Conversa usuario:Elisardojm/arquivo 18

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arquivo das conversas da segunda metade do 2018:

3 de xullo de 2018 ás 00:46 (UTC)

A Wikipedia italiana parada como medida contra a votación do artigo 13 da nova lei europea de copyright[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para bloquear a Galipedia durante 24 horas como medida contra a votación de certos puntos da nova lei europea de copyright. Precísase un consenso da comunidade para poder realizar esta acción, por eso animamos a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 07:55 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

"lonxitude"[editar a fonte]

Ola Eli.

Co movemento de "lonxitude" a "lonxitude (cartografía)", a primeira quedou baleira.

Esqueciches mover aí "lonxitude (homónimos)", non si? --. HombreDHojalata.conversa 6 de xullo de 2018 ás 16:29 (UTC)[responder]

Non sei.
Por certo: Dúas cousas: Cando vaias pola terra, poderías tirarlle ao Pazo de Amarante de Santiago de Compostela? (edificio no que estiveron os xulgados e hoxe alberga o Consello Económico e Social de Galicia)
Outra: ¿O Paseo da Ferradura e os xardíns da Ferradura son a mesma cousa? É que hai un pé de foto nun libro que pon: "Nos xardíns da Ferradura, cando estaba no servicio militar (Santiago de Compostela, 1926)" e supoño que poderei poñer algo parecido, incluíndo [[paseo da Ferradura|xardíns da Ferradura]]. Non si? --. HombreDHojalata.conversa 7 de xullo de 2018 ás 09:22 (UTC)[responder]

9 de xullo de 2018 ás 23:10 (UTC)


Novas dudas[editar a fonte]

Ola de novo,

Hai unha cuestión que me preocupa, corrixiron un artigo que escribín substituíndo o modelo de artista polo modelo de biografía, que non está mal, pois é unha biografía; o que sucede é que no modelo de biografía que hai na Galipedia non hai o dato de nome completo, o cal é importante sobre todo en xentes das artes que adoitan ter pseudónimos ou nomes que non coinciden co seu nome de nacemento e que me parece que debería engadirse ao modelo. Outra das cousas deste modelo é que é reducionista ao denominar exclusivamente ao centro de estudos como alma máter. Como di a Galipedia sobre este termo, é para referirse aos estudos universitarios. Non todos os centros educativos son universitarios e, concretamente, no caso que me preocupa non o é, xa que logo cometeuse un erro. Debería engadirse ao modelo de biografía algo así como "centro de estudos".Eu non podo cambiar o modelo así que me gustaría coñecer a túa opinión. Grazas, un saúdo. --Wikinña (conversa) 10 de xullo de 2018 ás 19:44 (UTC)[responder]

Moitas grazas pola rapidez. Téñoche que pedir outra vez que por favor elimines da túa resposta o nome da persoa do articulo en cuestión, xa sabes por que cho pido, non creo apropiado que a miña páxina de conversa saia entre as súas referencias de Google. Dicíasme que non o entendías, podes comprobalo, pon "Elisardojm", así entre comiñas no buscador e verás que sae todo o teu.
Con respecto á referencia do nome, teño que pensalo porque que eu saiba nunca se utilizou de forma pública, o único que se me ocorre é conseguir a súa árbore xenealóxica, penso que é factible aínda que talvez un pouco esaxerado, non sei. Pódesme dar algunha suxestión?--Wikinña (conversa) 11 de xullo de 2018 ás 16:04 (UTC)[responder]
Non concordo pola razón que che dei ao principio desta conversa, pero esta ben, estou un pouco cansa deste artigo. Xa escribín catro ademais de bastantes correccións e ningún deume tanta lata como este, aínda que as nosas conversas fixéronme comprender a razón de porqué hai tan poucas fotos na Galipedia nos artigos de artistas.
Outra cousa, en lugar da tradución literal de wikidata "educated at" penso que estaría mellor o término "educación" como está por exemplo nos modelos artista ou pintor. Nada máis, grazas de novo e ata a próxima--Wikinña (conversa) 12 de xullo de 2018 ás 09:28 (UTC)[responder]

Máis sobre Carolina Casanova[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Poderías conseguir a revista das festas de Vilaboa (Culleredo) de 2004? Nela hai un artigo titulado "Carolina Casanova: unha célebre cantante de ópera en Vilaboa" que podería achegar información para completar o artigo da soprano ferrolá. Un saúdo! Piquito (conversa) 13 de xullo de 2018 ás 22:23 (UTC)[responder]

Vale, teño aínda choio, así que vai tranquilo. Piquito (conversa) 14 de xullo de 2018 ás 23:16 (UTC)[responder]

Limón e limoeiro[editar a fonte]

Falando dos mil artigos, estiven revisando os 27 que nos quedan por facer dos de menos de 10.000 bytes, e penso que a "List of articles every Wikipedia should have" ten un erro gordo na ligazón de limón á wikidata. Fixen un cambio nesa ligazón que foi revertido ao pouco tempo e deixei as miñas opinións na sección "Lemon (and Soybean): Fruit vs Taxón" da conversa desa páxina. Se tes tempo, bótalle una ollada a ver que che parece. Perdoa que non deixe a ligazón pero non me lembro como se facía. Saúdos, Xosé Antonio (fálame sempre) 16 de xullo de 2018 ás 01:53 (UTC)[responder]

16 de xullo de 2018 ás 16:01 (UTC)

Campionato de Europa na Coruña[editar a fonte]

Boas Elisardo! Dende o pasado sábado ata o vindeiro domingo estase a disputar o Campionato de Europa de hóckey a patíns masculino 2018 na Coruña. Teño entendido que ti tes solicitado pases de prensa para tirar fotos en algúns eventos, non sei se che interesaría, mañán por exemplo xogan 10 dos 11 equipos (todos menos Suíza), e hai varias seleccións que non teñen imaxe (Austria, Bélxica, Inglaterra e os Países Baixos, se non lembro mal). Eu teño moi complicado ir (seguramente nin á final do domingo :,( ), se te interesa ir déixoche a ligazón aos horarios dos partidos por se queres achegarte a tirar algunha foto e ver algo de hóckey algún dos días que restan de competición. Piquito (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 00:08 (UTC)[responder]

Pois a ver que din. Mil grazas!! Piquito (conversa) 24 de xullo de 2018 ás 21:46 (UTC)[responder]

arranxiño[editar a fonte]

Ola Elisardojm. Na páxina de Presidente do Goberno de España, hai un problemiña na caixa. Alí, visualmente, aparece o campo, "nombeado", por nomeado. Porén, ao mirar na pantalla de edición, si que aparece como "nomeado". Serán as meigas ou é un problema do modelo? Podes botarlle un ollo? Graciñas.--MAGHOI (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 15:33 (UTC)[responder]

@MAGHOI: Feito! Feito! Banjo tell me 19 de xullo de 2018 ás 15:39 (UTC)[responder]
Moitas grazas Banjo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 16:04 (UTC)[responder]

Artigo principal dunha categoría[editar a fonte]

Saúde meu. Veño de engadir a categoría Tectónica de placas ao artigo homónimo, penso que está ben ¿?. Ao abrir a categoría vexo que non aparece o artigo homónimo como artigo principal da categoría. Sabes cómo se fai? Xa contas. --Viascos (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 16:21 (UTC)[responder]

Acábome de decatar doutro problemiña, trabuqueime ao crear a páxina Placa Euroasiática e chameina Placa eurasiática. Poderíasme recordar os pasos a seguir para renomeala?, a ver se aprendo dunha vez. Grazas --Viascos (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 16:28 (UTC)[responder]

Casas dos concellos de Muras e Ourol[editar a fonte]

Boas Elisardo, hai uns días mirei que casas de concellos faltaban e estaban Ourol e Muras. Acabo de subir a Commons as fotos das dúas e cando ía subilas á Galería vin que xa estaban porque as fixeras ti. Borrarei as que subín eu? Púxenlles o mesmo título ca ti e non sei se poden confundirse. Non entendo como o sistema non me dixo que había outras imaxes co mesmo nome. Saúdos, Xosé Antonio (fálame sempre) 21 de xullo de 2018 ás 21:38 (UTC)[responder]

Ok. Agora a ver se imos polas tres que quedan!! Xosé Antonio (fálame sempre) 21 de xullo de 2018 ás 22:52 (UTC)[responder]
Si, esas van ser bastante complicadas, pero pouco a pouco tamén caerán :), o que pasa é que ultimamente estou un pouco máis concentrado nas parroquias e a cousa vai ir máis lenta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2018 ás 22:59 (UTC)[responder]

24 de xullo de 2018 ás 09:44 (UTC)

30 de xullo de 2018 ás 14:05 (UTC)

The Signpost: 31 July 2018[editar a fonte]

citas curtas vs citas detalladas[editar a fonte]

Ola, estou pulindo este artigo Simone Veil ós poucos e creo que por conttidos podería optar a bo ou mesmo a calidade chegado o momento. Revisando os criterios de calidade eu entendo que non se poden misturar citas curtas (Harvard) con citas detalladas. É así? Debería entón cambiar as curtas (son minoría) a detalladas? Se é así vaise multiplicar o texto; pregúntome se podería prescindir de indicar as páxinas de cada extracto e reutilizar as obras usando unha mesma cita varias veces, para que non medre demasiado o texto en notas.

Sen présa, que ando a outras batallas...graciñas!--Maria zaos (conversa) 1 de agosto de 2018 ás 07:26 (UTC)[responder]

Ok, entendido. Cando poida paso as curtas a detalladas con todos os campos (incluído páxina concreta). Graciñas!Maria zaos (conversa) 1 de agosto de 2018 ás 08:48 (UTC)[responder]

This Month in Education: July 2018[editar a fonte]

Wikipedia Education globe
Wikipedia Education globe
This Month in Education

Volume 4 | Issue 7 | July 2018

This monthly newsletter showcases the Wikipedia Education Program. It focuses on sharing: your ideas, stories, success and challenges. You can see past editions here. You can also volunteer to help publish the newsletter. Join the team! Finally, don't forget to subscribe!

