Mary Beale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mary Beale
Mary beale self portrait.JPG
Autorretrato
NomeMary Cradock
Nacemento26 de marzo de 1633
 Barrow, Suffolk
Falecemento1699
 Pall Mall
NacionalidadeInglesa
Cónxuxe(s)Charles Beale
FillosCharles Beale e Bartholomew Beale
Eidopintura
AdestramentoPeter Lely
Robert Walker
Influenciado porAnton van Dyck
InfluenciadoPeter Lely
editar datos en Wikidata ]

Mary Beale ou Mary Cradock (apelido do seu pai, que conservou até o seu matrimonio), nada en Great Barrow (actualmente, Barrow, no condado inglés de Suffolk) o 26 de marzo de 1633 e finada o 8 de outubro[1] de 1699 en Londres, foi unha retratista inglesa, considerada unha das máis salientables e prolíficas do século XVII en Inglaterra. Tamén ten a consideración de ser a primeira pintora profesional do seu país. O seu libro "Observacións" ((en inglés) Observations), aínda que nunca publicado, é un dos primeiros libros de instrucións sobre a arte da pintura escritos por unha muller e, dun xeito consciente, presentouna como unha autoridade na pintura da época. Como muller, non respondeu aos estereotipos do momento debido ao seu talante aberto e ao feito de ser o sostén económico da súa familia.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Mrs. Beale and her son Charles, por Thomas Chambers[2].

Beale naceu en Barrow, unha poboación no actual distrito de Saint Edmundsbury, preto da fronteira co condado histórico de Cambridgeshire, foi a filla maior de John Cradock, un pastor puritano. A súa nai, Dorothy Brunton (de apelido Cradock tras o seu matrimonio), morreu cando Mary contaba 10 anos. O seu pai foi pintor afeccionado e membro do Gremio de Pintores Tintureiros de Inglaterra, estando familiarizado con artistas locais como Nathaniel Thach, Matthew Snelling, Robert Walker e Peter Lely. Non obstante, a pesar de que Mary tivo acceso á pintura desde a infancia, o seu pai non a considerou para que se desenvolvera nesta profesión, como proba o feito de que á súa morte legara os seus materias pictóricos non á súa filla senón ao seu sobriño, Nathaniel Thach[1].

Con 18 anos, o 8 de marzo, de 1652, casou con Charles Beale, un comerciante de tecidos de Londres, tamén pintor afeccionado coma o pai de Mary. O matrimonio trasladouse a Londres sobre 1656, a Covent Garden. Ela converteuse en retratista case profesional nas décadas de 1650 e 1660, traballando desde a súa casa, primeiro en Covent Garden e máis tarde en Fleet Street. Nestes primeiros anos como pintora realizou fundamentalmente retratos de familiares e amigos, como os dous óleos sobre papel do seu fillo Bartholomew sobre 1660[3].

Neste primeiro período pódenselle atribuír os retratos de "Lady Penelope Hervey" (circa 1655) e de "Catherine Gage" (circa 1658), no estilo de Anton van Dyck, seguindo os consellos do seu titor Robert Walker[1]. Pouco tempo antes de 1665, os Beale trabaron amizade con Thomas Flatman, quen con probabilidade introduciuna na arte do retrato miniado (algúns exemplos están asinados coas súas iniciais "MB").

A familia de Mary Beale trasladouse a unha granxa en Allbrook (actualmente, Allbrook e North Boyatt, no condado de Hampshire) en 1665 debido a dificultades financeiras (o seu marido perdeu o seu lucrativo emprego como subsecretario na Oficina de Patentes) e tamén á Gran Praga de Londres, que desatou a maior emigración histórica da cidade. Viviu os seguintes cinco anos nun serradoiro de madeira que adaptou como vivenda para a súa familia e como estudio de pintura.

