Wikipedia:Primeiro wikimaratón do audiovisual

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.
Fotografía dos Cantóns da Coruña feita por J. Sellier.

O sábado 28 de novembro de 2015 vaise realizar o primeiro Wikimaratón do audiovisual.

Este evento está promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Galipedia. Nel traballarase na creación, ampliación e mellora de artigos relacionados con todos os temas relacionados co audiovisual galego.

Un wikimaratón é unha reunión (presencial e virtual) convocada para editar e mellorar colectivamente os contidos dunha Wikipedia sobre un tema ou unha serie de artigos relacionados con el. Habitualmente están promovidos por unha institución educativa ou cultural -neste caso a Academia Galega do Audiovisual- e buscan ademais visibilizar a comunidade da Wikipedia, favorecer o contacto entre os seus membros e facilitar a incorporación a ela de novas persoas. Por iso é frecuente que incorporen unha sesión introdutoria á edición básica, así como actividades divulgativas.

Cando, onde e como[editar a fonte]

Esta actividade terá lugar o 28 de novembro de 2015 na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, situada no Campus da Xunqueira (como chegar?). Comezará ás 10:00 e vaise desenvolver durante toda a mañá (máis abaixo pode verse o programa).

Para poder tirarlle todo o partido ao wikimaratón o ideal é asistir presencialmente. Así, amais de editar, é posible coñecer a outros wikipedistas, intercambiar experiencias e darlle visibilidade ao proxecto. Pero se non podes vir, tamén podes participar a distancia.

Programa de actividades[editar a fonte]

  • 10:00-10:30 Benvida e presentación da xornada.
  • 10:30-11:00 Que é a Galipedia? Filosofía, principios, organización, comunidade.
  • 11:00-11:30 Como se edita a Galipedia? Introdución á edición co Editor visual.
  • 11:30-11:50 Pausa para o café.
  • 11:50-12:00 Repaso de obxectivos de edición e distribución de tarefas.
  • 12:00-13:45 Edición dos artigos.
  • 13:45-14:00 Revisión do traballo realizado e planificación do traballo restante.

Información para participantes[editar a fonte]

Cuestións xerais[editar a fonte]

Tanto se optas por achegarte ata Pontevedra, como se prefires colaborar desde outro sitio, é importante que te apuntes na lista de participantes, editando esta páxina e indicando o teu usuario da Galipedia. Así hanos ser máis doado organizar e xestionar o traballo.

E se aínda non tes un usuario, non esquezas crear unha conta antes: así poderás identificarte cun nome e non co enderezo IP do equipo desde o que te conectes. E aínda hai máis vantaxes.

Ah, e non te preocupes se é a túa primeira vez e pensas que non vas saber editar: aquí tes información por se queres ir mirando. E se non, xa viches que vai haber unha sesión introdutoria para que perdas o medo.

Se vas participar presencialmente, podes traer o teu ordenador portátil: así só terás que conectarte á rede sen fíos da Facultade para poder traballar, pero se non o queres traer, poderás traballar tamén nun dos ordenadores da aula de informática onde se vai realizar a actividade (limitado a uns 38 equipos).

Artigos propostos[editar a fonte]

Artigos a mellorar[editar a fonte]

Artigo Usuario Notas
1 O bosque animado (a encher) (a encher)
2 Os luns ó sol (a encher) (a encher)
3 Trece badaladas (filme) (a encher) (a encher)
4 O lapis do carpinteiro (filme) (a encher) (a encher)
5 Carlos Sedes (a encher) (a encher)
6 Jorge Algora (a encher) (a encher)
7 Alfonso Zarauza (a encher) (a encher)
8 Sandra Sánchez (a encher) (a encher)
9 Apaga a luz (a encher) (a encher)
10 Era visto! (a encher) (a encher)
11 Historia do cine en Galicia (a encher) (a encher)
12 Piti Sanz (a encher) (a encher)
13 Pazo de familia (a encher) (a encher)
14 Urxa (a encher) (a encher)
15 Eloy Lozano (Barto Fiallega) (a encher)
16 [[]] (a encher) (a encher)
17 [[]] (a encher) (a encher)
18 [[]] (a encher) (a encher)
19 [[]] (a encher) (a encher)
20 [[]] (a encher) (a encher)

Artigos a iniciar[editar a fonte]

