Conversa portal:Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mudanzas de deseño e contido[editar a fonte]

Discordo absolutamente dos cambios. Gustaríame que se volvese á versión do 2 de maio. Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 27 de febreiro de 2016 ás 16:55 (UTC)[responder]

Creo que non. Primeiramente, sabes perfectamente que non estiveches a engadir, ó contrario, restaches. Estas refacendo todo. As cousas non se fan así. Se queres, fai o que queiras facer nunha subpáxina da túa páxina de usuario e despois propós á comunidade que compare. Non podes refacer por completo o portal, chafando todo o traballo anterior e facendo ao teu gusto. Na miña opinión, para peor. Iso dos feitos consumados e "despois abrimos un debate na comunidade" é wikipedia:xogar co sistema. Se a situación fora ó revés xa me terías acusado de ser malísima persoa, ferir os teus sentimentos e non sei cantas cousas máis. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 27 de febreiro de 2016 ás 19:50 (UTC)[responder]
Trasladei o traballo de Piquito a Usuario:Piquito/Portal:Galicia. --. HombreDHojalata.conversa 27 de febreiro de 2016 ás 20:17 (UTC)[responder]

Cambio de aparencia do portal[editar a fonte]

Procedo a realizar o cambio de aparencia do portal. O 28 de febreiro fixen a proposta de cambio, o último comentario foi o 1 de marzo, polo que o debate leva morto máis dun mes, quen quixo puido opinar, eu procurei usuarios que expuxeran o seu punto de vista sobre o cambio e case non houbo participación. A maioría dos comentarios foron favorables ao cambio, agás o de AMPERIO e o de Atobar (que tampouco se mostrou en contra), na votación houbo dous "concordo" e ningún "discordo", polo que o cambio está xustificado, en case dous meses todo o mundo tivo a oportunidade de mostrar a súa opinión, e os que a mostraron foi para apoiar o cambio. Piquito (conversa) 22 de abril de 2016 ás 21:44 (UTC)[responder]

Piquito, o que pasa é que as ligazóns Portal:Galicia/Concello destacado/3 e outras non existen, deberían existir esas páxinas para que funcione ben o portal, que pasou? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2016 ás 22:50 (UTC)[responder]
Elisardojm, o que pasou basicamente foi que mudei a apariencia (como expliquei arriba) e antes de que puidera ver se funcionaba ben un administradou reverteu a miña edición. Piquito (conversa) 22 de abril de 2016 ás 23:10 (UTC)[responder]
HombreDHojalata, por que revertiches os cambios de Piquito? Se o portal ten os contidos correctos e funciona ben, non vexo o problema para cambialo, na votación houbo varios apoios e ningunha oposición. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2016 ás 23:21 (UTC)[responder]


────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Precisamente: "Se o portal ten os contidos correctos e funciona ben, non vexo o problema para cambialo".

