Saltar ao contido

Conversa usuario:Piquito/Arquivo 4

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Propostas

[editar a fonte]

Boas Piquito, estes días estiven poñéndome ó día xa que non estiven na finde e ata agora non tiven tempo de falar contigo. Sinto que a túa proposta non fose aceptada pero xa sabes como van as cousas da comunidade, unhas van adiante e outras non. E coma sempre, se precisas da miña axuda botareiche unha man no que poida. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de maio de 2015 ás 23:36 (UTC)[responder]

Pois non, non o vira, e iso que aínda o revisei onte. O que si sei é que están a instalar varios módulos e ferramentas para que isto funcione, en canto instalen máis módulos poderase traballar con outros idiomas. Grazas polo aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de maio de 2015 ás 01:41 (UTC)[responder]
Pois eu acabo de comprobar que tamén funciona a tradución dende o castelán :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de maio de 2015 ás 01:51 (UTC)[responder]

Proposta para cambiar o logo para o Día das Letras

[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para cambiar o logo da wikipedia polo Día das Letras. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de maio de 2015 ás 13:45 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Re:Música e Filgueira Valverde

[editar a fonte]

Ola Piquito.

Grazas polas túas achegas.

Por se che interesara, xunto co exemplar de La Voz de Galicia de hoxe, domingo 17, distribúese, por un euro, o libro: Ferro Ruibal, Xesús (2015): Xosé Filgueira Valverde, O noso Adral, 136 pp., La Voz de Galicia, ISBN 978-84-9757-289-7.

Nel toca o tema de Filgueira e a música.

A min gústame Ferro Ruibal como comunicador e estame a gustar este libro (só levo lidas trinta e pico páxinas). Recoméndocho. Igual inda o podes encargar no quiosco.

Máis info en: [1]

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 17 de maio de 2015 ás 19:17 (UTC)[responder]

RE:Se tes tempo

[editar a fonte]

Eu revisar reviso, pero é un artigo moi longo e nuns días non creo que dea rematado, podería tardar máis dunha semana porque teño que ir facéndoo ós poucos, se non tes moita présa... Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de maio de 2015 ás 01:34 (UTC)[responder]

Problema coa referencia en Montreal Canadiens

[editar a fonte]

Ola! Queda arranxado. |urlarquivo= tiña un "=" de máis, e faltaba |dataarquivo=. :) Saúdos! Banjo tell me 5 de xuño de 2015 ás 16:41 (UTC)[responder]

Ola de novo! :D Depende do sitio, pero normalmente de duas formas, ou ben entrando no link e revisando na cabeceira da páxina, ou ben pola url. No caso desa referencia, as de archive.org amosan a data enriba de todo, coma unha especie de calendario, e a data está na url, en formato yanki aaaammdd:

|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20081024103631/.... -> 20081024

Tes algo máis de info na páxina de axuda das referencias Axuda:Erros nas referencias, aínda que para este caso en concreto non di moito máis :D

Saúdos! Banjo tell me 5 de xuño de 2015 ás 16:59 (UTC)[responder]

Dúbidas sobre toponimia finlandesa

[editar a fonte]

Ola, Piquito. Por unha conversa que tivo lugar na Taberna, estiven mirando algunhas das túas edicións sobre topónimos finlandeses e non teño moi claro que entenderas a política da Wikipedia en canto a exotopónimos. Moviches o artigo, que estaba polo seu nome en sueco (oficial), a outro polo seu nome en finlandés (tamén oficial). Iso non é o aprobado na norma da Wikipedia nin coherente co uso xeral da Wikipedia.

Así que che escribo esta mensaxe para comprobar que todo está correcto. Pode ser que estas edicións fosen antigas, e que isto agora estea funcionando ben e sexan só restos antigos. Pero non está de máis facer double-check:

  • Cando unha cidade non teña nome en galego, recórrese ao nome oficial.
  • En caso de que haxa varios nomes oficiais, créase o artigo tantas veces como tantos nomes oficiais haxa.
  • Deses artigos, todos serán redirección menos 1, que deberá recoller, no inicio, as variantes lingüísticas do nome.
  • O criterio para que se escolla un ou outro nome oficial é unicamente do primeiro editor do artigo. Ese é o criterio que hai que respectar cando dúas solucións son as correctas.

Todo en orde, pois? Se tes calquera dúbida, por favor, estou aio teu dispor. Un saúdo --Xabier Cid Talk 2 me, please 9 de xuño de 2015 ás 08:59 (UTC)[responder]

Hai unha cousa principal na que discordo contigo, e despois nalgunhas menores. O elemento principal é a importancia que lle dás ao status do artigo, e polo tanto ao status do título. Os artigos non están para facer causa, ou para establecer unha prioridade. Calquera que busque Jakobstad chegará a esa cidade e calquera que o busque polo seu nome finlandés tamén. É diso do que se trata. Ademais no texto somos plenamente informativos sobre o carácter oficial das dúas formas, e sobre cal é a lingua que fala a maioría da poboación. Non entendo cal é o problema.
En xeral, creo que detrás destes debates está un problema que tivemos en Galicia sobre a toponimia, e que lle damos a este tema unha importancia excesiva precisamente por toda a enerxía que se gastou nel en Galicia. Pero non deixa de ser un posicionamento político, e polo tanto un ataque á neutralidade da Wikipedia, escoller unha forma ou outra de forma sistemática cando as dúas son iguais. Porque os falantes de A son maioría? Porque a lingua máis próxima ao galego é a B? Porque foi oficial antes A? Porque B foi oficial máis recentemente? Porque a lingua A ten máis falantes cá B? Porque ten menos? No fondo, son criterios que están reproducindo un determinado esquema político.
Sobre as cousas menores en que non estou de acordo. Primeiro, Neuchâtel só ten unha forma oficial, a francoprovenzal/francesa. En Suíza son oficiais catro idiomas, pero o oficial en Neuchâtel é un só. Segundo, que o criterio do primeiro editor non é, pola mesma razón, un despropósito. Non é un despropósito chamar a Jakobstad polo seu nome finlandés. Pode ser non o máis común, pero non é un despropósito. As razóns tería o creador do artigo para optar por unha ou pola outra.
Por iso creo que non é necesario determinar un criterio único que, sendo neutral politicamente, se poida aplicar a todos os contextos: de Suecia a Tailandia. O sentido común debería ser abondo, dentro dos límites da oficialidade. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 9 de xuño de 2015 ás 20:46 (UTC)[responder]
É unha mágoa que saias frecuentemente con contestacións iradas e con espírito pouco conciliador. Aquí estamos todos para axudar. Un saúdo! --Xabier Cid Talk 2 me, please 11 de xuño de 2015 ás 14:23 (UTC)[responder]
Moitas grazas, Piquito. Enténdese a túa postura perfectamente. Creo que temos que procurar todos (dígoo tamén por min) que este sexa un punto de acordo, de relaxación, onde vimos botar unhas horas de traballo ao día en beneficio da comunidade. Por escrito ás veces os tons confúndense e parece máis cortante algo que non tiña intención de selo. Moitas grazas polo teu tempo, :) Un saudiño. --Xabier Cid Talk 2 me, please 12 de xuño de 2015 ás 05:30 (UTC)[responder]

Stravinsky ou Stravinski

[editar a fonte]

Cambiei no artigo de Le Sacre du printemps varias aparicións de Stravinsky a Stravinski porque entendo que o segundo é o que debe aparecer ó referirse ó autor no artigo, non o cambiei cando o nome aparecía en títulos de libros en inglés. Supoño que agora quedou ben, pero o que vin é que existe a categoría "Ballets de Igor Stravinsky", non habería que cambiala a "Ballets de Igor Stravinski"? E ó mellor habería que buscar máis cousas que teñan o Stravinsky, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2015 ás 10:24 (UTC)[responder]

Moi ben, terei que apuntalo nas tarefas pendentes, no artigo penso que xa quedou ben. O das notas tentarei refacelo porque, que eu tampouco sei como facer.
Eu tamén vin a resposta na wiki en inglés, e o que entendo é que nesa data díxolle a Findeyzen que ese sería o título da primeira parte pero penso que poderíamos indicar aí que, a pesares desa información, cando se publicou a obra o título final foi o outro, que che parece? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2015 ás 23:37 (UTC)[responder]
Mira, poño entón unha aclaración nesta parte? Ó final dese apartado podería engadirse unha frase do estilo: "Na publicación final da obra tamén se cambiou o título da primeira parte que finalmente pasou a ser Adoración da Terra." E poñendo unha das referencias que xa hai para esa información, paréceche ben? Eu penso que habería que facer notar este cambio nalgunha parte do artigo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2015 ás 13:20 (UTC)[responder]
Home claro, todo está para revisar, pero se nos poñemos antes de acordo nalgúns detalles logo xa non hai que facer tantos cambios no artigo (ou igual si se non quedaron as cousas claras), pero como este é un artigo de calidade, e eu teño moi pouca idea do tema, prefiro ir paso a paso procurando que todas as cousas vaian o mellor posible. Si, ás veces son pesado de máis... :) Ala, xa vou facer o cambio e a seguir! Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de xuño de 2015 ás 08:12 (UTC)[responder]

Boas, fixen uns cambios de redacción no apartado de Köthen, cando poidas bótalle un ollo para revisar que non metera a zoca. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2015 ás 08:45 (UTC)[responder]

Non deixes que a UE nos roube a Liberdade de Panorama

[editar a fonte]

Boas, na taberna hai un aviso sobre un posible cambio na lexislación europea para cambiar a Liberdade de Panorama que faría que unha gran cantidade das imaxes da Wikipedia tiveran que ser borradas. É importante que coñezas este problema e que actúes dentro do que poidas. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xuño de 2015 ás 10:17 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Ola, Piquito!

Mandeiche un e-mail ao correo que tes ligado á conta.

Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de xuño de 2015 ás 00:30 (UTC)[responder]

RE:modelo

[editar a fonte]

Faltábanlle un par de chaves }} para pechar un dos navbox fillo e volveuse tolo o modelo :) Debería quedar listo, revisa just in case Banjo tell me 23 de xuño de 2015 ás 10:44 (UTC)[responder]

Nese caso sobra o navbox fillo asignado na 5ª columna, e pásase a lista ao parámetro de lista1 do navbox principal. Creo que queda como queres, revisalle ahi :) Banjo tell me 23 de xuño de 2015 ás 11:44 (UTC)[responder]

Manuel Quiroga Losada

[editar a fonte]

O {{homónimos}} que temos só tiña a opción de engadir un. Modifiqueino para que permita poñer dous xuntos, usando o parámetro |outro=. Xa queda ahi cambiado :) Banjo tell me 27 de xuño de 2015 ás 21:57 (UTC)[responder]

Sibelius

[editar a fonte]

Pois era básicamente iso, usar os modelos {{cita libro}} e demáis ahi, máis que nada para que se podan usar as {{cita Harvard}} con eles. Xa o apunto coma feito na lista :D Banjo tell me 27 de xuño de 2015 ás 23:39 (UTC)[responder]

RE:Artigos de calidade

[editar a fonte]

Para a revisión en sí creo chega con algo coma o que fixen, facer unha lista de tarefas pendentes nunha páxina e ir correxindo pouco a pouco. O da avaliación previa si sona ben, aforraría traballo posterior. Se reunes xente para monta-lo proxecto pois adiante. Eu polo momento ando a mans cheas, voume centrar en arranxar estes qeu xa hai primeiro. Para Jean Sibelius hai que revisar que as referencias usen o modelo correcto en cada caso (web/novas/libro/publicación/enciclopedia/audiovisual/etc.) e que os parámetros estean ben (editor->editorial por exemplo). En Modelo:Parámetros dos modelos de citas veñen explicados os parámetros, e na páxina de cada modelo hai exemplos que se poden seguir. Banjo tell me 29 de xuño de 2015 ás 22:27 (UTC)[responder]

Tema na Taberna

[editar a fonte]

Boas! Podes botarlle un ollo a isto a ver qué pensas? Saúdos! --Norrin (Fálame) 30 de xuño de 2015 ás 12:40 (UTC)[responder]

RE:Carlos López García-Picos

[editar a fonte]

Boas, os cambios que fixeches parécenme perferctos. Sobre o de calidade eu penso que pode presentarse pero déixame un par de días para revisar unhas cousas e xa che digo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de xullo de 2015 ás 08:12 (UTC)[responder]

Unha preguntiña, nas ligazóns externas, as ligazóns de concertos en yutube, son de obras de Carlos López, ou non? É que vou cambiar as ligazóns directas por citas web. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xullo de 2015 ás 08:15 (UTC)[responder]
Outra pregunta. Que sabes da imaxe da ficha, a primeira que aparece no artigo? Está en Commons cargada por un tal Jose ares como obra propia, pero deberíamos asegurarnos dalgunha forma porque se ten dereitos de autor haberá que borrala. Se sabes algo máis da súa orixe viríame ben coñecer todos os detalles para saber se podemos deixala ou non. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xullo de 2015 ás 08:39 (UTC)[responder]
Mira, teño bastantes dúbidas de que a imaxe da ficha sexa correcta, están a revisala en Commons, cando estea aclarado o asunto proporei o artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de xullo de 2015 ás 23:49 (UTC)[responder]

Música sacra

[editar a fonte]

Boas Piquito! Non entendo moito de música, e por iso pregúntoche: tería sentido crear unha categoría de compositores de música sacra? Entendo que a música sacra é clásica e (se non me equivoco) cristiá, polo que iría pendurada de "Compositores de música clásica" e "Personalidades do cristianismo". Tería sentido? Qué pensas? --Norrin (Fálame) 14 de xullo de 2015 ás 10:01 (UTC)[responder]

