Conversa usuario:Elisardojm/arquivo 12

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Arquivo das conversas da primeira metade do 2016:

Índice

Re: Benvida[editar a fonte]

Moitas Grazas Elisardojm! Teño moi boas referencias túas, Un saúdo! --Piquita (conversa) 3 de xaneiro de 2016 ás 08:33 (UTC)

Dúbida[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Teño unha dúbida acerca de que nome poñerlle ao artigo Juan Enríquez. Explícome: Resulta que este home foi bispo de Lugo, pero tamén resulta ser membro dunha rama bastarda de descendentes de Afonso XI de Castela. Velaquí a cuestión. Entendo que segundo WP:NPP non habería que traducilo posto que trátase simplemente dun membro da nobreza castelá, que non pode considerarse membro da realeza. O segundo criterio que habería que aplicar é que se trata dun bispo, pero claro, WP:NPP só di que se traducen os eclesiásticos identificados só polo nome, cando o noso Juan ven identificado tamén polo apelido Enríquez. Queda por tanto o punto de as figuras históricas tradúcense de haber tradición de traducir o seu nome en galego e aquí xorde o problema. Buscando na rede atopei esta páxina do Consello da Cultura Galega na que si traducen o nome, pero só para identificalo, xa que os textos que fornecen están escritos en castelán antigo ou galego-portugués (non sei moi ben cal das dúas) e aparece como Juan, Johan.... En resumo, ti que farías? --AMPERIO (conversa) 4 de xaneiro de 2016 ás 12:47 (UTC)

The Signpost: 06 January 2016[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 7 de xaneiro de 2016 ás 06:46 (UTC)

Permiso[editar a fonte]

Boas Elisardo!! Como ben sabes, hai tempo presentei na taberna unha proposta para reorganizar a páxina dos artigos de calidade, pois ben, o tempo pasou e o debate está morto... xa que ninguén se mostrou desfavorable ao cambio pensei que se podería cambiar (se ao cabo non é algo que implique nada) Antes de facer nada quería consultarche se cres que é bo facelo ou mellor deixalo ir, xa que tes máis experiencia aquí, considérote alguén razoable e téñote en alta estima como usuario. Xa me dirás. Unha aperta!! --Piquito (conversa) 7 de xaneiro de 2016 ás 12:50 (UTC)

Grazas Elisardojm, pero paréceme un pouco excesivo someter un cambio tan pequeno a votación, así que quedará como está. Unha aperta!! --Piquito (conversa) 8 de xaneiro de 2016 ás 12:17 (UTC)

Votacións de propostas de políticas - xaneiro 2016[editar a fonte]

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as próximas votacións de políticas programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me 11 de xaneiro de 2016 ás 08:01 (UTC)

Tech News: 2016-02[editar a fonte]

11 de xaneiro de 2016 ás 16:59 (UTC)

RE:Modelo aviso de bloqueo[editar a fonte]

Feito! Feito!. Fallo meu na implementación inicial do aviso. {{au-bloqueo}} para usuarios rexistrados, {{au-bloqueoIP}} para IPs. Non arranxa retroactivamente, os que xa o tivesen haberá que ir amañándoos a man, segundo se vaian atopando, dareille unha pasada máis adiante. Banjo tell me 12 de xaneiro de 2016 ás 12:43 (UTC)

Non só serve para coordenadas, é util para datos xeográficos e científicos. Módulo:Wikidata require unha revisión. Na wiki es usan es:Plantilla:Propiedad para obter o valor da propiedade wikidata correspondente neses modelos. Ten en conta que alí teñen un grupo de 48 persoas para ese tipo de tarefas. Cuestión de tempo, aquí todo vai máis despacio... ando metido noutras leas polo momento. Dame un tempiño e poñereime con iso. Banjo tell me 12 de xaneiro de 2016 ás 13:11 (UTC)
Non é que teñamos que ir amodo, é que somos poucos e cobardes :P. A poboación é algo dinámica, pero é unha opción (para os países por exemplo). Superficie. Datas de nacemento / falecemento de persoeiros. Valores cientítificos establecidos para propiedades de elementos químicos... As posibilidades son moitas. Se lle vas dando algo e necesitas axuda avisa, máis adiante métome de cheo niso Banjo tell me 12 de xaneiro de 2016 ás 13:30 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Mola :). Está wapo que pille as traducións galegas a partir dos elementos wikidata e o artigo co que ligan aquí. Igual xa o podes pasar a {{País}} directamente. Bo traballo meu :) Banjo tell me 18 de xaneiro de 2016 ás 12:20 (UTC)

Máis que nada porque as chamadas a módulos deberían ir directamente nos propios modelos, non nos artigos :P Banjo tell me 18 de xaneiro de 2016 ás 12:29 (UTC)
Si, básicamente:
  1. Facer a chamada(invoke) directamente en {{país}}. Non sei se é igual que dende o propio artigo ou se hai que adaptala para que pille o título do artigo, pero debería funcionar sen máis, se é que usa directamente o wikidata.
  2. Engadir en {{país}} unha variable opcional para conter as posibles notas (ref_idioma ou nota_idioma p.ex.). Ahí é onde hai que poñer esa ref logo no uso do modelo no artigo. Non estou seguro cómo está exactamente o uso de notas internas nese modelo, non o revisei.
  3. Pasar as refs que haxa nos artigos que inclúen {{país}} a ese novo campo para a nota.
  4. Eliminar o campo "idioma" nas páxinas que inclúen {{país}} (xa como limpeza posterior)

Banjo tell me 18 de xaneiro de 2016 ás 13:05 (UTC)

As probas no espacio de nomes de usuario, se non xa sabes que roio :P. Movino a Usuario:Elisardojm/País eli. A ver se lle argallo algo estes días, calquera cousa avísote. Banjo tell me 18 de xaneiro de 2016 ás 13:44 (UTC)
Aínda que agora que o vexo, non sei eu se nos valerá de moito o modelo de probas... se usa wikidata, hai que probalo directamente na páxina do artigo que esté ligado a entrada concreta no wikidata, se non non funciona o módulo! XD. Aínda así, argallareille algo estes días, xa che comentarei. Banjo tell me 18 de xaneiro de 2016 ás 13:50 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Homónimos[editar a fonte]

Saúdos! Acaba de comezar a votación da proposta de política oficial Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Homónimos, que rematará o 14 de febreiro. O texto proposto para esta nova política pódese consultar na páxina correspondente, e o calendario de futuras votacións está dispoñible aquí. Grazas! Banjo tell me 15 de xaneiro de 2016 ás 08:06 (UTC)

A Nosa Terra (imaxes)[editar a fonte]

Boas Elisardojm, estou traballando no artigo inglés de A Nosa Terra, vou facer un só recollendo a información que conteñen os nosos artigos de aquí. O caso é que quería engadirlle algunha imaxe para que non quede tan soso e tratei de subir unha das que temos aquí a commons, concretamente Ficheiro:A Nosa Terra, 1916.png, pero resulta que deu error e apareceu isto. Seguindo o que aparece alí non sei se nos tamén deberíamos borrar as imaxes Ficheiro:A Nosa Terra, 1916.png e Ficheiro:A Nosa Terra, 1907.jpg aínda que sexa un pouco faena o perdelas. Non? --AMPERIO (conversa) 15 de xaneiro de 2016 ás 19:55 (UTC)

