Conversa usuario:Gaudio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) á Galipedia, Gaudio!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 15:23, 5 de outubro de 2010 (UTC)

Benvido á Galipedia.. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa non dubides en preguntar. Saúdos, --Rocastelo(fálame aquí) 20:29, 14 marzo 2006 (UTC)

Galego[editar a fonte]

Gaudio, trata de aquelar con máis xeito os artigos, porque metade dos contidos vén en castelán, e teñen que ir despois outros editores arraxando o que vas creando. Se tes calquera dúbida, non temas en preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:10, 5 de outubro de 2010 (UTC)

Ola, Atobar. Como viñan os nomes dos campionatos e esas cousas originalmente en castelán, deixeinos así, pero xa o vou traducindo, non pasa nada :)

Gaudio, se queres responder tes que facelo na páxina de conversa do outro usuario, se non vai ser difícil que o vexa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:21, 7 de outubro de 2010 (UTC)

orixe e formato[editar a fonte]

Ola, Gaudio! Por favor, ao crear artigos procura axeitalos ao formato usado en gl.wiki. Amais, lembra que é necesario indicar a orixe do texto que inclúes (por exemplo "traducido de es:wiki"). Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de xullo de 2015 ás 22:36 (UTC)

Moitas grazas polas túas colaboracións Gaudio (conversa) 29 de xullo de 2015 ás 08:01 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Gaudio.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 29 de xullo de 2015 ás 08:33 (UTC)

Moitas grazas :) Gaudio (conversa) 29 de xullo de 2015 ás 09:08 (UTC)

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos[editar a fonte]

Ola Gaudio.

É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!. HombreDHojalata.conversa 1 de agosto de 2015 ás 14:09 (UTC)

recoñecemento e formato[editar a fonte]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Gaudio.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de novembro de 2015 ás 09:16 (UTC)

Ola, Esteve,:)
Si, pero ás veces vexo que as traducións están en varios idiomas, e non sei concretar, pero se queres decántome por un só artigo nunha soa lingua e engánchoo como dis, non?
Un saùdo Gaudio (conversa) 17 de novembro de 2015 ás 10:51 (UTC)
Ola, Gaudio; No resumo da edición debes indicar ese punto, mencionando que a edición feita está baseada no artigo en diferentes linguas. Amais, lembra axeitar o artigo ao formato da Galipedia (sen parénteses para o lugar e data de nacemento). Recorda tamén que é importante responder as mensaxes na páxina de conversa do usuario a quen te queiras dirixir, porque doutro modo non me chega aviso de que me respondiches, e teño que andar pendente de que respondas na túa propia páxina de conversa. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de novembro de 2015 ás 11:06 (UTC)
Por favor, lembra incluír a orixe da información ao crear un artigo. Lembra que non facelo é motivo de bloqueo. E procura evitar o uso de tradutores automáticos. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de novembro de 2015 ás 10:38 (UTC)