James Dewar
James Dewar | |
---|---|
![]() Sir James Dewar | |
Datos persoais | |
Nacemento | 20 de setembro de 1842 |
Lugar | Kincardine-on-Forth ![]() |
Falecemento | 27 de marzo de 1923 (80 anos) |
Lugar | Londres ![]() |
Soterrado | Golders Green Crematorium |
Residencia | Londres |
Nacionalidade | ![]() |
Actividade | |
Campo | Físico e químico |
Alma máter | Universidade de Edimburgo |
Director de tese | Lyon Playfair, 1st Baron Playfair |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | osíxeno líquido hidróxeno líquido |
Premios | Medalla de ouro Hodgkins (Instituto Smithsoniano) Medalla Lavoisier (Academia de Ciencias de Francia) Albert Medal (Royal Society of Arts) Medalla Rumford (1894) Medalla Franklin (1919) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
James Dewar nado o 20 de setembro de 1842 en Kincardine-on-Forth (Escocia) e finado o 27 de marzo de 1923) en Londres, foi un físico e químico escocés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi o máis novo de seis irmáns e quedou orfo de pai e nai aos 15 anos. Naceu en Kincardine-on-Forth e foi educado en Dollar Academy e na Universidade de Edimburgo, onde se graduó. Posteriormente converteríase en profesor na Universidade de Cambridge en 1875, facéndose membro da Royal Institution en 1877. Desenvolveu a fórmula química do benceno e realizou un extenso traballo no campo da espectroscopia durante máis de 25 anos. En 1891 descubriu o proceso para producir osíxeno líquido en cantidades industriais. Inventou un depósito illante, o vaso Dewar, para estudar os gases a baixas temperaturas. Usou este invento para transportar gases líquidos, como hidróxeno, en 1898. Tamén foi o primeiro en obter hidróxeno sólido En 1905 observou que o carbón frío podía producir baleiro. Esta técnica foi moi útil para a experimentación na física atómica.
Xunto con Sir Frederick Augustus Abel desenvolveu explosivos sen fume, cuxo nome común é cordita.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Meiklejohn, William, "Tulliallan: Four lads o’ pairts: Sir James Dewar (1842-1923)Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.". Kincardine Local History Group. (en inglés)
- "Sir James Dewar (1842–1923)". British Broadcasting Corporation, Broadcasting House, Portland Place, Londres. bbc.co.uk. 2004. (en inglés)
- Bellis, Mary, "Inventors Sir James Dewar". about.com. (en inglés)