The Signpost: 13 January 2016[editar a fonte]

Tech News: 2016-03[editar a fonte]

18 de xaneiro de 2016 ás 17:55 (UTC)

Reparto[editar a fonte]

Pois si. Habería. Con bot non se pode facer, porque hai que ir a man vendo cando é máis acaído poñer "elenco de actores", cando "distribución de papeis" e cando "actor secundario" Face-sad.svg --. HombreDHojalata.conversa 18 de xaneiro de 2016 ás 20:24 (UTC)

"==Reparto==" por "==Elenco de actores==" e "actor de reparto" por "actor secundario" son sinxelas, quedan apuntadas. Apuntade calquera outra que vexas alí, sempre que señan deste tipo. Se son así tal e como van sen variacións son automáticas, poderei poñelo a funcionar pola tarde. Banjo tell me 19 de xaneiro de 2016 ás 09:34 (UTC)
"==Reparto==" xa levou unha volta, está funcionando agora con "actor de reparto". Queda en automático, revisareino máis tarde. Se ves que empeza a facer falcatruadas bloquéao. Hai artigos que levan o de "reparto" no título, haberá que movelos a man. Banjo tell me 19 de xaneiro de 2016 ás 16:28 (UTC)
Feitos os tres. Hai que revisar eses artigos que o levan no título e as ligazóns que se fan a eles. Se ves outra para o bot avisa. Banjo tell me 19 de xaneiro de 2016 ás 18:18 (UTC)

Comentarios a colaboración con Fundación Cela[editar a fonte]

Boas, fai unhas semanas deixei un comentario na taberna sobre a posibilidade de colaborar coa Fundación Cela. Xa respondeu Estevoaei pero sería interesante que máis xente comentara o que lle parece esta iniciativa para poder contactar cos da Fundación para levar o proxecto adiante ou non. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 20 de xaneiro de 2016 ás 12:03 (UTC)

Country data[editar a fonte]

{{flagicon}} chama a {{country data}}, que logo chaman a {{country data XXXXX}} segundo o país que sexa, e estes usan {{country showdata}} para amosar os distingos valores que hai definidos no {{country data XXXXX}}. Polo pouco que vin só {{Elección}} usa {{flagicon}}, e semella que funciona ben (p.ex en Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009).

Os datos de {{country data XXXXX}} hai que introducilos a man para cada país.

Modelo:Bandeira2 é igual que Modelo:flagicon. E Modelo:Bandeira icona-país é igual que Modelo:flagicon/core. Por unha banda semella que estás a duplicar traballo :P Por outra non estou seguro de cal é o problema ao que te refires :(

Aínda non me metín a revisar como vai ese módulo, pero si semella que xa pilla algúns valores. Banjo tell me 21 de xaneiro de 2016 ás 20:52 (UTC)

Gotcha. Xa entendín o que dis. Non amosan a documentación porque o modelo {{uso de marcador}} non funciona da mesma forma que en:Template:Documentation, e o showdata está pensado para funcionar co modelo yankee, que vai por módulo. Banjo tell me 21 de xaneiro de 2016 ás 21:56 (UTC)
Modelo:Country data España. Débesme unha :P Quedan por traducir e apañar cousas no showdata. Banjo tell me 21 de xaneiro de 2016 ás 22:28 (UTC)

É polo módulo:coordenadas. Hai que actualizalo. En canto teña algo de tempo reviso. Banjo tell me 22 de xaneiro de 2016 ás 18:53 (UTC)

Creo que xa quedou listo módulo:coordenadas, debería verse ben agora co formato dms. Revisa a ver. Banjo tell me 27 de xaneiro de 2016 ás 09:50 (UTC)
Sí, adapteino do da wiki :es, porque alí xa o tiñan adaptado para amosar "O" no canto de "W". Engadín tamén que poña "L" no lugar de "E". Banjo tell me 28 de xaneiro de 2016 ás 11:08 (UTC)

The Signpost: 20 January 2016[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 24 de xaneiro de 2016 ás 19:21 (UTC)

Coral Polifónica Follas Novas[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Vin que na Galipedia non contamos con artigo sobre a Coral Polifónica Follas Novas e mirando pola rede vin que a páxina da agrupación indica copyleft 2014, podes velo ao final de todo desta páxina. A pregunta é, podo subir as numerosísimas fotos a Commons? Graciñas!! --Piquito (conversa) 24 de xaneiro de 2016 ás 19:38 (UTC)

Grazas pola información. Por certo, vin que modificaches o cadro de personaxes da zarzuela Cádiz, supoño que "reparto" non será correcto en galego, porén empregar o termo "actores" non é para nada correcto neste caso, xa que é falso... neste caso (e no resto de zarzuelas, óperas, ballets...) o correcto sería "cantantes" ou "intérpretes" (para o ballet sería "bailaríns). Graciñas! --Piquito (conversa) 24 de xaneiro de 2016 ás 22:32 (UTC)

Tech News: 2016-04[editar a fonte]

25 de xaneiro de 2016 ás 16:38 (UTC)

Bayreuth[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Deixei unha mensaxe na votación do canon de Bayreuth, sinalo algunhas referencias tipo Harvard que non puxen, se podes mira e me contas se procede e se se pode. Non creo que saia elixido, non xerou moito interese, a verdade, pero se poden quedar arranxados ese par de detalliños, pois xa queda feito. Un saúdo! --Piquito (conversa) 29 de xaneiro de 2016 ás 00:16 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ficción[editar a fonte]

Saúdos! Acaba de comezar a votación da proposta de política oficial Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ficción, que rematará o 28 de febreiro. O texto proposto para esta nova política pódese consultar na páxina correspondente, e o calendario de futuras votacións está dispoñible aquí. Grazas! Banjo tell me MediaWiki message delivery (conversa) 29 de xaneiro de 2016 ás 12:02 (UTC)

Votacións de propostas de políticas - febreiro 2016[editar a fonte]

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as próximas votacións de políticas programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me 1 de febreiro de 2016 ás 08:34 (UTC)

Re:Eurovisión[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Claro que podo poñelo ao comezo, de feito sempre adoito poñelo alí. Púxeno nesa sección porque era a que estaba editando nese momento e nin me dera conta a verdade. De todas formas como ía pensar que querías editalo se case o único editor son eu! e o artigo leva sen editarse desde o 15 de xaneiro. En todo caso, xa está cambiado de sitio. Unha aperta e grazas polo aviso! --AMPERIO (conversa) 1 de febreiro de 2016 ás 10:53 (UTC)

Bandeiras[editar a fonte]

Perdoa que te moleste de novo. Hai un tempo vin que alguén, non sei se ti, creou un modelo similar ao es:Plantilla:Bandera da wikipedia en castelán. Sabes algo diso? E se pode utilizarse para que funcione como o que alí teñen? --AMPERIO (conversa) 1 de febreiro de 2016 ás 11:07 (UTC)

Tech News: 2016-05[editar a fonte]

1 de febreiro de 2016 ás 21:02 (UTC)

Dúbida vélaro[editar a fonte]

Boas Elisardojm, teño unha dúbida que levo tempo sen dar resolto por que creo que non está claro o tema. Moitos artigos sobre nobres inclúen unha lista de honras e medallas que recibiron ao longo da súa vida e, resulta que nalgúns casos aparece a Orde do Toisón de Ouro. O tema é que a palabra Toisón non aparece na RAG, porén Vélaro si que ven, poñendo como exemplo de uso dese termo:

Vélaro

substantivo masculino
1 Conxunto de la que resulta de rapar unha ovella ou un carneiro.