In This Issue


Featured Topic

Wikipedia+Education Conference 2019: Community Engagement Survey


From the Community

Young wikipedian: At WikiClub you get knowledge on your own will

Wikipedia in schools project at the "New Technologies in Education" Conference

Basque Education Program: 2017-2018 school year report


In the News

UNESCO ICT in Education Prize call for nominations opens

An educator's overview of Wikimedia (in short videos format)

Maratón (atletismo)[editar a fonte]

Ola, meu! Esta semana amáñoo. Xa ves a velocidade á que me movo esta tempada. E non é pola canícula. Saúdos!Agremon(contacto) 6 de agosto de 2018 ás 08:34 (UTC)[responder]

Grazas pola reversión dos cambios en "Ferrol".[editar a fonte]

Grazas pola túa (dobre) reversión de parte dos cambios feitos por min involuntariamente no artigo Ferrol. Non sei o que puido pasar para que me enredase con eses códigos. E non só grazas, senón tamén desculpas.--Moedagalega (conversa) 6 de agosto de 2018 ás 11:00 (UTC)[responder]

6 de agosto de 2018 ás 19:39 (UTC)

Seguindo coa asociación[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para continuar avanzando na creación da asociación de amigas e amigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de agosto de 2018 ás 23:17 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Erros en Traducións mediawiki[editar a fonte]

Ola! non din coa maneira de escribirche na páxina de conversa da mediawiki. Perdoa polo cambio de tratamento nas traducións, non sabía que estaba establecido que era linguaxe formal. Eu mirara as traducións que estaban feitas e había varias traducións cun tratamento máis "próximo". Vou entrar a desfacer logo. Outra cousa que fixen foi cambiar as "pescudas" por consultas, xa que pescuda é máis o proceso dunha investigación a través de distintos medios e xa existían traducións con consulta, que creo que é o termo máis adecuado. Dime se fixen mal nisto tamén e revirto. Mil perdóns pola novatada. Saúdos--Maria zaos (conversa) 9 de agosto de 2018 ás 12:03 (UTC)[responder]

Contéstoche na túa páxina de conversa de Translatewiki ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de agosto de 2018 ás 20:49 (UTC)[responder]

Votación administradores da interface e enmendas administradores[editar a fonte]

Ola. Acaba de comezar a votación para a proposta de definición do novo grupo de administradores da interface e dúas enmendas para a actual política de administradores. As conversas previas a esta votación pódense atopar neste fío da Taberna e na propia páxina de conversa da votación. Saúdos. Banjo tell me 10 de agosto de 2018 ás 18:20 (UTC)[responder]

infotaules[editar a fonte]

Hola, he visto que estàs con las infotaulas de la cawiki. Les estamos dando un meneito para que la migración a otras lenguas sea más facil. La idea és que solo se tenga que instalar el modulo:wikidata (que le hemos hecho bastantes cambios en el último mes) y las nuevas versiones de las infotaules que estamos aun trabajando. Y ajustar, como veo que estàs tu ahora, las subplantillas que se usan. Pero lo mas importante es que se traducen solas segun la lengua local de la WP, de forma que el trabajo de traducción se limita a ajustar los nombres de items WD que llame y así la intervención en el código és mínima. Si te pasas por ca:Usuari:Amadalvarez/Infotaula multiofici y por ca:Plantilla:Proves persona/actor veràs unos cuantos ejemplos de como quedan. Que plan tienes ? y por donde vas ?. Igual te conviene esperar unos dias y enganchar al nueva versión. Parlem !. --Amadalvarez (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 23:34 (UTC)[responder]

RESPUESTA TRASLADADA DESDE ca:ususari discussió:amadalvarez peara mantener conversación entera aquí.
Hola, muchas gracias por contactar por este tema porque estoy más perdido que un pulpo en un garaje... Un usuario de gl.wiki me comentó que aquí teníais unas plantillas que estaban muy bien porque unificaban varias fichas y obtenían mucha información de WD, y me puse a trabajar para intentar pasar a gl.wiki la ca:Plantilla:Element hidrografia, el problema es que cada vez que traslado una plantilla esa tiene otras tres o cuatro que no tenemos, y módulos y páginas de documentación y..., llevo más de dos semanas trabajando en esto y me parece que cada vez hay más modelos que copiar... :( Lo peor es que con tanto código no se si al final funcionará, y puedo echar semanas trabajando para nada...!
El plan sería adaptar los modelos de ca.wiki que simplifican la generación de las fichas y que obtienen datos de WD. Las páginas de prueba que me has indicado están genial, si puedo ayudar en algo para que el proyecto avance solo tienes que decírmelo, aunque yo de codificar en Lúa no sé demasiado, lo máximo que podría hacer sería traducir cosas de inglés a castellano o gallego...
Lo que he echo para traer el modelo de hidrografía es ir copiando y adaptando todos los modelos que me he ido encontrando, no sé si crees que puede haber otra forma más sencilla... Saúdos, --Elisardojm (disc.) 02:25, 11 ago 2018 (CEST)
Me lo temia. Mi recomendación es que esperes que acabemos los cambios que estamos haciendo (por ejemplo, "elemento hidrografia".... desaparece y se fusiona con Indret, una especie de "geografia física". Mira ca:plantilla:proves indret). Aprovecharemos para hacer un manual de instalación. Estoy hablando de final de agosto-primera quincena setiembre. Un ratito.
Cuando necesite algo de LUA te lo pediré, perquè yo sé 0,0. El maestro es el Vriullop (conversa · contribucións). Cuando nos metimos en esta aventura decidimos que los núcleos mas básicos y poco canviables por la demanda de los editores los hariamos en LUA y lo mas susceptible de canviar por evolución estetico-funcional lo hariamos con templates para que mas editores pudieran participar. Si quieres avanzar trabajo puedes asegurarte que vuestras versiones de los módulos esenciales estan a nivel de las nuestras (que a su vez intentamos no apartarnos de la versión enwiki). Para empezar, deberias mirarte:
  1. plantilla i ca:Mòdul:Infobox, plantilla i ca:Mòdul:Infobox3col, ca:Mòdul:Infoboximage, Plantilla i ca:mòdul:Comma separated entries, las plantillas (varias) del ca:mòdul:string i ca:mòdul:stringFunc, ca:mòdul:delink, ca:mòdul:if empty, ca:mòdul:coordenades, etc...Los típicos que te muestra cuando haces un previsualizar de una plantilla, al final de todo.
  2. ca:mòdul:convert, en este caso con el tratamiento de las unidades propio de glwiki.
  3. los módulos que, partiendo de la version enwiki han evolucionado hasta ser propios són: ca:mòdul:wikidata (i família wikidata/....) y, en menor medida ca:mòdul:wikibase. Ahora mismo los podrias copiar porque se han acabado los cambios y ayer mismo se pasaron a producción después de un mes en pruebas. Però polo por detrás de la otra lista por si sale algun ajuste.
Bueno, hasta aquí. Que si no te acabaré pasando el installation kit en la página de discusión. Ja me diràs que te parece mi sugerencia. Salut ! --Amadalvarez (conversa) 11 de agosto de 2018 ás 05:30 (UTC)[responder]
@Amadalvarez: Que me parece la sugerencia?? Pues me parece fantástica! :D, porque justo ayer me estaba planteando tirar con todo y deshacer todo lo que había copiado porque no veía que fuese a conseguir nada. Y por las fechas no te preocupes, no tenemos ninguna prisa, esto simplemente ha sido una idea que comenzó hace unas semanas y yo sólo estaba mirando si sería posible aplicarla en gl.wiki.
Otra cosa, si Vriullop (conversa · contribucións) está trabajando en el código, yo no pinto nada porque es como si pusieses en una carrera a Usain Bolt y a un bebé :D
Me pondré a revisar esas plantillas y módulos, e intentaré que tengan todas las funciones de ca.wiki, cuando las tenga ya te aviso para seguir con los siguientes pasos o lo que sea necesario. Muchas gracias! Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de agosto de 2018 ás 07:51 (UTC)[responder]
Comparto tu opinión sobre el potencial del Vriullop, però diversificar es saludable y para ir al pueblo de al lado, no cogeras un Jumbo 747, verdad ?. No todas las cosas que se necesitan en LUA requieren el mismo nivel. Te han gustado las muestras de geografia física 100% WD ?--Amadalvarez (conversa) 11 de agosto de 2018 ás 08:12 (UTC)[responder]
@Amadalvarez: Muy bien, en lo que pueda contad conmigo :) Sobre las plantillas, están genial, y creo que serán un gran avance para las wikis :) Saludos, Elisardojm (conversa) 11 de agosto de 2018 ás 08:40 (UTC)[responder]

No exageréis que entonces me ponéis el listón muy alto :-) Comprendo el desconcierto cuando uno empieza a copiar una plantilla y se abre una cadena que parece que nunca se acaba. Es algo que tendremos que mejorar. @Amadalvarez: Tenemos que documentar las dependencias. Cuando son directas, usadas solo por una plantilla o módulo, entonces mejor en subpágina y un enllace a todas las subpáginas. Cuando son compartidas entonces hay que listar todas las plantillas o módulos dependientes que se usen. Es posible que las más comunes ya existan pero con otro nombre local que habrá que corregir o bien crear redirecciones. --Vriullop (conversa) 11 de agosto de 2018 ás 18:54 (UTC)[responder]

@Amadalvarez: @Vriullop: Si, sería muy interesante tener controladas todas las plantillas y módulos necesarios, pero me parece que va a ser una tarea bastante complicada, ya os digo que yo en este proceso acabo de crear más de 25 plantillas y módulos, incluyendo algunas páginas de ayuda, y aún las que me faltan! Claro que todo dependerá de los modelos que tengan en cada wiki... Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de agosto de 2018 ás 20:30 (UTC)[responder]
Respecto de las dependencias, y por si sirve de algo, las que necesité yo en gawiki fueron estas: ga:Plé teimpléid:WD Bosca Sonraí. Paucabot (conversa) 12 de agosto de 2018 ás 12:41 (UTC)[responder]
Vale, revisaré esa lista, muchas gracias! Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de agosto de 2018 ás 15:07 (UTC)[responder]

13 de agosto de 2018 ás 17:53 (UTC)

Gazas por poñer hora e data. Coa tablet non e apaño. Agremon(contacto) 14 de agosto de 2018 ás 11:33 (UTC)[responder]

20 de agosto de 2018 ás 16:46 (UTC)

27 de agosto de 2018 ás 16:16 (UTC)

The Signpost: 30 August 2018[editar a fonte]

This Month in Education: August 2018[editar a fonte]

Wikipedia Education globe
Wikipedia Education globe
This Month in Education

Volume 4 | Issue 8 | August 2018

This monthly newsletter showcases the Wikipedia Education Program. It focuses on sharing: your ideas, stories, success and challenges. You can see past editions here. You can also volunteer to help publish the newsletter. Join the team! Finally, don't forget to subscribe!