  • Entendo... a miña pregunta ía relacionada con que Bach estea na categoría de "personalidades do protestantismo". Se é como dis, que todos facían música sacra, evidentemente non tería sentido. Mais tampouco entendo entón o caso de Bach. Saúdos! --Norrin (Fálame) 15 de xullo de 2015 ás 07:04 (UTC)[responder]

Proposta de cambio do logotipo para o Día de Galicia

[editar a fonte]

Na taberna hai unha proposta para cambiar o logotipo da Galipedia no Día de Galicia. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 20 de xullo de 2015 ás 11:05 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

RE:Peche de votación

[editar a fonte]

Veño deixando 4-5 días de marxe ás votacións en xeral, algunhas veces unha semana se vou con retraso, e normalmente pecho todo xunto o que xa cumpliu a data (imaxes, destacados, calidade). Consideroo marxe suficiente, pero sempre se pode dar algo máis, non hai problema por iso. No caso dos destacados non temos moito apuro, ata outubro temos marxe, así que aproveitei que estaba a pechar "en lotes". Sempre se poden volver a propoñer máis adiante :) Banjo tell me 28 de xullo de 2015 ás 10:35 (UTC)[responder]

Tradución verso

[editar a fonte]

Gustariame saber o contexto para traducir o verso. O que eu entendo é:

  • To you from failing hands we throw the torch. Be yours to hold it high. = A ti, desde (con) [as nosas] mans febles (debilitadas, cansas, fracasadas), lanzámosche (pasámosche?) o facho. [Que] sexa teu para que o manteñas en alto.
  • Primeira cuestión, you pode ser ti ou vós, entón segundo o contexto (que descoñezo) pode estar pasándolle o facho a unha persoa (ti) ou a varias (nese caso habería que poñer vós en vez de ti).
  • Aparentemente parece que está pasándolle un facho ou "antorcha" a outros, supoño que non será un facho físico real, senón simbólico como o facho da liberdade ou dalgunha misión ou o que sexa (habería que saber o contexto).--Miguelferig (conversa) 11 de agosto de 2015 ás 23:00 (UTC)[responder]
Xa atopei o contexto. É un poema bélico da 1ª Guerra Mundial, que chegou a ser famoso. Esta escrito desde o punto de vista dos caídos na fronte de Flandres. Son os mortos os que falan ("We are dead. Short days ago we lived... son versos anteriores). Os caídos pasan o facho da loita aos soldados vivos para que sigan loitando. Entón pode ser algo como: "A vós, desde as nosas mans fracasadas (tolleitas), lanzámosvos o facho. Que sexa voso para que o manteñades en alto." De todos modos, para traducir poesías sempre hai que tomarse moitas liberdades para que quede ben e con estilo literario. A miña versión é esa. Outra cousa, creo que ese equipo de hockei se fundou pola época da primeira Guerra Mundial, polo qe daquela o poema estaba moi de actualidade.--Miguelferig (conversa) 11 de agosto de 2015 ás 23:24 (UTC)[responder]
Outra posibilidade é traducir a segunda parte como: "Cómpre a vós mantelo en alto". (é cousa vosa mantelo en alto).--Miguelferig (conversa) 11 de agosto de 2015 ás 23:47 (UTC)[responder]

O Bot non discrimina

[editar a fonte]

É o que teñen as máquinas... Normalmente o rango de artigos cos que traballo có bot é mais acotado, pero nese caso dinlle unha pasada xeral aos modelos de citas, os artigos que toque sempre dependen das condicións introducidas, pero non ten opción de excluír os que inclúen o {{en uso}} (que eu coñeza). O conflito de edicións permite recuperar o texto propio no cadro do final da páxina, abaixo de todo, para volver a pegalo no cadro de edición e recuperar os cambios introducidos, pero sempre resulta algo fastío cando ocorre. Desculpas pola molestia. Banjo tell me 12 de agosto de 2015 ás 16:29 (UTC)[responder]

Ola, Piquito! Pois o evento foi espectacular, e as vistas mellor do esperado malia estar case atrás de todo. Fiquei gratamente sorprendido. Quedei con mágoa de non estar máis adiante para mirar mellor a orquestra.

Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de agosto de 2015 ás 00:57 (UTC)[responder]

Boas, podo fuchicar un momento no artigo India que tes pillado? É que teño que amañar unhas referencias, é un dos últimos artigos con problemas deste tipo e se o amaño xa remataba esa tarefa. Cando poidas sóltamo un momento e xa o amaño. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de agosto de 2015 ás 11:50 (UTC)[responder]

Pois non te preocupes, cando o deixes, se te lembras, dame un aviso e logo xa o reviso eu. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de agosto de 2015 ás 22:17 (UTC)[responder]
Amañei o da bibliografía, había un código noinclude de máis. Por min deixa o artigo libre, cando me poña de novo co choio que estaba xa o collerei. A verdade é que é un artigo impresionante, mete medo! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2015 ás 09:41 (UTC)[responder]

RE:Modelo Concello

[editar a fonte]

Indiqueiche en dous sitios distintos o procedemento que se debía seguir e o incorrecto do que estabas a facer. Insistiches na túa argumentación, ignorando as indicacións de cómpo proceder e tomandoo coma unha obxección ao teu propósito, re-argumentando sobre o que queres facer. Aseméllase bastante a xogar co sistema si, aínda que teñas toda a boa intención do mundo, polo que che volvín a indicar cal sería o procedemento correcto, engadindo o meu parecer particular sobre o que estabas a facer. Se crees que é impropio dun administrador, tes as instruccións aquí mesmo se o ves conveniennte. Banjo tell me 7 de setembro de 2015 ás 00:49 (UTC)[responder]

RE:Sería posible?

[editar a fonte]
Logo de 1909-1910.

Non te preocupes non me molestou a túa mensaxe, o que pasa é que dáme mágoa que dous bos colaboradores cheguen a esa situación... Sobre o logo, parece que non se pode facer, na wiki en inglés téñeno polo Fair use e non se pode poñer en Commons. O que atopei foi o logo antigo de 1009-1910 que supoño que xa coñecías. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de setembro de 2015 ás 00:10 (UTC)[responder]

Hoxe estiven pensando neste tema e penso que podes ter razón, realmente o seu logo só é un C e un H, e en teoría si podería estar en Commons. O que me vota para atrás é que o ficheiro que teñen en en.wiki xa é un ficheiro .svg, é dicir, foi feito por un usuario da wiki pero non o meteron no repositorio e por riba puxéronlle varios modelos dicindo que non se pode pasar. O que vou facer é preguntar no café de Commons e a ver se alguén nos di se hai algún problema ou non. Xa che conto, saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de setembro de 2015 ás 07:15 (UTC)[responder]
Non se pode facer unha copia do logo que teña unha pequena diferenza porque iso é unha obra derivada que non estaría permitida xa que o orixinal ten dereitos de autor.
Sobre a política de imaxes eu téñoo moi claro, non podemos permitir o fair use porque entón a Galipedia xa non sería a "a enciclopedia libre", sería "a enciclopedia algo libre" e iso non é o que se pretende no proxecto. De feito esas enciclopedias van en contra das recomendacións da Fundación Wikimedia e da filosofía xeral do proxecto e é de esperar que nalgún tempo abandonen ese uso.
Xa preguntei o tema en Commons pero aínda non hai unha resposta clara. E precisamente en Commons está a comentarse o tema dalgúns escudos de equipos de fútbol galegos e aínda non sei como acabará a cousa, podes ver o tema aquí.
Por outra banda eu penso que os logos dos equipos non son tan necesarios, na caixa de información tanto ou máis interesante pode ser unha boa imaxe dos xogadores, ou do estadio do equipo, coma o logo.
Pero claro que concordo contigo en que os logos son importantes, o que pasa é que penso que neses casos é máis importante a liberdade da Galipedia :), e que se non se poden usar certas imaxes pois para min non pasa nada, búscanse outras que queden ben e listo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de setembro de 2015 ás 19:47 (UTC)[responder]
Xa está amañado o modelo, só faltaba un til no campo que controla se mostrar o dato ou non. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de setembro de 2015 ás 00:20 (UTC)[responder]
Un pequeno agasallo :), veremos se dura. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de setembro de 2015 ás 15:14 (UTC)[responder]

Boas, gustaríame mandarche un correo electrónico pero non tes activa esa opción na túa conta, se che parece ben mándame un correo á miña dirección dende a ligazón "Enviar un correo a este usuario" da miña conta e así poderei responderche co que che quero dicir. Se non queres recibir correos non te sintas obrigado por nada, comprendereino perfectamente. Unha aperta, Elisardojm (conversa) 13 de setembro de 2015 ás 22:58 (UTC)[responder]

Para mandarme un correo tes que ir á miña páxina de usuario e premer na ligazón "Enviar un correo a este usuario", está na sección de ferramentas na parte esqueda da páxina. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de setembro de 2015 ás 11:53 (UTC)[responder]
Paréceme raro que non che apareza, a sección de ferramentas sáelle a todo o mundo, é a caixa que está á dereita no que están as ligazóns de "Contribucións do usuario", "Subir un ficheiro", "Páxinas especiais"..., deberías tela. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de setembro de 2015 ás 12:37 (UTC)[responder]
E estás abrindo a miña páxina de usuario? Tes que estar na páxina do usuario ó que lle queres mandar o correo, e se el ten activado o de recibir correo, aparéceche a ligazón, no resto de páxinas non sae. Proba a mirar consultando a miña páxina de usuario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de setembro de 2015 ás 15:10 (UTC)[responder]

Xa está enviada a mensaxe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de setembro de 2015 ás 18:48 (UTC)[responder]

Proposta para o 2017

[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para desenvolver un grupo de artigos relevantes e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 17 de setembro de 2015 ás 17:16 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

RE:Sobre a proposta para 2017

[editar a fonte]

Vale, vounos anotar na miña lista de tarefas pendentes. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2015 ás 23:11 (UTC)[responder]

Que si, pero pouco a pouco :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2015 ás 23:29 (UTC)[responder]

RE:Taberna

[editar a fonte]

Perdoa que onte non respondera ó teu comentario pero estiven liado co tema do artido en El Progreso, cando entrei de novo xa me dixeras que se resolvera.

Neste caso, polo momento, non concordamos :), porque eu penso que as ligazóns dos AP e VT son ligazóns "especiais", estamos a dicir ó lector "consulte este artigo para ter máis información sobre este tema!", pero realmente non pode consultar nada... As ligazóns en vermello no medio do artigo son diferentes porque non teñen a mesma entidade, aínda que poidan ser artigos de calidade, pero non teñen esa aparencia rechamante para o lector. Eu penso que ese punto de vista mellora a impesión que levan os lectores do artigo e facilita a súa lectura evitando distraccións que non son necesarias.

Xa comentei na taberna que se algún usuario quere ampliar esa sección, a pouco que busque nos interwikis, non lle será nada complicado atopar eses artigos AP e VT polo que penso que por esa banda tampouco se perde nada. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 07:53 (UTC)[responder]

Invitación á entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional

[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha invitación para asistir á cerimonia da entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional concedido á Wikipedia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 11:24 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Boas Piquito. Xa ves que non teño moita constancia na miña participación neste proxecto wikipédico, pero de cando en vez atopo algo de motivación para volver. Como ben sabes, andamos a voltas co mundial de rugby e co inicio da liga, así que coido que irei achegando algúns artigos novos nas vindeiras semanas, malia que non estou nada posto nalgúns trocos, por exemplo no xeito actual de engadir as ligazóns interligüisticas, e ademáis vexo que hai un novo usuario moi activo na edición de artigos de rugby. En fin, unha aperta compañeiro. Lémonos! - JonnyJonny (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 23:06 (UTC)[responder]

Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para outubro, novembro e decembro

[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! MediaWiki message delivery (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 10:41 (UTC)[responder]

RE:Borrado

[editar a fonte]

Como todas, poñendo o Modelo:Lixo, como ti es o autor e non é un artigo non hai máis requisito, pero se queres bórrocha eu xa se me dis cal é. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 20:53 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 22:01 (UTC)[responder]

Anuncio da segunda malla de artigos da Galipedia

[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova proposta para organizar a Segunda malla de artigos da Galipecia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de outubro de 2015 ás 04:09 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

RE:Vézina

[editar a fonte]

Boas, se non che córre présa míroo o luns porque hoxe vou estar un pouco ocupado e esta finde non vou estar en casa e non sei se terei conexión. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de outubro de 2015 ás 08:12 (UTC)[responder]

Listo, aínda que na revisión da cita hai partes que teño dúbidas de que estean ben, pero son termos que non coñezo e non sei como poñelos mellor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de outubro de 2015 ás 11:39 (UTC)[responder]

Boas! Estou a traballar nunha proposta de política para os títulos dos artigos sobre organizacións (nomeadamente partidos políticos e sindicatos, organizacións internacionais, centros educativos e equipos deportivos). Agradeceríache que lle botaras unha ollada e que fixeras os comentarios e achegas que consideraras na conversa. Se adoitas traballar en artigos sobre equipos deportivos a túa axuda sería de especial interese, pois está moi verde o tema. Tamén convén un pulo especial á proposta de partidos. Grazas! --Norrin (Fálame) 16 de outubro de 2015 ás 20:16

Segunda malla de artigos da Galipedia

[editar a fonte]

Boas Piquito, veño a avisarche de que a semana que ven imos facer a segunda malla de artigos, coméntocho pola túa participación na primeira. Igual que na anterior edición precisamos todas as mans posibles! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de outubro de 2015 ás 00:05 (UTC)[responder]

RE:Dia da ciencia

[editar a fonte]

