Jean-Baptiste Dumas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jean-Baptiste Dumas
Jean Baptiste André Dumas.jpg
Nacemento14 de xullo de 1800, 15 de xullo de 1800 e 16 de xullo de 1800
 Alès
Falecemento10 de abril de 1884, 9 de abril de 1884 e 11 de abril de 1884
 Cannes
SoterradoCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeFrancia
Alma máterUniversidade de Xenebra
Ocupaciónquímico, político, científico, catedrático de universidade e farmacéutico
CónxuxeHermione-Caroline Brongniart
FillosErnest Charles Jean-Baptiste Dumas
PremiosGran cruz da Lexión de Honor, Medalla Copley, Prêmio Faraday, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Albert Medal e Foreign Member of the Royal Society
editar datos en Wikidata ]

Jean Baptiste André Dumas, nado en 1800 e finado en 1884, foi un químico francés, coñecido polos seus traballos de análise e síntese orgánica, ademais da determinación do peso atómico por medio da medición das densidades de vapor.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Alès (Gard). En 1816 trasladouse a Xenebra, onde acudiu ás clases de M.A. Pictet de física, C.G. de la Rive de química e Augustin Pyrame de Candolle de botánica, traballou con Pierre Prévost nos problemas de química fisiolóxica e mesmo de embrioloxía. . En 1822 marchou a París, onde actuou como conselleiro de Alexander von Humboldt e foi profesor de química, inicialmente no Lyceum e máis tarde (1835) na École polytechnique .

En 1826 Dumas demostrou que a masa molecular de certos compostos orgánicos é directamente proporcional á densidade do vapor do composto e a partir diso estableceu novos valores de masa atómica de 30 elementos, establecendo o valor para o hidróxeno en 1.

En 1833 desenvolveu un método para calcular a cantidade de nitróxeno das substancias orgánicas, iniciando os métodos modernos de análise. En 1839 estableceu a teoría da substitución que afirma que en química orgánica as propiedades de certos compostos non cambian mesmo cando o seu hidróxeneo se substitúe cunha cantidade equivalente de halóxenos.

Elixido deputado en 1848. Entre 1850 e 1851 foi ministro de agricultura e comercio. Posteriormente foi senador e presidente do concello municipal de París.