Despois de tosquiar as ovellas, metían o vélaro en baldes de auga para lavalo.

2 Pel de ovella ou carneiro, coa súa la.

A lenda do vélaro de ouro.
Dicionario da Real Academia Galega

Doutra banda temos Toisón en Faro de Vigo, La Opinión Coruña, La Voz de Galicia ou Galicia Hoxe, sendo todos eles artigos de xornais.

Se buscamos en Google Orde do Toisón de Ouro aparecen 365 resultados fronte aos 9 de Orde do Vélaro de Ouro, sendo 5 deles resultados da propia galipedia. Non sei se ti poderás axudarme, pero por preguntar que non sexa. Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2016 ás 11:29 (UTC)

Ok, moitas grazas. Preguntareilles a ver que opinan eles. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2016 ás 12:11 (UTC)

Kilimanjaro e nomes de animais[editar a fonte]

Ola, Elisardo. Coñezo a directriz de poñer só os nomes comúns de especies que estean referenciados e non crear nomes como fontes primarias. De feito eu son partidario de, en xeral, deixalos co nome científico, pero non todo o mundo está de acordo porque tamén me lembro dunha discusión que houbera na páxina dos pelicanos que eu traducira. Non obstante, hai veces que un nome é o máis repetido na literatura zoolóxica na gran maioría das linguas principais (=máis coñecidas), polo que non é disparatado poñelo ou mencionalo coa debida prudencia. Por exemplo Xoio, está facendo agora páxinas sobre os armadillos e estalles poñendo os nomes habitualmente usados polo mundo, penso que con bo criterio, xa que eses animais se denominan en case todos os idiomas polo número de bandas da súa coiraza (de 3 bandas, de 9 bandas , de 12 bandas etc.). Nos nomes que había na páxina do Kilimanjaro que traduciu Piquito o que fixen foi unha gran limpeza deixando na maioría dos casos só o nome científico. Nos casos en que deixei nomes comúns fíxeno porque pensaba e sigo pensando que son perfectamente aceptables. Os nomes comúns que deixei poden distribuírse nos seguintes grupos:

  • Nomes nos que a especie ou o xénero vive en Galicia e ten nome: xeneta, peneireiro cincento, uz branca. Nalgúns casos o xénero ten especie galega pero non a mesma especie que no Kilimanjaro, como no caso das escribentas (Emberiza) ou os miñatos (Buteo); neses casos puxen por exemplo que alí viven "escribentas da especie Emberiza tahapii", polo que é correcto. Este grupo de nomes creo que non teñen problemas.
  • Nomes que teñen páxina na Galipedia: porco formigueiro, sitatunga, búfalo cafre, león, leopardo, elefante, hiena, elán ou quebraósos (deste último querería ver eu a referencia). Se estes están mal habería que cambiar o nome da páxina deles na Galipedia, e non só na páxina do Kilimanjaro.
  • Nomes talvez sen referencia galega pero usados internacionalmente na maioría dos idiomas principais. Estes son os que poderían ser máis conflitivos e son os seguintes:
    • Ratel. Este si ten referncia porque vén no DRAG. Chamado tamén ratel en portugués, español, catalán , francés, inglés (xunto con honey badger=teixugo do mel), afrikaans, italiano (ratele, xunto con tasso del mele=teixugo do mel). Penso que é aceptable.
    • Porcoespiño. Igual ou similar en portugués (porco-espinho), italiano (porcospino), francés (porc-épic), inglés (porcupine). Penso que é aceptable.
    • Aguia coroada. Igual no nome científico (coronatus) e en inglés (crowned eagle), catalán e español (águila coronada), portugués (águia-coroada), italiano (aquila coronata), francés (aigle couronné). Penso que é aceptable.
    • Babuíno. A palabra vén no DRAG así que non debe haber problema. Noutros idiomas chámanlle tamén con equivalentes de babuíno ou de papión (babuíno, baboon, papió).
    • Colobo. O nome científico é Colobus. Igual en español (colobo), francés (colobe), inglés (colobus). Creo que é aceptable.
    • Gálago. Nome que ten un xénero pero que xeralmente se fai extensible a toda a familia Galagidae. Dise así en francés e español (gálago, galago), catalán (gálag), italiano (galagoni), en inglés (lesser galagos ou lesser busherbabies para o xénero). Redacteino como "gálagos das especies Otolemur...", polo que me refiro á familia e indico a especie. Penso que é aceptable.
    • Dik-dik. Dise dik-dik ou dic-dic en inglés, afrikaans, catalán, español, francés, italiano. Penso que é aceptable. Como vés nalgúns dos exemplos inclúo o afrikaans (o holandés boer de Suráfrica) porque dese idioma se sacaron moitos nomes de animais que vivívan alí.
    • Cefalofo. Tamén se lle chama duiker. Cefalofo é un nome tirado do seu nome científico ou mellor do nome científico da súa familia (nós na galipedia temos a páxina cefalofinos). Deixei cefalofo, pero a min gústame máis duiker, tal como se di en inglés, afrikaans, catalán (duiquer), español (duiker, cefalofo), portugués (cefalofo, duiker ou duiqueiro). En italiano cefalofo. Penso que pode valer cefalofo.
    • Damán. Igual en español, francés, catalán, portugués (damão). Os ingleses chámanlles dassies porque o tomaron do afrikaans. Podería valer, pero se non, podo poñer hiracoideos, que temos a páxina feita.
    • Serval. Igual no nome científico e en inglés, francés, español, catalán, portugués, e italiano (servalo). Aceptable penso.
    • Mangosta vén no DRAG.

En consecuencia, sigo pensando que os nomes que quedaron son perfectamente aceptables (non así moitos dos que había antes na páxina). Pero se cres que hai que cambiar algún ou deixar só o nome científico, pois sempre se pode facer.--Miguelferig (conversa) 4 de febreiro de 2016 ás 18:14 (UTC)

RE: Canon[editar a fonte]

Boas Elisardojm! John Calder é editor, podes ver as guías de ópera aquí. Grazas polos arranxos que fixeches no artigo, a ver se alguén máis se anima a votar. Unha aperta! --Piquito (conversa) 5 de febreiro de 2016 ás 17:50 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Biografías de persoas vivas[editar a fonte]

Saúdos! Acaba de comezar a votación da proposta de política oficial Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Biografías de persoas vivas, que rematará o 28 de febreiro. O texto proposto para esta nova política pódese consultar na páxina correspondente, e o calendario de futuras votacións está dispoñible aquí. Grazas! Banjo tell me MediaWiki message delivery (conversa) 5 de febreiro de 2016 ás 21:34 (UTC)

Tech News: 2016-06[editar a fonte]

8 de febreiro de 2016 ás 18:58 (UTC)

The Signpost: 03 February 2016[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 9 de febreiro de 2016 ás 03:29 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ligazóns vermellas[editar a fonte]

