Capela de Santo Antón de Vilariño
Aparencia
Coord.: 42°31′N 8°47′O / 42.52, -8.79
| Capela de Santo Antón de Vilariño | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Santo Antón | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Diocese
| |||||||
|
Dedicado a
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |

A capela de Santo Antón de Vilariño, tamén chamado de Santo Antón Polín ou Ponín, é un pequeno templo católico da parroquia de Vilariño (Cambados), localizado no lugar da Modia. Ao seu carón atópase a casa reitoral, hoxe en día abandonada. Hai séculos albergaba un hospital para necesitados, xestionado por franciscanos da Terceira Orde[Cómpre referencia].
Cada 17 de xaneiro celébrase no seu campo da festa unha concorrida romaría na que se fai unha poxa de pezuños de porco e, ultimamente, galos e coellos doados pola veciñanza,[1] en lembranza das tentacións que sufriu Santo Antón no deserto no que viviu retirado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vilagarcía y Cambados celebran la bendición de las mascotas por la fiesta de San Antonio Abad". Faro de Vigo. 17 de xaneiro de 2014.