A proposta paréceme interesante, pero tamén me parece complicada de levar adiante porque non é doado facer que varias persoas traballen ó mesmo tempo nun mesmo artigo. Hai que ter en conta que o máis normal é que a xente que vai ó evento non se coñeza e tamén que cada un teña os seus propios intereses. Se che parece ben eu coméntoo na páxina da conversa e a ver o que din os da organización. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de outubro de 2015 ás 00:38 (UTC)[responder]

Segunda malla de artigos da Galipedia

[editar a fonte]

Esta semana, do 19 ó 25 de outubro, ambos inclusive, organízase a Segunda malla de artigos da Galipedia. A idea é que durante esta semana todos traballemos nos artigos con problemas que están na categoría Atención, para amañalos e que non enchan a Galipedia. Nesa categoría hai agora 355 artigos, se cada usuario activo amaña catro artigos remataremos o choio antes de rematar a semana! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 19 de outubro de 2015 ás 00:31 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Edward Elgar

[editar a fonte]

Boas Piquito! Xa que saíu escollido o artigo de Edward Elgar como artigo de calidade, animaríaste a facer un artigo sobre as BBC Proms. Non sei se as coñeces, pero no concerto da última noite Last Night of the Proms interprétanse bastantes pezas deste compositor. Que dis? Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 22 de outubro de 2015 ás 14:00 (UTC)[responder]

Estupendo, moitas grazas. Ti toma o tempo que queiras para facelo, o importante é que teñamos bos artigos. Unha aperta. --AMPERIO (conversa) 23 de outubro de 2015 ás 09:03 (UTC)[responder]

RE:Israel

[editar a fonte]

Si claro, se o que hai non se pode aproveitar ou é moi complicado amañalo, o mellor é comezar de novo achegando o contido. En todo caso, indicando no resumo de edición o que fas xa quedará claro para os que veñan despois. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de outubro de 2015 ás 20:56 (UTC)[responder]

Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego

[editar a fonte]

Na taberna hai unha información sobre o Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego que pode ser do seu interese. Tamén hai unha votación para engadir un aviso na cabeceira dos artigos sobre este evento e para a que se solicita a participación da comunidade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 27 de outubro de 2015 ás 09:54 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

RE: Artigos bos

[editar a fonte]

A idea non foi miña, a idea foi de JaviP96 e xa foi aprobada, aínda que eu xa tiña en mente traela só que el se me adiantou a presentala :) O que pasa é que quedou sen facer, agora temos que puíla e poñela a andar entre todos. Cando lle teña dado un repaso anunciarei na taberna que hai que revisala e logo, despois de que a xente a teña revisado, se non hai moitos problemas organizarei as votacións asociadas.

Sobre o que me comentas, non o teño moi claro, para min que se complica o sistema de escolla, non me gusta moito que se mesture unha cousa coa outra, pero podes propolo ti se cres que podería ser unha mellora interesante e comentámolo na taberna. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de outubro de 2015 ás 11:39 (UTC)[responder]

Sabes no que te trabucas?, en que eu teña mais peso (na Galipedia, claro ;) que outros, como di Agremon eu tan so son "un mais, un menos, pero un", ou algo así :).
Se cres que pode mellorar o sistema penso que deberías propolo e así vemos o que lle parece a xente,así e como se mellora este tinglado :). Saudos,--Elisardojm (conversa) 28 de outubro de 2015 ás 19:16 (UTC)[responder]

Proceso de escolla de artigos bos

[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para comezar a revisar o proceso de selección de artigos bos na Galipedia, e que pode ser do seu interese. Nesta fase debateranse os detalles necesarios para permitir a escolla deste tipo de artigos que mellorarán a calidade e visibilidade do proxecto. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de outubro de 2015 ás 11:24 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

RE:Wikimaratón

[editar a fonte]

Grazas pola parte que me toca, todos estamos traballando arreo, de feito onte ó final eu non puiden asistir ó wikimaratón pero estiveron alí Banjo e Estevoaei, grazas a eles todo saíu perfecto. Aínda hai que traballar moito para que estas actividades teñan máis participación, pero esperemos que pouco a pouco vaiamos mellorando nisto tamén. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de novembro de 2015 ás 10:19 (UTC)[responder]

Imaxe de Angela Gheorghiu

[editar a fonte]

Piquito, eu non vexo problema co tema da imaxe..., o que fixo Banjo é o procedemento que se usa en Commons para que se revise se a licenza dunha imaxe é correcta. Máis ou menos avisou, dixo que "con toda probabilidade terán que borrala"..., pero para que pasara iso alguén tiña que avisar alí de que se revisara, como che digo nominándoa para borrado, non hai outra forma. E polo que me parece está no certo e a imaxe será borrada, a non ser que alguén con máis coñecementos, ou o que a subíu a Commons, achege máis información sobre os dereitos de autor. Iso si, agora que está nese proceso un administrador do sitio terá que revisala e comprobar se o seu estado é correcto ou non.

Hai que ter en conta que os artigos non poden ter imaxes con dereitos de autor, e menos un artigo de calidade, e que non todas as imaxes que hai en Commons están revisadas ó cento por cento, non importa o tempo que leven alí, se non foron revisadas de forma axeitada sempre hai que andar con tino con elas... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de novembro de 2015 ás 09:20 (UTC)[responder]

Proposta para organizar a páxina dos artigos de calidade

[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para organizar a páxina dos artigos de calidade na Galipedia, e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 11 de novembro de 2015 ás 10:38 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

RE:Aviso global

[editar a fonte]

Feito! Feito!, cando teña un momento bótolle un ollo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de novembro de 2015 ás 10:39 (UTC)[responder]

Montreal Canadiens

[editar a fonte]

Unha pregunta Piquito sobre este artigo: Que significa "Cando fracasaron en ceder nas súas exixencias, o presidente da NHL Frank Calder suspendeu o equipo enteiro"? Eu entendo que os xogadores non conseguiron o que pedían, pero, non se pode redactar de xeito máis claro? --Miguelferig (conversa) 12 de novembro de 2015 ás 21:26 (UTC)[responder]

Tampouco entendo esta frase: "Neste punto, o alivio chegou dun inesperado propietario dos Maple Leafs". Cal era o propietario? Ou era un adestrador?--Miguelferig (conversa) 13 de novembro de 2015 ás 09:16 (UTC)[responder]

Máis frases: "Os Habs finalizaron a tempada 2011–12 na última posición da súa conferencia en máis de 80 anos". Parece que quere dicir desde había 80 anos, nos últimos 80 anos ou algo así, pero non sei. Noutra orde de cousas, fixen algúns cambios de redacción na páxina. Eu creo que quedan mellor así, pero iso é simplemente a miña opinión. Ti revisaos e se cres que estaban mellor antes volve a cambialos. O que ocorre é que eu non entendo algunhas frases ou parécenme equívocas ou redactadas de forma pouco clara porque tampouco entendo de hockey; se entendese máis igual as entendía, pero ten en conta que en Galicia case ninguén entende moito deste deporte.--Miguelferig (conversa) 13 de novembro de 2015 ás 19:59 (UTC)[responder]

Coa expresión "magnífica actuación" simplemente tratei de redactalo da forma normal en que se fala deses temas. Penso que se se di no artigo que fixo decenas de paradas, pois o normal é dicir que tivo unha magnífica actuación. É un feito obxectivado polo número de paradas. Distinto sería, por exemplo, na páxina na que estou a traballar agora de Stephen Jay Gould, que eu dixese que ese autor ten un magnífico pensamento ou magníficas teorías, cando foi criticado por moitos especialistas e a súa obra foi polémica. Precisamente esa páxina tiña antes da reforma bastante falta de neutralidade. En canto ao do propietario dos Maple, eu cando lin a frase non me quedou claro se se refería ao adestrador ou a quen. Podía poñerse algo así como. "O alivio da situación chegou de forma inesperada da man do propietario do equipo rival Maple Leaf" (ou algo polo estilo). Na frase dos 80 anos eu poñería que acabaron "na última posición da súa conferencia por primeira vez desde había 80 anos".--Miguelferig (conversa) 13 de novembro de 2015 ás 22:12 (UTC)[responder]

conversa

[editar a fonte]

Ola, Piquito! No canto de deixar unha mensaxe en Conversa usuario:Gato Preto deixáchela en Conversa usuario:Gato PretoGato Preto; procedo a eliminar esta última, ok? Saúde!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de novembro de 2015 ás 19:30 (UTC)[responder]

Referencias

[editar a fonte]

Boas! Moitas grazas pola web, non a coñecía e está moi ben! Colocarei as referencias, o que pasa é que normalmente as coloco unha vez acabo o texto. Grazas e un saúdo!--Adorian (conversa) 21 de novembro de 2015 ás 20:23 (UTC)[responder]

RE:Traer modelo

[editar a fonte]

Non me esquezo, é que estes días teño bastantes cousas pendentes urxentes, en canto poida xa o miro. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de novembro de 2015 ás 14:07 (UTC)[responder]

RE:Casa do Consulado‎

[editar a fonte]

Home, non sei..., é que ten que estar nesa categoría mentras non teña foto... Non hai présa por quitala da categoría, cando lle poñas a foto xa cambiamos iso tamén. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de novembro de 2015 ás 14:13 (UTC)[responder]

Mensaxes masivas

[editar a fonte]

Ola, Piquito! Coméntalle mellor a Elisardo ou a Banjo o asunto da mensaxe masiva, que eu non estou ao tanto de como se xestiona. De feito nas preferencias teño desactivada a opción de as recibir. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de novembro de 2015 ás 10:32 (UTC)[responder]

Votacións de propostas de políticas - Actualización a decembro de 2015

[editar a fonte]

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as votacións de políticas en curso e as próximas votacións programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me1 de decembro de 2015 ás 09:14 (UTC)[responder]

Artigos de calidade

[editar a fonte]

Recibín a túa mensaxe sobre os artigos de calidade científicos. Un dos que lin ultimamente que me gustou foi o artigo fauna de Ediacara, que non é da miña autoría. Ten estrela nos artigos inglés, castelán e catalán, dos que é tradución (directa ou indirectamente), polo que xa foi avaliado positivamente en varias wikipedias. Ten 95 referencias, gran extensión e é bastante completo. Sería o primeiro artigo de xeoloxía (pero tamén de bioloxía ou polo menos de historia da vida, xa que trata de fósiles), e tamén un artigo vistoso de cara ao gran público. Ten un aviso de que necesita unha corrección lingüística, pero iso non sería un gran problema, pero ten moitas ligazóns en vermello (aínda que xa sabes o que opino eu sobre iso). Ademais, non ten referencias en todos e cada un dos parágrafos (que ultimamente parece que se esixe mesmo para xeneralidades, quero dicir, na galipedia), o cal pode ser un problema no cal eu non podo axudar moito. Ten un par de "Cómpre referencia", pero eses parágrafos están referenciados no orixinal inglés. Tampouco é un artigo dentro dos 1000 artigos imprescindibles.

En canto ao que me dicías dos artigos de evolución e quimioterapia, pois eu creo que polo momento os deixaría estar. O de quimioterapia é moi amplo pero non ten estrela no artigo orixinal inglés, e nos artigos de medicina e saúde son moi estritos na wikipedia inglesa, xa que teñen que estar moi referenciados, ter referencias non primarias, mellor de reviews, ten que estar todo moi contrastado, e mesmo pode ser un tema delicado en certos aspectos; por exemplo, se un doente consulta unha páxina non pode atopar as cousas ditas de calquera forma, e mesmo se pode ver desanimado pola eficacia do tratamento (pero é o único tratamento que hai ás veces). Eu normalmente fago moi poucos temas de medicina, xa que non son médico, senón biólogo, precisamente por iso. O de evolución si ten estrela no wiki inglés, pero alí teñen a maioría das ligazóns en azul e todos os artigos principais feitos, cousa que na nosa está moi lonxe de ser así e tardará moito en selo, porque temos poucas páxinas de xenética, xenética de poboacións e de evolución (e doutras cousas colaterais que azulearían moito a páxina), e eu, que tiven a iniciativa de traducila, estou a traballar pouco niso.--Miguelferig (conversa) 2 de decembro de 2015 ás 18:19 (UTC)[responder]

Goberno Provisional Ruso

[editar a fonte]

Boas Piquito! En primeiro lugar desculparme por ter o proxecto un pouco abandonado, pero estou cheo de traballo na universidade. Quería agradecerche que adicaras tempo a facer correccións no artigo Goberno Provisional Ruso e que consideres que é digno de ser artigo de calidade. Polo de agora só falta un voto, así que todo parece apuntar a que así será... aínda que nunca se sabe. Paréceme moi boa idea o que comentas dos "temas de calidade". Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 11 de decembro de 2015 ás 10:37 (UTC)[responder]

Wikirreto 2016

[editar a fonte]

Ola Piquito.

Si, xa tiña pensado un Wikirreto 2016. Corrixir a ortografía destes artigos, de xeito que a categoría quede baleira.

Agora que estamos a mediados de mes é un bo momento para decidir que facer.

Ocúpaste ti de poñer as dúas opcións na taberna e escollemos en comunidade unha das dúas (ou outra, se houbera máis propostas)?