Saúdos! Acaba de comezar a votación da proposta de política oficial Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ligazóns vermellas, que rematará o 13 de marzo. O texto proposto para esta nova política pódese consultar na páxina correspondente, e o calendario de futuras votacións está dispoñible aquí. Grazas! Banjo tell me 12 de febreiro de 2016 ás 08:04 (UTC)

The Signpost: 10 February 2016[editar a fonte]

Tech News: 2016-07[editar a fonte]

15 de febreiro de 2016 ás 16:16 (UTC)

Axuda co francés[editar a fonte]

Boas, agora estou medio ocupado. Pola tarde-noite pódolle botar un ollo se saco tempo. Se cadra era mellor que o vise outro compañeiro, pero de todos xeitos tentarei axudar. Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 16 de febreiro de 2016 ás 10:21 (UTC)

Boas. Estou co apartado de alumnos, pero hai un par de cousas que non sei como adaptar do francés. A primeira é o pdf de benvida. Temos nós algún semellante para poñer no seu canto? A segunda é o apartado de axuda que eles chaman Wikipédia:Demande de restauration de page, non sei se temos un deses. Moitas grazas.--Breogan2008 (conversa) 17 de febreiro de 2016 ás 11:31 (UTC)

RE:Estilo fondo gris[editar a fonte]

Xa se ve en gris. Os cambios no commons.css tardan un pouco en verse, aínda limpando a caché. Proba de novo, xa o deberías ver en gris. Mellor usar os estilos directamente nos propios divs que no commons.css de todas formas. Banjo tell me 17 de febreiro de 2016 ás 07:42 (UTC)

Nah, tampouco pasa nada. Estando no commons.css pode reutilizarse doadamente en máis dunha páxina, sempre se lle pode sacar proveito noutro lado. Si o ves ben en gris xa right? Banjo tell me 17 de febreiro de 2016 ás 08:22 (UTC)

Proxecto pedagóxico[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Estou traducindo as Preguntas frecuentes. Hai algunha cousiña que non sei se a temos en galego, como [isto]. Tamén aparecen dous proxectos alleos á wikipedia orientados aos estudantes de primaria: Wikimini e Vikidia que imaxino que haberá que quitar (polo de agora deixeinos para que lles botes ti unha ollada). Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 17 de febreiro de 2016 ás 16:37 (UTC)

Xa a tes traducida. Bótalle unha ollada ao tema das ligazóns internas (hai algunha que non atopei en galego). O resto penso que está ben, se cadra pásalle ti unha volta por que hai algo que non queda claro. --AMPERIO (conversa) 17 de febreiro de 2016 ás 17:24 (UTC)

RE:Permiso de creador de contas[editar a fonte]

Creo que non. Nin burócratas nin admins poden dar ese permiso localmente. Se alguén o precisa hai que pedilo en m:Steward requests/Permissions. Os burócratas e administradores teñen "por defecto" ese permiso. Chámase "noratelimit", podes velo na lista de dereitos por grupo. Banjo tell me 17 de febreiro de 2016 ás 19:03 (UTC)

confirmado. Aquí en gl os admins e buroc non o poden dar, pero está implícito nos dous grupos. Banjo tell me 23 de febreiro de 2016 ás 21:04 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Elección de administradores/proposta 2015[editar a fonte]

Saúdos! Acaba de comezar a votación da proposta de política oficial Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Elección de administradores/proposta 2015, que rematará o 19 de marzo. O texto proposto para esta nova política pódese consultar na páxina correspondente, e o calendario de futuras votacións está dispoñible aquí. Grazas! Banjo tell me 18 de febreiro de 2016 ás 07:37 (UTC)

Nome raro[editar a fonte]

Boas Elisardojm, sabes se 2001:1640:5:0:0:0:3:BA‎ é unha IP ou un usuario? --AMPERIO (conversa) 19 de febreiro de 2016 ás 13:04 (UTC)

Libros[editar a fonte]

Mirando a páxina Wikipedia:Proxectos Pedagóxicos/Alumnos vin que os libros que hai son só en linguas estranxeiras (a España). Atopei un Ficheiro:Manual de Bolsillo Wikipedia - Wikimedia Argentina.pdf que engadín alí por ser máis ou menos o mesmo. Tamén está Ficheiro:Programa de Educación Wikipedia - Casos de estudio.pdf por se queres botarlle unha ollada! --AMPERIO (conversa) 19 de febreiro de 2016 ás 20:15 (UTC)

The Signpost: 17 February 2016[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 19 de febreiro de 2016 ás 21:31 (UTC)

Correo[editar a fonte]

Mandeite un correo electrónico. Por se te chega a spam. --AMPERIO (conversa) 20 de febreiro de 2016 ás 16:13 (UTC)

Contacto[editar a fonte]

Ola! Un coñecido quere contribuír con contido para un artigo, e precisa axuda (referencias sobre como comezar, consellos, alguén de man para vencer o medo a "meter a pata"...). Faríao eu mesma pero non teño dispoñibilidade estas semanas, podo poñelo en contacto directo contigo? Como? Graciñas por adiantado!! --Usuario:Lauramcastro (conversa) 22 de febreiro de 2016 ás 17:15 (CET)

Tech News: 2016-08[editar a fonte]

22 de febreiro de 2016 ás 18:22 (UTC)

Un par de cousas[editar a fonte]

Boas Elisardojm!! Mañán vai estar no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo o director da Orquestra Sinfónica de Galicia, Dima Slobodeniouk, como vin que vives no Burgo pensei que igual ao pillarte ao lado da casa animábaste a ir a sacarlle unhas fotos para a Gali, o acto é no auditorio e comezará ás 19. Por outra banda, fixen unha proposta na Taberna precisamente para mudar o seu nome actual polas connotacións alcólicas que ten, se puideras mandar unha desas mensaxes en masa desas que sabes agradeceríacho ;) Apertas!! --Piquito (conversa) 23 de febreiro de 2016 ás 22:44 (UTC)

Ben! Eu creo que irei, aínda que non estou seguro, se cadra ata nos vemos alí!! --Piquito (conversa) 24 de febreiro de 2016 ás 13:29 (UTC)
Non te preocupes, non molestabas nada, a entrevista estivo ben, dixo cousas ben interesantes e transmite moi boa onda. Eu quería pillalo no hall, con mellor luz, pero fala que falarás saiu e xa non o vin ata que saín á rúa... Non lle deas voltas ao da mensaxe, a xente xa opinou e non creo que cambien moito as cousas porque participe máis xente. Un saúdo!! --Piquito (conversa) 25 de febreiro de 2016 ás 09:25 (UTC)
Grazas Elisardojm! Usarei só as de Dima, pero grazas de todos xeitos. Un saúdo, --Piquito (conversa) 2 de abril de 2016 ás 15:30 (UTC)

The Signpost: 24 February 2016[editar a fonte]

WikipediaSignpostIcon.svg
News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 25 de febreiro de 2016 ás 05:04 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Elección de burócratas[editar a fonte]

Saúdos! Acaba de comezar a votación da proposta de política oficial Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Elección de burócratas, que rematará o 27 de marzo. O texto proposto para esta nova política pódese consultar na páxina correspondente, e o calendario de futuras votacións está dispoñible aquí. Grazas! Banjo tell me 26 de febreiro de 2016 ás 12:13 (UTC)

