Costa da Vela
| Tipo | Zona de especial conservación espazo natural protexido Zonas de especial protección dos valores naturais | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Cangas de Morrazo, España | |||
| ||||
| Características | ||||
| Superficie | 1.427,03326 ha | |||
| World Database on Protected Areas | ||||
| Identificador | ||||
| Área protexida da rede Natura 2000 | ||||
| Identificador | ||||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | decembro de 2004 | |||
A Costa da Vela é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe o extremo oeste da península do Morrazo e que dá caras as rías de Pontevedra e Vigo. Esta área de conservación ocupa 1.419 ha. do concello Cangas de Morrazo, dos cales unha terza é espazo mariño.[1][2][3][4][5] Destaca por ser unha costa aberta con cantís e queirogais e polo sistema dunar das súas praias.[5]
Xeografía
[editar | editar a fonte]

O espazo natural é o litoral oeste da parroquia do Hío, e vai desde a praia de Couso e faro da punta do Couso, pasa polo Cabo Home e punta Robaleira, continúa incluíndo a praia de Melide e remata no sur coas praias da enseada da Barra: desde a de Barra á de Nerga. Ademais desa franxas do litoral, acollen as augas abertas e illotes de toda a enseada das Conchas e a costa de Soavela, que están entre o punta de Couso e o cabo Home. Esas augas mariñas supoñen o 29% do total da superficie do espazo protexido.[4][5]
No norte da costa occidental do espazo atópase a praias de Couso, preto da punta Couso. Entre os cabo Home e a punta Subrido, xa no sur do espazo, está a praia de Melide. Existe un continuo de praias interiores resgardadas na enseada da Barra, que é aquela que está desde a punta Subrido e en dirección leste protexida polo cabo. Estas praias xa están dentro da ría de Vigo e son a praia de Barra, de Viño e de Nerga. Nesta costa só existen varios regatos de caudal menor. Aqueles que existen na franxa de praias son o rego de Donón, que chega ao mar entre a praia de Barra e o cabo, e outros regatos. Na praia de Melide e rego na costa do Facho, na costa de Soavela, chegan outros regatos. Dous cumes do espazo destacables son o monte Facho e o monte de Melide.[4][5]
As calas e as baías deste litoral son de pouca profundidade e os esteiros de pouca extensión. No litoral existen espazos con furnas e arrecifes. Na barra de praias existen dunas tanto móbiles embrionarias como fixas e xa en procesos de descalcificación.[4][5]
Desde a costa da Vela pódense observar as rías de Vigo e Pontevedra e dende mar aberto as illas atlánticas: as illas Ons e Cíes.[6]
Flora e Fauna
[editar | editar a fonte]Flora
[editar | editar a fonte]No litoral domina a vexetación de argazos a perenne, casmofítica e propia de costas nos cantís. Son frecuentes as matas de queirogais propios de zonas temperás, como Erica ciliaris e Erica tetralix, e das zonas secas europeas. Algunhas extensións son as dos prados secos e as zonas de gramíneas. En puntos como as ribeiras, existen algúns bosques de abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior). Ademais existen piñeiros, en especial a carón das praias e do mar.[4][5]
Fauna
[editar | editar a fonte]
Esta costa conta cunha diversidade de aves relevante, 11 das cales están catalogadas como prioritarias en canto a súa conservación. Pódense destacar o paíño europeo (Hydrobates pelagicus), as movellas (Gavia stellata, Gavia arctica e Gavia immer) e os araos dos cons (Uria aalge).[4][5]
As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4]
| Grupo | Especie |
|---|---|
| Invertebrados | Cerambyx cerdo |
| Invertebrados | Coenagrion mercuriale |
| Invertebrados | Euphydryas aurinia |
| Invertebrados | Lucanus cervus |
| Peixes | Alosa alosa |
| Peixes | Alosa fallax |
| Anfíbios | Chioglossa lusitanica |
| Anfíbios | Discoglossus galganoi |
| Réptiles | Lacerta schreiberi |
| Mamíferos | Lutra lutra |
| Mamíferos | Myotis myotis |
| Mamíferos | Phocoena phocoena |
| Mamíferos | Rhinolophus euryale |
| Mamíferos | Rhinolophus ferrumequinum |
| Mamíferos | Rhinolophus hipposideros |
| Mamíferos | Tursiops truncatus |
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Patrimonio arqueolóxico
[editar | editar a fonte]
Dentro da costa da Vela está o petróglifo de Olleiros. Así mesmo, no linde deste espazo está o facho de Donón, unha garita de vixía do século XVII[7]. Alí existen restos dun santuario do deus Berobreo.[6]
Patrimonio civil
[editar | editar a fonte]Neste litoral destacan os faros, que se atopan nos cabos. Son o faro de Punta Cousa, que se atopa nese cabo na ría de Aldán, e os faro de Cabo Home e faro da Punta, que están no cabo Home e na punta Robaleira, mirando á ría de Vigo.
Lexislación
[editar | editar a fonte]A Costa da Vela foi declarada como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[4][5]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Litoral ata cabo Home e illas Cíes.
- Alto do facho, co faro de punta Couso e as Ons ao fondo.
- Altos do Couso e da Cruz e punta Couso.
- Faro da punta Couso.
- Faro de punta Subrido.
- Faro de cabo Home e illas Ons.
- Faro de punta Subrido.
- Praia de Barra.
- Panorámica nocturna desde o monte do Facho.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96.
- ↑ Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427.
- ↑ Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1140010 Costa da Vela". Consultado o 10/9/2019.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "NATURA 2000 - Standard Data form: ES1140010 Costa da Vela". Consultado o 10/0/2019.
- 1 2 Turgalicia. "Costa da Vela". Consultado o 14/11/2014.
- ↑ Fran Zabaleta. "Facho de Donón – Cangas". Arquivado dende o orixinal o 23/10/2019. Consultado o 14/9/2019.
