Saltar ao contido

Larisa (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Larisa
 Instancia de
 Epónimo
Lárissa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Designación provisional
S/1989 N 2 Editar o valor en Wikidata
 Astro pai
Características orbitais
Excentricidade orbital0,001393 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital0,251 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital0,55465332 d Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior73.548 km Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Radio97 km Editar o valor en Wikidata
Masa4,9 Zg Editar o valor en Wikidata
Volume3.500.000 km³ Editar o valor en Wikidata
Albedo0,09 Editar o valor en Wikidata
Temperatura51 K Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente21,5 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
24 de maio de 1981 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF8750164539799732240007 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/027n17 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Larisa ( ou en grego Λάρισα), tamén coñecida coma Neptuno VII, é o quinto satélite máis interior de Neptuno. Foi bautizado co nome de Larisa, unha amante de Poseidón (Neptuno) na mitoloxía grega.

Descubrimento

[editar | editar a fonte]

Foi descuberto por Harold J. Reitsema, William B. Hubbard, Larry A. Lebofsky e David J. Tholen baseándose en observacións fortuítas das ocultacións feitas por Larisa das estrelas de "fondo"[1] que tiveron lugar o 24 de maio do 1981, dáselle a designación temporal de S/1981 N 1 e faise público o 29 de maio do 1981.[2] A lúa foi "recuperada" e confirmada coma un "único obxecto" dentro da órbita descrita previamente no ano 1981, esta confirmación obtívose tralo sobrevoo de Neptuno por parte da Voyager 2 no ano 1989,[3] recibiría pouco despois a designación adicional de S/1989 N 2, concretamente o 2 de agosto do 1989.[4] O anuncio de Stephen P. Synnott falaba de “10 fotogramas tomados en 5 días”, o cal ofrece unha data da "recuperación" algúns días antes do 28 de xullo. O nome oficial foi outorgado o 16 de setembro de 1991.[5]

Características

[editar | editar a fonte]
Mapa de Larisa

Larisa é de forma irregular (non esférica) e aparece cheo de cráteres de impacto, e sen signos aparentes de cambios xeolóxicos. Pouco se coñece desta lúa, e coma no caso doutros satélites situados entre Tritón e Neptuno, esta lúa semella ser unha pila de cascallos "reagrupados" a partir de fragmentos de satélites orixinais de Neptuno, os cales foron pulverizados polas perturbacións de Tritón pouco despois de que a lúa fose capturada na súa moi excéntrica órbita inicial.[6]

A órbita de Larisa é case circular e por riba está por debaixo do radio da órbita sincrónica de Neptuno, está pois nunha lenta espiral cara ó planeta debido ó efecto de desaceleración que as mareas gravitatorias provocan e eventualmente podería impactar contra a atmosfera de Neptuno, ou partirse, creando un anel planetario unha vez traspasado o límite de Roche, debido á dispersión dos fragmentos da lúa.

Unha simulación de Larisa orbitando Neptuno. Os detalles da superficie son ficticios.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]