  • O portal tiña/ten uns contidos perfectamente válidos e está feito seguindo uns criterios.
  • Non se xustificou o porqué de machacar toda a páxina e substituíla por outra cousa, desbotando o 100% do traballo anterior.
  • Un portal é o mesmo que a portada. A diferencia é que está centrado nunha temática concreta.
  • Hai mais dun ano que non hai cambio ningún no historial da portada. Dicir que por iso a portada esta "abandonada", como se dixo deste portal, é un argumento falaz, pois, como é ben sabido, tanto un coma a outra, conteñen código que automaticamente os fan ir mudando de contido cada X tempo.
  • A portada da Wikipedia en galego, tanto en deseño como en contidos, ten anos de evolución, dentro dun constante consenso da comunidade.
  • O portal:Galicia está feito a semellanza da portada e ten unha unidade estética con ela (nese sentido debería evolucionar esteticamente ao tempo en que se aprobe a proposta que saia de Wikipedia:Votacións/Redeseño da Portada)
  • Amais, a versión coa que se pretende substituír a actual é moi inferior tanto tecnicamente como esteticamente (isto último ao meu entender, pois xa se sabe que para gustos cores)
  • Temos unha sección Wikipedia:Sobre Galicia (acertadísima para este portal), dun artigo valorado e escollido en consenso sempre pola comunidade e que non se repite. Quérese cambiar por unha sección que rota aleatoriamente unicamente tres artigos escollidos por... Piquito.
  • O funcionamiento "aleatorio" no novo sistema, é, a o meu entender desacertado. O "sorteo" do contido que se vai a amosar prodúcese no momento que se carga a páxina. Dese xeito se se consulta o portal agora, nunha sala de profesores, aparecerá unha cousa, aos quince minutos, consultando na aula, aparecerá outra. Mesmo dentro dunha mesma aula, se o profesor lle di aos alumnos que vaian á páxina do portal, en cada ordenador aparecerá unha cousa diferente. Eu prefiro o sistema que usamos tradicionalmente, de sempre, na Galipedia, unha páxina cun contido definido, sen sorteos, que non muda ata que non cumpre o prazo predefinido, marcado e consensuado pola comunidade.
  • A sección da imaxe sobre Galicia, que amosa sempre unha imaxe escollida pola comunidade, quere mudarse por unha sección cunha imaxe escollida por ... Piquito!
  • O título da sección "concello destacado" non é acertado. O que é destacado é o artigo, non o concello.
  • O banner ocupa un lugar predominante e una porcentaxe importante da pantalla, para min, innecesario, moi estático, que nunca vai quedar ben porque ten un tamaño fixo (1100px) e cada usuario ten unha resolución de pantalla diferente. É un recurso que non adoitamos utilizar no proxecto. Para que empeñar ese espazo nun cartelón fixo se temos recursos ilimitados para ter variedade de contidos axeitados?
  • O deseño está sobrecargado de recadros en cores duras.
  • Emprégase unha cor dura e un tipo de letra extra grosa en negativo (letra clara sobre fondo escuro) nos encabezamentos das sección, que non adoitamos empregar na Galipedia e que ao meu entender é unha combinación desacertada.
  • Algunhas sección teñen un tamaño brutal en relación aos contidos que ofrecen. A sección "proxectos irmáns" ocupa unha tira de pantalla e unicamente conten unha ligazón (commons:)
  • Para o deseño novo non se tivo en consideración a vista móbil. Probade a cargar o portal no voso smartphone (a maioría do tráfico mundial de Internet é a través de smartphones). A "versión vella" cadra moito mellor na vista móbil que a que a pretende substituír.

Porén, quero insistir: Inda que o deseño de Piquito fora perfecto e non tivera defecto ningún, as cousas non se fixeron ben e non se están a facer ben. A Piquito é a quen corresponde dar explicacións (sen berrar nin vitimísmos, que, a pesar do que el di, nin eu nin ninguén lle faltou ao respecto) de porqué é necesario machacar todo o que había e substituílo por algo novo, sen evolucionar sobre o que xa hai, que é como se fixeron sempre as cousas aquí e como se vai seguir facendo, porque forma parte da idiosincrasia deste proxecto.

Por último, dicir que falei aquí de técnica e procedementos, dos contidos da páxina. Non participei na discusión da taberna porque, como noutras ocasión, Piquito acaba derivando a conversa a cuestións que non teñen nada que ver cos contidos da páxina nin cos obxectivos do proxecto, do tipo Banjo me tiene manía, HombreDHojalata me tiene manía, Atobar me tiene manía, AMPERIO me tiene manía, merezo respecto porque traballei muito, non me faledes, non me mencionedes, non vou propoñer máis, non vou votar máis... etc --. HombreDHojalata.conversa 23 de abril de 2016 ás 10:29 (UTC)[responder]

