Roderick Murchison
Roderick Murchison | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Roderick Impey Murchison |
Nacemento | 19 de febreiro de 1792 |
Lugar de nacemento | Ross and Cromarty |
Falecemento | 22 de outubro de 1871 (79 anos) |
Lugar de falecemento | Londres |
Soterrado | Cemitério de Brompton |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Alma máter | Durham School |
Ocupación | botánico, paleontólogo, xeólogo, militar, entomólogo e escritor |
Pai | Kenneth Murchison of Tarradall |
Nai | Barbara Mackenzie |
Cónxuxe | Charlotte Murchison |
Premios | membro da Royal Society, Knight Commander of the Order of the Bath, Medalla Copley, Founder’s Medal, honorary doctor of the University of Vienna, Fellow of the Royal Society of Edinburgh, Fellow of the Linnean Society of London, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Order of Saint Anna, 2nd class, Makdougall Brisbane Prize e Medalha Wollaston |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Roderick Impey Murchison, nado en Tarradale en 1792 e finado en 1871, foi un xeólogo escocés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou en Durham e na academia militar de Great Marlow. En 1808 desembarcou en Galicia coas tropas do duque de Wellington e participou nas batallas de Roliça e Vimeiro e na retirada dirixida por John Moore cara á Coruña e na batalla posterior.
Casa en 1815 e dedica dous anos a viaxar por Europa, en especial por Italia. En 1818 aséntase en Inglaterra e fixo amizade con Humprhy Dave que o animou a dedicarse á ciencia, uniuse á Sociedade Xeolóxica de Londres e comeza a explorar coa súa dona a xeoloxía do sur de Inglaterra, cunha especial dedicación ás rochas do noroeste de Sussex, sobre as que escribe o seu primeiro artigo científico.
Con Charles Lyell explora a rexión volcánica de Auverña e tamén o Tirol e Suíza. Un pouco despois con Adam Sedgwick investiga a formación dos Alpes, o artigo que escriben permanece como un dos clásicos da xeoloxía alpina. En 1831 marcha á rexión fronteiriza entre Inglaterra e Gales para estudar as rochas sedimentarias, destes traballos resulta o establecemento do sistema silúrico, que pola primeira vez agrupa unha serie de formacións xeolóxicas cada unha coas súas propias características e fósiles que describe en The Silurian System en 1839.
Contribúe tamén ao establecemento do Devoniano. Con Edouard de Verneuil e Alexander von Keyserling viaxa a Rusia, con eles publica un estudo sobre Rusia e os Urais en 1845.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roderick Murchison ![]() |