Usuario:Elisardojm/A3GAL/Relación coa Fundación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Estatutos de A3GAL

Dentro da Fundación Wikipedia existen tres tipos de entidades que recoñecidas:

  • Os capítulos nacionais, son organizacións independentes que apoian e difunden os proxectos Wikimedia nun área xeográfica específica (país).
  • As organizacións temáticas, son organizacións independentes sen ánimo de lucro fundadas para apoiar e promover os proxectos Wikimedia dentro dun área focal específica. Polo momento a única entidade temática existente é Amical Wikimedia.
  • Os grupos de usuarios de Wikimedia, son afiliados simples e flexibles con moitos menos requisitos que os capítulos ou as organizacións temáticas. Normalmente son wikipedistas que se unen para facer diferentes actividades de promoción e mellora das Wikipedias. Hai moitos grupos de usuarios, por exemplo o Grupo de usuarios de eu.wiki.

Como non é posible que A3GAL sexa un capítulo, revisaremos só as características das organizacións temáticas e dos grupos de usuarios.

Vantaxes e requisitos das organizacións temáticas[editar | editar a fonte]

Vantaxes[editar | editar a fonte]

  • Uso dos logos de Wikimedia sen necesidade dun permiso adicional, seguindo a política da marca.
  • Recibir obxectos de publicidade da Fundación Wikimedia para usar nas actividades de promoción.
  • Recoñecemento público da afiliación da asociación coa Fundación Wikimedia.
  • Axuda do Comité de Afiliación antes e despois o proceso de aceptación.
  • Acceso ó Plan Anual de Bolsas despois de completar con éxito dúas bolsas doutro tipo e cumprir algúns requisitos.
  • Un nome curto ligado claramente á Fundación.
  • Uso exclusivo do nome na área do grupo.
  • Comunicacións e soporte de políticas públicas da Fundación Wikimedia.
  • Dúas bolsas para asistir á Conferencia Wikimedia en Berlín.

Requisitos[editar | editar a fonte]

  • A misión da asociación ten que concordar coa da Fundación.
  • A organización ten que ter un foco temático que pode ser cultura, lingüístico ou doutro tipo.
  • Ter unha estrutura legal independente da Fundación.
  • Debe ter unha masa mínima de membros, como mínimo dez pero preferiblemente vinte colaboradores activos dos proxectos Wikimedia.
  • Ter polo menos dous anos realizando actividades. Estas actividades, e os seus resultados, teñen que estar documentadas na wiki, preferiblemente en meta.
  • Ter capacidade, ou capacidade planificada, para cumprir coas expectativas futuras.
  • Teñen que cumprir a política de nomes de organizacións temáticas.
Sen o recoñecemento da Fundación, as organizacións seguen podendo:
    • Realizar actividades para promover, construír e apoiar ó movemento Wikimedia e os seus proxectos.
    • Utilizar o logo da comunidade Wikimedia.
    • Usar os logotipos de Wikimedia para un evento segundo o establecido na política de marcas rexistradas da Fundación Wikimedia se reciben unha licenza da Fundación Wikimedia e autorización do equipo legal da fundación.
    • Solicitar subvencións para proxectos e eventos.

Vantaxes e requisitos dos grupos de usuarios[editar | editar a fonte]

Vantaxes[editar | editar a fonte]

  • Uso dos logos de Wikimedia sen necesidade dun permiso adicional, seguindo a política da marca.
  • Recibir obxectos de publicidade da Fundación Wikimedia para usar nas actividades de promoción.
  • Recoñecemento público da afiliación da asociación coa Fundación Wikimedia.
  • Axuda do Comité de Afiliación antes e despois o proceso de aceptación.
  • Unha bolsa para asistir á Conferencia Wikimedia en Berlín.
Sen o recoñecemento da Fundación, os grupos de usuarios seguen podendo:
    • Realizar actividades para promover, construír e apoiar ó movemento Wikimedia e os seus proxectos.
    • Utilizar o logo da comunidade Wikimedia.
    • Usar os logotipos de Wikimedia para un evento segundo o establecido na política de marcas rexistradas da Fundación Wikimedia se reciben unha licenza da Fundación Wikimedia e autorización do equipo legal da fundación.
    • Solicitar subvencións para proxectos e eventos.

Requisitos[editar | editar a fonte]

  • Ter tres editores activos nalgún proxecto Wikimedia.
  • Aceptar o acordo de grupos de usuarios de Wikimedia e o código de conduta. Neste apartado indícanse os nomes aceptados, que debe ser descritivos e indicar que son un grupo de usuarios de Wikimedia: Wikimedia Community User Group Wikiland, Wikimedians of Wikiland User Group, Wikipedians of Wikiland User Group, MediaWiki Group Wikiland, Wikipedia Editors for Natural Science.