PDF[editar a fonte]

Xa está subido en commons. Non din quitado as marxes, pero de momento servirá non? --AMPERIO (conversa) 29 de febreiro de 2016 ás 17:14 (UTC)

Tech News: 2016-09[editar a fonte]

29 de febreiro de 2016 ás 20:12 (UTC)

RE:Máis CSS[editar a fonte]

Case. Desta vez é un trebello, propio da wiki fr: fr:Aide:Gadget-newCollapsible. Pola noite reviso a ver se hai outra forma máis sinxela de facer que funcione sen ter que traer o trebello. Banjo tell me 1 de marzo de 2016 ás 16:16 (UTC)

Non chega con traer css. Depende tamén do .js asociado ó trebello. Case mellor facer o modelo doutra forma. Para qué se usa? Banjo tell me 2 de marzo de 2016 ás 09:18 (UTC)

Debería verse xa despregado por defecto. Púxenlle o título en letra grosa e na esquerda, en formato de lista. Revisa de todas formas. Banjo tell me 2 de marzo de 2016 ás 09:39 (UTC)

Q5 -> Q215627[editar a fonte]

Ola Eli.

Sobre isto [69]. A cousa é que o código amosa a propiedade "ser humano" d:Q5. Cando lle pediches a Llywelyn2000 que o mudase o que el fixo (incorrectamente) foi mudar Q5 [70] (xa o desfixen [71]). Realmente o que se debería facer é amosar outra propiedade, como por exemplo: "persoa" d:Q215627+s, engadindolle "s" para facer o plural (non sei a forma de poñelo en maiúscula, pero iso podería solucionarse poñendo o código "Lista de persoas" "Lista de Q215627+s"), ou directamente eliminar ese título de apartado, que é innecesario.

En calquera caso creo que Llywelyn2000, que é este señor Robin Llwyd ab Owain (grazas e un saúdo), non controla muito do funcionamento técnico do choio. El simplemente aplica nunha páxina da Galipedia o invento que fixo outra persoa. Habería que falar con esa outra persoa. Quizais habería que falar con User:Magnus Manske, que resulta ser este señor: Magnus Manske, e é quen opera o ListeriaBot, que é o que fai o choio. Ou preguntarlle a Llywelyn2000 con quen hai que falar, porque penso que el pide axuda a outra persoa, non a Magnus, véxase "Galician wiki: dates" (d:User talk:Jura1/3/6/3/1aruJ:klat resU) recentemente arquivado da conversa de Jura1 (property creator, revertedor, administrador de tradución).

A min cústame expresarme en inglés, podes tentar ti amañalo? Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 1 de marzo de 2016 ás 23:08 (UTC)

Ola, e grazas. Eu creo que podería pedir User:Jura1 . Ou que non necesitamos o título (Q5 / Q215627)? Llywelyn2000 (conversa) 1 de marzo de 2016 ás 23:35 (UTC)

Cuestión sobre os portais[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Mira unha cousiña... como sabes estivemos a traballar varios usuarios no tema dos portais, porén eu encontreime cun problema: cando hai cor no fondo do portal o cabezado do portal vése da cor do fondo en lugar de branco, por exemplo: no Portal:A Coruña o fondo é gris, e o cadro no que presenta a cidade tamén... pasa o mesmo cos outros portais que teñen fondo, pero con que mires como facer co da Coruña logo xa me dis como facer e o poño no resto. Non sei se existe algún xeito de facer que as imaxes de presentación se axusten á resolución da pantalla, se te enteras de algo avísame, por favor, o mesmo problema que había co proxecto do portal de Galicia o teñen o resto de portais de cidades galegas, o do ballet, e o da ópera, aínda que en Rusia queriamos ver de facerlle outra imaxe e queriamos darlle unha volta aos outros portais que creei hai tempo. Unha aperta!! --Piquito (conversa) 1 de marzo de 2016 ás 23:31 (UTC)

Boas Elisardojm! Era exactamente a iso ao que me refería, agora cando teña tempo o fago nos outros portais. Polo da imaxe non hai présa, si que canto antes mellor, pero sen estresarte. Vin o dos artigos bos... agradézoche a invitación a participar na votación, porén decidín non participar máis nas votacións (nin propoñendo nin votando) e non vou participar nela, non mo tomes a mal, non te respondín na taberna porque tampouco vou participar máis alí. Unha aperta!! Piquito (conversa) 7 de marzo de 2016 ás 17:37 (UTC)

Pseudónimos[editar a fonte]

Chamo ao debate sobre un tema de pseudónimos que me gustaría que me axudásedes. Gustaríame que me axudase a recadar a maior base posible para o debate. Moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de marzo de 2016 ás 08:32 (UTC)

RE:Ligazóns laterais[editar a fonte]

Quedan modificadas en translatewiki, por algún motivo non aparecen na árbore de proxectos, son parte da extensión Wikibase. Ata a próxima actualización do software probablemente non se verán cambiadas, deixo esas tres que dixeches creadas localmente ata que fagan ese cambio. Banjo tell me 3 de marzo de 2016 ás 09:39 (UTC)

Pecados cardeais[editar a fonte]

Ola. No xudaísmo, chámase "pecados cardeais" ó conxunto das tres peores accións que se poida practicar na vida. Despois, escribirei o artigo sobre. Saúdos. Judcosta (conversa) 3 de marzo de 2016 ás 21:32 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Sen avisos nos artigos[editar a fonte]

Saúdos! Acaba de comezar a votación da proposta de política oficial Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Sen avisos nos artigos, que rematará o 3 de abril. O texto proposto para esta nova política pódese consultar na páxina correspondente, e o calendario de futuras votacións está dispoñible aquí. Grazas! Banjo tell me 4 de marzo de 2016 ás 07:44 (UTC)~

Artigos bos[editar a fonte]

A proposta leva xa máis dun mes parada sen novidades, creo que xa vai sendo hora de darlle para adiante non? Que teño varios candidatos en cola. Face-tongue.svg Cando sexa avisa por se precisas axuda para crear algunha das páxinas ou o que faga falta. Banjo tell me 5 de marzo de 2016 ás 19:08 (UTC)

Non hai présa, é só por chinchar :). O que si creo que unha votación a maiores é innecesaria, xa está todo máis que acordado ahi na taberna. Eu penso que é suficiente co que se falou aí, pero como vexas. Banjo tell me 6 de marzo de 2016 ás 10:14 (UTC)
Non había présa :) Grazas meu. Banjo tell me 6 de marzo de 2016 ás 18:03 (UTC)

Tech News: 2016-10[editar a fonte]

7 de marzo de 2016 ás 20:24 (UTC)

The Signpost: 2 March 2016[editar a fonte]

WikipediaSignpostIcon.svg
News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 8 de marzo de 2016 ás 01:09 (UTC)

Poderías mirar isto cando teñas un momento?[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Trouxen á Galipedia o Modelo:Infobox xogador hóckey sobre xeo‎ (aquí está o original), porén non teño moito control e hai cousas que non aparecen, ten modelos que habería que traer (seleccións nacionais), non se ve o ano e o equipo que seleccionou ao xogador no draft... Poderías cando teñas un momentiño mirar que é o que falla? Eu tecnicamente son moi limitado. Graciñas!! --Piquito (conversa) 9 de marzo de 2016 ás 00:22 (UTC)

