August Kekulé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
August Kekulé
August Kekulé
Datos persoais
Nacemento7 de setembro de 1829 e 1829
LugarDarmstadt
Falecemento13 de xullo de 1896 (66 anos)
LugarBonn
SoterradoBonn
NacionalidadeReino de Prusia e Reich alemán
CónxuxeStephanie Drory e Luise Högel
FillosStephan Kekulé von Stradonitz
Actividade
Campoquímico, pedagogo e profesor universitario
Alma máterUniversidade de Giessen, Ludwig-Georgs-Gymnasium, Universidade Técnica de Darmstadt, Universidad de Francia e Universidade de Gante
Director de teseJustus von Liebig e Heinrich Will
PremiosMedalla Copley, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Ordem Maximiliana da Baviera para Ciência e Arte e Foreign Member of the Royal Society
editar datos en Wikidata ]

Friedrich August Kekulé von Stradonitz, nado en Darmstadt o 7 de setembro de 1829 e morto en Bonn o 13 de xullo de 1896, foi un químico orgánico alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formulou a hipótese de que a molécula de benceno (C6H6, un hidrocarburo aromático) tiña unha estrutura cíclica, onde seis átomos de carbono forman un hexágono e no que en cada un dos vértices está unido un átomo de hidróxeno. A lenda di que chegou á comprensión estrutural do benceno mentres durmía, soñando cun uróboros, unha serpe que se mordía a cola[1].

Postulados[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Carbono.

En 1857 Kekulé determinou as características fundamentais do átomo de carbono nos compostos mediante catro postulados:

1º Postulado: Tetracovalencia constante.

Nos compostos orgánicos, o carbono é sempre tetracovalente, exercendo 4 unións, podendo esas unións seren representadas por pares electrónicos.

2º Postulado - As catro valencias do carbono son iguais.

Ese postulado explica por que existe un só clorometano (H3CCl), pois, calquera que sexa a valencia que o carbono cambie co cloro, ou calquera que sexa a posición do cloro, obtense un só composto. Calquera desas estruturas, independentemente da posición do cloro, recibirá o nome de clorometano.

3º Postulado – Encadeamento constante.

Os átomos de carbono poden unirse entre si formando cadeas carbónicas.

4º Postulado - Unións entre átomos de carbono.

Os átomos de carbono pódense ligar por unha, dúas ou até tres valencias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2016.