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 12 de decembro de 2015 ás 09:28 (UTC)[responder]

RE:Pregunta

[editar a fonte]

Iso modifícase na páxina do MediaWiki:Sitenotice pero hai que ter permisos de administrador para modificala. Para que se poña esa mensaxe pódese deixar un aviso na taberna dos administradores e o que o vexa xa o pode facer (está indicado na páxina de propostas no paso II, aínda que non resalta moito, ó mellor habería que cambialo algo para que se vise mellor?). Eu tentei o outro día cambialo pero non sei que pasou que non aparecía o aviso, así que desfixen o cambio para revisalo noutro momento. Agora acabo de poñelo de novo e funcionou sen problemas, non sei o que pasou o outro día. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de decembro de 2015 ás 09:03 (UTC)[responder]

O do Culturgal aínda teño que maduralo un pouco, presentalo e ver o que di a xente, a ver se nas vacas o levo adiante. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de decembro de 2015 ás 11:18 (UTC)[responder]

xudaría

[editar a fonte]

Ola, Piquito! Tanto xudaría como xudería son termos válidos; polo xeral a RAG recomenda a terminación -aría. Tomo nota para investigar sobre a presenza dunha comunidade xudía en Pontevedra, hei mirar o que atopo. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de decembro de 2015 ás 02:01 (UTC)[responder]

Der Fliegende Holländer

[editar a fonte]

Ola, Piquito! Na programación desta tempada mirei que en xuño representan na Coruña Der Fliegende Holländer; anímaste a ampliar o artigo? Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de decembro de 2015 ás 16:42 (UTC)[responder]

RE:Schachnovelle

[editar a fonte]

Feito! Feito! Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2015 ás 01:25 (UTC)[responder]

Desculpa pero o do 2017 non o acabo de entender. Seica perdinme algo polo camiño. Se mo puideras explicar agradeceríacho. Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 31 de decembro de 2015 ás 19:22 (UTC)[responder]

Ah vale! Grazas! Por certo, só por saber, tes algo que ver con Piquita?--AMPERIO (conversa) 1 de xaneiro de 2016 ás 17:41 (UTC)[responder]

Re:Modelo

[editar a fonte]

Interesante modelo o que propós, verei que podo facer. Sobre o de propoñer o artigo para calidade, eu agardaría a facer, polo menos os artigos principais que aparecen en vermello, despois si pareceríame ben que os propuxeses. Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 2 de xaneiro de 2016 ás 11:33 (UTC)[responder]

Parece que xa temos ese modelo que me comentas, adiantóuseme Elisardojm uns días! Supoño que o deixaría funcionando. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 2 de xaneiro de 2016 ás 11:39 (UTC)[responder]
Custou! Pero parece que xa funciona ben! Aínda que nas instrucións do modelo apareza o seguinte texto En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen ó Comité de Dereitos Humanos (HRC), Status-HRC-país firmou ou ratificou: no artigo do país substitúese automaticamente Status-HRC-país polo nome do país en cuestión. Por exemplo:

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Piquito/Arquivo 4 firmou ou ratificou:

Israel Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[1]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT[2] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP[3] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP[4] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP[5]
Pertenza Firmado e ratificado Sen información Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Sen información Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Sen información Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado pero non ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado pero non ratificado Nin firmado nin ratificado
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.

Como podes ver dí: Piquito firmou ou ratificou:, porque leva o parámetro {{PAGENAME}}, pero como xa dixen, no artigo debería aparecer o nome do país. --AMPERIO (conversa) 2 de xaneiro de 2016 ás 12:38 (UTC)[responder]

Referencias

  1. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013. 
  2. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  3. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014. 
  4. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  5. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014. 
Si, fixera o modelo pero aínda non o probara, parece que funciona, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de xaneiro de 2016 ás 01:39 (UTC)[responder]
Non pasa nada, o que importa é que se faga. Que aínda teño pendente facer o outro modelo! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de xaneiro de 2016 ás 23:06 (UTC)[responder]

Re:Votacións para artigo de calidade

[editar a fonte]

Moitas grazas pola axudaǃǃ Un saúdo.--Victortpr (conversa) 5 de xaneiro de 2016 ás 17:12 (UTC)[responder]


Re:Escultura románica

[editar a fonte]

Boasǃ

  • A primeira oración é unha enumeración dos obxectivos que tivo a escultura románicaː explicar como é o reino de Deus na terra e a función que posúe o propio templo.
  • A segunda oración a corrixín porque estaba mal escrita.

Saúdos e graciñas.--Victortpr (conversa) 6 de xaneiro de 2016 ás 11:28 (UTC)[responder]

Cristóbal Halffter

[editar a fonte]

Boas Piquito! Por causas do destino cheguei ao artigo Cristóbal Halffter que estas editando e boteille unha ollada. Quería comentarte un erro que cometiches na caixa de información que supoño sería por un despiste. Como supoño sabes, a República proclamouse en España o 14 de abril de 1931, mentres que no artigo di que Cristóbal Halffter naceu o 24 de marzo de 1930, case un ano antes e aínda con Afonso XIII no trono. Hai polo tanto un erro co modelo {{ESP-1931}} Segunda República Española España, que debería ser {{ESN}} España España para ser correctos. Non quixen cambialo eu porque tes o marcador de uso. Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 6 de xaneiro de 2016 ás 17:42 (UTC)[responder]

RE:Permiso

[editar a fonte]

Por unha banda todos os que opinaron estiveron de acordo, pero por outra é unha páxina importante polo que penso que o máis axeitado sería facer unha pequena votación para que a cousa fose un pouco máis oficial. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de xaneiro de 2016 ás 11:08 (UTC)[responder]

Ben, ó mellor tes razón, coméntao no taboleiro dos administradores para que digan o que lles parece que se debe facer, así tiras dous paxaros dun tiro, avisas ós administradores e tes resposta á consulta :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de xaneiro de 2016 ás 13:08 (UTC)[responder]

Votacións de propostas de políticas - xaneiro 2016

[editar a fonte]

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as próximas votacións de políticas programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me 11 de xaneiro de 2016 ás 08:01 (UTC)[responder]

Boas! A verdade é que non teño moi claro como vai o dos portais, mais estiven botándolles un ollo e parece unha boa idea crear un sobre A Coruña, que é verdade que ten artigos abondo, e de certa lonxitude. Poderíase incluír por exemplo unha sección de personaxes, por exemplo.
En canto aos artigos que penso que habería que mellorar, ocórrenseme Batalla de Elviña (que precisa arranxos), Cidade Vella da Coruña (que parece curto de máis) ou Porto da Coruña (estou pensando que podería incluír algo de historia). Pola miña parte, teño como proxecto persoal facer fotos para ilustrar os artigos que aínda non teñen imaxe, especialmente os lugares. A ver se sigo cando mellore o tempo. Un saúdo.--Jglamela (conversa) 13 de xaneiro de 2016 ás 18:40 (UTC) Boas! Tes razón co das cores... quizais se se pode pór o escudo un pouco máis pequeno quedase mellor. Estiven mirando outra vez os outros portais para ver as seccións. Quizais estaría ben crear un Sabías que? como o que hai en "II Guerra Mundial" ou "Rusia" (non teño problema en darlle unha volta e pensar uns cantos items). Tamén poderían incluírse os modelos lugaresdeinterese e onomástica do rueiro, que están relacionados cos artigos sobre "Monumentos" e "Personalidades" e creo que poden resultar de interese para quen entre no portal. Un saúdo.--Jglamela (conversa) 25 de febreiro de 2016 ás 18:22 (UTC)[responder]

Fauna de Ediacara

[editar a fonte]

Revisa os parámetros das datas no marcador de peche da votación e ponlle o marcador na páxina de conversa, por favor. Banjo tell me 17 de xaneiro de 2016 ás 23:14 (UTC)[responder]

Schachnovelle

[editar a fonte]

Ola, Piquito! Non lin a Schachnovelle de Stefan Zweig, pero anótoa. Quizais a leu Usuario:Atobar e se anime a facer o artigo. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de xaneiro de 2016 ás 17:03 (UTC)[responder]

queda o fundamental. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19 de xaneiro de 2016 ás 17:21 (UTC)[responder]

Clasificación Fauna de Ediacara

[editar a fonte]

Non hai un apartado axeitado para incluílo. É un artigo de paleontoloxía, que normalmente se considera unha disciplina da xeoloxía. Tamén trata dos primeiros seres vivos de certa complexidade coñecidos (hai fósiles bacterianos aínda máis antigos), polo que ten que ver tamén coa evolución e coa bioloxía; pero eu incluiríao mellor en xeoloxía/paleontoloxía (sección sen crear). Aínda que o artigo se chame "fauna" non é necesariamente de zooloxía, porque eses seres vivos non se sabe moi ben o que son (tal como se discute no artigo). Algúns parece que son efectivamente animais, pero outros poderían ser protistas, e houbo varias teorías. Eu creo que un artigo de calidade sobre un dinosauro tamén debería considerarse de paleontoloxía, polo que o da fauna (ou biota) de Ediacara tamén. Por certo, que sería unha boa idea un artigo de calidade sobre algún dinosauro, pero non revisei moito os que hai, que en xeral son bastante curtos.--Miguelferig (conversa) 20 de xaneiro de 2016 ás 16:39 (UTC)[responder]

RE:Coral Polifónica Follas Novas

[editar a fonte]

Tal e como está non se pode porque a licenza que indican é CC-BY-NC-ND, o que quere dicir "Creative Commons indicar a atribución Uso Non Comercial Sen obras derivadas", polo que hai dúas razóns para que non sexa compatible coa licenza das Wikipedias, que non permite o uso comercial e que non permite as obras derivadas. Unha mágoa, realmente non sei para que lle poñen esa licenza se non deixan facer nada coa información, esa licenza é Creative Commons pero é case coma se tivera copyright. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de xaneiro de 2016 ás 22:01 (UTC)[responder]

Si, *reparto é un castelanismo, cambieino agora por intérpretes, grazas por avisar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de xaneiro de 2016 ás 22:37 (UTC)[responder]

Coral Polifónica de Pontevedra

[editar a fonte]

Ola Piquito.

Anímaste a darlle a: Coral Polifónica de Pontevedra?

Graciñas. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 26 de xaneiro de 2016 ás 12:56 (UTC)[responder]

Non hai présa ningunha. --. HombreDHojalata.conversa 26 de xaneiro de 2016 ás 21:12 (UTC)[responder]

Xudeus en Galicia

[editar a fonte]

Tomo nota do das fotos. O título, se non lembro mal as nosas políticas, ten que levar Galicia con "c", inda que no corpo podes empregar Galiza con "z". Agás iso, seguramente calquera dos que propós sería válido e os outros deberían crearse como redireccións.

O artigo orixinal de FdV que mencionas podes velo tamén: aquí, con foto incluída.

Por outra banda, teño entendido que a colonia xudía de Allariz foi importante[2] e de Allariz hai moitas fotos en Wikimedia Commons. --. HombreDHojalata.conversa 26 de xaneiro de 2016 ás 21:12 (UTC)[responder]

RE:Propostas

[editar a fonte]

Escultura románica leva dende 22 días proposto e ninguén lle detectou problemas, que nos 8 días é dificil que saian. Pode considerarse pechada case. Polo resto xa se deron casos de tres ou catro propostas concurrentes anteriormente e non houbo problemas, todo o mundo tivo oportunidade de revisalas e indicar a súa valoración nelas. Non lle vexo problemas a que teñamos agora mesmo unha aberta con 14 días restantes e dúas con 29 e 30 días restantes para a súa revisión. É tempo dabondo para todas elas. Banjo tell me 27 de xaneiro de 2016 ás 08:38 (UTC)[responder]

Boas Piquito! O quitei porque estaba duplicado (mesmo título, mesmo ISBN... mesmo libro). Saúdos! --Norrin (Fálame) 28 de xaneiro de 2016 ás 10:55 (UTC)[responder]

Kilimanjaro

[editar a fonte]

Ola. Uns detalles sobre a páxina do Kilimanjaro. No apartado Fauna e flora/Chairas atopei o problema dos nomes comúns de animais e plantas africanas, que non pertencen á fauna galega. Os animais e plantas exóticos rara vez teñen un nome ben referenciado en galego e hai que atreverse ou arriscarse a poñérllelos, o cal ás veces é difícil. Hai veces que podes botar man dun nome que é moi usado internacionalmente en moitos idiomas (dik-dik, gálago etc.) e podes tirar por aí; outras veces a especie é dun xénero que existe en Galicia (por exemplo Buteo), aínda que non sexa exactamente a especie que vive aquí, pero outras veces non é tan doado, especialmente se se quere poñer o apelido que especifica a especie, quero dicir, por exemplo, bulbul "naranxeiro" (bulbul aínda se usa en varios idiomas, pero o de laranxeiro non sei se será específico do español). Eu opto en casos complicados por poñer o nome científico só, e así o fixen en certos casos. Nas modificacións que fixen puxen ás veces nomes xerais dos animais sen indicar o epíteto da especie, por exemplo, puxen "gálagos como Otolemur monterii e Otolemur crassicaudatus". Ás veces pode tirarse un nome común a partir do nome científico traducindo do latín, pero como norma xeral non se poden traducir nomes comúns literalmente dun idioma a outro, quero dicir que un "ciervo volante" en español non equivale a un "cervo voante" en galego, porque nós aquí lle chamamos a ese animal vacaloura ou escornabois. Isto fai referencia só ao apartado de Chairas, e aínda non me metín cos apartados seguintes, nos que saen moitos nomes de especies (non me atrevín). Se cres que é mellor como o tiñas no apartado de Chairas, pois reverte a edición.

Outra cousa son as imaxes. Non están traducidas e un artigo de calidade debería telas todas traducidas. Xa traducín eu algunhas e intentarei ir traducindo máis pouco a pouco, pero hai algunha que me deu problemas, como o primeiro mapa de Tanzania que aparece na páxina (onde hai dous mapas xuntos), que ten un formato con capas e agrupacións de obxectos que me está a dar problemas que aínda non solucionei, e non sei se darei resolto.

