Usuario:AMPERIO/Portal:Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Portal Rusia


Rusia, (en ruso: Россия, transliteración: Rossiya, ou Federación Rusa (en Ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no Mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangell. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sahalín, as illas Kuriles e as illas Komandorskie. A porción continental limita ao norte co Mar Branco, o mar de Kara, o mar de Laptev, o mar da Siberia Oriental e o Mar de Chukchi, ao leste co Estreito de Bering e Mar de Bering, que establecen comunicación con Alasca, o Océano Pacífico, o mar de Okhotsk e co mar do Xapón, a través do cal contacta con Xapón, ao sur con Corea do Norte, China, Mongolia, Casaquistán, o Mar Caspio, Acerbaixán, Xeorxia e co mar Negro, do outro lado do cal está a Turquía, e a oeste limita co Mar de Azov, Ucraína, Belarús, Letonia, Estonia, co Golfo de Finlandia, Finlandia e Noruega. A capital de Rusia é a cidade de Moscova.


Artigo destacado

O golpe de Estado de Kornilov foi un errado intento de Golpe de Estado contrarrevolucionario levado a cabo polo comandante en xefe do Exército ruso, o xeral Lavr Kornilov, en setembro de 1917. O Goberno Provisional Ruso e os soviets recibiron o apoio maioritario da poboación e fixeron que o golpe fracasara aos poucos días do alzamento militar.

Tralo fracaso da Ofensiva de Kerenskii en xullo, o novo primeiro ministro, Aleksandr Kerenskii, nomeou ao xeral Lavr Kornilov novo comandante en xefe do Exército ruso; desde o comezo xurdiron roces entre ambos polos desexos do xeral de aplicar unha serie de reformas conservadoras e opostas aos consellos, que na súa opinión, debían servir para mellorar a situación militar. Pronto Kornilov converteuse no candidato das dispersas organizacións conservadoras e dos representantes da Entente para encabezar un novo goberno...

Biografía destacada

Sergei Pavlovich Diaghilev (en ruso Серге́й Па́влович Дя́гилев), nado o 31 de marzo de 1872 en Selichtchi (Gobernación de Novgorod, Imperio Ruso) e finado o 19 de agosto de 1929 en Venecia (Reino de Italia), foi un crítico de arte, mecenas e empresario de ballet ruso, fundador dos Ballets Russes, de onde xurdiron moitos famosos bailaríns e coreógrafos, marcando un antes e un despois na danza clásica. É considerado unha das personalidades máis importantes da historia do ballet.

O xenio de Diaghilev e o seu extraordinario coñecemento de todas as artes o levaron a descubrir e inspirar o xenio dos demais e facilitou a colaboración cos artistas que descubriu. O seu aprecio á nova e distintiva modernidade o fixo capaz de axudar a dar forma a unha nova arte para un novo século...

Sabías que...?

Estreito de Bering

Símbolos históricos


Himno do Imperio Ruso
gravación de 1915.

Imaxe destacada

O Golfo de Kandalakša, Mar Branco

Artigos de calidade e bos

Categorías

Portal Alemaña
Portal Alemaña

Alemaña

Portal España
Portal España

España

Portal Finlandia
Portal Finlandia

Finlandia

Portal Francia
Portal Francia

Francia

Portal Ucraína
Portal Ucraína

Ucraína

Portal Israel
Portal Israel

Israel

Portal Italia
Portal Italia

Italia

Portal Kirguizistán
Portal Kirguizistán

Kirguizistán

Portal Países Baixos
Portal Países Baixos

Países Baixos

Bulgaria
Bulgaria

Bulgaria

Índice de Portais
Índice de Portais

Outros portais