In This Issue
From the Community

The reconnection of Wikimedia Projects in Brazil

Christ (DU) students enrolls for 3rd Wikipedia certificate course

Educational wiki-master-classes at International "Selet" forum

54 students help enrich the digital Arabic content

From the Education Team

Mapping education in the Wikimedia Movement

3 de setembro de 2018 ás 16:48 (UTC)

Sabes algo?[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Veño de propoñer para calidade o artigo do Campionato de Europa de hóckey a patíns masculino 2018, sabes se a organización puxo as imaxes de Facebook cunha licenza compatible? O artigo ten imaxes, pero estaría moi ben que houbera algunha do propio evento, se non o fixeron igual poderían animarse a subilas ou poñer unha licenza compatible se se enteran da proposta, que opinas? Un saúdo! Piquito (conversa) 4 de setembro de 2018 ás 00:52 (UTC)[responder]

Artigo: Inés Pérez de Ceta[editar a fonte]

Boas, Elisardojm. Boas, HombreDHojalata. Poñemos esta mensaxe nos dous perfís, por se acaso. Aquí, wikiaprendendo, e wikidubidando, sobre as correccións a Inés Pérez de Ceta --Elisardojm, na sección "Traxectoria", suprimes esta cita: "Cumprido un ano da creación do beaterio, primeiro instalado nunhas casas humildes do Areal, solicítalle ao nuncio licenza para que a casa profesase baixo a Regra da Terceira Orde de San Francisco. Ao ser concedida chega á comunidade Dna. María de Melide, monxa de Santa Clara en Pontevedra, que fixo as veces de superiora. Nun primeiro momento dependeron do bispado de Santiago e logo pasou a depender de Tui.[1]" Agora ben, (1) a cita aporta información exacta sobre a fundación da comunidade; (2) coa súa supresión resulta inintelixíbel o parágrafo resultante, pois non se entende a referencia á rápida constitución e aparece repetido o nome da biografiada de maneira innecesaria. Xohanatorres somos partidarixs de manter a edición con cita. Poderías resolver? --HombreDHojalata, engades, e con razón, unha variación no nome, "Pérez de Zeta", que, segundo a nosa pescuda está documentada no s. XVII (vid. España Sagrada. Theatro geográfico-histórico de la Iglesia de España, t. XXIII, 1767); non sabemos se antes. Agora ben, revisamos a bibliografía á nosa man e comprobamos que o nome no documento de constitución do beaterio, de 1553, aparece como "Pérez de Çeta", con cedilla (vid., desde Bibliografía do artigo, Otero Piñeiro, que estudia e transcribe fragmentos desa constitución, p.e., nas páxinas 218-219. En documentos notariais de Baiona -de onde procede a familia- e escritos en galego, aparece como nome de rúa: no de 1274 documéntase unha "rúa Ceta" e noutro, de 1319, aparece "rua Çeta" (vid. reproducción en Xulián Maure, https://issuu.com/pontederosas/docs/documentos_baiona_xiii_e_xiv). Cremos que se debería consignar, xa que iso explica de seu a evolución cara ao antropónimo moderno "Ceta", que é a forma regularizada nas fontes dos s. XX e XXI. Xohanatorres non sabemos de paleografía e nin como wikiconsignar esta variante Çeta, máis antiga que Zeta, no nome de Inés Pérez de- con wikicriterios. Alén diso, os datos anteriores ofrécennos dúbidas sobre como debería ser denominada a familia: "Casa de Ceta" ou "Casa de Çeta"? Descoñecemos cal é a denominación máis adecuada segundo os wikicriterios; desde logo a actual é "Casa de Ceta".

Saúdos.--Xohanatorres (conversa) 5 de setembro de 2018 ás 05:36

Referencias

  1. PARES, [s.d.].

Estatutos[editar a fonte]

Moitas grazas. Cada día, entre unhas e outras cousas, teño máis fallos.--Agremon(contacto) 5 de setembro de 2018 ás 13:06 (UTC)[responder]

Si, Había dous comentarios que podían inducir a erro pola redacción. Sinxelamente, supriminos. Non atopo nada máis.--Agremon(contacto) 10 de setembro de 2018 ás 12:04 (UTC)[responder]

É certo que non estou moi fino ultimamente, pero coido que está claro: Non vexo a necesidade, pero si a conveniencia. ;-) --Agremon(contacto) 11 de setembro de 2018 ás 11:44 (UTC)[responder]

Recordatorio de revisión dos estatutos da asociación[editar a fonte]

Boas, na taberna hai un recordatorio para a revisión dos estatutos da futura asociación de promoción da Galipedia e do día da asemblea constituínte que será o vindeiro día 22, sábado, en Santiago. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de setembro de 2018 ás 23:21 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de aviso na cabeceira sobre a votación da proposta de directiva sobre dereitos de autor no Parlamento Europeo[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para poñer un aviso os días 11 e 12 de setembro en tódalas páxinas da Galipedia, para pedir a mobilización de todo o mundo para pedir ós parlamentarios da UE que protexan o Dominio Público na próxima reforma das leis europeas de dereitos de autor. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de setembro de 2018 ás 00:27 (UTC)[responder]

10 de setembro de 2018 ás 22:36 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

Bo día Elisardo. Fuchicando por aí, atopei aquí [[57]], 2 categorías baleiras que habería que borrar. En concreto, a nº 2 e a 14, que xa aparecen resaltadas. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 13 de setembro de 2018 ás 09:12 (UTC)[responder]

foto commons e liberdade de panorama[editar a fonte]

Ola, teño que mirar máis o tema, pero polo momento creo que a solución a curto prazo é a) pixelar/difuminar la cara do cartel que está situado no centro da foto. (Creo que foi debido a isto que a tiraron, porque ten un lugar prominente na composición), por se acaso igual tamén un pouco o seguinte de cor azul b) tirar unha nova foto con outra perspectiva de xeito que xa non esté no centro da foto (si, xa sei, na outra beirarrúa hai máis do mesmo). Seguirei mirando, pero ando bastante liadiña esta semana. Saúdos--Maria zaos (conversa) 17 de setembro de 2018 ás 06:50 (UTC)[responder]

17 de setembro de 2018 ás 21:58 (UTC)

Commons e liberdade de panorama[editar a fonte]

Ola, non te entendera ben. Se a túa intención era precisamente tirar a foto do cartel pois aquí vai a explicación (non significa que estea de acordo, ollo). A liberdade de panorama baséase na filosofía de que os creadores de obras artísticas que van ser expostas en lugares públicos xa están doblemente remunerados: en orixe polo encargo e a perpetuidade porque a localidade en cuestión xa lles cede un espazo prominente de promoción da obra/persoal de balde, é por iso que non poden ser remunerados a maiores polas fotos feitas na vía pública nas que saian as súas obras. Ou sexa, non é o feito de estar na rúa, senon que se entende que xa teñen abondo remunerados con os seus dereitos e non poden voltar a ingresar máis cartos polo mesmo concepto. No caso dos carteis electorais non é que se "pise" a lei de panorama, é que, polo que sexa, non se lle aplica. Posibles razóns que me veñen á cabeza 1)os carteis non son considerados obras artísticas 2) son obras "contratadas" así que quen deseñou os carteis xa recibiu os seus cartos do partido que llas engargou e polo tanto aplicaselle outra "normativa". Que un concello conceda un permiso para ocupación da vía pública non ten a ver con que o cartel teña dereitos de seu e polo tanto non se poida reproducir libremente. Se fose correcto que calquera cousa no espazo público é "libre" daríase o caso de que non estariamos autorizados reutilizar a foto do cartel descargada de internet por exemplo, pero si traballar cunha idéntica a partir do recortado da túa foto, o que sería absurdo/inxusto. Así é como eu o vexo, pero a verdade é que de panorama non controlo moito, dígocho un pouco de cabeza porque non tiven moito tempo a investigar estes días, ando liada con outras cousas. Doume conta de imaxes de carteis electorais no Commons, de referendos en Francia, ver Simone Veil así que no caso de propaganda electoral algo me dí que haberá unha excepción -lóxica por outra banda- pero hai que comprobalo ben para o caso do territorio español. Á volta, en Outubro, mírocho con calma--Maria zaos (conversa) 19 de setembro de 2018 ás 07:25 (UTC)[responder]

Lei da gravitación universal[editar a fonte]

Elisardo, coido que está ben así, con da. A gravitación, dicimos, e non comezamos con gravitación... Saúdos, --Agremon(contacto) 20 de setembro de 2018 ás 20:36 (UTC)[responder]

Non pasara polos artigos. Tes razón, a iso hai que darlle un bo toque. Pero terá que esperar ata despois de Santiago.--Agremon(contacto) 20 de setembro de 2018 ás 21:52 (UTC)[responder]

Vexo que xa o 'amañaches' Agremon(contacto) 23 de setembro de 2018 ás 13:19 (UTC)[responder]

Continuamos organizando a asociación de apoio á Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna xa está indicado o lugar e a hora para revisar e rematar os estatutos da futura asociación de apoio á Galipedia. A reunión será no Centro Sociocultural As Fontiñas de Santiago de Compostela, este sábado día 22 a partir das 11:00. Hai máis detalles no comentario da taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 20 de setembro de 2018 ás 22:39 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Grazas polo aviso da xuntanza do sábado. Vino a tempo, pero non me era posible asistir. Estou ben interesado en que ese proxecto saia ben, así que gustarame estar informado. Unha aperta e obrigado por te acordares de min. Saúdos --Satna (Ti dirás) 24 de setembro de 2018 ás 20:23 (UTC)[responder]

Avisos no Sitenotice[editar a fonte]

Xa o retirei. Grazas por avisarme, non me lembraba desa votación. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 24 de setembro de 2018 ás 09:53 (UTC)[responder]

24 de setembro de 2018 ás 15:23 (UTC)

Suxestións de uso de linguaxe inclusiva na Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna están a comezar os debates sobre unhas propostas para mellorar a linguaxe inclusiva na Galipeida, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de setembro de 2018 ás 00:00 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

The Signpost: 1 October 2018[editar a fonte]

1 de outubro de 2018 ás 17:35 (UTC)

istatutus[editar a fonte]

Hai que movelos xa, a Wikipedia:A3Gal/Estatutos. Onde se propón? Ou faise xa? ※ Sobreira ►〓 parlez 2 de outubro de 2018 ás 12:10 (UTC)[responder]

PNG a 300 e 400 puntos por pulgada. ※ Sobreira ►〓 parlez 2 de outubro de 2018 ás 12:51 (UTC)[responder]

Ola Elisardo. Lieime un pouco co tema das categorías, e crei, por erro, aquí --> https://gl.wikipedia.org/wiki/Categor%C3%ADa:Esculturas_por_escultor, unha categoría chamada Fidias que está baleira e,cando poidas, habería que borrar. Graciñas e un saúdo.--MAGHOI (conversa) 2 de outubro de 2018 ás 20:21 (UTC)[responder]

Linguaxe inclusiva[editar a fonte]

Boas, Elisardo, creo que si sería positivo facer a enquisa. De saír que non, espero que se poida incorporar nun futuro. Lles (conversa) 3 de outubro de 2018 ás 06:52 (UTC)[responder]

Por min, ben. Non creo que teña nada que lle poida parecer pouco neutral a ninguén, por se acaso, poderiamos preguntarlle ás persoas activas na Taberna por se alguén ve falta de neutralidade na pregunta. Lles (conversa) 5 de outubro de 2018 ás 07:15 (UTC)[responder]

