Henry Cavendish
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de outubro de 1731 Niza, Francia |
Morte | 24 de febreiro de 1810 (78 anos) Londres, Reino Unido |
Residencia | Reino Unido |
Educación | Peterhouse (en) Universidade de Cambridge Newcome's School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Física e química |
Ocupación | químico, físico, matemático |
Empregador | Reino Unido |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Charles Cavendish e Ann Grey |
Irmáns | Frederick Cavendish |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Кавендиш Генри) Dictionary of National Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Henry Cavendish, nado en Niza o 10 de outubro de 1731 e finado o 24 de febreiro de 1810, foi un físico e químico británico. Como físico, é coñecido polo experimento de Cavendish (mediante o que posteriormente se determinou a constante da gravitación universal); e como químico, polo descubrimento do hidróxeno e da composición da auga.
Parte da súa popularidade posterior deriva do seu singular carácter persoal (extremadamente reservado) e das múltiples anécdotas que balizan a súa biografía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Malia que nado en Francia, Cavendish foi fillo de pais británicos pertencentes á adiñeirada e respectada nobreza inglesa: Lord Charles Cavendish duque de Devonshire e Lady Ann Gray.
Aos 11 anos entrou a estudar na Escola de Newcome (en Hackney), ingresando aos 18 anos (1749) na Peterhouse, Universidade de Cambridge. Nesa época destacou por ser un alumno aplicado, calado, moi tímido, reservado e encerrado no seu mundo, os seus profesores adoitaban dicir que sempre estaba na lúa (supúxose que tiña a Síndrome de Asperger, aínda que en realidade se dedicaba a razoar e reflexionar sobre diversos temas científicos.
Cavendish é especialmente coñecido polas súas investigacións na química da auga e do aire, e polo cálculo da densidade da Terra.