A cousa vai ir lenta porque non teño moito tempo, o artigo é longo e estou enleado con outras páxinas.--Miguelferig (conversa) 28 de xaneiro de 2016 ás 18:41 (UTC)[responder]

Non te preocupes. Xa o irei facendo con tempo (pero vou tardar). Intentarei darlle unha solución aos nomes dos animais para que sexan aceptables e menos arriscados (e se non, usarei o nome científico). As imaxes xa as irei facendo. O artigo é interesante e estame a gustar, pero como é longo a cousa irá para largo.--Miguelferig (conversa) 30 de xaneiro de 2016 ás 00:20 (UTC)[responder]
Seguín traballando neste artigo que me dixeras do Kilimanjaro. Fixen unha revisión lingüística xeral (pero pode que se me escapara algo), comprobei co orixinal francés algunhas traducións que me pareceron raras (pero non comprobei todo nin moito menos, pero creo que o demais non parece sospeitoso), puxen os nomes das especies de animais e plantas dando prioridade aos nomes científicos, e os nomes comúns púxenos dun modo que me parece aceptable, e traducín todas as imaxes (creo que non falta ningunha). A imaxe que me deu máis traballo foi o mapa de Tanzania, xa que tiven que facer nel cousas pouco ortodoxas e probei varias veces ata que quedou aceptable (pero traducido está). Creo que non lle podo facer moito máis, pero haberá que revisar os detalles. Unha cousa importante que queda por cambiar é os textos orixinais das seguintes citas: a de Johannes Rebmann, de Church Missionary Intelligencer e a de Snows of Kilimanjaro de E. Hemingway, porque se o orixinal é en inglés, non ten sentido poñer o orixinal en francés. Hai que buscar o orixinal en inglés ou se non se pode haberá que borrar o orixinal e poñer só a cita traducida (xa que está referenciada e ao que queira ver o orixinal se lle pode remitir ao orixinal da referencia). Na miña opinión tamén borraría completamente toda a cita sobre o poema de Jean Ferrat, xa que non me parece tan importante (talvez para os franceses si), e porque coas outras citas xa chega.--Miguelferig (conversa) 2 de febreiro de 2016 ás 19:20 (UTC)[responder]

Piquito, ola. Atopei o orixinal do relato de Hemingway das Neves do Kilimanjaro. Engadino na páxina e quitei o texto francés. Na tradución creo que non hai que variar nada (os franceses traducírano de forma moi exacta, parece; cousa que de non ser así sempre é un risco cando se fan traducións de traducións). Puxen como referencia a páxina web onde o atopei, pero non sei se a referencia formalmente será moi boa. Parece que xa caducou o copyright deste relato curto de 1938.--Miguelferig (conversa) 1 de abril de 2016 ás 20:26 (UTC)[responder]

Votacións de propostas de políticas - febreiro 2016

[editar a fonte]

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as próximas votacións de políticas programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me 1 de febreiro de 2016 ás 08:34 (UTC)[responder]

Re:propostas

[editar a fonte]

Boas Piquito! Terei en conta eses artigos que me comentas para futuras propostas (hoxe emocioneime e propuxen tres de golpe, aínda que creo que paseime e a ver se saen todas...). Sobre o que me comentas do tsar Nicolao II, xe tiña ganas de meterlle man ao artigo, de feito (como haberás notado, o tema dos Romanov e o período revolucionario gústame bastante), hoxe metinlle man ao do seu fillo o tsarévich Alexei e xusto agora mesmo estaba co de Nicolao aberto. A dicir verdade é un artigo ao que lle teño respecto. Se por min fora borraríao e faría un novo que seguramente sería traducido do castelán con pequenos engadidos do inglés, para non ter que ir buscando as referencias que lle faltan. Botareille unha ollada ao portugués por se podo tirar algo de alí, mais nas traducións prefiro empregar o castelán xa que me resulta máis cómodo por razóns evidentes. Co tempo as cousas acaban saíndo e o mesmo un día destes lánzome e póñome con el. Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 1 de febreiro de 2016 ás 22:33 (UTC)[responder]

Mira, estou poñendo a bibliografía co modelo cita libro para que funcionen as ligazóns das referencias, pero atopei o libro "John, Nicholas (Editor da Serie) (1983a) English National Opera/The Royal Opera Guide Opera Guide 19, The Mastersingers of Nuremberg/Die Meistersinger von Nürnberg, Londres, John Calder" que non sei que fan eses dous tipos aí. O John, Nicholas é o editor da serie, pero o John Calder? ese que é? tamén editor? Autor non é porque nas referencias hai outros tipiños que parece que fixeron artigos ou capítulos deses libros. Ti sabes algo dese libro? Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de febreiro de 2016 ás 12:28 (UTC)[responder]

ModeloːÍndice

[editar a fonte]

Ola, Piquito; efectivamente, o Modelo:Índice está protexido como parte da portada, seguindo a política de protección en serie. Se acaso deixa unha mensaxe na páxina de conversa cos cambios que propós. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de febreiro de 2016 ás 19:17 (UTC)[responder]

RE:WP Rusia

[editar a fonte]

Jajaja moitas grazas! A verdade é que lle din varias voltas ao tema do wikiproxecto. En principio o wikiproxecto está orientado a todos os artigos relacionados con Rusia (como fan en en:Wikipedia:WikiProject Russia que foi a miña fonte de inspiración, porén dinme conta de que a nosa wiki non é a inglesa e o número de usuarios é moito máis limitado, por iso considerei que o tema principal sería o da historia. Se ben é certo que todo o que puxen está relacionado con ese tema, o proxecto está aberto a todos os ámbitos do saber relacionados con Rusia, por iso non mudei a cabeceira e na sección obxectivos indico:

Inicialmente o proxecto estará orientado aos artigos relacionados coa Historia e a Xeografía de Rusia, pero podes colaborar con calquera artigo relacionado co país.

Porén tes razón e vouno cambiar só a Xeografía e Historia e aproveito para convidarte a participar! :)

Sobre o tema dos portais, non descarto que o propio wikiproxecto Rusia acabe converténdose nun portal. Só tería que mudar o título e facer uns poucos arranxiños para que quede ben. Sobre o Portal:Ópera intentarei botarlle unha ollada ao código a ver que podo facer con el (non prometo que consiga o mesmo resultado, pero polo menos intentareino). Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 14 de febreiro de 2016 ás 18:53 (UTC)[responder]

Máis ou menos arranxei os problemas que tiña e xa garda certo parecido. Utilicei o código que escribiches ti e arranxeino empregando o mesmo estilo que na wiki inglesa. Non quixen tocar máis porque vin que hai subpaxinas de destacados e demais, pero dubido que funcione o sistema actual e penso que deberás empregar o que deixei eu. Espero que che guste o resultado!--AMPERIO (conversa) 14 de febreiro de 2016 ás 20:49 (UTC)[responder]
En realidade xa podes empezar a crear os artigos destacados empregando o título Portal:Ópera/Artigo destacado/1, 2, 3... Copia o código do que xa está feito para que queden todos iguais. Aínda non descubrín como se fai para empregar o formato mes ano en lugar do número (na wiki inglesa o teñen só co número), para que salga unha páxina aleatoria. Por outra banda, probei a utilizar o formato que temos a nivel galipedia para os artigos destacados, e así poder aproveitar Portal:Ópera/Sobre a Ópera, porén deste xeito non me aparece a táboa. Ti decides. --AMPERIO (conversa) 14 de febreiro de 2016 ás 21:35 (UTC)[responder]

Feito! Feito!, xa está actualizado o índice. se queres escrebe unha lista cos apartados que queres que engada no Portal:Ópera e mañá cando volva de clase engádoos. --AMPERIO (conversa) 14 de febreiro de 2016 ás 22:39 (UTC)[responder]

Espera un momentiño!! Que aínda non esta! --AMPERIO (conversa) 14 de febreiro de 2016 ás 23:04 (UTC)[responder]
Agora si. Entendo que non queres engadir máis seccións. Fixen un artigo de exemplo para cada apartado cos seus modelos correspondentes. Ollo que hai un Portal:Ópera/Artigo destacado/modelo e un Portal:Ópera/Biografía destacada/modelo cada un debería ter o seu arquivo propio (neste momento só hai en biografía porque hai dous artigos). Creei o apartado cita destacada Portal:Ópera/Cita destacada/modelo, non sei se queres mantelo, eu penso que é interesante. Sobre as imaxes lembra borrar o título de Imaxe destacada do mes e deixa só Imaxe destacada, xa que pode dar lugar a error. --AMPERIO (conversa) 14 de febreiro de 2016 ás 23:25 (UTC)[responder]

Ah! Case me esquezo! Cando fagas un artigo destacado novo, lembra aumentar o número na páxina de inicio do modelo onde di {{Selección aleatoria de portal|max=1|cabeceiro='''Artigo destacado'''|pé_de_páxina=|subpáxina=Artigo destacado}} senón non aparecerán.

Portal:Ópera/Artigo destacado/2

[editar a fonte]

Portal:Ópera/Artigo destacado/2 non debería ser Portal:Ópera/Biografía destacada/3? Do contrario non tería moito sentido manter a sección biografía. --AMPERIO (conversa) 15 de febreiro de 2016 ás 14:32 (UTC)[responder]

Perdoa, tes toda a razón. Vin Mozart e confundinme. --AMPERIO (conversa) 15 de febreiro de 2016 ás 15:44 (UTC)[responder]

Re:Portal Rusia

[editar a fonte]

Anda! Menuda sorpresa! Eu quería agardar un pouco a ter máis artigos destacables xa que os que temos son na maioría esbozos, pero se agradece a iniciativa. Unha boa fonte de inspiración pode ser o Portal:Russia dos ingleses, collendo por tanto un artigo destacado, imaxe destacada, e biografía destacada. Poderíase incluso poñer por seccións (Historia destacada/Xeografía destacada/Política destacada) ou por etapas (Imperio Ruso/URSS/FR). De momento penso que con biografía, imaxe e artigo será suficiente. Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 17 de febreiro de 2016 ás 12:38 (UTC)[responder]

Dende logo o das cores é un puntazo. Non sei se se poderá facer o que dis de poñer ad/1 e bd/6 xa que o modelo que leva é para que apareza un aleatorio. Se cadra para facer iso haberá que poñelos de xeito manual. --AMPERIO (conversa) 17 de febreiro de 2016 ás 15:57 (UTC)[responder]

Non puiden resistirme e fixen algunhas cousiñas no portal. Perdoa se causei algunha molestia. Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 17 de febreiro de 2016 ás 18:46 (UTC)[responder]

Xa xa! A cor dos cadros deixeino para ti! --AMPERIO (conversa) 17 de febreiro de 2016 ás 19:18 (UTC)[responder]

Estiven mirando a ver como podía mudar a cor das letras nas cabeceiras máis non o din feito. Engadín tamén unha sección Sons destacados nas que puxen tres sons: o himno de Rusia, o da URSS e o do Imperio. --AMPERIO (conversa) 18 de febreiro de 2016 ás 12:23 (UTC)[responder]

O de son destacado é certo que pode non ser o nome máis axeitado. Se cadra habería que facer algo como o que comentas ti, o que pasa é que (xa que os hai) quería engadir tamén os outros dous himnos "históricos" do país. Agora estou con Boris Eltsin cando o remate, teño algún outro por medio que facer, pero tamén quero meterlle man ás cidades. --AMPERIO (conversa) 19 de febreiro de 2016 ás 10:19 (UTC)[responder]
Por certo, non sei se o viches, pero está Xornadas de Xullo en votación para calidade. Por se te animas a botarlle unha ollada e votar. Libremente iso si! --AMPERIO (conversa) 19 de febreiro de 2016 ás 10:21 (UTC)[responder]

solicitude

[editar a fonte]

Ola! Anímaste a crear o artigo sobre a soprano Susana de Lorenzo? Ten artigo na es:wiki (es:Susana de Lorenzo) pero sen formato, con información collida de aquí.

Saúdos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de febreiro de 2016 ás 20:24 (UTC)[responder]

RE:Un par de cousas

[editar a fonte]

Resposta rápida: tentarei ir se estou libre, e pola noitiña mando o aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de febreiro de 2016 ás 12:00 (UTC)[responder]

Boas, perdoa por non despedirme onte, é que non podía quedar ata o final e non quería molestar á xente nin a ti, a ver se noutra ocasión temos algo máis de tempo para charlar un pouco.
Fixen varias fotos pero non puiden mirar como quedaron porque cando prendín o ordenador pola noite non me arrancou, así que non puiden facer nada de nada :( Non sei o que tardarei en amañalo porque non ten boa pinta.
Cando teña un momento tentarei mandar a mensaxe que me dixeches, xa che conto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de febreiro de 2016 ás 08:45 (UTC)[responder]
Ben, como queiras, hoxe está a funcionarme o ordendador (a ver canto dura), teño que revisar as fotos que fixen e logo vou ver se me poño un pouco ó día co choio destes días :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de febreiro de 2016 ás 18:40 (UTC)[responder]
Boas, xa subín as fotos de Dima Slobodeniouk, están en Commons:Category:Category:Dima Slobodeniouk. Tamén subín unha foto do pianista, Ficheiro:David Baamonde López-Culleredo.JPG, e de Ficheiro:Marcos Seoane, Culleredo.JPG, por se eran de utilidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de abril de 2016 ás 01:34 (UTC)[responder]
Moi ben, quedan alí por se se usan no futuro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de abril de 2016 ás 17:57 (UTC)[responder]

Portal A Coruña

[editar a fonte]

Fixen cinco artigos de "Sabías que" con tres historias cada un, baseándome no Portal Rusia. Procurei que fosen un pouco variadas e incluín unha imaxe en cada un, a ver que che parecen. En canto ás citas, así rápido ocorréronseme por exemplo, a referencia (mínima) de Robinson Crusoe (Groyne no capítulo XIX [3]), as de The Bible in Spain de George Borrow (por exemplo, a rúa Real no capítulo XXV [4]), A derradeira voluntá, de Pondal [5] ou algo máis popular, como [6]--Jglamela (conversa) 26 de febreiro de 2016 ás 18:05 (UTC)[responder]

Mudanzas no Portal Galicia

[editar a fonte]

Ola Piquito.

