.; Blake, Geoffrey A. (12/1998). "Detection of Water Ice on Nereid". The Astrophysical Journal 508 (2): L175–L176. doi:10.1086/311741. Consultado o 08-11-2009.
  7. Grav, T., M. J. Holman and W. Fraser, Photometry of Irregular Satellites of Uranus and Neptune, The Astrophysical Journal, 613 (2004), pp. L77–L80. Preprint
  8. Jones; Brian (1991). W.H. Smith, ed. Exploring the Planets. Italia. pp. 59. ISBN 0-8317-6975-0.
  9. 1 2 Jacobson; R. A. (11/91). "Triton and Nereid astrographic observations from Voyager 2" (PDF). Astronomy and Astrophysics Supplement Series 90 (3): 541–563. Consultado o 08-11-2009.
  10. NASA, ed. (29-01-1996). "PIA00054: Nereid". Consultado o 08-11-2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]