Polígono industrial Curtis-Teixeiro
Polígono industrial Curtis-Teixeiro | |
---|---|
Na ortofotografía aérea de 2014. | |
Tipo | polígono industrial |
En | Teixeiro |
País | Galicia |
43°09′21″N 8°01′00″O / 43.155971, -8.016682 | |
Na rede | |
http://www.curtis-industrial.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Polígono industrial Curtis-Teixeiro é unha actuación industrial creada pola SEPES no concello de Curtis en 2005, nos terreos que ocupara Sidegasa.
Descrición
[editar | editar a fonte]O polígono orixinouse como solución e saída aos terreos que ocupara a pechada Sidegasa. Está situado ao carón de Teixeiro e encaixado entre as vías do tren Palencia-A Coruña e a N-634. Ten unha superficie superior a 1,8 millóns de metros cadrados en 100 parcelas.[1] Neste polígono ten a súa sede Bioetanol Galicia e XPO Logistics.
Está en proxecto e execución a instalación de Greenalia dunha planta de biomasa de 50 megavatios nunha parcela de 100.000 metros cadrados e de Goodleit que ocupará 85.000 metros cadrados.[2]
Accesos
[editar | editar a fonte]O polígono ten terminal de ferrocarril propia. Amais está a 5 km da A-6 e N-VI Madrid-A Coruña, e a fachada dá á N-634 Donostia-Santiago de Compostela.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
No Mapa Topográfico Nacional de España a escala 1:25.000 (c. 2010)
-
Na ortofotografía aérea de 2002-2003.
-
Na ortofotografía aérea de 2005.
-
Na ortofotografía aérea de 2010.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Polígono industrial Curtis-Teixeiro |