Abrín un fío en Conversa portal:Galicia.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 27 de febreiro de 2016 ás 17:46 (UTC)[responder]

Ola Piquito.
Trasladei o teu traballo a Usuario:Piquito/Portal:Galicia.
Cando remates podes facer esa proposta da que falas.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 27 de febreiro de 2016 ás 19:53 (UTC)[responder]

Moitas grazas, de feito baseeime no que fixeches ti da Coruña. Nunca me decidira a facer un, pero velo teu "inspiroume". Botareille un ollo ó que me dis. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 28 de febreiro de 2016 ás 19:24 (UTC)[responder]

Si, moi chula, paréceme perfecta para poñer no portal. Moitas grazas polo traballo a Piquita.--Breogan2008 (conversa) 28 de febreiro de 2016 ás 22:28 (UTC)[responder]

Grazas! Botareille unha ollada á proposta. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 28 de febreiro de 2016 ás 19:25 (UTC)[responder]

Desculpas

[editar a fonte]

Piquito, sinto moito que entenderas o que non foi. Xamais considerei que estiveras xogando co sistema e moito menos que as túas actuacións no proxecto foran incorrectas. Se cadra expreseime mal eu, cando dixen que estaba de acordo con HombreDHojalata, só o estaba na súa discordancia cos cambios, e logo expliquei o por que. Entendo que a forma que utilizou para referirse a ti non foi a máis axeitada, pero iso xa é algo entre el e ti, que ven de máis lonxe.

Eu teño moito aprecio polo traballo que realizas e sempre intentei axudarte no que podía como forma de agradecer a confianza que puxeches en min no seu día. Entendo ademais que o noso trato sempre foi cordial e non quero que por mor disto consideres que son un imbécil, que se move polo interese. Na conversa da taberna expliquei os motivos polos que considero que debería facerse un cambio consensual, se ben tamén é certo que se trata dun portal que leva abandonado desde o 2013 e que no fondo non importa tanto coma se tratase doutra páxina de máis uso.

Entendo que estes molesto comigo, pero só quería que souberas que non pretendín ofenderte, atacarte e moito menos insultarte en ningún momento. Por favor, non deixes de colaborar como o facías ata agora, xa que as túas propostas sempre son ben recibidas, polo menos pola miña parte e independentemente do que acabe votando. --AMPERIO (conversa) 1 de marzo de 2016 ás 10:59 (UTC)[responder]

RE:Cuestión sobre os portais

[editar a fonte]

Aínda non puiden revisar o que me comentaches sobre o tema, pero o que si vin foi que o portal de Irlanda tamén ten unha imaxe na cabeceira e redimensiona o seu tamaño cando se cambia o tamaño do navegador, hai que investigar por aí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2016 ás 02:56 (UTC)[responder]

Corrixo, fixándome máis, realmente non redimensiona a imaxe, córtaa! Non vin o código pero penso que iso non vai valer para o teu portal, a ver se mañá podo miralo un pouco. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2016 ás 02:59 (UTC)[responder]
Boas, xa puxen o cabezallo do portal Coruña con fondo branco, metín no estilo, style, e no div da imaxe o código "; background-color:white", podes ver as diferenzas aquí. Era así como querías que quedara?
O das imaxes agora mesmo non sei como se fai pero estes días vou a estar liado co dos proxectos pedagóxicos ata o día 15 ou así e non o vou poder buscar, despois dese día tentarei miralo con máis tempo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2016 ás 03:30 (UTC)[responder]
Non te preocupes, no dos artigos bos avisei a todos os que participaran na votación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2016 ás 22:45 (UTC)[responder]

Pseudónimos

[editar a fonte]

Chamo ao debate sobre un tema de pseudónimos que me gustaría que me axudásedes. Gustaríame que me axudase a recadar a maior base posible para o debate. Moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de marzo de 2016 ás 08:32 (UTC)[responder]

Boas tardes Piquito. No cambio de referencia que fixeches no artigo supra non sei se te decataches de que non é válido como referencia do lugar de nacemento. Tal vez sexa mellor deixalo como estaba (ao fin e ao cabo a ligazón á Zentrum Moderner Orient é aberta e, por tanto, pública) ou ben movela para antes do nome da cidade. Ademais, Banjo puxo a referencia do Zentrum... de novo. Non sei como o ves ;) . Un saúdo! --Castelao (conversa) 2 de marzo de 2016 ás 19:28 (UTC)[responder]

Novo artigo

[editar a fonte]

Boas Piquito! Animaríaste a facer Lista de composicións de Edward Elgar? Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 4 de marzo de 2016 ás 15:16 (UTC)[responder]

RE:Poderías mirar isto cando teñas un momento?

[editar a fonte]

Fíxenlle algúns arranxos, traducín, creo, que case todos os parámetros e fixen outros modelos que facían falta. Aínda hai algúns campos que están sen traducir pero non os puiden cambiar porque non sei o que queren dicir, ó mellor ti que coñeces máis ese tema sabes como poñelos. Ten un problema, as ligazóns ós artigos das seleccións nacionais saen mal pero non sei moi ben como amañalo, a ver se outro día. Hai que facer os modelos de bandeira de país que máis vaias a usar, é o modelo Country data, se precisas a bandeira dalgún país avísame e fágoa nun momento. Cando teña outro momento meterei máis exemplos na axuda.

O que che queda pendente é revisar os artigos que usan o modelo e traducir os seus parámetros como está na axuda do modelo. Outro día máis. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de marzo de 2016 ás 04:35 (UTC)[responder]

Feito! Feito!, xa están listas as bandeiras. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de marzo de 2016 ás 04:15 (UTC)[responder]

Re:Artigos de Calidade

[editar a fonte]

Boas Piquito! Grazas polas boas palabras! Vou esperar un tempo antes de facer máis propostas, polo menos ata que se peche a das Xornadas de Xullo, e a ver se alguén propón algo polo medio, xa que creo que pode resultar aburrido para algúns usuarios propor tantos artigos sobre o mesmo tema. De feito xa ves que cada vez hai menos persoas que participan nas votacións de escolla e creo que un motivo pode ser este. Apúntome o do golpe de Kornílov para a próxima proposta e verei se en Semana Santa podo adicarlle algo de tempo a mellorar o do Soviet de Petrogrado, teño aínda o de Boris Eltsin un pouco esquecido e gustaríame rematalo antes. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 10 de marzo de 2016 ás 12:10 (UTC)[responder]

Por certo, esquecín preguntarte que é o dos 1000 e pico?--AMPERIO (conversa) 11 de marzo de 2016 ás 14:41 (UTC)[responder]

Se tiñas pensado facelo, paréceme unha boa idea facer un portal sobre bioloxía ou algunha das súas ramas. Unha estética similar á dos outros portais que mencionas paréceme ben. O que ocorre é que eu non me podo comprometer no "mantemento continuado" da páxina, porque non teño tempo, dado ao que lle dedico a facer artigos e o tempo libre que teño, e non quero coller máis responsabilidades. Podo suxerir algún artigo, se queres, que me pareza a min salientable para inaugurar o portal.--Miguelferig (conversa) 16 de marzo de 2016 ás 11:18 (UTC)[responder]

Ola outra vez. Perdoa que tardase tanto en contestar, pero é que estaba liado con outras páxinas que estiven facendo sobre as clorofilas e os oncoxenes, e que quería acabar. Penso que para empezar é mellor facer só un portal sobre a Bioloxía en xeral, xa que pode ser demasiado ambicioso facer varios portais de golpe sobre as distintas ramas da bioloxía. En canto ao aspecto e ao formato, seccións e cores paréceme ben o que me comentabas. Estarían ben as seccións que propoñías de "artigo destacado", "imaxe destacada" e "biografía destacada" e pódese engadir unha sección breve de "Curiosidades", con catro ou cinco curiosidades. Podo axudar a suxerir algúns artigos, pero hai un problema que a min non me agradaría moito (se vou ser eu o que suxiro artigos), que é que eu son un dos editores que máis artigos fai na Galipedia en certos campos da bioloxía (por exemplo, en bioloxía molecular), e os artigos que fago eu son os que mellor coñezo (xa que non ando revisando todo o que hai na Galipedia, e dalgúns artigos me entero que existen día a día cando cadra), polo que ao mellor suxeriría varios que fixen eu. Por suposto, procuraría que fosen de autores variados, pero sempre alguén podería pensar que se poño un meu é porque o que suxerín os artigos fun eu (xa me entendes), e iso a min non me gusta. Por outra parte, non teño moito tempo para dedicarlle a iso (divírteme máis facer artigos conforme teña tempo, que é limitado) e non me podo responsabilizar, como xa dixen, dunha atención continuada ou mantemento do portal.--Miguelferig (conversa) 21 de marzo de 2016 ás 17:49 (UTC)[responder]

RE:Máis sobre o portal da Coruña

[editar a fonte]

Boas! O portal ten moi boa pinta. Penso que a idea que tiveches de poñer algunha cita estaría ben, así pode encherse o oco que hai na segunda columna. Podíase empezar coas que che suxerín na túa conversa. En canto aos lugares de interese, posiblemente os que teñen os artigos máis longos son Estadio Municipal de Riazor e Estación da Coruña, pero outros como Monte de San Pedro, Xardín de San Carlos ou Cemiterio de Santo Amaro da Coruña podían estar ben para dar máis variedade.

Murguía e Seoane viviron, morreron e están enterrados na Coruña. Eu poría a Salvador de Madariaga e algún científico, como Juan Jacobo Durán Loriga, Ramón de la Sagra, Roberto Nóvoa Santos ou María Wonenburger (aínda que non hai foto dela). Outros (amais de María Pita e Luis Suárez) podían ser Uxío Carré Aldao, Wenceslao Fernández Flórez, Eugenio Granell (sen imaxe) ou Francisco Lloréns. José Sellier ten un artigo moi curto e habería que traducir Fernando Rey da wikipedia en castelán.

Entre os artigos de interese non me convence o de Marineda, que creo que está bastante desactualizado, e engadiría por exemplo Oza.

Non sei se será encher de modelos poñer tamén o "modelo:Rúas da Coruña".--Jglamela (conversa) 19 de marzo de 2016 ás 10:16 (UTC)[responder]

Portal Pontevedra

[editar a fonte]

Ola, Piquito! Diríache de botarlle un ollo a Categoría:Pontevedra e Categoría:Nados en Pontevedra. Paz-Andrade e Manolo Quiroga son artigos de calidade; agora en breve vai comezar na cidade o Salón do Libro Infantil, polo que sería interesante meter Fina Casalderrey no portal. Como patrimonio, quizais algo do declarado BIC: Museo de Pontevedra, Capela da Peregrina, basílica de Santa María, convento de San Francisco ou ruínas de San Domingos. Non che sei, é complicado equilibrar calidade de artigos / méritos para ser destacados. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de marzo de 2016 ás 19:18 (UTC)[responder]

Boas Piquito! Non sei se o viches, pero finalmente decidinme a propoñer o artigo Golpe de Estado de Kornilov para calidade, asi que se queres estás convidado a participar nela votando o que queiras! Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 21 de marzo de 2016 ás 11:35 (UTC)[responder]

Xudeus a Pobo xudeu

[editar a fonte]

Ola Piquito vexo que cambiaches o título da páxina Xudeus a Pobo xudeu cousa que o meu ver esta mal feito posto que na galipedia acostumamos a nomear as páxinas sobre pobos tan só polo seu nome. Véxase Conversa:Árabes ademáis como podes ver nas interwikis todas as linguas ou case todas (a wiki en castelán pon pueblo) nomean as suas paxinas tan só co nome do pobo. Un saudo--Alfonso mande 23 de marzo de 2016 ás 19:21 (UTC)[responder]

Ben vexo que tes un motivo para cambiar o nome da páxina aínda que o meu modo de ver ten que haber un consenso a hora de nomear as páxinas pois nonme parece ben que unhas leven pobo por diante e outras queden tan só co nome do pobo.--Alfonso mande 23 de marzo de 2016 ás 19:54 (UTC)[responder]

Varias cousas

[editar a fonte]

Portal Rusia

[editar a fonte]

Boas Piquito, vin que mudaches a imaxe da cabeceira do portal Rusia, persoalmente gustábame máis a que había, pero bueno... O que si quería pedirte é se poderías subir unha con algunhas modificacións: por exemplo, as matrioskas vense un pouco pixeladas. Tamén estaría ben que puxera Россия ao lado de Rusia, se cadra podería quedar Rusia-Россия ou algo así... Que opinas? --AMPERIO (conversa) 25 de marzo de 2016 ás 11:53 (UTC)[responder]

Tempadas dos Atlanta Flames

[editar a fonte]

Fixen o artigo Tempadas dos Atlanta Flames, se podes bótalle unha ollada para ver se as traducións dos termos son correctas.--AMPERIO (conversa) 25 de marzo de 2016 ás 13:11 (UTC)[responder]

Portal A Coruña

[editar a fonte]

Espero ir podendo engadir citas. Penso que o portal quedou ben e resulta interesante. Un saúdo.--Jglamela (conversa) 29 de marzo de 2016 ás 19:52 (UTC)[responder]

Xogadores Atlanta

[editar a fonte]

Ola!, mira, hai que revisar o Modelo:Cadro Atlanta Flames porque na idade dos xogadores saen 50, 60 e 70 anos, que era? un equipo de xubilados? :D Supoño que nalgures estará a calcularse a idade actual no canto da idade naquela data, se non se pode amañar doutro xeito haberá que poñer as idades directamente. Déixocho a ti que supoño que sabes mellor onde atopar o conto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de abril de 2016 ás 09:04 (UTC)[responder]

Cambiei as notas para o primeiro sitio no que saen, así os lectores poden atopalas no seu sitio. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de abril de 2016 ás 01:07 (UTC)[responder]
Outra cousiña para cando poidas. No cadro de xogadores habería que poñer unha nota explicando as abreviaturas das posicións, o que é S/G (e traducilo se é o caso) e o que é L e R. Isto debería facerse en todos os cadros de xogadores de hóckey que hai. Saúdos, (era eu que esquecera firmar --Elisardojm (conversa) 7 de abril de 2016 ás 02:09 (UTC))[responder]
Metín un parámetro novo no modelo de xogadorH, anos, que sirve para indicar unha idade para que quede fixa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de abril de 2016 ás 02:09 (UTC)[responder]
Agora si que se entende a táboa, cámbiache o conto! :) Xa está enviada a mensaxe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2016 ás 17:21 (UTC)[responder]

Canon de Pachebel

[editar a fonte]

Pois refírome á música clásica dos século XX e XXI. Se atopas calquera erro ou imprecisión no artigo, tes vía libre. Saúdos. --Breogan2008 (conversa) 8 de abril de 2016 ás 16:23 (UTC)[responder]

RE:Ligazóns a portais nas páxinas

[editar a fonte]

Si, estiven traballando niso a ratos pero é complicado porque primeiro estiven tentando copiar o modelo francés pero non fun capaz porque usan 3 ou 4 modelos que non temos e que non teño claro como funcionan. Así que comecei a facer probas en Usuario:Elisardojm/Portal, podes ver como queda en Usuario:Elisardojm/Proba portal (é o que sae de segundo), pero aínda teño que axustar algúns detalles.

