Saltar ao contido

Galatea (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galatea
 Instancia de
 Epónimo
 Designación provisional
S/1989 N 4 Editar o valor en Wikidata
 Astro pai
Características orbitais
Excentricidade orbital0 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital0,052 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital0,42874431 d Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior61.593 km Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Radio88 km Editar o valor en Wikidata
Masa3,7 Zg Editar o valor en Wikidata
Albedo0,08 Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente21,9 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
28 de xullo de 1989 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02rfk3 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Galatea dentro do feble arco do anel preto de Neptuno.

Galatea (ou en grego Γαλάτεια), tamén coñecida coma Neptuno VI, é o cuarto satélite máis próximo a Neptuno. Foi máis tarde nomeada Galatea, unha das Nereidas da mitoloxía grega.

Galatea foi descuberta a finais de xullo do 1989 a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2. Déuselle a designación temporal de S/1989 N 4.[1] O descubrimento foi anunciado (IAUC 4824) o 2 de agosto do 1989, pero o texto só fala de "10 fotogramas tomados en 5 días", resultando así que o descubrimento fora uns cantos días antes do 28 de xullo. O nome foille outorgado o 16 de setembro do 1991[2].

Galatea amosa unha forma irregular e non amosa signos de modificacións xeolóxicas. É máis coma unha pila de cascallos "reagrupados" a partir de fragmentos de satélites orixinais de Neptuno, os cales foron pulverizados polas perturbacións de Tritón pouco despois de que a lúa fose capturada na súa moi excéntrica órbita inicial[3].

A órbita de Galatea está por debaixo do radio da órbita sincrónica de Neptuno, está pois nunha lenta espiral cara ó planeta debido ó efecto de desaceleración que as mareas gravitatorias provocan e eventualmente podería impactar contra a atmosfera de Neptuno, ou partirse, creando un anel planetario unha vez traspasado o límite de Roche, debido á dispersión dos fragmentos da lúa.

Galatea parece ser unha lúa pastor para o anel de Adam que está a 1000 km cara a fóra respecto da órbita da lúa. As resonancias con Galatea nunha taxa de 42:43 son consideradas coma o mecanismo máis probable de confinamento dos particulares arcos de anel que existen neste anel.[4] A masa de Galatea foi estimada a partir das perturbacións que esta crea no anel.[5]

  1. IAUC circular 4824
  2. "IAU Circular No. 5347". 16 de setembro do 1991. Consultado o 10-04-2007.
  3. D. Banfield e N. Murray (1992). "A dynamical history of the inner neptunian satellites". Icarus 99: 390. doi:10.1016/0019-1035(92)90155-Z.
  4. F. Namouni; C. Porco (2002). "The confinement of Neptune's ring arcs by the moon Galatea". Nature 417: 45. doi:10.1038/417045a.
  5. C.C. Porco (1991). "An Explanation for Neptune's Ring Arcs". Science 253: 995. PMID 17775342. doi:10.1126/science.253.5023.995.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]