Fusión elementos wikidata[editar a fonte]

Boas Elisardojm, por casualidade non saberás como hai que facer para fusionar os elementos Q3885130 e Q6052216 en wikidata? Ambos son sobre as Ordenanzas de 1311 pero por algunha razón o artigo en castelán (e o galego que foi tradución deste) non aparecen vinculadas co inglés. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 4 de outubro de 2018 ás 15:51 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --. HombreDHojalata.conversa 4 de outubro de 2018 ás 20:07 (UTC)[responder]


@AMPERIO: É moi sinxelo:

--. HombreDHojalata.conversa 4 de outubro de 2018 ás 20:19 (UTC)[responder]

Moitas grazas HombreDHojalata. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2018 ás 05:55 (UTC)[responder]
Grazas @HombreDHojalata:, aínda que eu debo ter unha configuración distinta xa que non me aparece o Máis ao carón da estreliña. Mirarei a ver se atopo onde me sae a min. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 5 de outubro de 2018 ás 07:37 (UTC)[responder]

Crebar ou quebrar[editar a fonte]

Ola, Elisardo. En galego é crebar ou quebrar. Tamén, con coidado e en determinados contextos pode valer escachizar ou esnaquizar (pero máis no sentido que en castelán ten hacer añicos. Non che podo mirar agora mesmo os dicionarios en papel cast-gal porque estou fóra uns días e escribo rapidamente dende o móbil, pero en todo caso a opción segura é esa: crebar (un dente, un muro...). Saúde. --Atobar (conversa comigo) 6 de outubro de 2018 ás 09:50 (UTC)[responder]

8 de outubro de 2018 ás 23:38 (UTC)

Modiificación en texto de portada[editar a fonte]

Boas, hoxe comeza unha votación para decidir se cambiar ou non un pequeno texto da portada. Anímase a participar a tódalas persoas usuarias que poidan votar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 00:18 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

This Month in Education: September 2018[editar a fonte]

Wikipedia Education globe
Wikipedia Education globe
This Month in Education

Volume 4 | Issue 9 | September 2018

This monthly newsletter showcases the Wikipedia Education Program. It focuses on sharing: your ideas, stories, success and challenges. You can see past editions here. You can also volunteer to help publish the newsletter. Join the team! Finally, don't forget to subscribe!


In This Issue
From the Community

Edu Wiki Camp 2018: New Knowledge for New Generation

Education loves Monuments: A Brazilian Tale

“I have always liked literature, now I like it even more thanks to Wikipedia”. Literature is in the air of WikiClubs․

History of Wikipedia Education programme at Christ (Deemed to be University)

Preparation for the autumn educational session of Selet WikiSchool is started

Wiki Camp Doyran 2018

Wikicamp Czech Republic 2018

Wikipedia offline in rural areas of Colombia

From the Education Team

Presentation on mapping education in the Wikimedia Movement

Modelo de biografías[editar a fonte]

Ola. Atopei no cadro de datos da páxina de André Pichot, que aparecía en Ocupación "filósofo da ciencia e historiador da ciência". Obviamente, o problema está en ciência, con acentuación á portuguesa.Miguelferig (conversa) 10 de outubro de 2018 ás 18:02 (UTC)[responder]

Cine > Cinema[editar a fonte]

Xa desfixen os cambios. Perdoa pola confusión e polas molestias.--Breogan2008 (conversa) 15 de outubro de 2018 ás 10:10 (UTC)[responder]

15 de outubro de 2018 ás 22:41 (UTC)

Resposta de Openbank[editar a fonte]

Boas, xa chegou a resposta de Openbank á consulta sobre a conta. Podedes ver o contido e comentar os pasos a seguir en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Consulta banco. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 18 de outubro de 2018 ás 12:54 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha lista de mensaxes en masa de usuarios interesados na asociación A3GAL, se non queres recibir máis avisos desta lista, borra o teu usuario en Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL

Sobre traducción[editar a fonte]

  • Yo puedo editar en castellano, y te agradeceré que traduzcas a gallego. Además añadirías las imágenes o figuras si el artículo requiriese. Yo uso traductor de Google. No quiero crear altercados ni salir humillado. Hasta cualquier ocasión. --Qatariq (conversa) 19 de outubro de 2018 ás 03:37 (UTC)[responder]

22 de outubro de 2018 ás 23:12 (UTC)

Índice de aves[editar a fonte]

Ola. O que lle vexo a ese índice é que non indica a equivalencia do nome común co nome científico, polo que non se sabe de que especie se trata. É útil no sentido de que se sabe que eses nomes están referenciados en galego, cousa que na páxina da Lista das aves de Galicia ás veces non están especificamente referenciados e non estás seguro se aparecen realmente no libro ou foron engadidos por alguén. Ademais faltarían os nomes que usa a Sociedade Galega de Ornitoloxía (os de Conde Teria). Pero segue tendo o problema que indiquei ao principio.

Outra cousa, na páxina da Lista de aves de Galicia aínda teño moito que traballar, porque se me presenta a dúbida de se incluír todas as que menciona Penas Patiño ou non, xa que algunhas son aves extremadamente raras, casos accidentais extrañísimos cunha ou dúas mencións en décadas e ás veces nin sequera se sabe seguro se a identificación foi correcta, polo que non sei at que punto se poden considerar auténticas aves "galegas". Entón, non sei se excluír esas ou incluílas tamén. En principio fun borrando moitas, pero se facemos a Lista moi completa habería que incluir tmén esas rarezas. O libro de Penas Patiño é moi gordo e contén centos de especies. Outra cousa que se podería facer é facer unha lista á parte ao final da páxina coas aves moi raras.--Miguelferig (conversa) 23 de outubro de 2018 ás 15:43 (UTC)[responder]

Boas... Non entendo ben qué queres dicir. Unha cousa é clasificar un templo polo seu culto e outra polo seu país. --Norrin (Fálame) 24 de outubro de 2018 ás 07:30 (UTC)[responder]

Vale... xa lin a conversa de Xabier e entendo o que dis. Pero eu o que estou a facer e clasificar os templos segundo o seu culto. Un exemplo: a catedral de Colonia: é unha catedral gótica situada en Alemaña e de culto católico. Polo tanto, debería ir en:
  • Categoría:Catedrais de Alemaña --> por ser unha catedral de Alemaña.
  • Categoría:Igrexas góticas --> por ser unha igrexa gótica
  • Categoría:Igrexas católicas de Alemaña --> por ser un templo católico de Alemaña.

Non todas as catedrais de Alemaña son góticas, nin son católicas. --Norrin (Fálame) 24 de outubro de 2018 ás 07:34 (UTC)[responder]

Sobre a túa mensaxe: dis que temos Catolicismo > catolicismo por país > catolicismo en España > Basílicas de España, polo que non se poden meter os artigos das basílicas, e outras igrexas, nesa categoría de igrexas católicas.
Non entendo ben porqué non se pode. Certo é que as basílicas si son tipos específicos de igrexas católicas, non existentes noutras confesións cristiás, pero iso non sucede coas catedrais e coas igrexas en xeral. --Norrin (Fálame) 24 de outubro de 2018 ás 07:40 (UTC)[responder]

Preparación do servizo ORES na Galipedia[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Preparación_do_servizo_ORES_na_Galipedia coméntase a preparación da aplicación do servizo ORES na Galipedia. Precísase xente que avalíe algúns artigos para ensinar ó servizo automático antes de que este poida comezar a traballar, os interesados teñen máis información na taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 18:14 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Terraza fluvial[editar a fonte]

Non me parece que sexa exactamente así. O DRAG define terraza e socalco. En terraza non lle engadiu o significado de terraza fluvial, pero en socalco os significados que dá son relacionados todos coa agricultura e non di nada tampouco de que sexan terrazas fluviais. A palabra terraza referida a esa formación erosiva xeomorfolóxica dos ríos é practicamente unánime en todos os idiomas (terraza, terrace, terrasa, terrazzo, Flussterrase, terasa, terasi, Rivierteras...), como podes ver nas outras páxinas das demais wikipedias. Mesmo os portugueses, que non fixeron aínda a súa páxina, din terraço fluvial, termo que aparece usado na wikipedia portuguesa nos textos de numerosas páxinas e en enciclopedias, e os portugueses teñen tamén a palabra socalco, con significado agrícola. O termo terraza fluvial considérase termo preferente no Vocabulario de Ciencias Naturais (Xeoloxía) de 1991 da Xunta. Hai un Léxico de arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, 1996, que si usa socalco como preferente pero ese léxico refírese ao ámbito da arqueoloxía, historia, xeografía... É fácil confundir o que é un socalco agrícola e unha terraza erosiva natural, polo que unha das cousas que hai que advertir na páxina é que non se confundan. A terminoloxía usada, como admite sinonimias, é confusa e pouco traballada e pode contribuír a esa confusión. Eu atopei esa referencia do campo xeolóxico que lle dá preferencia a terraza (igual que no resto dos idiomas) e incorporeina á páxina e usei ese termo como nome da páxina.--Miguelferig (conversa) 26 de outubro de 2018 ás 20:21 (UTC)[responder]

Escolla da entidade bancaria para a asociación[editar a fonte]

Escolla da conta para A3GAL[editar a fonte]

Boas, en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Consulta banco están as opcións que atopamos para a conta bancaria da asociación. Se vos parece ben, que cada un vote a opción que lle pareza mellor durante esta finde. Se alguén quere engadir algún outro banco ou ten algunha obxección, que achegue a información ou que comente as dúbidas que teña e entón atrasaremos a votación. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 26 de outubro de 2018 ás 22:17 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL.

Alto o fogo / Alto o fogo de ETA...[editar a fonte]

Ola, Elisardojm: Creo que estas dúas páxinas deberían mudar a "Cesamento do fogo" e "Cesamento do fogo de ETA ...", que son as formas correcta; mais eu non sei como facelo. Se consideras que estou no correcto, poderías facelo?Vitoriaogando (conversa) 27 de outubro de 2018 ás 08:46 (UTC)[responder]

The Signpost: 28 October 2018[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 28 de outubro de 2018 ás 19:11 (UTC)

29 de outubro de 2018 ás 20:09 (UTC)

Xornal El Momento (Viveiro)[editar a fonte]

Bo día,

estou a realizar un traballo de investigación na Universidade de Santiago de Compostela sobre o xornal El Momento, editado en Viveiro entre os anos 1931 e 1934. Comprobei que colaborou vostede na edición da súa páxina na wikipedia, e gustariame saber se coñece algunha referencia documental máis alá das xa publicadas, ou se sabe da existencia de arquivos de hemeroteca, xa que eu non dou atopado ningún.

