David Brewster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
David Brewster
David-Brewster.jpg
Nacemento 11 de decembro de 1781
  Jedburgh
Falecemento 10 de febreiro de 1868
  Melrose (cidade da Escócia)
Soterrado Melrose (Escócia)
Nacionalidade Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Educado en Universidade de Edimburgo
Ocupación botánico, enxeñeiro civil, físico, enxeñeiro, matemático, astrónomo, filósofo, inventor, escritor, catedrático de universidade e biógrafo
Premios membro da Royal Society, Medalla Copley, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Medalla Real, Medalha Rumford e Grand prix des sciences mathématiques
editar datos en Wikidata ]
David Brewster

David Brewster, nado o 11 de decembro de 1781 en Jedburgh (Escocia) e finado o 10 de febreiro de 1868 en Roxburghshire (Escocia), foi un científico, naturalista, inventor e escritor escocés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Jedburgh, fillo dun mestre de escola. Aos 12 anos entrou na Universidade de Edimburgo para estudar teoloxía, aínda que xa nesa época amosaba grande inclinación polas ciencias naturais. A partir de 1799 comeza a estudar a difracción da luz, os resultados das súas investigacións vainas publicando en Philosophical Transactions e noutras publicacións científicas.

Estableceu as leis da polarización por reflexión e refracción, estableceu as leis da reflexión metálica e realizou numerosos experimentos sobre a absorción da luz. En 1816 inventou o caleidoscopio. Brewster contribuíu á Edinburgh Encyclopaedia e á 7ª e 8ª edicións da Encyclopædia Britannica.