Saltar ao contido

Náiade (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Náiade
 Instancia de
 Epónimo
 Designación provisional
S/1989 N 6 Editar o valor en Wikidata
 Astro pai
Características orbitais
Excentricidade orbital0,0047 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital4,75 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital0,2943958 d Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior48.227 km Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Radio33 km Editar o valor en Wikidata
Masa190 Eg Editar o valor en Wikidata
Albedo0,07 Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente23,9 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
18 de setembro de 1989 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/05hxj Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Vista simulada de Náiade orbitando Neptuno co Sol de fondo na distancia.

Náiade (en grego Ναϊάδ-ες), tamén coñecido coma Neptuno III, é o satélite máis interior de Neptuno que recibiría o nome das Náiades da mitoloxía grega.[1]

Descubrimento

[editar | editar a fonte]

Náiade foi descuberta nalgún momento a mediados de setembro do 1989, a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2. Foi a última lúa descuberta durante o achegamento da Voyager a Neptuno e foi designada temporalmente coma S/1989 N 6.[2] Este descubrimento foi anunciado o 29 de setembro do 1989 pola Unión Astronómica Internacional na súa Circular No. 4867, pero só se falaba de "25 fotogramas tomados durante 11 días", outorgándolle ó descubrimento unha data algo anterior ó 18 de setembro. Recibiu o seu nome oficial o 16 de setembro do 1991[3].

Características

[editar | editar a fonte]

Náiade é de forma irregular (non esférica) e aparece sen signos aparentes de cambios xeolóxicos. É posible que coma no caso doutros satélites situados entre Tritón e Neptuno, esta lúa sexa algo semellante a unha pila de cascallos "reagrupados" a partir de fragmentos de satélites orixinais de Neptuno, os cales foron pulverizados polas perturbacións de Tritón pouco despois de que a lúa fose capturada na súa moi excéntrica órbita inicial.[4]

Náiade orbita a 23.500 kms por riba das cimas das nubes de Neptuno. a súa órbita está por debaixo do radio da órbita sincrónica de Neptuno, está pois nunha lenta espiral cara ó planeta debido ó efecto de desaceleración que as mareas gravitatorias provocan e eventualmente podería impactar contra a atmosfera de Neptuno, ou partirse, creando unha anel planetario unha vez traspasado o límite de Roche, debido á dispersión dos fragmentos da lúa. Posiblemente Náiade orbite Neptuno dentro do rango deste límite, coma se supón que ten unha densidade baixa, o satélite podería xa estar moi preto do límite de Roche.[Cómpre referencia]

Problemas en posteriores procuras de Náiade

[editar | editar a fonte]

Dende o achegamento da Voyager 2, o sistema de Neptuno foi intensamente estudado polos observatorios terrestres e polo Telescopio Espacial Hubble. En marzo do 2002 o telescopio Keck observou o sistema usando a tecnoloxía da óptica adaptativa e así poder detectar sen moitos problemas os catros satélites interiores máis grandes do sistema de Neptuno. Talasa foi atopada grazas en parte ó procesado das imaxes, pero Náiade non foi localizada.[5] O Hubble ten a habilidade de detectar tódolos satélites coñecidos e os posibles novos satélites con máis precisión e fiabilidade cá Voyager 2. Pero Náiade aínda non foi atopada. Isto fai sospeitar que existiron bastantes erros nas efemérides de Náiade.[6]

  1. Gazetteer of Planetary Nomenclature (21 de xullo do 2006). USGS Astrogeology, ed. "Planet and Satellite Names and Discoverers". Consultado o 05-08-2006.
  2. "IAU Circular No. 4867". September 29, 1989. Consultado o 06-10-2018.
  3. "IAU Circular No. 5347". September 16 1991. Consultado o 10-04-2007.
  4. D. Banfield and N. Murray (1992). "A dynamical history of the inner neptunian satellites". Icarus 99: 390. doi:10.1016/0019-1035(92)90155-Z.
  5. Conferencia "Neptunian Satellites observed with Keck AO system", por F. Marchis, e acompañado por Urata, R.; de Pater, I.; Gibbard, S.; Hammel, H. B.; Berthier, J., (Maio do 2004), editada a conferencia no libro erican Astronomical Society, DDA meeting #35, #07.08; Bulletin of the American Astronomical Society, Vol. 36, pax. 860, consultado o 05-08-2006
  6. Conferencia "The Rings of Neptune and Uranus in the Hubble Space Telescope" por M. R. Showalter, e acompañado por Lissauer, J. J.; de Pater, I., (agosto do 2005), editada a conferencia no libro American Astronomical Society, DPS meeting #37, #66.09; Bulletin of the American Astronomical Society, Vol. 37, pax. 772, consultado o 05-08-2006 }}

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]