Eu tamén me decatei de que o modelo actual só permite engadir dous portais, no modelo francés creo que permiten engadir 20, tentarei que este permita os mesmos, que xa son abondo. Espero poder telo rematado esta semana, pero dependerá do choio que vaia aparecendo... Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de abril de 2016 ás 08:24 (UTC)[responder]

Boas, ó final despois de moito traballo o meu modelo non funcionaba ben, porén Banjo trouxo o Modelo:Barra portal da wiki en inglés e agora eu acabo de poñer na conversa do libro de estilo a proposta do seu uso, a ver o que comenta a xente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de maio de 2016 ás 01:13 (UTC)[responder]

Petición

[editar a fonte]

Boas Piquito! Animaríaste a facer unha cabeceira de esas tan estupendas para o Portal:Eurovisión? Eu intentaría facer algo parecido a esta imaxe (non o mesmo para que non haxa problemas de copyright) para poñer o título, pero o que ti vexas que quede mellor. Se queres consultar algo ou se queres ensinarmo antes de subilo podes envialo ao meu correo. Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 18 de abril de 2016 ás 15:43 (UTC)[responder]

Pois bótalle unha ollada Portal:Eurovisión. As cores son provisionais (podedes elixilas vos se queredes), os contidos si que serían máis ou menos eses. --AMPERIO (conversa) 18 de abril de 2016 ás 16:08 (UTC)[responder]
Por suposto tes liberdade para mover as seccións de sitio. --AMPERIO (conversa) 18 de abril de 2016 ás 16:13 (UTC)[responder]

Estupendo! Moitas grazas! --AMPERIO (conversa) 18 de abril de 2016 ás 21:02 (UTC)[responder]

A verdade é que non mirei a icona do portal Irlanda, como o de Portugal e India levaban o mapa coa bandeira pensei que era o mesmo (que por outra banda sería o máis lóxico), en canto ao tamaño copiei o mesmo código que engadiches ti para o da India. --AMPERIO (conversa) 18 de abril de 2016 ás 21:11 (UTC)[responder]
Xa lle escribín a Chairego, a ver que opina. En canto ao tamaño tampouco o vín tan desaxustado para a cantidade de portais que hai agora, pero bueno tanto ten. --AMPERIO (conversa) 18 de abril de 2016 ás 21:15 (UTC)[responder]

De todas formas, penso que é un pouco innecesario engadir esa sección cando na parte superior aparece o índice dos portais. --AMPERIO (conversa) 18 de abril de 2016 ás 21:16 (UTC)[responder]

Xe lle fixen un cabezallo ao portal. De todos modos se estabades facendo un podes subilo e xa vemos como podemos metelo. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 29 de abril de 2016 ás 10:17 (UTC)[responder]

Palazzo Ducale (Venezia)

[editar a fonte]

Véxome perfectamente capaz, e mesmo podería ser un bo exercicio de adestramento, pero o problema é que queda fóra dos temas que adoito tratar. Ademais é moi longo e distraeríame doutras cousas que estou facendo ou teño previstas. Agora estou facendo un artigo de 100.000 bits sobre o DDT. O artigo do Palazzo paréceme interesante e os meus intereses son variados, pero os meus coñecementos específicos non son tan variados. Non se pode dar abasto a todo. Habería tantas cousas que facer! Mesmo hoxe vin o artigo de Plutón (sae a imaxe na portada), que está desactualizado, e nin sequera fala dos datos achegados pola nave New Horizons en 2015. Pero, aínda que quede con ganas de engadir algo, é mellor non inentar atender a todo. Fíxate que xa levo feito varios miles de páxinas de bioloxía e outros miles máis que xa estaban feitas e iso non supón máis que riscar un pouco a pel da mazá da bioloxía. Ás veces fago algunha cousa fóra da bioloxía, pero esas páxinas cóntanse cos dedos do corpo (nese conxunto de miles de páxinas que fixen). Ás veces métome un pouco coas páxinas de Medicina, pero despois sempre me arrepinto, porque é preferible que me adique ao meu, que sempre se controla máis. De todos modos, ao mellor máis adiante. Non sei.--Miguelferig (conversa) 19 de abril de 2016 ás 21:26 (UTC)[responder]

Editar a fonte

[editar a fonte]

Eu non tiven problema en usar tanto Editar coma Editar a fonte na Galipedia, pero na Wikipedia inglesa só teñen (ou só me sae a min) o menú Edit desde hai certo tempo, pero este equivale a Editar a fonte. Estou usando Firefox. En canto a botarlle unha ollada ao artigo de Penderecki, xa o irei facendo conforme teña tempo, ao mellor este fin e semana (e sempre ata onde cheguen os meus coñecementos, que non son infalible neses asuntos).--Miguelferig (conversa) 29 de abril de 2016 ás 10:21 (UTC)[responder]

Kikimanjaro

[editar a fonte]

Piquito, podes revisar o comentario que deixaron na votación de Kilimanjaro? Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 30 de abril de 2016 ás 11:04 (UTC)[responder]

Mira a ver que te parece o que propuxen na votación de destacado. --AMPERIO (conversa) 2 de maio de 2016 ás 12:02 (UTC)[responder]

Boas Piquito! Sinto non ter respondido antes a túa mensaxe. Non o dicía por nada que dixeras en particular nesa votación é un pouco por todo en xeral. Parece que estamos a ver quen pode máis dos dous, por iso dicía o e enterrar o hacha de guerra. Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 5 de maio de 2016 ás 09:11 (UTC)[responder]
Agradezo as túas palabras. Pensandoo ben, no fondo, si que foi o de Amy o que me fixo escribirte iso. Porén, non vou negar que me moleste, un pouco, que dixeras que non ías participar en votacións nin facer propostas (cousa que no seu momento xa che dixen que me entristecía), e ver que en realidade o único que non fas é participar en propostas que propoñemos Banjo ou eu (que son as que hai na actualidade). Por favor, non mo tomes a mal, xa que alédome de que continúes participando, pero é un pouco iso, que me da a sensación de que se ben antes participabas de xeito máis ou menos activo en todo, desde o do portal estás máis centrado no teu.
En calquera caso, para min queda como un malentendido xa aclarado. Pola miña banda tratarei de manter o bo ton que mereces, e espero que podamos volver a manter a estreita relación de colaboración que tiñamos antes. Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 5 de maio de 2016 ás 23:02 (UTC)[responder]

Boas. Claro que non tomo a mal que non participes na votación. Estás no teu dereito, faltaría máis! Con respecto aos portais seguín o teu consello e xa engadín nos cabezallos esa liña da que falabas. Un saúdo e grazas. --Chairego apc (conversa) 10 de maio de 2016 ás 14:14 (UTC)[responder]

Ola! Como che vai?

Anímaste a mellorar o artigo violín? É un dos que toda Wiki debería ter, e o noso é pequeniño, viríalle ben un repaso. Como o ves?

Saudiña!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de maio de 2016 ás 12:28 (UTC)[responder]

Resposta a: Rebenvido !!

[editar a fonte]

Qué tal amigo. Agradécese a "re-benvida". Nos últimos tempos paso pola Galipedia menos do que facía uns anos atrás, pero aínda paso. A intención de crear algún día un gran artigo chamado Rugby en Galicia está presente, pero sempre queda para outro momento, e así van pasando os meses e os anos. Os grandes proxectos precisan de moito tempo e motivación. -- JonnyJonny (conversa) 19 de maio de 2016 ás 22:48 (UTC)[responder]

Deportivo

[editar a fonte]

Boas Piquito, vin que engadiches un texto ó artigo do Deportivo que está en castelán (sección Os peores anos). Aínda que tes o marcador en uso e vas seguir traballando nel, e supoño que nalgún momento amañarás esa parte, non me parece axeitado que quede así, penso que é mellor que mentres non o amañes o poñas entre comentarios para que quede oculto ós lectores. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de maio de 2016 ás 23:00 (UTC)[responder]

Boas Piquito! Ando un pouco liado estes días cos exames finais. O martes intento darte unha resposta que se poda axustar al que me preguntas. Un saúdo, e espero que non sexa urxente.--AMPERIO (conversa) 22 de maio de 2016 ás 10:23 (UTC)[responder]

Sobre o das controversias en Eurovisión 2017, tes razón en parte. Considero que non deben ir en 2017 xa que se produciron por mor desta edición, así que en calquera caso deberían ir no artigo de 2016. Por outra banda, o Festival de Eurovisión, segundo se define a si mesmo pola UER, é un evento non político (aínda que a canción gañadora deste ano teña un forte contido político antiruso). As controversias que aparecen no artigo de 2016, son todas relacionadas co festival, e a que aparecía en 2017 estaba enfocada na suposición de que Rusia podería non participar o ano que ven (así en calquera caso non debería ir nesa sección). En canto á controversia co sistema de votación que indicaba por parte de España, é en certo modo falso. O sistema de votación ven sendo o mesmo desde hai anos, o único que cambiou este ano foi a forma de presentar os votos (tal e como informan na UER; non atopei a ligazón). Por outra banda, o tema dos xefes da delegación española, de novo é un tema que xurde todos os anos tralo festival polos estupendos resultados que obtén España no festival (así que non considero que sexa unha controversia específica de 2017). --AMPERIO (conversa) 24 de maio de 2016 ás 11:47 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Sobre as frases que me comentabas: Blink ademais de parpadear tamén pode significar intermitente ou maldito, mais non consigo poñela ben nese contexto. En canto a uttered pode ser pronunciar, pero tamén emitir. Se cadra pode traducirse a frase ...as much for the person she was as for the voice she uttered... como tanto pola persoa que era como pola súa voz (ou pola voz que emitía), aínda que eu elixiría a opción de pola súa voz. --AMPERIO (conversa) 24 de maio de 2016 ás 12:03 (UTC)[responder]

De todas formas preguntareille a un amigo inglés a ver se el pode traducilas ben. Polo momento é a única forma que se me ocorre para traducilas. --AMPERIO (conversa) 24 de maio de 2016 ás 12:05 (UTC)[responder]
What a nerve sería como Que morro/cara. Blinking dálle énfase, como damn, bloody... Así que sería algo como (en castelán): Qué morro/cara (tienes) dejarme con ese (coñazo de persona). Que polo contexto da frase parece ser a tradución máis axeitada ao ser unha expresión de fastidio.--AMPERIO (conversa) 24 de maio de 2016 ás 13:40 (UTC)[responder]

Re:artigo

[editar a fonte]

Boas Piquito! Non pasa nada! Ti pide todo o que queiras. Esta semana remato os exames finais. Se non corre prisa poñome o domingo da semana que ven que xa estarei libre. Xa me contas. Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 27 de maio de 2016 ás 18:15 (UTC)[responder]

Re: Modelo "Deporte na Coruña"

[editar a fonte]

Boas! A verdade é que o deporte non é o meu, así que de pouca axuda vou servir, só engadín os equipos que vin que tiñan artigo. É verdade que engadir máis equipos de fútbol acabaría o modelo cheo con fútbol. Posiblemente crear o artigo Deporte da Coruña sería a solución, mais eu non son o axeitado para facelo... Limitar os equipos a certas categorías pode estar ben, pero tampouco sei cantos equipos acabarían aparecendo nin cal sería a equivalencia noutros deportes.

No caso dos equipos desaparecidos (á parte do Montañeros) tamén se menciona a absorción no Sporting Universidade, pero non teño nin idea se seguen a xogar con ese nome ou simplemente desapareceron. Tamén en Club Atlético dos Castros se menciona unha antiga sección de hóckey que non sei se habería que incluír dalgún xeito.