Contorna profesional[editar | editar a fonte]

Regresou a Londres en 1670 e estableceu o seu estudio en Pall Mall, onde o seu marido traballou como o seu asistente, mesturando pinturas e levando as súas contas, mudando o matrimonio os tradicionais roles que viñan asignándose sistematicamente neste tempo. Tamén tivo como pupilos aos seus dous fillos e outros dous asistentes máis sobre 1681. A empresa foi un éxito e o matrimonio fixo un círculo de amigos de xente destacada da época, incluídos o poeta Thomas Flatman, Samuel Woodford, o Arcebispo de Canterbury John Tillotson e os bispos Edward Stillingfleet e Gilbert Burnet. Practicou un estilo pictórico moi de moda na época: o chamado retrato de Corte, promovido por nobres laicos e eclesiásticos, así como por burgueses en franco ascenso social no seu acceso á fama e transcendencia, para medrar no ambiente inmediato ao monarca, é dicir, na corte. Entre os seus clientes figuraron aristócratas, propietarios de terras de clases medias e, sobre todo, clérigos protestantes, moitos deles amigos íntimos dos Beale[1]. Mary Beale reencontrouse con Peter Lely (un dos maiores representantes deste estilo no país), quen nese momento era membro do Tribunal de Xustiza e artista exclusivo de Carlos II de Inglaterra. O seu traballo posterior estivo fortemente influído por Lely, e se considera que moitos dos seus retratos adoitan ser copias ou miniaturas das obras de Lely ou ben débenlle a súa inspiración. Nos últimos anos tivo como alumna a Sarah Curtis (Mrs. Hoadley).

Desta época pódese salientar o retrato do clérigo "John Wilkins DD" (circa 1670), unha figura de 3/4 sedente, composición que máis adiante sería moi habitual para retratar a bispos[4]. Tamén "Jane Fox, Lady Leigh, as a Shepherdess" ("Jane Fox, Lady Leigh, coma unha pastora", ca. 1676), retrato claramente influído por Lely.

Familia[editar | editar a fonte]

Autorretrato coa imaxe dos seus fillos (ca 1670).

Un dos seus fillos, Bartholomew (Bartolomeu), morreu novo, en 1654. O seu segundo fillo, tamén chamado Bartholomew (nado en 1656), dedicouse á pintura antes de converterse en médico. Un tercer fillo, Charles Beale (nado en 1660), tamén foi pintor e especializouse na creación de miniaturas.

Os problemas económicos da familia non se resolveron pese á popularidade de Mary como retratista debido aos grandes gastos na merca de obxectos de consumo e obras de arte, ademais do dispendio que implicaba atender aos seus numerosos invitados e patrocinadores. Nos derradeiros anos da súa carreira, a pintora experimentou con soportes máis económicos, como bolsas de cebolas, por exemplo, e Charles realizou un detallado rexistro destes experimentos e do resultado obtido cos novos soportes e imprimacións.

Final da súa carreira[editar | editar a fonte]

O estilo de retrato de Corte comenzou a perder popularidade e a clientela de Mary redúxose considerablemente cara a 1680, pasando os seus encargos a unha media de 39 anuais. No tempo que non traballaba nalgún encargo, Mary practicaba realizando pequenos estudos á familia e amigos, sendo representativo deste período o seu "Autorretrato" (ca. 1675-1680), de cores brillantes e un estilo decorativo que lembra a William Wissing[4]. Outras obras foron "Child as Bachhus" (ca. 1679) e o retrato de "Samuel Woodforde DD" (1692).

Utilizou varias técnicas, que incluían o óleo, a acuarela e o pastel. Traballou ata o ano do seu pasamento, en 1699, na vivenda familiar no Pall Mall londinense. Mary Beale está enterrada no cemiterio da parroquia de Saint James-in-the-Fields, en Piccadilly. O seu marido morreu en 1705.

O singular caso de Mary Beale, ao ser a única profesional no ámbito pictórico inglés do seu tempo, quedou remarcado nas cartas e textos conservados da propia pintora nos que plasmou avanzadas ideas sobre o matrimonio e a igualdade de xénero[5], ademais de salientar "a súa propia determinación a facer da pintura non só unha afección, como sucedía con moitas damas do período, senón unha auténtica carreira"[1].