Moitas grazas de antemán, un saúdo—o anterior comentario sen asinar foi feito por Gloriapcacharron (conversacontribucións) 3 de novembro de 2018 ás 13:00‎

Lista das aves[editar a fonte]

Ola, fixen modificacións na Lista das aves de Galicia. Acabei toda a letra G e fixen as dúas primeiras da letra A. Fixen algunhas modificacións na entrada. Eliminei o quebraosos, porque xa non hai rexistros del desde mediados do século XIX e, en boa lóxica, debe considerarse extinguido en Galicia. Como sempre queda a dúbida de cando incluir os accidentais ou moi raros, pero seguín a Guía de aves de Penas Patiño (2ª edición de 2004), que inclúe 406 especies no libro e algunhas máis no CD-ROM. Puxen unha foto de cada unha cunha altura e largura máximas de 200px. Agora a Lista ten máis columnas, moitas aínda sen completar. Por favor, bótalle unha ollada para ver se hai algún problema ou sería mellor facelo doutra maneira ou se sigo así co resto (pouco a pouco, porque son moitas).--Miguelferig (conversa) 4 de novembro de 2018 ás 00:57 (UTC)[responder]

Paréceme ben. Puxen o status nunha columna diferente. Pero non sei a que te refires coas imaxes de status das fichas. Que imaxes son?--Miguelferig (conversa) 4 de novembro de 2018 ás 12:48 (UTC)[responder]
O de engadir o son estaría moi ben, por suposto; sitio hai.--Miguelferig (conversa) 5 de novembro de 2018 ás 16:53 (UTC)[responder]

Votación sobre icona para artigos do Wikiproxecto de 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:Votacións/Icona nos artigos do Wikiproxecto para alumnado 12/16 comezou a votación para decidir se engadir ou non unha icona nos artigos do Wikiproxecto dos 1000 artigos de calidade para o alumnado de 12 a 16 anos. A votación durará ata o 4 de decembro de 2018. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de novembro de 2018 ás 13:16 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Categoría:Wikipedia:Limpar[editar a fonte]

Boas, teño unha dúbida, porque foi eliminada a "Categoría:Wikipedia:Limpar"?, non se supón que nesta categoría deberían aparecen as páxinas que están marcadas como "Lixo"?. Grazas e un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 5 de novembro de 2018 ás 15:35 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Breogan2008, seguro que Elisardojm non se decatou cando a borrou. --AMPERIO (conversa) 5 de novembro de 2018 ás 15:41 (UTC)[responder]

5 de novembro de 2018 ás 17:29 (UTC)

Proxecto escolar[editar a fonte]

Boas Elisardo, ti que estás metido no tema dos proxectos escolares. Canto tempo se pode manter o marcador de Modelo:Proxecto escolar nos artigos? Hai algúns que o teñen desde o curso pasado, como Os caimáns van de paseo e que non tiveron edicións desde o mes de marzo pola usuaria que o creou. Non sei se quitalo, ou aínda se está traballando nel. Tamén pasa o mesmo en ¿A qué sabe a lúa?, ¡Porque te quero tanto! (estes dous non sei se teñen erro no título), Pakolas, Por qué, mamá?. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 6 de novembro de 2018 ás 18:55 (UTC)[responder]

Ola Elisardojm! Veño de ver a modificación que fixeches na portada incluindo a linguaxe inclusiva, grazas. Con todo, acabo de caer na conta de que se emprega a frase "temos un total de 92 731 contas de usuario", que emprega o masculino xenérico, supoño que tamén habería que mudalo a linguaxe inclusiva para manter un discurso coherente. Non sei que opinas nin se consideras que para isto hai que facer unha nova votación. Un saúdo, Piquito (conversa) 9 de novembro de 2018 ás 00:18 (UTC)[responder]

Que tal "contas persoais"? Piquito (conversa) 9 de novembro de 2018 ás 10:25 (UTC)[responder]
Paréceme ben tamén, eu dicía a das "contas persoais" pola chamada "economía de linguaxe" que din algunhas persoas, pero a que ti propós non ten problema ningún. Se cadra podemos preguntarlle a algunha usuaria máis a ver se saen outras opcións e logo decidimos se saen máis, pero sen facer votación. Un saúdo! Piquito (conversa) 9 de novembro de 2018 ás 23:07 (UTC)[responder]

Imaxes de Betanzos[editar a fonte]

  1. Boas! Retirei arredor de doce imaxes do artigo de Betanzos, tal e como suxeriras. Con todo, segundo as fora poñendo revisaba o artigo no PC e o móbil e non vin que foran imaxes demais. Era en especial pola sección de galería de imaxes? Temos nalgures unha guía para estas cousas e límites aconsellables de imaxes? Mgl.branco (conversa) 9 de novembro de 2018 ás 11:55 (UTC)[responder]

Vencellos[editar a fonte]

Pois era o nome que había e estaba referenciado. Haberá que borralo, pero ás veces pode non haber nome alternativo para poñer. Hai varios nomes referenciados que non son os admitidos no DRAG ou Digalego, non só ese. Nas páxinas habería que cambiar algúns nomes tamén. Por exemplo, fulmar boreal está referenciado e é mellor que fulmar, ou os escribentes, que é o nome que se admite en vez de escribenta, e merlo acuático non ten referencias, mentres que merlo rieiro si. E hai outras. Outras veces o Digalego decántase por un dos nomes, o de Penas ou o de Teira, e, polo que puiden ver, parece que con bo criterio, polo que ese nome debería ser o preferente como título de páxinas.--Miguelferig (conversa) 10 de novembro de 2018 ás 20:05 (UTC)[responder]

Entón, que fago? Non lle poño nome? Porque non atopei outro para esa ave accidental rara. Na lista de Teira non vén e no Digalego non atopei nada.--Miguelferig (conversa) 10 de novembro de 2018 ás 20:26 (UTC)[responder]
Feito! Feito!. Deixei o "vencello" de cheminea e quitei os outros dous.--Miguelferig (conversa) 10 de novembro de 2018 ás 21:25 (UTC)[responder]
De acordo, quito ese tamén.--Miguelferig (conversa) 10 de novembro de 2018 ás 21:41 (UTC)[responder]

This Month in Education: November 2018[editar a fonte]

Wikipedia Education globe
Wikipedia Education globe
This Month in Education

Volume 4 | Issue 10 | October 2018

This monthly newsletter showcases the Wikipedia Education Program. It focuses on sharing: your ideas, stories, success and challenges. You can see past editions here. You can also volunteer to help publish the newsletter. Join the team! Finally, don't forget to subscribe!


In This Issue
From the Community

A new academic course featuring Wikidata at Tel Aviv University

How we included Wikipedia edition into a whole University department curriculum

Meet the first board of the UG Wikipedia & Education

The education program has kicked off as the new academic year starts

The education program has kicked off as the new academic year starts in Albania

The first Wikimedia+Education conference will happen on April 5-7 at Donostia-Saint Sebastian

Using ORES to assign articles in Basque education program

What to write for Wikipedia about? Monuments!

Wikifridays: editing Wikipedia in the university

Writing articles on Wikipedia is our way of leaving legacy to the next generations

12 de novembro de 2018 ás 19:22 (UTC)

Resolto: Escolla da entidade bancaria para a asociación[editar a fonte]

Boas a todos, en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Consulta banco xa está o resultado da escolla da entidade bancaria para a conta da asociación. Finalmente escolleuse a Abanca, os detalles están na páxina. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 18 de novembro de 2018 ás 14:19 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario de Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL.

19 de novembro de 2018 ás 23:29 (UTC)

Corrección con bot[editar a fonte]

Ola, Elisardojm: Grazas polos teus ánimos ao meu labor. Nalgún momento xa se me pasara pola cabeza a idea de que tal vez utilizar un bot facilitase esa tarefa, pero a verdade é que non teño nin a máis remota idea do seu funcionamento. Lin a páxina que ti me dixeches e sigo sen entender nada (os meus coñecementos de "enxeñería informática" son nulos, mesmo os de usuaria non son máis que medios). Por iso nin idea de como facelo ou utilizalo. Xa ves cal é o meu procedemento: cando atopo algunha forma incorrecta (neste momento ando con EXTENDER), busco todas as páxinas que a conteñan e unha a unha as vou editando e corrixindo (coidando que non sexan citas, textos en castelán...). Certamente é un labor algo pesado e repetitivo. Se ti cres que me sería máis sinxelo co bot e me queres axudar, eu encantada. SaúdosVitoriaogando (conversa) 20 de novembro de 2018 ás 09:26 (UTC)[responder]

    • Grazas, Elisardojm.

Efectivamente acabo de ver a ferramenta na barra esquerda, boteille un ollo (exactamente iso, porque outra cousa non sei facer nela) e non me mordeu. Mais vas ter que darme novas instrucións cando poidas. Saúdos Vitoriaogando (conversa) 20 de novembro de 2018 ás 15:04 (UTC)[responder]

Cuarta malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Cuarta_malla_de_artigos_da_Galipedia fíxose unha proposta para organizar a Cuarta malla de artigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 22:05 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Ola Elisardojm! Vin que a principios de ano me mandaches un mail que non te contestei ata agora. Sinto a tardanza. Un saúdo, Piquito (conversa) 26 de novembro de 2018 ás 00:18 (UTC)[responder]

A3GAL/Relación coa Fundación[editar a fonte]

Boas, en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Relación coa Fundación tedes algo de información sobre os diferentes tipos de afiliación á Fundación Wikimedia, ide comentando o que vos parece o tema e que podemos facer. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 26 de novembro de 2018 ás 13:55 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL.