Moitas grazas por explicar as túas razóns HombreDHojalata, logo pasarei a comentalas, porén o teu último parágrafo non o vexo axeitado e agradeceríache moito que o eliminaras ou cambiaras o seu ton porque non me parece que forme parte dunha conversa sa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de abril de 2016 ás 11:34 (UTC)[responder]
E este si cho parece?! --. HombreDHojalata.conversa 23 de abril de 2016 ás 11:42 (UTC)[responder]
As cousas estanse a facer perfectamente: pedíuseme que traballara o portal nunha subpáxina da miña páxina de usuario e logo sometera a votación as dúas propostas, así o fixen, a xente que quixo opinar así o fixo, durante case dous meses o debate estivo aberto, como ben di Elisardojm non houbo oposición algunha e si varios comentarios a favor... Non entendo que non se respecta unha votación, creo que porfiar nesta situación é ridículo e impropio dun administrador, que debera ser exemplo de bo talante, boas formas e respecto polas decisións tomadas pola comunidade. Creo que debería procederse ao cambio da aparencia o antes posible, respectando a opinión da maioría d@s usuari@s que participaron na votación, e poder iniciar así a selección de contidos por parte de todo aquel que estea disposto a participar de xeito construtivo. Piquito (conversa) 23 de abril de 2016 ás 22:29 (UTC)[responder]
Bueno. O feito constatable e evidente (véxase), é que nunca existiu tal consenso.
Como, despois de meses, Piquito teima en substituír un contido polo outro e eu teimo en desfacer unha edición tan radical, propoño, e pido, como solución de consenso, que un terceiro, por exemplo Elisardojm (conversa · contribucións) (porfa), partindo do que xa hai na páxina, incorpore todo o que el estime que está ben da proposta de Piquito.
Por outra banda, de talante, boas formas e respecto, comezo a estar farto de que me queiras dar ti, precisamente, leccións. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 24 de abril de 2016 ás 09:36 (UTC)[responder]
HombreDHojalata e Piquito, o que me gustaría é que esta conversa, e as que haxa a partir de agora, se manteñan nun ton neutral sen acusacións nin reproches persoais para que non afecten ó desenvolvemento da Galipedia.
Revisarei este tema cando remate uns detalles que teño pendentes e logo espero que sigamos esta conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de abril de 2016 ás 00:32 (UTC)[responder]
Está ben ver o que se fai en outras Wikipedias e o que se considera de calidade en Wikipedias importantes. Só por comparar, véxase o portal da India da Wikipedia en inglés, que ten moitas similitudes coa proposta que eu fago e que máis arriba se citan como gravísimos defectos. Non teño máis nada que engadir a este debate, a votación tivo lugar e decidiuse o que se decidiu, mudar radicalmente a imaxe do portal, e non o decidín eu. Adeus. Piquito (conversa) 25 de abril de 2016 ás 21:17 (UTC)[responder]

Desde o máis absoluto respecto, Piquito, penso que dicir que unha votación na que só votaron dúas persoas a favor é unha proposta aprobada, resulta un argumento un pouco pobre, por chamalo dalgunha maneira. Eu tiña entendido que para as votacións aplicábase o criterio de Wikipedia:Votacións e todas as votacións que alí aparecen requiren (salvo a administrador e bots) que haxa un mínimo de 5 votos a favor para que a proposta siga adiante. Sobre o demais vexo ven que Elisardojm medie en todo isto. --AMPERIO (conversa) 27 de abril de 2016 ás 18:50 (UTC)[responder]

Piquito e HombreDHojalata volvo sobre esta conversa que deixei sen contestar porque se me esqueceu totalmente, síntoo de novo.

Mirei a proposta de Piquito e non vexo moi ben que contido se pode engadir á portada actual, as seccións que hai a maiores na súa proposta son as de biografías e concello destacado, artigos bos e de calidade, e sabías que, porén, eses artigos, salvo os bos e de calidade, non están seleccionados pola comunidade nin por un grupo de usuarios, debería haber máis xente que participara na súa escolla. Quizais sería interesante engadir no portal actual a sección de artigos bos e de calidade relacionados con Galicia, dar visibilidade ós contidos de máis calidade penso que sempre é unha boa idea.

Sobre a aparencia do portal, na votación non se conseguiron os cinco votos mínimos para ser aprobada a proposta polo que non é aplicable, habería que facer unha nova votación de querer aplicalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de decembro de 2018 ás 17:54 (UTC)[responder]

Imaxes do mes[editar a fonte]

Vendo o estado de abandono nesta sección, xa que desde Portal:Galicia/Imaxe do mes sobre Galicia/abril 2013 semella que ninguén se ocupou de crear as imaxes para o portal:

  1. Creei un arquivo para as imaxes vellas seguindo o estilo de Wikipedia:Imaxe da semana e Wikipedia:Imaxe da semana/Arquivo.
  2. Engadín as imaxes do mes para o que queda de Portal:Galicia/Imaxe do mes sobre Galicia/Arquivo/2018 e todo Portal:Galicia/Imaxe do mes sobre Galicia/Arquivo/2019. Así polo menos non temos que preocuparnos por isto durante un tempo.
  3. As imaxes foron escollidas das que había en Wikipedia:Imaxe da semana relacionadas con Galicia, como se indica en Asignación da imaxe do mes sobre Galicia, porén comecei de 2017 cara atrás, xa que as máis vellas utilizan un estilo distinto no cadro e había que mudar todo o código (por exemplo na de agosto si que mudei o código).

--AMPERIO (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 17:11 (UTC)[responder]