Influencia da súa obra[editar | editar a fonte]

O seu retrato dunha Rachel Carew cun estraño sorriso (exposto no Antony House, preto de Plymouth, en Cornualles), impresionou á escritora Daphne du Maurier, a quen inspirou a súa novela "A miña prima Raquel" (My Cousin Rachel)[6], en 1951.

Obra[editar | editar a fonte]

Imaxe Título Ano Localización Material Dimensións
Mary beale self portrait.JPG Selfportrait (Autorretrato) ca. 1675-80 Manor House Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre arpilleira 89 x 73 cm
Portrait of Lady Penelope Hervey, three quarter length.jpg Portrait of Lady Penelope Hervey (Retrato de Lady Penelope Hervey). Retrato atribuído a un seguidor de Anton van Dyck, probablemente Mary Beale. ca. 1655 Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre lenzo
Portrait of Charles Beale.jpg Portrait of Charles Beale (Retrato de Charles Beale) ca. 1660 McMaster Museum of Art (Hamilton, Ontario, Canadá) óleo sobre papel montado posteriormente sobre lenzo 39,3 x 31,2 cm
Charles Beale the Elder by Mary Beale.jpg Charles Beale the Elder (Charles Beale o Vello) ca. 1663 National Portrait Gallery (Londres)
Self-portrait of Mary Beale with her husband Charles and son Bartholomew.jpg Selfportrait of Mary Beale with her husband Charles and son Bartholomew (Autorretrato de Mary Beale co seu marido Charles e o seu fillo Bartholomew) ca. 1665 The Geffrye Museum of the Home (Londres) óleo sobre lenzo
Portrait of Charles Beale, the artist's husband, seated.jpg Portrait of Charles Beale, the artist's husband, seated (Retrato de Charles Beale, o marido da artista, sentado) ca. 1666 Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre lenzo
Mary-beale-1633-1699-self-portrait-1338813089 b.jpg Selfportrait (Autorretrato coa imaxe dos seus fillos) ca. 1670 óleo sobre lenzo 109,2 x 87,6 cm
Portrait of Lady Sarah Hall.jpg Portrait of Lady Sarah Hall (Retrato de Lady Sarah Hall) ca. 1670 Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre lenzo
Sir Roger Martin, Baronet.jpg Sir Roger Martin, Baronet. Lenzo atribuído ao círculo de Mary Beale ca. 1670 Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre lenzo
BishopJohnLake.jpg Bishop John Lake (Bispo John Lake) ca. 1670
Jan Baptist van Helmont portrait.jpg Portrait of Jan Baptist van Helmont (Retrato de Jan Baptist van Helmont). Algunhas fontes sinalan, incorrectamente, que o retrato é de Robert Hooke ca. 1674
Self Portrait, 'in little'.jpg Self Portrait, ′in little′ (Autorretrato, de pequena) ca. 1675 Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre lenzo
Charles Beale 1675 (o xove).jpg Charles Beale (Charles Beale o Xove) ca. 1675 Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre lenzo 46 x 33 cm
Charles Beale 1675.jpg Charles Beale ca. 1675 Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre lenzo 45,7 × 38,1 cm
Moll davis.jpg Actress Mary "Moll" Davis, King's mistress (A actriz Mary "Moll" Davis, amante do Rei Carlos II) ca. 1675 National Portrait Gallery (Londres) óleo sobre lenzo 45,6 x 38 cm
SirThomasIsham3rdBt.jpg Sir Thomas Isham, 3rd Baronet (Sir Thomas Isham, 3º Baronet). Copia dunha obra de Peter Lely ca. 1675 óleo sobre lenzo 45 x 36,5 cm
Gilbert Burnet DD Bishop of Salisbury.jpg Gilbert Burnet (1643-1715), DD, Bishop of Salisbury, Theologian and Historian (Gilbert Burnet (1643-1715), DD, Bispo de Salisbury, Teólogo e Historiador) ca. 1675 (outras fontes sitúano en 1691) Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre lenzo 64 × 53 cm