26 de novembro de 2018 ás 22:22 (UTC)

Ola Elisardojm! Vin que hai a opción de poñer un banner que ocupe todo o ancho da pantalla de xeito automático, como empregas en Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos. A pregunta é: esa opción (ou algunha parecida) podería aplicarse aos banners dos portais e que queden no mesmo sitio que están agora? Podes ver un exemplo no Portal:Finlandia, sería para que a imaxe estivera dentro do cadro azul e non aparecera o título do portal enriba, senón que quedara tal e como está pero sen ter que meter o tamaño da imaxe, non sei se me explico... Un saúdo! Piquito (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 01:25 (UTC)[responder]

O certo é que non me convence o resultado, queda o título da páxina por riba da imaxe (que xa ten o título), ademais a tipografía é sempre a mesma e non é nada vistosa... non me agrada a vista o resultado. Era máis que nada curiosidade por se había algún xeito de que quedara a imaxe como está agora pero axustándose automaticamente á resolución. Queda logo como o puxen nun principio. Graciñas! Piquito (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 14:07 (UTC)[responder]

Cabezallos portada[editar a fonte]

Boas Elisardojm, estou probando a facer cambios no portal Rusia, e gustaríame engadir un cabezallo similar ao que hai na portada da Galipedia. Revisando o código de Modelo:PortadaTítulo, aparece o parámetro class="fonslogo", que da como resultado o logo da wikipedia que aparece nese cabezallo. A cuestión é, como fago para cambiar ese fonslogo polo escudo de Rusia? Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 10:33 (UTC)[responder]

Uf, medo me da tocarlle a iso. A ver se o consigo e non "rompo" nada. --AMPERIO (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 10:42 (UTC)[responder]
Xa xa, o fonslogo ese é o da portada, o indica no código. Ía crear un fonsrus ou algo parecido. De todos modos non podo editar ao non ser admin da interface :( --AMPERIO (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 10:47 (UTC)[responder]
De todos modos, ti non saberás facelo para non ter que editar aí non? --AMPERIO (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 10:51 (UTC)[responder]

Mediación[editar a fonte]

Ola Elisardojm! AMPERIO anda a mudar a aparencia do Portal:Rusia, ignorando a escolla (neste caso estética) do primeiro editor, de xeito unilateral, sen consulta nin consenso. Pídoche por favor que medies no que considero un ataque ao meu traballo. Graciñas, Piquito (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 12:20 (UTC)[responder]

Piquito a aparencia que tiña o portal cando o creaches e como estaba esta mañá, se parecen o que un ovo a unha castaña. Por outra banda, o modelo que utilizan os portais non se visualiza ben nos dispositivos móbiles, mentres co novo deseño, que é basicamente o mesmo que o da portada, si que se pode ver ben. Por outra banda, nun mensaxe anterior que lle mandaches a Elisardo ti mesmo lle preguntabas sobre o PAGEBANNER, por que es consciente de que o sistema actual non se visualiza ben (cito "vin que hai a opción de poñer un banner que ocupe todo o ancho da pantalla de xeito automático"). En canto ao deseño, as cores son as mesmas había antes, isto é as da bandeira de Rusia (branco, azul e vermello), o novo deseño non deixa os cadros cada un dun tamaño diferente (como pasaba antes), senón que se adaptan á páxina. Sobre o que comentabas da "escolla do primeiro editor", o deseño da páxina o fixemos entre os dous Conversa_usuario:AMPERIO/Arquivo_4#Wikiproxecto_sobre_Rusia, Conversa_usuario:AMPERIO/Arquivo_4#Que opinas?, Conversa_usuario:Piquito/Arquivo_4#RE:WP Rusia e Conversa_usuario:Piquito/Arquivo_4#Re:Portal Rusia, é máis ti o único que fixeches foi crear a páxina e un cadro no que se visualizaba ben nada, mentres que o resto dos contidos da páxina os creei eu... Da máis a sensación de estás enfadado polo da votación de Rimskii-Korsakov, máis ben desde Club Balonmano Cantabria... e agora estas buscando "campañas de desprestixio ao teu traballo" pola miña parte... --AMPERIO (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 12:40 (UTC)[responder]
Por outra banda, cando creei o Wikiproxecto Rusia o fixen coa intención de crear despois o portal.. "sobre o tema dos portais, non descarto que o propio wikiproxecto Rusia acabe converténdose nun portal. Só tería que mudar o título e facer uns poucos arranxiños para que quede ben", porén te adiantaches ti tras ver que creaba o Wikiproxecto... --AMPERIO (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 12:51 (UTC)[responder]
Obviando que toda a parte artístico-creativa foi responsabilidade miña, basicamente a aparencia do portal, coa caixa coas cores da bandeira de Rusia, as cores nas caixas das distintas seccións (AMPERIO creou o modelo de "cabezallo", logo eu puxen as cores para mellorar a estética do portal, algo co que posteriormente el mesmo concordou), agrupar en dúas columnas... basicamente AMPERIO o que fixo foi cambiar caixas de lado e quitar a sección de "portais relacionados", esa foi a única achega á estrutura e aparencia do portal. A curiosidade respecto ao PAGEBANNER non quere dicir nada máis que iso, de feito o resultado de poñer o PAGEBANNER é antiestético no portal. Supoño que busco teorías conspiratorias, pero non deixa de ser curioso que xusto as modificacións que fixeches neste portal foron despois da discusión que dis, e curiosamente logo de expresarte o meu malestar pola túa actitude no artigo do BM Cantabria tamén modificaches outro portal creado por min (o da muller)... supoño que serei eu, pero esas actitudes poderían parecer revanchismo, sobre todo tendo en conta que tes o Portal:Eurovisión para experimentar canto queiras, pero si, será cousa miña. Non vou perder máis o tempo, que Elisardojm decida como proceder neste caso. Piquito (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 17:23 (UTC)[responder]
Me parece que tes un concepto un pouco equivocado do que significa "enciclopedia colaborativa". Os cambios que fixen no portal muller, foron as cores... e mudar a cabeceira para que falase da muller, en lugar do día internacional da muller, o resto do portal permaneceu exactamente igual ata que ti sentiches que foi un cambio antiestético e que violaba o teu dereito a escoller as cores para os portais... Sobre o Portal:Eurovisión, probablemente introduza algún cambio, xa que conta cun deseño bastante pobre que habería que mellorar. De todos modos, o portal Eurovisión non é meu, é da comunidade, se consideras que o deseño se pode mellorar e evitar os problemas que presenta na actualidade podes modificalo sen problema algún... Como xa dixen, o portal Rusia mantén as mesmas cores, as mesmas seccións e os mesmos contidos que había antes, o único que fixen foi adaptar o deseño a un que sexa compatible coa vista desde os dispositivos móbiles e probar o PAGEBANNER (pregunteille a Banjo se se pode eliminar o texto que aparece sobre a imaxe e estou á espera da súa resposta). Non vou entrar en temas de estética, menos cando o deseño novo é o mesmo que foi escollido pola comunidade para a portada, lembra que os portais son o mesmo que a portada. A diferencia é que está centrado nunha temática concreta. Os artigos evolucionan, modifícanse os contidos, engádense caixas de información... que modifican a aparencia dos mesmos, non sei por que motivo non debería facerse o mesmo cos portais, e máis se o deseño que hai na actualidade non funciona de xeito correcto. --AMPERIO (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 17:43 (UTC)[responder]
AMPERIO, do portal de Eurovisión non teño nada que dicir, respecto o traballo que fixeches no seu día, non comparto o deseño, do mesmo xeito que non comparto o doutros portais e non os vou modificando ao meu gusto, quen os fixo considerou que debían ser así, non teño por que cuestionar que ti decidiras que o de Eurovisión tiña que ser así, no seu momento me pediches que fixera unha proposta estética distinta e o que che presentei non che gustou e non lle dei máis voltas, deixeino ir aínda que non me gustara. Non imos falar do concepto de "enciclopedia colaborativa" en profundidade, para min cando fas algo con outra persoa e logo o queres modificar adoitas preguntarlle, como no seu momento se fixo co portal de Rusia (eu accedín a cousas que non me gustaban como poñer os símbolos históricos e poñer os títulos en ruso, outra disposición das seccións...), de feito non dixen nada sequera da pobreza en variedade de contidos, porque asumiches a parte de contidos e non a cuestionei a pesar de non compartila... supoño que si, teño un concepto equivocado do que significa "enciclopedia colaborativa", pero insisto, non vou seguir con este debate. Piquito (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 18:29 (UTC)[responder]

Boas Piquito e AMPERIO, perdoade pola tardanza na resposta, non tiven demasiado tempo estes días.

Unha cousa que xa repetín en varias ocasións noutras conversas é que a escolla do primeiro editor, tal e como se comenta no Wikipedia:Libro_de_estilo, é aplicable unicamente a termos nos que hai dúas ou máis opcións válidas para a escrita dunha palabra. É que se non, sería imposible mellorar moitos artigos e páxinas e iría en contra da filosofía das wikipedias. A maiores, hai que ter en conta que os contidos poden ser editados, usados e redistribuídos por calquera, non son propiedade de ninguén, como moito, son propiedade de todos. Piquito, que un usuario modifique unha páxina, sexa creada por un mesmo ou por outros, é un dos fundamentos das wikis tal e como está en Wikipedia:Edita con afouteza. Iso si, sempre e cando as modificacións sexan para mellorala, os vandalismos son outra cousa. Eu non vexo ningún ataque a ninguén, non debemos asociar unhas accións con outras máis do necesario.

Outra cousa é a percepción que temos nalgúns casos de se unha páxina se mellora ou non, como podería ser neste caso, cámbiase a aparencia pero o contido é semellante. Para uns pode ser que se mellore a lexibilidade, para outros pode ser que se empeore a sinxeleza do deseño, ou que se rompa coa estética dos outros portais... Isto é subxectivo, é unha interpretación de cada un. Que debemos facer nestes casos? Falar, conversar cos outros usuarios de forma educada e tratar de chegar a un punto de encontro que sexa axeitado para todos. Non hai nin máis nin menos. E se non se pode chegar a un acordo entón habería que consultalo coa comunidade e, de ser necesario, abrir unha votación para que se escolla unha das opcións.

Por outra banda, pode entenderse que a páxina do portal non é unha páxina normal, do mesmo xeito que a portada da Galipedia, polo que hai que tratar de facer algún tipo de consulta previa antes de facer cambios. Isto é similar ó que pasou en Conversa_portal:Galicia, cando Piquito cambiou o portal e HombreDHojalata pediu que se reverteran esas modificacións e que se trataran na conversa. Penso que este caso é o mesmo polo creo que debe facerse o mesmo que naquel caso e pasarse o contido modificado a Usuario:AMPERIO/Portal:Rusia á espera de que se debatan as modificacións. Tentei cambiar o portal á aparencia antiga pero non atopei unha versión que se amose correctamente, por favor, dicídeme que versión se pode restaurar.

Tamén acabo de decatarme que nesa páxina de conversa do portal Galicia, HombreDHojalata pedíume que revisara ese tema e polo que vexo non fixen ningún comentario máis, esquecéuseme totalmente o tema. Dende aquí pido desculpas a HombreDHojalata e Piquito e poreime agora a miralo.

Tamén estiven revisando agora o historial de cambios, e outro problema que vin foron as reversións que houbo, iso non debe pasar, como dixen antes, cando aparece un problema, hai que usar as páxinas de conversa para comentalo e procurar amañalo. A maiores, penso que ti AMPERIO, sendo administrador, non deberías estar implicado. Antes de chegar a esa situación creo que debiches deixar o tema e poñer un aviso no taboleiro de administradores para pedir que outra persoa revisara a situación, por ser parte do conflito.

