Saltar ao contido

Talasa (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Talasa
 Instancia de
 Epónimo
Tálassa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Designación provisional
S/1989 N 5 Editar o valor en Wikidata
 Astro pai
Características orbitais
Excentricidade orbital0,00176 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital0,21 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital0,31148444 d Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior50.075 km Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Radio41 km Editar o valor en Wikidata
Masa370 Eg Editar o valor en Wikidata
Albedo0,09 Editar o valor en Wikidata
Temperatura51 K Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente23,3 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
18 de setembro de 1989 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02rfgk Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Unha simulación da vista de Talasa orbitando Neptuno.

Talasa (en grego Θάλασσα), tamén coñecida coma Neptuno IV, é o segundo satélite máis próximo (ou interior) de Neptuno. Talasa foi nomeada máis tarde co nome da filla de Aether (Éter) e Hemera a partir da mitoloxía grega. "Talasa" significa en grego "mar".

Talasa foi descuberta nalgún momento antes de mediados de setembro do 1989 a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2. Déuselle temporalmente a designación S/1989 N 5.[1] O descubrimento foi anunciado (IAUC 4867) o 29 de setembro do 1989, pero o texto só falaba de "25 fotogramas tomados durante 11 días", dando unha data do descubrimento que debeu ser algúns días antes do 18 de setembro. O seu nome foille outorgado o 16 de setembro do 1991[2].

Talasa amosa unha forma irregular e non amosa signos de modificacións xeolóxicas. É máis coma unha pila de cascallos "reagrupados" a partir de fragmentos de satélites orixinais de Neptuno, os cales foron pulverizados polas perturbacións de Tritón pouco despois de que a lúa fose capturada na súa moi excéntrica órbita inicial[3]. Algo moi infrecuente nos corpos irregulares é que Talasa ten unha forma semellante á dun disco.

A órbita de Talasa está por debaixo do radio das órbitas sincrónicas de Neptuno, está pois nunha lenta espiral cara ó planeta debido ó efecto de desaceleración que as mareas gravitatorias provocan e eventualmente podería impactar contra a atmosfera de Neptuno, ou partirse, creando un anel planetario unha vez traspasado o límite de Roche, debido á dispersión dos fragmentos da lúa. Relativamente pouco tempo despois, parte dos fragmentos dispersados poderían invadi-la órbita de Despina.

  1. IAUC 4867} discovery IAUC circular
  2. "IAU Circular No. 5347". 16 de setembro do 1991. Consultado o 10-04-2007.
  3. D. Banfield e N. Murray (1992). "A dynamical history of the inner neptunian satellites". Icarus 99: 390. doi:10.1016/0019-1035(92)90155-Z.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]