Excentricidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Excentricidade de diversas curvas e unha elipse.

Matemáticas[editar | editar a fonte]

En matemáticas e xeometría a excentricidade é un parámetro que determina o grao de desviación dunha sección cónica con respecto a unha circunferencia. É un parámetro importante na definición das elipses.

A excentricidade e dunha elipse de semi-eixo maior a e semi-eixo menor b é:

 e = \sqrt{1-\frac{b^2}{a^2}}.


Valores da excentricidade en seccións cónicas:

  • A excentricidade dunha circunferencia é cero.
  • A excentricidade dunha elipse é maior xa cero e menor ca 1.
  • A excentricidade dunha parábola é 1.
  • A excentricidade dunha hipérbola é maior ca 1.

Astronomía[editar | editar a fonte]

Os corpos ligados gravitacionalmente entre si describen órbitas en forma de elipse. A excentricidade da órbita dun obxecto calcúlase de acordo coa fórmula anterior e expresa o grao de desviación con respecto a unha órbita circular.

Outros[editar | editar a fonte]

Na linguaxe común emprégase o concepto de excentricidade para referirse ó comportamento inusual ou estraño dunha persoa.