En resumo, que para traballar da mellor forma posible o que hai que facer é comunicarse, para iso tódalas páxinas do proxecto teñen a súa páxina de conversa... Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de decembro de 2018 ás 09:09 (UTC)[responder]

Grazas pola mediación Elisardojm, xa pasei as modificacións que fixo AMPERIO á súa subpáxina, con todo, non sei como revertir todas as súas edicións (só sei facer reversións de edicións individuais), fareino así para que quede como estaba. É o que dixen eu, comentar os cambios como se fixo cando se creou o portal (cando repito que non me opuxen á inclusión de elementos que a min non me convencían). Creo que AMPERIO non obrou ben e non tivo un comportamento axeitado, el mesmo criticou que logo da votación sobre o portal Galicia mudara a aparencia, dicindo que lle parecía un "argumento pobre", agora el fai o mesmo pero sen consulta e sen comentar ningún dos cambios coa persoa que creou o portal (no seu momento a min se me indicou como proceder e o fixen, non entrei nunha guerra con HdH, traballei na subpáxina e sometín a votación). A maiores AMPERIO presupón un enfado meu relacionado con outra votación, que nada ten que ver con isto, máis ben é sospeitoso que sempre edite os portais que eu creo despois de conflitos en votacións (o da muller si, mudou as cores, e engado que revertín esa edición porque as cores que elixiu "matábanse" coa cor do banner, así que loxicamente o cambiei, e o cabezado do portal... pois si, o mudei tamén porque o "Día Internacional da Muller" é un artigo tan válido como o da "Muller" para encabezar o portal, a miña opción non era incorrecta e ademais todo o mundo sabe o que é unha muller), conflito na votación o 24 de maio e edición no portal da muller o 28 de maio, agora o 27 de novembro hai un conflito noutra votación e ese mesmo día modifícase o portal de Rusia... non sei, pasou o mesmo en dúas ocasións, é moi raro que en dúas ocasións que critiquei actitudes súas nas votacións, ao pouco modificara xusto dous portais que eu creara (un deles co que non tiña ningunha relación, e o outro co que se limitara a facer resumos de artigos e escoller imaxes), non se lembrou dos portais para modificar o de Eurovisión que el creara, nin o de Barcelona que creou Breogán2008, nin o de Galicia que creou HombreDHojalata, nin o de Bretaña que creou Chairego, nin o da Fórmula1 (que non sei quen creou), nin o da Segunda Guerra Mundial (que quen o creou está inactivo dende hai anos)... non, modificou xusto dous portais creados por un usuario co que acababa de ter un conflito... a min iso me cheira mal, e non sei se é algo polo que mesmo debería revisarse a súa condición de administrador, xa que non creo que o "revanchismo" sexa unha característica axeitada para ese cargo. Piquito (conversa) 2 de decembro de 2018 ás 11:00 (UTC)[responder]
Sobre os portais, tendo en conta que o portal Rusia é un dos que máis edito, e que se encontra dentro de Wikiproxecto Rusia, tiña bastantes papeletas de ser modificado. Nada ten que ver coa película que te estás montando da persecución "revanchista" da que falas. Sobre o de presupón enfado meu é un feito, non hai máis que ver a mensaxe que me deixaches no seu día e que desde entón ignoras abertamente todas as mensaxes que escribo na túa conversa, mesmo aquelas nas que te respondo a peticións túas como a do Portal:Diversidade Sexual e as caixas multicolor. Por outro lado, o que dixen na votación do portal Galicia foi que o que me parecía un argumento un pouco pobre era que te basearas nunha votación que tan só tiña dous votos a favor para comezar a facer os cambios. Borrei a subpáxina Usuario:AMPERIO/Portal:Rusia por que en vez de esperar a que Elisardo fixera o movemento, desfixeches ti sen máis e o que quedou non servía para nada. Finalmente non vou engadir máis que asuma a boa fe antes de facer suposicións estrañas. O portal:Rusia pode quedar como vos dea a gana, visto o visto resultará imposible facer cambios nos portais.--AMPERIO (conversa) 2 de decembro de 2018 ás 11:53 (UTC)[responder]
Piquito, eu non vexo actitude de desquite nesas edicións, tódolos días atopo casualidades nas edicións que fago, algunhas do máis inverosímiles, pero é normal, non somos tantos os que editamos as páxinas e todas estas casualidades poden pasar e pasan. Unhas veces son casualidades felices, outras, non tanto, pero só son iso, casualidades. Pídovos por favor que intentedes conversar sobre o tema e que procuredes chegar a un acordo. AMPERIO se a túa versión non funciona agora o que podemos facer é crear modelos auxiliares para que se visualice correctamente, se restauras a páxina eu ocupareime diso.
Como dixen, e como se actuou no portal Galicia, enténdese que os portais son páxinas especiais, como a portada da Galipedia, e que para modificalos é preciso facer unha consulta e chegar a un acordo entre os interesados. En canto teña un pouco de tempo revisarei a conversa do portal Galicia de novo como xa comentei antes. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de decembro de 2018 ás 12:15 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── AMPERIO, a decepción que poida ter cara a ti non ten nada que ver con isto. No seu momento te dixen que non me falaras, necesitaba espazo, e ignoraches a miña petición (lícita). Ben podías ter feito as cousas doutro xeito e ter dado unha explicación de por que fixeches o que fixeches nesa votación (votas a favor, o teu voto está días en verde, logo plantexas unha única cuestión que eu corrixo, pasan días e a piques de pecharse a votación decides mudar o voto sen dar ningunha explicación), máis aínda cando hai tempo me recoñeceches que estabas molesto porque non participaba nas votacións (entre elas as túas, cousa que nunca vin que lle recriminaras a nungunha outra usuaria)... en lugar de pedir desculpas e explicarte (xa postos a non respectar o meu desexo de non ter comunicación contigo podías ter feito de xeito que polo menos tentaras solucionar o conflito), avivas máis o lume colles e te pos a facer cousas innecesarias no portal da muller, sabendo como sabes da miña implicación no tema dos portais... Para que? Era tan importante que o portal fora rosa ? Por que non podía quedar malva? (ti pensas que todos os problemas están nas cores, polo visto, e que manténdoas non hai tal problema) Por que nese momento e sen pedir opinión? Para min non ten sentido. Logo actúas como se nada tivera pasado e me ves co portal da diversidade sexual, que xa lle pedira a Elisardojm que o mirara. Pois non, non te contestei ás túas mensaxes porque xa che dixen que non quería ter contacto contigo, expliqueiche unha reversión que fixen dunha edición túa porque entendo que é o que debo facer para evitar conflitos, e xa. Agora co do portal de Rusia fas o que no seu momento fixen eu co de Galicia (bueno, peor, porque polo menos eu parei cando mo dixeron, cousa que ti non) e que no seu momento me criticaches, dicindo que non había apoios suficientes... pero polo menos había consulta e había votos, non o fixera porque si. Borras a subpáxina porque a trasladei eu, o único que tiñas que facer era crear os modelos para a subpáxina como no seu día fixen eu coa de portal Galicia (eu non borrei o que fixo HombeDHojalata, traballei nesa base para presentar unha proposta), e fixen esa subpáxina túa para que ti non perderas todo o teu traballo (de nada) e para aforrarlle a Elisardojm ter que rebuscar a versión (que tardaría un lote de tempo, por certo). Quedan aquí as explicacións, que nin sequera tería por que dar. Piquito (conversa) 4 de decembro de 2018 ás 19:24 (UTC)[responder]

Entrega do Premio Rosalía de Castro[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Entrega_do_Premio_Rosalía_de_Castro hai información sobre a cerimonia de entrega do Premio Rosalía de Castro de Lingua á Galipedia, será o día 12 de decembro ás 17.00 h no Pazo de Mariñán (Bergondo). As persoas interesadas en asistir deben anotarse nese lugar para indicar a asistencia á Deputación. Tamén se pode facer entre todos unha nota en nome da comunidade para ler no momento da recollida. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 16:07 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

This Month in Education: November 2018[editar a fonte]

This Month in Education

Volume 4 • Issue 10 • October 2018


ContentsSingle page viewSubscribe


In This Issue

The Signpost: 1 December 2018[editar a fonte]

Parroquias a Abadín[editar a fonte]

Ola. Podo facer as fotos cando teño oportunidade, non son desa provincia e polo tanto pode levarme un tempo, pero téñoo pendente. --Dende (conversa) 1 de decembro de 2018 ás 17:38 (UTC)[responder]

Correo para a Comisión de Afiliacións[editar a fonte]

Boas, en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Relación_coa_Fundación#Correo_para_a_Comisión_de_Afiliacións tedes o borrador do correo para mandar ó Comité de Afiliacións para preguntar polo tema do Grupo de Usuarios da Fundación, hai que revisalo para que quede todo correcto, tódolos comentarios son benvidos. Cando teñamos a versión final faremos a tradución para enviala. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 2 de decembro de 2018 ás 18:44 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL.

3 de decembro de 2018 ás 16:13 (UTC)

Arquivo co escudo de Antas[editar a fonte]

Boas Elisardo. Efectivamente modifiquei o Escudo de Antas porque hai un lío tremendo co escudo oficial, rulando outro incorrecto por todas partes (seguramente en algún caso ata eu mesmo me enganei con el). O que puxen tomeino da propia Wikipedia, concretamente de aquí: https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Escudo_Antas_de_Ulla.jpg#/media/File:Escudo_Antas_de_Ulla.jpg Se hai algo que mudar dime. Saúdos --Satna (Ti dirás) 4 de decembro de 2018 ás 14:35 (UTC)[responder]

Ola de novo. Tento "coller" o teu arquivo, pero hai algo que non vai ben. Non entendo que raio pasa, pero se vou ao link do arquivo que indicas vexo un escudo que despois, ao levalo á páxina, non é o mesmo. Verás, os detalles principais son a media lúa e mailas estrelas que a flanquean. Resulta que a media lúa é "cara abaixo" e resulta que ao engadilo aparece incorrecta. Por outra parte as estrelas non son tan estilizadas. Non sei, hai algo que non vai ben nese arquivo. Poderías revisalo, por favor? Graciñas por estar sempre tan atento. --Satna (Ti dirás) 4 de decembro de 2018 ás 23:04 (UTC)[responder]
Feito, Elisardo. Moitas grazas polo teu traballo; e, sobre todo, pola túa paciencia infinita. Unha aperta --Satna (Ti dirás) 6 de decembro de 2018 ás 12:01 (UTC)[responder]

Fotos de parroquias[editar a fonte]

Gracias, o das coordenadas e un detalle, pero os mapas da Xunta tambén axudan bastante, que teñen capas de parroquias con os límites... E que estou intentando organizar un pouco os concellos de Galicia en Commons... E como me soaba ver imaxes de parroquias que ainda non estaban categorizadas dentro dalgúns concellos, pues de paso podo axudar tamén... E máis, xa atopei unha imaxen dunha parrroquia de Abadín, pero non sei se vale calquer imaxe para ilustrar un artigo de parroquia... Exemplo:

Romariz, Abadín
Romariz, Abadín

. Supoño que é preferible a igrexa correspondente, un castro, un peto de ánimas... La fabrica de nubes (fálame) 6 de decembro de 2018 ás 00:33 (UTC)[responder]