Comentarios[editar | editar a fonte]

  • Por favor, que alguén revise que o contido é correcto, eu collín datos de varias páxinas, unhas en castelán e outras en inglés e poida que metera a zoca nalgún sitio. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2018 ás 12:24 (UTC)
  • Polo que entendín, as organizacións temáticas teñen que levar dous anos de traballo recoñecido, polo que xa non podemos entrar nesta categoría.
Na categoría de grupos de usuarios penso que non habería gran problema en entrar, a única dúbida que teño é se aceptarán o nome da asociación, habería que poñerse en contacto coa xente do Comité de afiliacións e ver que nos din, pero na lista de grupos de usuarios hai algúns nomes diferentes. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2018 ás 12:24 (UTC)
Tamén deberíamos preguntar ó comité se podemos poñer as páxinas do grupo na Galipedia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2018 ás 13:54 (UTC)
  • Coido que como idea, na que encaixamos é en grupos de usuarios, non nas outras, máis aló das vantaxes.Agremon(contacto) 26 de novembro de 2018 ás 14:26 (UTC)
  • Parece que o noso sería o de Grupo de usuarios. Non sei se, de ser o caso, poderiamos "ascender" ao outro nivel. Servando2.
  • Segundo vexo os grupos deben manter unha páxina en Wikimedia, iso xa está ben de entrada. E nos nomes polo que vin hai de todo. Por exemplo esta. Oliveira (conversa)

Correo para a Comisión de Afiliacións[editar | editar a fonte]

Estimados compañeiros da Comisión de Afiliacións da Fundación Wikimedia:

Somos un grupo de usuarios da Wikipedia en galego e poñémonos en contacto con vostedes para preguntarlles se podemos formar parte dos Grupos de Usuarios da Fundación Wikimedia. Xa temos creada unha asociación legalizada en Galicia, España, co nome de "Asociación de Amigos e Amigas da Galipedia e Coñecemento Libre", en inglés "Association of Friends of Galipedia and Free Knowledge", e agora gustaríanos que fose recoñecida pola Fundación como Grupo de Usuarios da Wikipedia.

Os obxectivos da asociación son: "contribuír a que o saber e a cultura sexan accesibles para todas as persoas, a través da difusión directa de enciclopedias, libros, imaxes e outras compilacións de documentos que se presenten nun formato libre, difundir as obras que fosen liberadas polas persoas autoras destas con licenza libre, e converterse nun nodo máis deste intercambio de coñecementos universal, achegando contidos xerados pola nosa propia cultura, e en lingua galega". Poden consultar os nosos estatutos en Usuario:Estevoaei/Estatutos.

Tamén queremos preguntarlles se é posible que a asociación teña algunhas páxinas de xestión e coordinación dentro da propia Wikipedia en Galego. Para conseguir os nosos obxectivos queremos estar en contacto directo e permanente coa comunidade da nosa Wikipedia, tanto socios coma non socios, e ter as nosas páxinas na Wikipedia facilitaría moito este contacto xa que poderíamos enviar avisos directamente ós membros do proxecto, facilitaríase a participación da comunidade e tamén se facilitarían as tarefas de mantemento xa que poderiamos utilizar o sistema wiki que xa coñecemos.

Un saúdo dos socios de A3GAL

Comentarios ó correo para a Comisión de Afiliacións[editar | editar a fonte]

  • Coido que así está ben. Claro que haberá que poñelo tamén en inglés. Dous comentarios pequenos: coido que xa se deberían poñer os estatutos nunha páxina que tivera A3Gal no nome, e coido que quedaramos en que as siglas eran con al e non con AL.Agremon(contacto) 2 de decembro de 2018 ás 21:35 (UTC)
Agremon, acabo de consultar a copia escaneada dos estatutos que firmamos e pon A3GAL. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de decembro de 2018 ás 22:00 (UTC)
Vale pois.Agremon(contacto) 3 de decembro de 2018 ás 15:43 (UTC)
  • Perfecto e só unha observación: somos "Asociación de Amigas e Amigos...", non "Amigos e Amigas". Hai un par de erros do galego, pero como supoño que lles escribirás en inglés, non digo nada. Un saúdo, Pedro Lameiro [non existe icona de sinatura] (3.12.2018, ás 01:49, hora local).
  • Eu non sei se deixaría isto das afiliacións á Asemblea Xeral. E para cando esteamos definitivamente rexistrados, a ver se este venres aproveitando que non hai cole. E eu cambiaría os estatutos a Galifontes xa, que telo nunha subpáxina de usuario non sei que me dá. ※ Sobreira ►〓 parlez 3 de decembro de 2018 ás 08:44 (UTC)
  • Tes razón Lameiro, está mal o de "Amigos e amigas" pero é que está así na páxina dos estatutos, hai que revisar como está no documento que firmamos. Xa avisei a Sobreira. Por favor, cando teñas un momento corrixe os erros no galego, que aínda que se traduza ó inglés non debe estar así aquí. Por certo, para firmar, podes usar os ~~~~ que están na parte de abaixo da caixa de edición.
    • Somos o carallo 29. Nos Estatutos que temos na páxina de Estevo somos "Asociación de Amigos e Amigas" no preámbulo, pero "Asociación de Amigas e Amigos" no artigo 1 de Denominación. Non mirei o resto. Pedro Lameiro (conversa) 3 de decembro de 2018 ás 16:22 (UTC)
Sobreira, polo momento este correo é tan só unha consulta para saber se o Comité atopa algún problema en que nos afiliemos, principalmente polo nome, e tamén para preguntar se podemos poñer algunhas páxinas na wiki. Antes de dar o paso definitivo haberá que pensar como o debemos facer. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de decembro de 2018 ás 09:14 (UTC)
Xa que saiu aquí, no editor visual, a sinatura, como se fai?Agremon(contacto) 3 de decembro de 2018 ás 15:44 (UTC)