Revelación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nos contextos relixioso e místico, coñécese como Revelación o acceso a unha verdade secreta ou oculta, frecuentemente manifestada a algúns individuos por unha entidade sobrenatural.

O revelado é, por tanto, o dito ou dado a entender, xeralmente por parte dunha divindade ou ser sobrenatural, sobre outra cousa da cal non se tiña coñecemento previo e que se considera verdade polos que participan da relixión, constituíndo parte central da súa vivencia relixiosa.

Relixións[editar | editar a fonte]

No contexto relixioso o concepto de revelación aparece en:

Moitas relixións consideran algúns dos seus dogmas e partes indiscutíbeis da súa doutrina como verdades reveladas; desta maneira as relixións tradicionais poden conservar preceptos da crítica racionalista, o cal tende á inmutabilidade do núcleo doutrinal.[Cómpre referencia] Nese sentido, a noción de revelación oponse á noción científica de coñecemento adquirido mediante un esforzo deliberado.[Cómpre referencia]

Outros usos[editar | editar a fonte]

Como extensión do uso do concepto, aplícase a calquera novidade no campo do coñecemento, información ou incluso ao xurdimento dunha nova personalidade, por exemplo: Premio Goya ao mellor actor revelación ou Premio Goya á mellor actriz revelación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]