Portrait of Lady Essex Finch.jpg Portrait of Lady Essex Finch (Retrato de Lady Essex Finch) ca. 1675 Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre lenzo
Sfk sed ma 1993 33 large.jpg Jane Fox, Lady Leigh, as a Shepherdess (Jane Fox, Lady Leigh, coma unha pastora) ca. 1676 Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre lenzo 56 × 46 cm
Possibly Mary Knott.jpg Possibly Mary Knott (Posiblemente, Mary Knott). Atribuído a Mary Beale. Chirk Castle (Wrexham, Gales) óleo sobre lenzo 125 x 103 cm
George Savile, 1st Marquess of Halifax by Mary Beale.jpg George Savile, 1st Marquess of Halifax (George Savile, 1º Marqués de Halifax) ca. 1674-76 National Portrait Gallery (Londres) óleo sobre lenzo 124,5 x 100,3 cm
Self Portrait of the Artist as a Shepherdess.jpg Self Portrait of the Artist as a Shepherdess (Autorretrato da artista coma unha pastora) ca. 1677 Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre lenzo
Portrait of Jane, Lady Twisden.jpg Portrait of Jane, Lady Twisden (Retrato de Jane, Lady Twisden) ca. 1677 Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre lenzo
2ndDukeOfNewcastle.jpg Henry Cavendish, 2nd Duke of Newcastle-upon-Tyne (Henry Cavendish, 2º Duque de Newcastle-upon-Tyne) ca. 1677 óleo sobre lenzo 74 x 61 cm
Frances Pierrepont, Duchess of Newcastle (1630-1695), by Mary Beale.jpg Frances Duchess of Newcastle (Frances Pierrepont, Duquesa de Newcastle) óleo sobre lenzo 76,2 x 63,5 cm
AndrosByMaryBeale.jpg Portrait of Sir Edmund Andros (Retrato de Sir Edmund Andros) Pintura ó óleo
MACAULAY(1898) 1.193 - KING CHARLES II. (by Mrs. Mary Beale).jpg King Charles II (O Rei Carlos II)
WilliamPierrepont.jpg William Pierrepont ca. 1670-79 óleo sobre lenzo 76,2 x 63,5 cm
The Young Bacchus 1679.jpg The Young Bacchus (O xove Baco) ca. 1679 Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre lenzo 65,4 x 55,7 cm
Charles Beale 1680.jpg Charles Beale ca. 1680 Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre sarga 74 x 61 cm
Charles Beale 1680b.jpg Charles Beale ca. 1680 Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre lenzo 50 x 42 cm
Charles Beale (1660 - 1714) by Mary Beale.JPG Charles Beale ca. 1680 óleo sobre lenzo
Portrait of a girl with a cat.jpg Portrait of a girl with a cat (Retrato dunha nena cun gato) ca. 1680 Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre papel vitela ou vellum 14 x 9 cm
Portrait of a young girl in profile.jpg Portrait of a young girl in profile (Retrato dunha rapaza de perfil) ca. 1680 Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre lenzo
Aphra Behn by Mary Beale 2.jpg Aphra Behn
Portrait of a Lady in mourning costume.jpg Portrait of a Lady in mourning costume (Retrato dunha dama de loito) ca. 1680 Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre terliz
Portrait of the Earl of Coventry, head and shoulders.jpg Portrait of the Earl of Coventry, head and shoulders (Retrato do Conde de Coventry, cabeza e ombros) ca. 1680 Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre lenzo
Portrait of Mary Maitland Hay, Marchioness of Tweedale.jpg Portrait of Mary Maitland Hay, Marchioness of Tweedale (Retrato de Mary Maitland Hay, Marquesa de Tweedale) ca. 1680 Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre lenzo
Portrait of Lady Norwich.jpg Portrait of Lady Norwich (Retrato de Lady Norwich) ca. 1680 Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre lenzo
