Ordenanzas de 1311

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Ordenanzas de 1311 foron unha serie de regulacións impostas ao rei Eduardo II de Inglaterra pola alta nobreza e o clero de Inglaterra para restrinxir o poder do rei. Os vinte e un asinantes das Ordenanzas son coñecidos como os señores ordenantes (Lords Ordainers), ou simplemente os ordenantes (Ordainers). Os reveses a Inglaterra durante a Primeira Guerra de Independencia Escocesa, combinados coas políticas fiscais reais, vistas como abusivas, estableceron os antecedentes para a escritura das Ordenanzas, nas que un consello de baróns apropiouse da maioría dos privilexios administrativos do monarca. As Ordenanzas recollen as Provisións de Oxford e as Provisións de Westminster, dos anos 1250; pero a diferenza das Provisións, as Ordenanzas contiñan novas relacións á reforma fiscal, redirixindo especificamente ingresos do tesouro real ao tesouro público.

Outros temas foron tamén decisivos para a súa concepción. Estaban particularmente descontentos con Piers Gaveston, o favorito do rei, a quen os baróns consecuentemente desterraron do reino. Eduardo II aceptou as Ordenanzas unicamente baixo coacción, e seguiu unha longa loita pola súa revogación, que non acabou ata que Thomas Plantagenet, conde de Lancaster, foi executado en 1322.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.