Charles Algernon Parsons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Charles Algernon Parsons
Charles Algernon Parsons.jpg
Nacemento13 de xuño de 1854
 Londres
Falecemento11 de febreiro de 1931
 Kingston
NacionalidadeReino Unido
Alma máterTrinity College, Dublin e St John's College
Ocupaciónenxeñeiro, inventor e empresario
PaiWilliam Parsons
NaiMary Rosse
CónxuxeKatharine, Lady Parsons
FillosRachel Parsons
IrmánsLawrence Parsons, 4th Earl of Rosse
Premiosmembro da Royal Society, Knight Commander of the Order of the Bath, Medalla Copley, Medalha Faraday, Medalha Rumford, Albert Medal, Medalla Franklin, Bessemer Gold Medal e Bakerian Lecture
editar datos en Wikidata ]

Charles Algernon Parsons, nado en Londres o 13 de xuño de 1854 e finado en Kingston (Xamaica) o 11 de febreiro de 1931, foi un enxeñeiro e inventor anglo-irlandés, máis coñecido pola invención da turbina de vapor[1] e por dar nome á C. A. Parsons and Company. Traballou no proxecto de dínamos e turbinas para a xeración de electricidade, con grande influencia no campo naval e no campo da enxeñaría eléctrica. Tamén desenvolveu equipamentos ópticos, como reflectores e telescopios.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Parsons naceu en Londres nunha familia angloirlandesa.[2][3][4] Era o fillo máis novo do astrónomo irlandés William Parsons (Lord Rosse). A casa familiar é o castelo de Birr, no condado de Offaly (Irlanda), e a cidade de Birr recibiu o nome de Parsonstown pola familia entre 1620 e 1899.

Cos seus tres irmáns, Parsons foi educado na casa en Irlanda por titores privados[5] (incluído John Purser). Posteriormente estudou no Trinity College (Dublín) e no Saint John's College (Cambridge), graduándose brillantemente en matemáticas neste último en 1877.[6] Logo de graduarse en Cambridge, comezou a fabricación dunha revolucionaria turbina de vapor, capaz de xerar unha alta velocidade (ata 18 000 revolucións por minuto), que rematou en 1884. Con ela equipou un veloz barco de vapor que bautizou co nome de Turbinia (1894), co que demostrou a superioridade da turbina de vapor sobre outro tipo de motores da época.

Nos inicios do século XX todos os barcos comezaron a estaren equipados con ese tipo de motor, especialmente cando en 1912 perfeccionou a turbina de engrenaxe, unha mellora revolucionaria da súa turbina inicial. En 1925, Charles Parsons adquiriu a Grubb Telescope Company e renomeouna Grubb Parsons.

Parsons faleceu o 11 de febreiro de 1931 a bordo do buque Duchess of Richmond durante un cruceiro coa súa esposa a causa dunha neuropatía.[7] O 3 de marzo de 1931, celebrouse un servizo conmemorativo na abadía de Westminster. Parsons foi enterrado na igrexa parroquial de San Bertomeu en Kirkwhelpington en Northumberland.

Vida privada[editar | editar a fonte]

En 1883 Parsons casou con Katharine Bethell, filla de William F. Bethell. Tiveron dous fillos: Rachel Mary Parsons (nada en 1885) e Algernon George Parsons (nado en 1886), que faleceu en acto de servizo durante a primeira guerra mundial en 1918, aos 31 anos.[8] Katharine morreu na súa casa de Ray Demesne, Kirkwhelpington, Northumberland en 1933.[9] Rachel Parsons morreu en 1956; o mozo de corte Denis James Pratt foi condenado por homicidio imprudente.[10]

En 1919 Katharine e a súa filla cofundaron Women's Engineering Society, que aínda existe.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sir Charles Algernon Parsons". Encyclopedia Britannica. n.d. Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  2. "Charles Parsons the Person". University of Limerick. ... was an Anglo-Irish engineer, 
  3. Weightman, Gavin (2011). Children of Light. Atlantic Books. p. 112. ISBN 0857893009. Charles Algernon Parsons was from the Anglo-Irish aristocracy 
  4. Invernizzi, Costante Mario (2013). Closed Power Cycles: Thermodynamic Fundamentals and Applications. Springer. pp. 1–. ISBN 978-1-4471-5140-1. 
  5. The Earl of Rosse (Autumn 1968). "William Parsons, third Earl of Rosse" (PDF). Hermathena (107): 5–13. JSTOR 23040086. Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  6. Parsons, the Hon. Charles Algernon Arquivado 06 de xuño de 2012 en Wayback Machine. en Venn, J. & J. A, Alumni Cantabrigienses, Cambridge University Press, 1922–1958.
  7. Sir Charles Parsons and Sir Arthurt Dorman. The Times (venres, 13 de febreiro de 1931), número 45 746, páxina 14.
  8. "Katherine Bethell". The Peerage. Consultado o 6 de xaneiro de 2015. 
  9. "Obituary The Hon. Lady Parsons". Heaton Works Journal (Women's Engineering Society). decembro de 1933. Consultado o 6 de xaneiro de 2015. 
  10. "A history of General Motors in pictures". The Telegraph. Consultado o 6 de xaneiro de 2015. 
  11. Heald, Henrietta (23 de maio de 2014). "What was a girl to do? Rachel Parsons (1885–1956): engineer and feminist campaigner". blue-stocking. Consultado o 6 de xaneiro de 2015. In January 1919, Rachel and her mother, Katharine, established the Women’s Engineering Society, with Rachel as the first president and Caroline Haslett, an electrical engineer, as secretary. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]