Grazas! Mirarei o das bandeiras, pero penso que non será necesario facer ningunha. Apertas! --Piquito (conversa) 9 de marzo de 2016 ás 23:29 (UTC)
Si que será necesario facer moitas bandeiras, eu non teño nin idea de como facelas... con facer as dos países máis importantes poderemos tirar unha boa tempada, se tes un momento as que máis empregarei serán dos Estados Unidos, Finlandia, Suecia, Eslovaquia, República Checa, Rusia, Dinamarca (por Nielsen, que xa ten entrada, non porque haxa moitos), Suíza, Ucraína e Casaquistán... logo se vou precisando algunha xa cha irei pedindo, pero especialmente cos seis primeiros vai dar para moito tempo. Graciñas!! --Piquito (conversa) 10 de marzo de 2016 ás 00:17 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Fontes fiables[editar a fonte]

Saúdos! Acaba de comezar a votación da proposta de política oficial Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Fontes fiables, que rematará o 11 de abril. O texto proposto para esta nova política pódese consultar na páxina correspondente, e o calendario de futuras votacións está dispoñible aquí. Grazas! Banjo tell me 11 de marzo de 2016 ás 08:41 (UTC)

The Signpost: 09 March 2016[editar a fonte]

Tech News: 2016-11[editar a fonte]

14 de marzo de 2016 ás 18:37 (UTC)

Curso de edición de Galipedia na UDC[editar a fonte]

Boas, estiven dándolle voltas a un posible curso na UdC de uso e edición da galipedia, cousa que ti tamén tiñas en mente a última vez que nos vimos según me comentaras. Eu estiven esbozando un posible curso: pensaba na posibilidade de levalo a cabo de forma semipresencial onde para a parte presencial poderíamos usar a mesma aula que usamos en novembro na formación que nos déchedes e para a parte online o que vós digades (wikiproxecto?). Por cuestións de recoñecemento académico o curso debería durar 30 horas (mínimo) e creo que a mellor forma de avaliar o alunado sería mediante a creación/mellora de artigos da galipedia. Dende Enxeñería Sen Fronteiras poderíamos encargarnos da parte de loxística, difusión e financiar gastos de desprazamentos ou dietas en caso de que fose necesario, e seríades os galipedistas os que vos encargaríades de crear o impartir e avaliar o curso. Como data de celebración do curso estábamos pensando 2017 pero por cuestións burocráticas en ESF necesitaríamos poñernos a definir isto dende xa. A ver que vos parece a idea. Se a resposta a parde de darma na miña páxina de usuario ma envías ó meu correo prometo contestar con máis celeridade. Saúdos!!JuanQuintela (conversa) 15 de marzo de 2016 ás 12:53 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Novo texto para os criterios de calidade[editar a fonte]

Saúdos! Acaba de comezar a votación da proposta de política oficial Wikipedia:Votacións/Novo texto para os criterios de calidade, que rematará o 17 de abril. O texto proposto para esta nova política pódese consultar na páxina correspondente, e o calendario de futuras votacións está dispoñible aquí. Grazas! Banjo tell me 18 de marzo de 2016 ás 06:53 (UTC)

The Signpost: 16 March 2016[editar a fonte]

Nome dos Parques Nacionais[editar a fonte]

Ola, Elisardojm. Un pequeno detalle: vin na imaxe proposta como imaxe da semana do cudú maior (Tragelaphus strepsiceros) que puxeches Parque Nacional Etosha. Eu creo que debería ser Parque Nacional de Etosha porque Etosha é un topónimo (unha planicie salina ou lago seco que hai o parque). Penso que cando hai topónimos o normal é poñer "de". Dígoo por se alguén se lle ocorre facer a páxina e lle pon o nome tal como está. Outra cousa é que o nome fose un nome de persoa, como o Parque Nacional Kruger (de Paul Kruger), que normalmente non levaría "de" (igual que se di estadio Bernabéu e non "de" Bernabéu, ou Universidade Pompeu Fabra e non "de" Pampeu Fabra, pero, ao contrario, estadio de Riazor ou Universidade de Vigo).--Miguelferig (conversa) 20 de marzo de 2016 ás 15:41 (UTC)

Taboleiro dos administradores[editar a fonte]

Boas a todos, deixei unha mensaxe no Taboleiro dos administradores para coñecer a vosa opinión sobre o criterio a seguir no caso dos artigos con copyvio. Un saúdo! --MediaWiki message delivery (conversa) 21 de marzo de 2016 ás 11:48 (UTC)

Tech News: 2016-12[editar a fonte]

21 de marzo de 2016 ás 16:04 (UTC)

Fotos[editar a fonte]

Magníficas as fotos, e todas están subidas a Commons. Xa coloquei unha ducia delas en artigos da Galipedia, pero podíanse incorporar máis, porque son moi boas fotos. Supoño que non haberá problema por baixalas aos artigos (se están en Commons...). Grazas.--Miguelferig (conversa) 22 de marzo de 2016 ás 20:35 (UTC)

The Signpost: 23 March 2016[editar a fonte]

Caña de Holanda[editar a fonte]

Boas Elisardo, vin que eliminaches a referencia á "Caña de Holanda" no artigo do Licor de guindas, mencionando simplemente que se fai con augardente. Evidentemente iso é certo, pero como se di tanto no noso propio artigo do augardente como na páxina web que aparecía na referencia, hai varios tipos de augardente. Un deles é o de Holanda, tamén chamado "caña de Holanda" que é o que se usa para facer o licor de guindas. Ademais e aínda que non é unha referencia enciclopédica :) podo dar fe de que na miña familia fíxose desde sempre licor de guindas caseiro e os garrafóns de caña que se compran para facela véndense comercialmente como "Caña de Holanda". Penso que é unha información que enriquece o artigo. Saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 27 de marzo de 2016 ás 22:16 (UTC)

Non sei que dicirche. Caña e augardente son sinónimos. Na nosa páxina do augardente úsase a palabra caña moitas veces. Sigo pensando que a augardente branca non é a mesma ca de Holanda, lembro que meu avó mercaba a de Holanda para facer o licor de guindas a pesar de que facía augardente co bagazo da vendima. De todas formas xa me informarei sobre o tema. Deixémolo así por agora. Por certo que é estraño que non vaia a web da referencia que eliminaches pois procureina onte mesmo. Mirarei se podo recuperala. Saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 28 de marzo de 2016 ás 10:34 (UTC)
Si, tes razón. Referíame ao uso que fai a xente de ambas palabras. Xa achei o erro na ligazón que non vai, agora mesmo o corrixo. --Xosé Antonio (fálame sempre) 28 de marzo de 2016 ás 10:47 (UTC)

Tech News: 2016-13[editar a fonte]

28 de marzo de 2016 ás 19:43 (UTC)

RE:AWB Script[editar a fonte]

