Fabiano Caruana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fabiano Caruana
Fabiano Caruana 2, Candidates Tournament 2018.jpg
Nome completoFabiano Luigi Caruana
Nacemento30 de xullo de 1992
Lugar de nacementoMiami
NacionalidadeItalia e Estados Unidos de América
Alma máterBerkeley Carroll School
Ocupaciónxadrecista
Na rede
http://www.caruanachess.com
Facebook: CaruanaChess Twitter: FabianoCaruana Instagram: fabianocaruana Twitch: gmfabianocaruana Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Fabiano Caruana en novembro de 2013.

Fabiano Luigi Caruana, nado en Miami (Florida) o 30 de xullo de 1992, é un xogador de xadrez italianoamericano. Posúe o título de Gran Mestre e compite por Italia. A novembro de 2018 ocupa o segundo posto da clasificación mundial. Non puido arrebatarlle o título de campión do mundo a Magnus Carlsen no campionato do mundo de 2018 logo de empatar nos 12 xogos pactados e perder no desempate de partidas rápidas por 3-0.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa nai, Santina Caruana, é italiana, polo que Fabiano posúe ámbalas dúas nacionalidades. Cando tiña só cinco anos, o seu talento para o xadrez xa foi visíbel para os organizadores dun torneo en Park Slope, Nova York. Sendo aínda cativo disputou torneos por todo o mundo, consolidándose coma unha das promesas do xadrez mundial. Así mesmo, viviu en diversos sitios coma Madrid ou Lugano para continuar coa súa formación xadrecística.

Con tan só 14 anos, 11 meses e 20 días obtivo o título de Gran Mestre, converténdose no xogador máis novo en obter o título da historia do xadrez estadounidense e italiano. É o terceiro xogador coa puntuación ELO máis alta da historia (2844), tan só por detrás do actual campión do mundo, Magnus Carlsen, e do excampión Gary Kasparov[3].

Enfrontamentos contra algúns Grandes Mestres[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fabulous Fabiano". ChessBase. 19 de maio de 2003. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2017. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  2. "Magnus Carlsen renova o título mudial". Jornal Público. 
  3. http://www.uschess.org/content/view/11613/35/

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]