Beale, Mary - Portrait of a Youth - Google Art Project.jpg Portrait of a Youth (Retrato dun xove) ca. 1680 Dulwich Picture Gallery (Dulwich, Londres) óleo sobre lenzo 76,5 x 63,8 cm
Portrait of Margaret Twisden, Lady Style.jpg Portrait of Margaret Twisden, Lady Style (Retrato de Margaret Twisden, Lady Style) ca. 1682 Moyses Hall Museum (Bury Saint Edmunds, Suffolk) óleo sobre lenzo
Francis Turner by Mary Beale.jpg Francis Turner, bishop of Ely (Francis Turner, bispo de Ely) ca. 1685 National Portrait Gallery (Londres) óleo sobre lenzo 74,9 x 62,2 cm
AnneCoodeOfMorval.jpg Portrait of Anne Goode of Morval (Retrato de Anne Goode of Morval) ca. 1675-85 Antony House (Plymouth, Cornualles) óleo sobre lenzo 75 x 60 cm
Beale, Mary - Portrait of a Physician - Google Art Project.jpg Portrait of a Physician (Retrato dun físico) Dulwich Picture Gallery (Dulwich, Londres) óleo sobre lenzo 75,9 x 63,5 cm
Thomas Sydenham by Mary Beale.jpg Portrait of Thomas Sydenham (Retrato de Thomas Sydenham) 1688 National Portrait Gallery (Londres) óleo sobre lenzo 76,2 x 61 cm
Rachel Carew.jpg Rachel, 2nd. daughter of Sir Iohn Carew. Wife of Ambrose Manaton of Kilworthy. Nat. 1669. Obt. 1705 (Rachel Carew) ca. 1690 Antony House (Plymouth, Cornualles)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Gaze, 1997, p. 225
  2. Gravado en papel de 1762, obra de Thomas Chambers (ou Chambars), sobre uns debuxos da propia Mary Beale (16 x 11,8 cm; National Portrait Gallery, Londres).
  3. "Artigo de Javier García Blanco no blog "Arte Secreto" titulado Mary Beale, la retratista que triunfó en la Inglaterra del siglo XVII, publicado o 24-5-2015.". Arquivado dende o orixinal o 26-05-2015. Consultado o 26-05-2015. 
  4. 4,0 4,1 Gaze, 1997, p. 226
  5. Así informa Javier García Blanco no artigo citado do seu blog.
  6. Reeve, Christopher (1994). Mrs. Mary Beale, Paintress 1633-1699. Bury St Edmunds: St Edmundsbury Borough Council. OCLC 54264076. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Piper, David (1963). National Portrait Gallery, ed. Catalogue of Seventeenth Century Portraits in the National Portrait Gallery, 1625-1714. Londres.  Mary Beale aparece citada na páxina 24 (en inglés).
  • Gaze, Delia (1997). Fitzroy Dearborn Publishers, ed. Dictionary of Women Artists: Volume 1. Chicago, Illinois. p. 735. ISBN 1-884964-21-4.  (en inglés)
  • Barber, Tabitha (1999). Geffrye Museum Trust, ed. Mary Beale (1632/3-1699): Portrait of a seventeenth-century painter, her family and her studio. Londres. p. 87. ISBN 1-872828-05-1.  (en inglés)
  • Rideal, Liz (2001). National Portrait Gallery, ed. Mirror, Mirror. Self-portraits by women artists. Londres. p. 120. ISBN 1-85514-323-2.  Mary Beale aparece citada na páxina 35 (en inglés).
  • Saywell, David; Simon, Jacob (2004). National Portrait Gallery, ed. Complete Illustrated Catalogue. Londres.  Mary Beale aparece citada na páxina 40 (en inglés).
  • Cooper, John (2009). National Portrait Gallery, ed. A Guide to the National Portrait Gallery. Londres. p. 64. ISBN 978-1-85514-407-1.  Mary Beale aparece citada na páxina 22 (en inglés).
  • Ingamells, John (2009). National Portrait Gallery, ed. Later Stuarts Portraits 1685–1714. Londres. p. 432. ISBN 978-185514-410-1.  Mary Beale aparece citada na páxina 20 (en inglés).
  • VV.AA. (2014). National Portrait Gallery, ed. National Portrait Gallery: A Portrait of Britain. Londres. ISBN 978-1-85514-485-9.  Mary Beale aparece citada na páxina 88 (en inglés).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]