Saltar ao contido

Sao (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sao
 Instancia de
 Epónimo
Sao (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Designación provisional
S/2002 N 2 Editar o valor en Wikidata
 Astro pai
Características orbitais
Excentricidade orbital0,1365 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital53,483 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital2.912,72 d Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior22.422.000 km Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro44 km Editar o valor en Wikidata
Masa67 Eg Editar o valor en Wikidata
Albedo0,04 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
23 de xullo de 2002 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/03937y Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Sao ( ou en grego Σαώ) é un satélite irregular de Neptuno con movemento directo. Foi descuberto por Matthew J. Holman e o seu equipo. o 14 de agosto do 2002.[1]

Satélites irregulares de Neptuno.

Sao orbita Neptuno a unha distancia aproximada de 22,4 millóns de kms e ten un diámetro de 44 kms (asumindo un albedo do 0,04).[2]

Sao ten unha órbita excepcionalmente inclinada e moderadamente excéntrica, tal coma ilustra o diagrama e relación a outros satélites irregulares de Neptuno. Os satélites arriba do eixo horizontal son de movemento directo, e os satélites por debaixo do eixo son retrógrados. Os segmentos amarelos esténdense dende o pericentro ó apocentro, amosando a excentricidade; fágase notar a acusadisima excentricidade de Neso e Psámate, máis se a comparamos coa de Sao.

O satélite está nunha comunmente chamada resonancia Kozai, p.e. a súa inclinación e excentricidade van parellas (a inclinación da órbita decrece cando a excentricidade aumenta e viceversa).[1]

Sao, ou Neptuno XI, coma a meirande parte dos satélites máis externos de Neptuno, recibiu un dos nomes das Nereidas; Sao foi asociada a navegación e era alcumada a "Rescatadora" ou "Salvadora". Antes de recibi-lo seu nome oficial o 3 de febreiro do 2007 (IAUC 8802), Sao tiña o nome asignado provisionalmente de S/2002 N 2.

  1. 1 2 M. Holman, JJ Kavelaars, B. Gladman, T. Grav, W. Fraser, D. Milisavljevic, P. Nicholson, J. Burns, V. Carruba, J.-M. Petit, P. Rousselot, O. Mousis, B. Marsden; R. Jacobson; Discovery of five irregular moons of Neptune, Nature, 430 (2004), pp. 865-867. Final preprint(pdf)
  2. S. Sheppard, D. Jewitt e J. Kleyna A Survey for "Normal" Irregular Satellites Around Neptune: Limits to Completeness, The Astronomical Journal, 132 (2006), pp. 171–176. Preprint.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]