Resumindo, ordena ou recoloca como consideres. Un saúdo!--Jglamela (conversa) 27 de maio de 2016 ás 20:23 (UTC)[responder]

Portal:A Coruña

[editar a fonte]

Boas! Levo unha tempada recompilando datas para poder engadir unha sección de efemérides no portal da Coruña. Baseeime no que aparece no portal de Ópera e coloqueina debaixo do "Sabías que". Bótalle un ollo a ver como queda aí ou se pensas que se poderían ordenar as seccións doutra forma. Un saúdo!--Jglamela (conversa) 28 de maio de 2016 ás 15:25 (UTC)[responder]

Parabéns a todos os que contribúen no proxecto

[editar a fonte]

Grazas Piquito, aínda que ultimamente edito menos, seguirei colaborando na Galipedia e tentarei aportar máis cousas neste proxecto común. Paga a pena contribuír sempre. Apertas. --Dodro (conversa) 29 de maio de 2016 ás 22:08 (UTC)[responder]

Modelo:SM-liiga‎

[editar a fonte]

Boas Piquito, vin que estas traballando no Modelo:SM-liiga‎. Mudaría a cor dourada por outra un pouco máis clara, ou directamente branco. Co dourado resulta un pouco difícil de ler o contido da táboa. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 5 de xuño de 2016 ás 11:34 (UTC)[responder]

RE:Votación

[editar a fonte]

Dende que volvín estar activo só recordo unha votación que pecharas antes de tempo de forma semellante, que como indicas foi a de Gheorghiu. Non fixen nada nese caso, por ser "parte implicada" ao comentar na mesma. Foi Elisardo se non recordo mal quen actuou de parte mediadora nesa ocasión. Nesta son eu o que actúa como tal, xa que non participei na votación, e dende esa posición entendo que procede manter a votación tal e como indica o proceso. Se sae escollido ou non verase ó final da mesma, independentemente das trazas que leve, pero se hai máis xente que quera opinar sobre o artigo teñen o seu dereito de facelo dentro do prazo sinalado, tanto se é para concordar como se non. O proceso é claro, igual que no resto de votacións, e cando hai prazos predefinidos de por medio deben cumprirse.

No que respecta ó das listas estou de acordo en que sería bo ter un proceso e criterios propios, do estilo Yankee. Revisareino para a seguinte tanda de propostas que estou a preparar de cara a setembro-outubro deste ano. Banjo tell me 6 de xuño de 2016 ás 22:01 (UTC)[responder]

Non teño ningún problema nin contigo nin con ningún outro colaborador da Wikipedia, ata onde eu sei. Como xa dixen o prazo é o que está predefinido, ó igual que se respecta para outras votacións debe respectarse neste caso. Se queres outra opinión ó respecto, podes levar o tema ó taboleiro. Banjo tell me 7 de xuño de 2016 ás 05:56 (UTC)[responder]
Banjo eu non actuei de mediador no tema da votación de Gheorghiu, tentei falar con vós para suavizar a situación, a reapertura desa votación foi decisión de Piquito. Vou comentar na conversa da outra votación sobre o tema. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de xuño de 2016 ás 10:22 (UTC)[responder]

RE:India

[editar a fonte]

Vale, tentarei poñerme a revisalo esta noitiña, cando o teña xa che aviso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de xuño de 2016 ás 08:30 (UTC)[responder]

Perdón por non contestar antes sobre o modelo. Deixei un comentario na conversa de Elisardojm. Boas noites.--AMPERIO (conversa) 14 de xuño de 2016 ás 23:23 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --AMPERIO (conversa) 15 de xuño de 2016 ás 17:54 (UTC)[responder]

Para a próxima:
|title =[[Nome do artigo|<font color="white">Nome do artigo</span>]]
|titlestyle = background:#000000; color:white;
Onde o #000000 corresponde con

Nome HTML Código hex
R  G  B
Código decimal
R  G  B
Código
H  S  L
Black 000000 0 0 0 0° 0% 0%

Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 15 de xuño de 2016 ás 17:59 (UTC)[responder]

Artigo solicitado

[editar a fonte]

Boas Piquito, estiven botándolle unha ollada ao artigo que me pediras da Historia dos Pittsburgh Penguins. Na wikipedia en francés teñen esa sección no propio artigo da franquía, non sei se queres deixalo no mesmo artigo ou crear un novo. Non me esquecín del, pero teño aínda algún pendente (Sitio de Baler, ABBA e Aleksandr Kolchak) e quería rematalos primeiro antes de meterme cun artigo en francés que me levará un pouco máis de tempo. Así que se non corre presa e podes esperar intento facelo. --AMPERIO (conversa) 15 de xuño de 2016 ás 09:59 (UTC)[responder]

Boletín Quincenal 15 de xuño de 2016

[editar a fonte]
1-15 de xuño de 2016
CALIDADE BOS
DESTACADO GALICIA
IMAXE DA SEMANA

RE:Dereitos das imaxes

[editar a fonte]

Se non se da coñecido o nome do autor e a súa data de falecemento entón penso que si poden subirse. O club non ten os dereitos da imaxe, os dereitos son do autor. O que sería interesante sería atopar unhas imaxes máis grandes, ó mellor poden atoparse con Google, no seu servizo de busca de imaxes. Podes poñer a licenza desta imaxe. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2016 ás 00:32 (UTC)[responder]

Hum..., non estou seguro de que esa sexa a licenza correcta para esas fotos... Esa é a licenza dos contidos do periódico, pero esas fotos teñen a súa propia licenza porque nas condicións da carga non se acepta que se liberen os dereitos. Eu usaría a mesma licenza que para as que che dixen arriba xa que non se coñece o autor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2016 ás 22:59 (UTC)[responder]
Recortei a do Corralón, se hai outras avísame e fágoo nun momento (xa o fixen o outro día pero en vez de avisarche aquí puxen o comentario na miña conversa :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2016 ás 23:20 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas

[editar a fonte]

Ola Piquito. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--AMPERIO (conversa) 21 de xuño de 2016 ás 17:30 (UTC)[responder]

Consello: Eu utilizaba o Safari nas miñas primeiras edicións na Galipedia e non había forma de comprobar os erros de ortografía, máis que os que sinala o sistema unha vez finalizada a edición. Seguín o consello doutro usuario que me recomendou utilizar o Firefox para poder ter estas axudas, e a verdade é que non podo queixarme. Anímote a que utilices o Firefox cando edites en galego e actives o corrector, xa verás como resulta máis doado atopar os erros, que moitas veces ao editar o artigo non te decatas de que estaban. Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 21 de xuño de 2016 ás 17:30 (UTC)[responder]

Boas Piquito, en primeiro lugar grazas a ti polo esforzo. Non vou poder revisar os cambios ata o día 5 de xullo. Marcho de vaixe (oxalá fora de vacacións) e non levo o ordenador. Cando regrese comprobarei o que me comentas. Sobre as referencias: están no mesmo lugar que as castelás. A frase de Lenin si ten sentido (traducela al castellano y verás que lo que quiere decir es que elijan, o están ellos o está él en el Gobierno). As datas non lembro de van con modelo xulgregdata, se é así é moi doado arranxar o que dis. Sinto non poder revisalo agora... un saúdo.--AMPERIO (conversa) 23 de xuño de 2016 ás 06:21 (UTC)[responder]

Kathleen

[editar a fonte]

Ola! Fixen algunha corrección menor en palabras que me marcaba o corrector automático, pero non fixen unha lectura a fondo. Polo que vin, xa Atobar lle retirou o marcador.

Nota ortográfica breve: lembra que é botar un ollo pero votar unha candidatura :) Non é o mesmo 'hai que votalos' que Hai que botalos. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de xuño de 2016 ás 10:26 (UTC)[responder]

Bos días. No artigo Dafne quedouche este parágrafo en italiano: "A familia florentina dos Medici, signori di Firenze, fu talmente colpita dall'opera da commissionare a Peri l'opera Euridice per essere rappresentata in occasione del matrimonio di Maria de' Medici con Enrico IV nel 1600". Queda da túa man. Pedro --Lameiro (conversa) 28 de xuño de 2016 ás 11:10 (UTC)--Lameiro (conversa) 28 de xuño de 2016 ás 11:10 (UTC)[responder]

Boletín Quincenal 30 de xuño de 2016

[editar a fonte]
16 - 30 de xuño de 2016
CALIDADE BOS
DESTACADO GALICIA
IMAXE DA SEMANA

RE: Super Mario

[editar a fonte]
  • Precisa un copyedit e revisión si, virá co tempo, xa haberá máis usuarios que lle dean un repaso.
  • Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chave. / Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para clave. Son sinónimos.
  • No contexto dos videoxogos o inglés domina. Nos medios especializados e no medio en xeral é habitual referirse a eles simplemente como "xogos" (games) sen máis, pola propia definición: Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para videoxogo. (xogo electrónico ou interactivo). No artigo emprégase "xogo" cando en inglés tamén se usa "game", mentres que se indica "videoxogo" cando no orixinal inglés usan "videogame". Mantíveno así en particular cando se fai referencia a algunha lista determinada dun medio específico, p.ex. "200 Greatest Nintendo Games" -> "200 Mellores Xogos de Nintendo".
  • "Rexogabilidade" significa exactamente iso. Provén de "replayability", que a súa vez ven de "playability", en castelán "jugabilidad". "Xogabilidade" non ven no RAG, pero entendo que sería o equivalente en galego. O día que a RAG se poña ó día coas novas tecnoloxías e medios teremos un termo axeitado, polo momento deixareino así, non vexo outra forma de indicalo, é un termo "técnico" bastante habitual e establecido no medio.
  • A explicación do que é un power-up idealmente estará no artigo de seu, deixareino creado en canto teña un momento libre.

Non creo que consiga máis votos no tempo que queda de votación, quedará para unha segunda proposta máis adiante. Grazas pola revisión. Banjo tell me 4 de xullo de 2016 ás 07:02 (UTC)[responder]

Re:Eurovisión

[editar a fonte]

Boas Piquito! Perdoa por non ter contestado antes, non rematei de "aterrar" ata hoxe. Moitas grazas por facer a proposta para o portal de Eurovisión, véxoa bastante ben en termos xerais, aínda que hai algunha cousa que eu non houbera posto asi (por exemplo a escolla das imaxes da cabeceira). A escolla da imaxe de Conchita Wurst e ManuElla non me acaba de convencer. Eu houbera escollido unha imaxe dun cantante máis antigo (pensa que o festival ten mais de 50 anos así que os hai dabondo... se cadra poderíase poñer a un Cliff Richard, Massiel, Salomé... para representar esa época pasada do festival no lugar de Conchita, e no lugar de Manuella eu poría a outra cantante, por exemplo Emilie de Forest, Loreen, o de Heroes... En canto as cores, ao principio chocoume un pouco, pero se ben certo que son as cores que hai en eurovision.tv, estas cores cambian cada ano xa que a cadea encargada de organizar o festival é a encargada de xestionar a web polo que non podemos guiarnos con que eses sexan as cores oficiais. Deixoo á túa discreción, se cadra podemos deixar o formato que hai agora no portal e engadir a cabeceira que fixeches (aínda que para min non sexa a máis representativa do certame). Un saúdo.--AMPERIO (conversa) 15 de xullo de 2016 ás 10:05 (UTC)[responder]

Ui, houbo un conflito de edición cando estaba escribindo unha parte do meu comentario na páxina de votación de R. Clarke, e non sei se borraría o que puxeches ti ao darlle para atrás e a gardar. Creo que está borrada. Non sei se o escribiras ti ou Amperio. Síntoo, foi sen querer, cousas dos conflitos de de edición.--Miguelferig (conversa) 15 de xullo de 2016 ás 23:27 (UTC)[responder]

Xa o arranxei indo a Historial. Agora sae o que puxeches. Creo que tes razón, seguramente é mellor non traducilo.--Miguelferig (conversa) 15 de xullo de 2016 ás 23:35 (UTC)[responder]

Boletín Quincenal

[editar a fonte]
1 - 15 de xullo de 2016
CALIDADE BOS
DESTACADO GALICIA
IMAXE DA SEMANA


Schachnovelle

[editar a fonte]

Ola, Piquito! Eu non lin a novela; se cadra mellor pregúntalle a Usuario:Atobar, que foi quen creou o artigo, a ver se che pode servir de axuda. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de xullo de 2016 ás 00:07 (UTC)[responder]

RE:Icona

[editar a fonte]

Listo, hai que cambiar tamén Módulo:Barra portal/imaxes, xa engado os que faltan. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de xullo de 2016 ás 21:50 (UTC)[responder]

Non, non está protexida, ó mellor foi outro problema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xullo de 2016 ás 22:43 (UTC)[responder]

Haber temporal

[editar a fonte]

Ola, Piquito! Vin na túa achega do artigo de Escultura da Roma Antiga que corrixiches as formas de haber como indicador de tempo, mais son formas de uso bastante usual. Véxase: [7] e [8]. Un saúdo e grazas polas túas achegas! --Isili0n (conversa) 10 de agosto de 2016 ás 06:56 (UTC)[responder]

RE:Se tes un momentiño

[editar a fonte]

Botareille unha ollada, por suposto. Moi bo traballo, parabéns!!!!!! Krisko (conversa) 16 de agosto de 2016 ás 22:45 (UTC)[responder]

György Ligeti

[editar a fonte]

Boas tardes. Propóñoche que no artigo sobre György Ligeti traduzas na sección "Lista de obras" o texto que quedou en inglés. Aínda que o artigo non sexa dos teus, ó tratarse dun compositor faralo con máis cariño e acerto que eu. E quizais queres engadir ou corrixir algo máis. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18 de agosto de 2016 ás 13:38 (UTC)[responder]

RE:Tradutores

[editar a fonte]

Non, non coñezo ningunha ferramenta para iso, pero unha posibilidade sería pedir na wiki en húngaro que traduciran o texto que precisas ó inglés... Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de agosto de 2016 ás 22:48 (UTC)[responder]