Artigo Usuario Notas
1 Somos xente honrada (a encher) (a encher)
2 Stop motion (a encher) (a encher)
3 Carlos Iglesias (a encher) (a encher)
4 Daniel Monzón (a encher) (a encher)
5 Alejandro Marzoa (a encher) (a encher)
6 Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (a encher) (a encher)
7 Kinetógrafo (a encher) (a encher)
8 José Pradera (a encher) (a encher)
9 The singing fool (a encher) (a encher)
10 Guillermo Represa (a encher) (a encher)
26 Carlos Asorey (Barto Fiallega) (a encher)
12 Xavier R. Lourido (a encher) (a encher)
13 Miguel Insua (a encher) (a encher)
14 Pablo Barreiro (a encher) (a encher)
15 Miguel Ángel Trujillo (a encher) (a encher)
16 Belas Dormentes (Barto Fiallega) (a encher)
17 Clive Arrindell (a encher) (a encher)
18 Teresa Gimpera (a encher) (a encher)
19 A casa das belas adormentadas (a encher) (a encher)
20 Juan Pinzás (a encher) (a encher)
21 Xosé Morais (a encher) (a encher)
22 Celso Parada (a encher) (a encher)
23 María Liaño (a encher) (a encher)
24 Suso Bello (a encher) (a encher)
25 Marta Villar (a encher) -
26 Gallego / Galego (a encher) -
27 Sempre Xonxa en Petín (a encher) (a encher)
28 O baile das ánimas (a encher) (a encher)
29 Maldito bastardo! (a encher) (a encher)
30 Javi Camino (a encher) (a encher)
31 Linguas cruzadas (a encher) (a encher)
32 Xaime Fandiño (a encher) (a encher)
33 Dagon (a encher) (a encher)
34 Dhogs (a encher) (a encher)
35 Andrés Goteira (a encher) (a encher)
35 A Promesa (a encher) (a encher)
36 Querido Tomás (filme) (a encher) (a encher)
37 Alber Ponte (a encher) (a encher)
38 Fisterra, onde termina o mundo (a encher) (a encher)
39 Os outros feirantes (Miniserie de TV) (a encher) (a encher)
40 O sexo dos anxos (a encher) (a encher)
41 Novo cinema galego (a encher) (a encher)
42 Vaca Films (a encher) (a encher)
43 Emma Lustres (a encher) (a encher)
44 Alberte Branco (a encher) (a encher)

Axuda para a edición[editar a fonte]

Apúntate![editar a fonte]

Se che apetece participar no wikimaratón, agradecémosche que te apuntes nesta sección editándoa (só tes que premer na ligazón "editar a fonte" de arriba) e engadindo abaixo a túa sinatura cos caracteres: ~~~~

Galencontro[editar a fonte]

Se queres participar no galencontro que faremos despois da xornada, apúntate aquí para poder saber quen se vai a achegar e poder así organizarnos. Quedaremos para comer nalgún sitio, pero se non podes vir á comida, tamén podes apuntarte para vir tomar o café.

--Elisardojm (conversa) 18 de novembro de 2015 ás 12:39 (UTC)[responder]

Resultados[editar a fonte]

Despois do remate do evento engadiremos nesta sección información sobre o seu desenvolvemento e os resultados acadados.

Mencións nos medios[editar a fonte]

Desenvolvemento do wikimaratón[editar a fonte]

O pasado día 28 de novembro desenvolveuse o primeiro wikimaratón do audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, ata alí achegámonos Estevoaei e máis eu para contarlles algunhas cousas da Galipedia e axudarlles no que puidésemos.

Á charla asistiron entre dez e quince persoas, por riba da media destes eventos :), e o que fixemos foi dar unha charla de introdución á Galipedia e despois fixemos un pequeno obradoiro de edición co Editor Visual. Os asistentes participaron en todo momento facendo preguntas e comentando detalles e problemas que atopaban no proxecto, que facilitaron que as exposicións fosen máis amenas. Un dos problemas recorrentes foi o da limitación ó uso de imaxes con dereitos de autor, o fair use, que comentamos con detalle e espero que quedara claro (como idea anoto aquí facer ou revisar as páxinas da wiki que tratan o tema para que quede ben explicado). Tamén falamos doutros aspectos dos dereitos de autor relacionados con imaxes que se ceden a outros, este tema é complicado e hai que revisalo caso por caso pero achegamos algunhas formas de axeitar esas fotos a Commons, e tamén comentamos o sistema Wikipedia:OTRS.

Despois das charlas fixemos unha pausa para coller forzas e despois puxémonos a editar algúns dos artigos e a resolver as dúbidas que aínda quedaban.

Para rematar comentamos ós asistentes e á xente da Academia Galega do Audiovisual que se seguían interesados en traballar no tema do audiovisual, podería facerse un wikiproxecto sobre o tema e así facer un grupo de traballo e ter un espazo onde organizarse. Tamén falamos un pouco sobre a forma de conseguir algunha imaxe ou vídeos curtos de películas galegas antigas que poidan estar en dominio público.

Ó final foi unha xornada moi interesante e tamén bastante produtiva, esperemos que o wikiproxecto vaia adiante e que esta actividade continúe os vindeiros anos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de decembro de 2015 ás 00:48 (UTC)[responder]

Véxase tamén[editar a fonte]

Outros artigos[editar a fonte]