Saltar ao contido

Despina (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Despina
 Instancia de
 Epónimo
 Designación provisional
S/1989 N 3 Editar o valor en Wikidata
 Astro pai
Características orbitais
Excentricidade orbital0,0002 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital0,216 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital0,33465551 d Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior52.526 km Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Radio75 km Editar o valor en Wikidata
Masa2,1 Zg Editar o valor en Wikidata
Gravidade superficial0,026 m/s² Editar o valor en Wikidata
Volume1.800.000 km³ Editar o valor en Wikidata
Albedo0,09 Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente1,1 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
28 de xullo de 1989 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02rfhh Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Despina, (ou en latín Despœna, grego Δέσποινα), tamén coñecida coma Neptuno V, é o terceiro satélite máis interior de Neptuno. Chamada máis tarde Despina, unha ninfa que era filla de Poseidón e Deméter (Demetra).

Despina foi descuberta a finais do mes de xullo do 1989 a partir de imaxes da sonda espacial Voyager 2. Déuselle a designación temporal S/1989 N 3[1]. O descubrimento foi anunciado (IAUC 4824) o 2 de agosto do 1989, pero o texto só fala de "10 fotogramas tomados no transcorrer de 5 días", dando unha data do descubrimento que debeu ser algúns días antes do 28 de xullo. O nome foille outorgado o 16 de setembro de 1991[2].

Unha vista simulada de Despina orbitando Neptuno.

Despina é de forma irregular e non amosa signos de modificacións xeolóxicas. É máis coma unha pila de cascallos "reagrupados" a partir de fragmentos de satélites orixinais de Neptuno, os cales foron pulverizados polas perturbacións de Tritón pouco despois de que a lúa fose capturada na súa moi excéntrica órbita inicial[3].

A órbita de Despina descansa próxima pero non dentro da órbita de Talasa e xusto dentro do anel de Le Verrier. E coma está por debaixo do radio das órbitas sincrónicas de Neptuno, está pois nunha lenta espiral cara ó planeta debido ó efecto de desaceleración que as mareas gravitatorias provocan e eventualmente podería impactar contra a atmosfera de Neptuno, ou partirse, creando unha anel planetario unha vez traspasado o límite de Roche, debido á dispersión dos fragmentos da lúa.

  1. IAUC 4824 discovery IAUC circular
  2. "IAU Circular No. 5347". 16 de setembro do 1991. Consultado o 10-04-2007.
  3. D. Banfield e N. Murray (1992). "A dynamical history of the inner neptunian satellites". Icarus 99: 390. doi:10.1016/0019-1035(92)90155-Z.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]