OK La fabrica de nubes (fálame) 6 de decembro de 2018 ás 09:52 (UTC)[responder]

Galería do Centro penitenciario de Teixeiro[editar a fonte]

Si, se tes razón… pero ante a dúbida de escoller algunha metinas todas e vía De feito xa subín outra a Commons. Deixarei a que me pareza que se ve millor. One2 (conversa) 9 de decembro de 2018 ás 02:27 (UTC)[responder]

Ola de novo, metín tamén unhas ortofotos no Polígono industrial Curtis-Teixeiro, mais aquí si que se pode ver unha evolución! Saúdos One2 (conversa) 9 de decembro de 2018 ás 15:20 (UTC)[responder]

10 de decembro de 2018 ás 17:34 (UTC)

... cando teño tempo, iso de deixar estar... Estou nunha xuntanza do clube Wikipedia Valladolid e 'estou lanzado'. Non saen as cousas á primeira, pero van saíndo. E que conste que xa corrixín cousas que puxeches (mellor, que deixaches) ;-) A aprendizaxe é o que ten. Xa veremos se entre hoxe e mañá sae de vez, aínda que vou moi pouco a pouco e con moitos erros. Moitas grazas de calquera xeito! Agremon(contacto) 10 de decembro de 2018 ás 18:49 (UTC)[responder]

Xa, Elisardo. o das probas descubrino cando xa comezara a fuchicar. en canto ó de inglés, cando remate o modelo e as instruccións de uso, falamos.Agremon(contacto) 10 de decembro de 2018 ás 21:58 (UTC)[responder]

Nova firma dos estatutos de A3GAL[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Seguindo_coa_asociación hai información sobre a nova firma dos estatutos da asociación A3GAL e a posibilidade de aparecer como socio fundador da mesma. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 11 de decembro de 2018 ás 16:06 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Modelo:PrimeiraLigaEscocesa[editar a fonte]

Boas Elisardo, non sei que facer co Modelo:PrimeiraLigaEscocesa. Contén datos da tempada 2012-2013 e aínda que nos seus primeiros anos si que foi actualizándose, a última actualización de contidos fíxose no 2013. Cres que merece a pena actualizalo, e que volva a caer no esquecemento, ou será mellor borralo directamente. cc.Xabier Cid. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 11 de decembro de 2018 ás 16:28 (UTC)[responder]

Ola Elisardojm! Ti que tes coche poderías un día que te cadre ben facerlle unhas fotos ao pavillón polideportivo de Cerceda (o González Laxe)? Estiven hai un tempo ampliando e mellorando un pouco o artigo do Club Patín Cerceda pero non hai imaxes do equipo, e unha boa solución para ilustralo (ademais das imaxes que temos de xogadores que logo pasaron ou seguen no Liceo) serían algunhas imaxes do pavillón (por fora, e se puidera ser mesmo por dentro xa sería a repanocha). Un saúdo! Piquito (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 00:13 (UTC)[responder]

Wikidata[editar a fonte]

Boas Elisardo, como teño que facer para traducir os elementos de wikidata Q229631 ao galego? --AMPERIO (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 09:19 (UTC)[responder]

Creo que se me adiantou Maria zaos :) Era para traducir o de cancro de cerebro. Grazas pola explicación.--AMPERIO (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 10:38 (UTC)[responder]
o do cancro penso que cho cambiou Breogan2008, AMPERIO (conversa). Eu cambiei o tema da ocupación. Un saúdo Maria zaos (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 11:56 (UTC)[responder]
Jeje. Grazas de todos modos por cambiar o outro Maria zaos. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 11:58 (UTC)[responder]
@AMPERIO: outra aprendizaxe: para ligar WikiData desde a Wikipedia abonda con poñer :d diante do elemento (por exemplo d:Q229631). Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de decembro de 2018 ás 22:29 (UTC)[responder]

Artigo Fenda de xénero en wikiproxecto[editar a fonte]

Boas, o artigo é recente e baixo subscrición, puxeno por non perdelo de vista e porque cria recordar que Sage journals estaba na lista de publicacións de pago que poden ser accesibles vía wikinWiki fundación previa solicitude. Mañá miro se o temos. Logo poño unha nota para que quen queira me pregunte por él.Sintoo. --Maria zaos (conversa) 13 de decembro de 2018 ás 22:28 (UTC)[responder]

Pois non, está SAGE, pero só as estatísticas, non os journals. Ver acó. Revisa o correo. Maria zaos (conversa) 13 de decembro de 2018 ás 22:54 (UTC)[responder]
Tou parva de todo, hai versión pechada e outra en acceso aberto acó. Por certo isto é ao que te referias coa conta de estudante? Maria zaos (conversa) 13 de decembro de 2018 ás 23:05 (UTC)[responder]

Corrixin a url de novo, tería que ir, dime se non che vai esta ligazón, por faMaria zaos (conversa) 14 de decembro de 2018 ás 12:50 (UTC)[responder]

Dominio público Sofía Casanova[editar a fonte]

Completamente de acordo do que dis, pero por unha vez que a fonte española de orixe pon unha licenza ao noso favor, e a pon clarisimamente, eu non vou ser a que non a use:

1000 artigos para alumnos 12 a 16 anos[editar a fonte]

Boas Elisardo, penso que quizais sería bo adaptar os artigos que aparecen no wikiproxecto ao currículo escolar dos alumnos galegos. Así de primeiras vin que en Xeografía e Historia habería que engadir bastantes artigos. Xa sei que se trata dunha tradución do proxecto en vasco, pero cal foi o criterio de selección deses artigos? --AMPERIO (conversa) 17 de decembro de 2018 ás 16:59 (UTC)[responder]

Elisardo, o Modelo:1000 artigos icona título do Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos, superponse a outros que xa hai nalgunhas páxinas. Por exemplo en Teorema de Pitágoras aparece enriba do Modelo:1000. Se se engade o modelo nun artigo de calidade, por exemplo Estatuto de autonomía de Galicia de 1936 aparecería a enriba da estreliña. Penso que o mellor sería que quedara como en Segunda guerra mundial, un ao lado do outro, non cres? --AMPERIO (conversa) 22 de decembro de 2018 ás 16:51 (UTC)[responder]
Eu probei co Firefox e Safari e me pasa o mesmo nos dous. Pode ser polo tamaño da pantalla? --AMPERIO (conversa) 22 de decembro de 2018 ás 17:36 (UTC)[responder]

17 de decembro de 2018 ás 20:35 (UTC)

The Signpost: 24 December 2018[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 24 de decembro de 2018 ás 13:37 (UTC)

Actualizacións automáticas nos artigos?[editar a fonte]

Ola Elisardojm! Estou traballando no artigo de Kajaani a partir do correspondente da Wikipedia en lingua inglesa. Vin que aló empregan un modelo no corpo do artigo para os datos de poboación. Entendo que é un modelo que permite actualizar eses datos do censo a partir dos datos de Wikidata. A pregunta é: temos ese modelo adaptado aquí? se non o temos: poderías adaptalo? Penso que é unha ferramente moi útil. Podes ver do que che falo se entras no artigo e daslle a editar a fonte (está no cabezado e non cambiei nada do código). Mil grazas! Piquito (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 00:25 (UTC)[responder]

Perdón por meterme. Hai uns días pregunteille a Banjo algo parecido sobre un posible bot que actualizara uns gráficos de vendas para o artigo Boeing 777 cando se actualizara na wiki inglesa. A resposta que me deu, e que penso que responde tamén á pregunta de Piquito, foi a seguinte: O do bot é probablemente posible técnicamente, mais custoso en esforzo e tempo [...]. Nun futuro seguramente aparezan proxectos para usar wikidata neste tipo de gráficos para actualizar alí os datos de forma máis doada con bots e que os gráficos xa se xeren sós con esos datos de wikidata en tódalas wikipedias... non me estranaría moito que xa alguén estivese a traballar neses temas. Se substituímos gráficos por datos do censo penso que a resposta sería practicamente a mesma. Non si Banjo? --AMPERIO (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 09:50 (UTC)[responder]
A tendencia probablemente será algo do estio, centralizar datos (sobre todo os de tipo numéricos, como poden ser os censos) no Wikidata, algo que xa se fai nalgunhas instancias, e adaptar módulos e modelos en cada wiki para que xeren táboas e gráficos de forma automática con eses datos, que logo se actualizarán manual ou automaticamente no wikidata. O que se tarde en poñer este sistema a funcionar de forma máis xeral xa dependerá da propia evolución do tempo e traballo que se lle adique a estes temas, pero polo que levo visto ata o de agora é o que creo que acabará por facerse neste tipo de casos. Porén, polo momento o máis estendido é aínda a creación manual dos mesmos, o uso de Wikidata aínda é incipiente en moitos aspectos. Banjo tell me 26 de decembro de 2018 ás 10:42 (UTC)[responder]
Grazas polo comentario AMPERIO, eu tamén penso que o futuro desta información está en Wikidata e que pouco a pouco irá estendéndose o seu uso, porén non é este o caso, como xa lle comentei a Piquito na súa conversa, este é simplemente un modelo que ten os datos dunha data concreta gardados nun modelo para simplificar a súa actualización. A vantaxe que ten é os datos de tódalas cidades están no mesmo sitio, e afórrase ter que ir a cada un dos artigos de forma individual. Mentres non haxa outra cousa mellor podería ser un pequeno apaño... Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 14:11 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── E poderiamos crear ese modelo que dis Elisardojm? Estaría moi ben ter centralizada esa información e que se actualicen todos os artigos de xeito automático ao modificar esa páxina, axiña teremos entrada de todos os concellos do país e certamente sería moito máis doado iso que facelo manualmente nos máis de 300 concellos. Grazas a AMPERIO e Banjo polas súas achegas. Piquito (conversa) 27 de decembro de 2018 ás 15:12 (UTC)[responder]

Listas xeradas automaticamente no espazo de nomes principal[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(axuda)#Listas_xeradas_automaticamente no espazo de nomes principal, está a falarse do uso de listas xeradas por bots a partir dos datos de Wikidata. Tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 20:22 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

1000 artigos[editar a fonte]

Ola Elisardojm! Casualmente caín na páxina dos 1000 artigos para alumnado de 12 a 16 anos (é así?)... Simplemente é para manifestar o meu desacordo coa listaxe de artigos sobre música e artes escénicas, a lista é ínfima, sobre todo tendo en conta que hai tan só 50 artigos fronte aos 154 (se non lembro mal) que ten a lista de literatura, a lista de música carece ademais de nomes relevantes na historia da música... obviamente 50 artigos son unha suma ridícula para un tema así. E por certo... en artes escénicas non figura o ballet... Piquito (conversa) 31 de decembro de 2018 ás 01:09 (UTC)[responder]