Nin idea, descoñezo como funciona. A mín faime o mesmo. A aplicación de escritorio colle tódolos artigos xuntos, non só 5000, polo que probablemente sexa unha limitación do propio script, pero non podo aseguralo. Ó mellor pode configurarse ese límite nalgún sitio, pero nin idea. Banjo tell me 28 de marzo de 2016 ás 22:01 (UTC)

RE:Máis fotos[editar a fonte]

Mañá pola mañá reviso con calma e coméntoche, algo poderemos facer. Banjo tell me 29 de marzo de 2016 ás 23:49 (UTC)

O que se me ocorre é:
  • Poñer ó bot a engadir o modelo {{sen imaxe}}
  • Agás nos artigos que conteñan "[Ff]icheiro:", "[Ff]ile:", "[Ii]ma[gx]e:", ".jpg", ".JPG", ".jpeg", ".gif" ect. para evitar os falsos positivos ó máximo posible.
Pero
  • Facelo só en categorías e subcategorías acotadas. Por exemplo en "personalidades de X" ou "lugares de X", dese estilo.
A responsabilidade de definir en que categorías poñelo a traballar déixocha a ti :P Banjo tell me 30 de marzo de 2016 ás 11:33 (UTC)
Perdón. Discordo de poñer o cartelón por sistema. Hai moitísimas persoas, falecidas, das que é moi, moi, moi complicado conseguir imaxes libres. Poñerlle cartelóns aos artigos únicamente vale para ter moitos artigos con cartelóns. Mellor poñerlle a categoría que corresponda (p.ex.). Sen o cartel. --. HombreDHojalata.conversa 30 de marzo de 2016 ás 11:54 (UTC)
OK, que sexa a categoría logo, o procedemento para o bot e prácticamente o mesmo, aí non hai problema. Banjo tell me 30 de marzo de 2016 ás 11:59 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Desculpa a demora na resposta. Que as imaxes melloran os artigos é algo no que estamos todos de acordo. Aínda que a calquera deses artigos faille máis falta unha ampliación e referencias que imaxes, que queres que che diga... :P Son testán, e insisto en que é cuestión de esforzos. Hai artigos máis susceptibles de ter imaxes dispoñibles en commons ou doadas de conseguir por outros medios, e o mellor sería centrarse neses primeiro, para o que deberíamos acotar as categorías a tratar. Hai outra cuestión, xa persoal. Eu non podo comprometerme a estar dispoñible para poñer o bot a funcionar todo o tempo necesario para facer pasadas de 130k artigos, levalle moito tempo e non teño esa dispoñibilidade. Traballando con categorías máis acotadas redúcese este tempo, e aí xa podería axudar con máis certeza. Banjo tell me 1 de abril de 2016 ás 19:22 (UTC)

The Signpost: 1 April 2016[editar a fonte]

Ligazóns a portais nas páxinas[editar a fonte]

Boas Elisardojm. Mira unha cousiña: poderías mirar de cambiar o xeito no que se ven os portais nas páxinas dos artigos? Como está agora vése un cadro coma o de Commons, porén agora temos máis portais (e máis que teremos) e ao final vanse xuntando moitos cadros para cada portal (por exemplo, Tchaikovsky podería ter marcadores para os portais de Rusia, Música clásica, Ballet, Ópera... por mencionar só os que temos a día de hoxe) A idea era que se visualizaran como na Wikipedia en francés, isto é, todos en liña abaixo (como aquí, por exemplo), dese xeito podemos engadir moitos portais sen saturar visualmente con cadros e iconas o lado dereito, e evitar que as caixas dos portais superen a lonxitude de toda a sección "véxase tamén". Graciñas, Piquito (conversa) 2 de abril de 2016 ás 15:39 (UTC)

Unha cousa máis! Poderías poñer o aviso da votación para artigo de calidade de Kilimanjaro? Seguramente propoña a máis tardar o luns o artigo de Michelangelo (que xa cando foi á portada tiña nivel suficiente). Gracias, Piquito (conversa) 2 de abril de 2016 ás 15:54 (UTC)
Ola Elisardojm! Como vai? Era por saber como ía o que che comentei dos portais, cres que será posible facelo? O que atopei foi un problema ao meter os portais da Le Sacre du printemps: esa páxina agora mesmo pode ir en tres portais (Ballet, Música clásica e Rusia, aínda que esta última un pouco con calzador), o problema é que ao meter os tres (tal e como aparecen agora os portais) só aparecen dous (puxen de xeito que non aparecera o de Rusia). Non sei se te deras conta do problema, pero coméntocho por se o podes solucionar (haberá páxinas que poidan ligar a moitos portais e estaría ben que puidera sair un número ilimitado). Se podes avisarme cando remates (se das feito), así poño todos os indicadores de "portal" nas páxinas que correspondan. Un saúdo! Piquito (conversa) 10 de abril de 2016 ás 22:25 (UTC)

Tech News: 2016-14[editar a fonte]

4 de abril de 2016 ás 22:13 (UTC)

Imos ter grupiño![editar a fonte]

Ola Elisardo, nada máis para contarvos a ti e a Estevo(aei)pa o que queiras... que parece que se animaron a participar algunhas alumnas, e se cadra aparece algunha máis. Este curso as compañeiras e eu preferimos facer a actividade en pequeno grupo, a ver que tal sae, e así avaliamos se o poderíamos implementar para grupo máis grande o curso que vén. De momento, hai catro rapazas apuntadas e agardo que, en breve, vos empecemos a dar a lata coas dúbidas que nos vaian saíndo mentres tentamos facer as nosas aportacións :) Un saúdo! Procastino (conversa) 6 de abril de 2016 ás 20:10 (UTC)

Artigos bos x2[editar a fonte]

Queda listo. Gazas por sacalo adiante. Déixoche a ti a honra de anuncialo na taberna, dalle bombo y platillo aí :P Banjo tell me 6 de abril de 2016 ás 20:17 (UTC)

Ola.
Falta actualizar a páxina Wikipedia:Votacións con todo o relativo aos Wikipedia:Artigos bos. Non? --. HombreDHojalata.conversa 6 de abril de 2016 ás 22:52 (UTC)
Ola Eli. A páxina Wikipedia:Votacións segue estando desactualizada. Tanto os artigos "de calidade" como os "bos" debería estar incluídos como primeiro punto da sección Wikipedia:Votacións#Tipos, na que aparecen tódolos tipos menos eses tipos ;-) --. HombreDHojalata.conversa 7 de abril de 2016 ás 21:49 (UTC)

Atlanta Flames[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Xa engadín dúas notas aclaratorias para PIM e shutout no artigo, mira se están claras (non sei tampouco se aparecen no lugar axeitado ou aparecían os termos antes no artigo, non teño moito tempo e a verdade é que o vin por riba). Sobre as idades dos xogadores, ao final elimineinas, o modelo está feito para planteis actuais e non para planteis de tempadas pasadas... pensara en poñer como data de "falecemento" o primeiro día de competición da NHL 79-80, mais non é posible (dese xeito aparecería a idade que tiñan ao inicio da tempada), así que mentres iso non se poida mudar quedará o cadro sen as idades (non creo que sexa imprescindible, pero tería estado ben poñelo). Un saúdo e grazas polas correccións feitas no artigo. --Piquito (conversa) 6 de abril de 2016 ás 22:21 (UTC)

