José Bascarán y Federic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José de Bascarán y Federic
José de Bascarán y Federic.jpg
Retrato de Bascarán publicado en 1899 en La Nación Militar
Nome completoJosé Bascarán y Federic
Nacemento5 de setembro de 1843
 A Coruña, Galicia Galicia, España España
Falecemento12 de marzo de 1924 (80 anos)
 Madrid, España España
Nacionalidadeespañola
Ocupaciónmilitar
editar datos en Wikidata ]

José de Bascarán y Federic, nado na Coruña o 5 de setembro de 1843 e finado en Madrid o 12 de marzo de 1924,[1][2] foi un militar galego. Ocupou diversos altos cargos militares, como o de xefe da sección de Estado Maior do Ministerio da Guerra, xeneral de división, ou o segundo xefe do Estado Maior de operacións en África.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo do brigadier Julián de Bascarán y Lascurain.[3] Aos 16 anos ingresou na Escola especial de Estado Maior, na que despois prestou servizos como profesor, alí obtivo o número uno da súa promoción e foi ascendido a tenente o 6 de xullo de 1863.

Aos vinte e un anos, en febreiro de 1864, confíaselle a educación dos fillos do infante de España Henrique de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias. Foi ascendido a capitán polo seu brillante comportamento na defensa da raíña Isabel II na Sublevación do Cuartel de San Gil do día 22 de xuño de 1866. En agosto do mesmo ano foi nomeado profesor da Escola do Estado Maior. Asistiu ás operacións que o xeneral Calonge emprendeu en setembro de 1868 en Santander, merecendo polo seu comportamento, o emprego de comandante do que non lle deu posesión o Goberno Provisional até 1871.[3] Posteriormente volvería ocupar a súa cátedra na Escola, onde algún tempo despois foi ascendido a comandante. Foi entón cando escribiu Lecciones sobre el material de artillería que se debe usar en nuestro ejército, traballo declarado de texto e polo que se lle concedeu o grao de tenente coronel.[3]

En marzo de 1884 pasou, como xefe, á sección de Estado Maior do Ministerio da Guerra, en cuxo cargo ascendeu a xeneral do corpo, e en 1886 tomou posesión do cargo de segundo xefe do Depósito da Guerra e da brigada obreira e topográfica, desempeñando este cargo até o ano 1892. Até maio de 1893, foi tamén xefe de Estado Maior do Ministro de Guerra, pasando deste cargo ao de xefe do Depósito da Guerra, e, por último, ao de segundo xefe do Estado Maior do exército de África.

Cara a 1899, como Xefe da Sección de Campaña do Ministerio da Guerra, participou nas xestións que trataron de enviar algúns agregados militares españois ás Guerras dos Bóeres en apoio de Inglaterra.[4]

Ocupou tamén os postos de xefe interino do Cuarto Militar do rei Afonso XIII[5] e o de gobernador militar[6] (de Madrid).

José Bascarán finou en Madrid o 12 de marzo de 1924.[2][1]

Obras[editar | editar a fonte]

Foi autor e/ou coautor de obras como:

  • Lecciones sobre el material de artillería que se debe usar en nuestro ejército
  • El plan de instrucción militar
  • Narración de la guerra carlista.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 «Fallecimiento del general Bascarán».
  2. 2,0 2,1 «El General Bascarán».
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Don José de Bascarán y Federic". La Ilustración Española y Americana, año XXXVIII, nº XLV de 8 de decembro de 1893: 347. ISSN 1889-8394. 
  4. Pérez Frías 2005, pp. 127-128, 137-139, 141.
  5. Varios autores (1906). Real Academia de la Historia, ed. "Acta de inauguración del monumento de Numancia" (PDF). Boletín de la Real Academia de la Historia (en español). Madrid. p. 194. Consultado o 11 de outubro. 
  6. García Barragán 2003, pp. 159-160.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]