Boas Elisardojm! Antes de nada grazas por engadir ao artigo as idades dos xogadores do último ano en Atlanta. Engadín dúas notas aclaratorias no modelo do cadro de xogadores do hóckey sobre xeo indicando a que se corresponden as abreviaturas S e G, así como as posicións (deixo as abrevituras en inglés neste caso porque quen busque información do tema na rede a maior parte das veces o que atopará serán as abreviaturas en inglés, nin sequera en castelán, polo que creo que é máis útil así), mira se se entenden ben (eu as entendo, pero pode que non estea claro).
Por outra banda, e sen relación con este tema, igual sería boa cousa mandar unha mensaxe a todos os usuarios para que opinen sobre a proposta que abrín onte na taberna, é un cambio importante e debería haber consenso, pero como vexas. Unha aperta! Piquito (conversa) 8 de abril de 2016 ás 16:45 (UTC)
Ah! Unha cousa máis! Xa traducín o L e o R da columna S/G por E e D (esquerda e dereita). Un saúdo! Piquito (conversa) 8 de abril de 2016 ás 21:00 (UTC)

Nova escolla de artigos bos[editar a fonte]

Boas, xa se aprobou o proceso de escolla de artigos bos polo que xa se pode comezar a propor e votar esta nova categoría. Anímate a propor artigos, e revisa e vota as novas propostas! Saúdos,--MediaWiki message delivery (conversa) 7 de abril de 2016 ás 02:38 (UTC)

Procrastino[editar a fonte]

Ola Elisardo. Veño de ver a mensaxe que me deixaches na miña páxina. Segue a ser preciso que se lle dean dereitos a Procrastino? Saúdos e desculpa a tardanza. Non entro moi a miudo (quizabes habería que "ascender" a algún administrador á categoría de burócrata). --Alberte Si, dígame? 7 de abril de 2016 ás 10:45 (UTC)

Sen votacións para artigos destacados na portada para 2018[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para eliminar no futuro a escolla de artigos destacados para a portada e substituílos polos artigos de calidade e os bos que vaian sendo escollidos, podes consultala aquí. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de abril de 2016 ás 17:19 (UTC)

Suadoiro[editar a fonte]

Un suadoiro. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 9 de abril de 2016 ás 19:24 (UTC)

RE: Recordo[editar a fonte]

Por suposto! :D

Hai morriña, hai. --Toliño Fala aquí comigo 10 de abril de 2016 ás 21:41 (UTC)

árbore xenealóxica[editar a fonte]

Ola, Elisardo! Como vai?

Non lle acabo de pillar o punto ao modelo:árbore xenealóxica; podes botarlle un ollo a Modelo:Árbore xenealóxica Álvarez - Bóveda e incluír Darío Álvarez Gándara, Alfonso Álvarez Gándara e Darío Álvarez Basso?

Aperta! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de abril de 2016 ás 06:41 (UTC)

Feito! Feito! --. HombreDHojalata.conversa 11 de abril de 2016 ás 08:48 (UTC)
Moitas grazas HombreDHojalata! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de abril de 2016 ás 09:00 (UTC)

Tech News: 2016-15[editar a fonte]

11 de abril de 2016 ás 20:44 (UTC)

RE:Unha axudiña[editar a fonte]

Tiñas mal copiado Modelo:Family tree/step2 Ras.gif Banjo tell me 11 de abril de 2016 ás 20:47 (UTC)

The Signpost: 14 April 2016[editar a fonte]

Wikipedia:Votacións/Redeseño da Portada[editar a fonte]

Ola! Xa comezou a votación para decidir se cambiamos o deseño da portada da Galipedia, en base a este debate previo. A votación rematará o 15 de maio de 2016. Hai varias propostas e varios apartados nos que votar, as instrucións para a votación atópanse ó comezo da propia proposta. Se cumpres os requisitos para votar podes seguir as instrucións alí indicadas para emitir o teu voto, e se non os cumpres tamén estás invitado a pasarte pola votación e deixar a túa opinión nos comentarios. Saúdos! Banjo tell me 15 de abril de 2016 ás 07:14 (UTC)

Retirar contidos válidos[editar a fonte]

Ola Eli. Como vai a noite?

Xa viches. Non estou de acordo con que retires a ligazón a Wikisource nin as imaxes da caixa. --. HombreDHojalata.conversa 15 de abril de 2016 ás 22:13 (UTC)

Por certo, que son elementos que eu non puxen no artigo. Son cousa doutros usuarios. Así que xa somos máis de un os que non estamos de acordo contigo ;-) --. HombreDHojalata.conversa 15 de abril de 2016 ás 22:17 (UTC)

Campionato Galego Amateur[editar a fonte]

Na edición que fixeches do artigo Campionato Galego de Afeccionados eliminache-lo termo amateur en partes do texto que non correspondía, xa que durante a súa primeira etapa foi denominado Campionato Galego Amateur, tal e como estaba explicado e como se pode consultar nas referencias. Volvín coloca-la denominación orixinal nas partes que correspondía para que o artigo non perdese o senso. Saúdos. ----Jorges65 (conversa) 18 de abril de 2016 ás 03:47 (UTC)

Bandeira de Santa Comba[editar a fonte]

Pois o certo é que non usei nunca esa ferramenta que dis. Tentarei de facelo pero non che estou moi seguro do resultados. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 18 de abril de 2016 ás 07:58 (UTC)

Como xa sabes que son afeccionado a entrometerme en conversas alleas... Ficheiro:Bandeira de Santa Comba.svg. Fixen o que puiden nun par de minutos, non sei se estará de todo ben feita. Banjo tell me 6 de maio de 2016 ás 14:45 (UTC)
Feito! Feito! Banjo tell me 6 de maio de 2016 ás 22:24 (UTC)

Tech News: 2016-16[editar a fonte]

18 de abril de 2016 ás 20:40 (UTC)

barra lateral[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Xa non me aparece a ligazón aos artigos de calidade na barra lateral que está debaixo do logo da wikipedia. Que foi dela? Ou só me pasa a min? --AMPERIO (conversa) 19 de abril de 2016 ás 14:55 (UTC)

Onte estivo toda a tarde sen aparecer, pero agora parece que xa vai. --AMPERIO (conversa) 20 de abril de 2016 ás 10:26 (UTC)
Jajaja grazas. Por certo, Banjo e Norrin déronlle un repaso a Grigorii Rasputin, eu tamén cambiei algunha cousiña. Non atopei moitos erros de redacción, pero claro sendo eu quen o traduciu é máis difícil porque a min sóame ben. Se podes bótalle unha ollada agora e me comentas para ver se aínda pode saír elixido bo. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 20 de abril de 2016 ás 12:20 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Velaquí o motivo do problema Server switch 2016, aparecíame un aviso de que non podía editar xusto cando entrei no meu usuario. --AMPERIO (conversa) 20 de abril de 2016 ás 15:28 (UTC)

Modelo:Artista musical e Módulo:Wikidata/Data[editar a fonte]

Ola meu. O Módulo:Wikidata/Data está dando problemas coas propiedades P569 e P570 nalgúns artigos que levan o Modelo:Artista musical, están na Categoría:Páxinas con erros de script. Probablementes sexa porque as datas desas entradas non están completas no wikidata ou non teñen ningunha data en absoluto e o módulo colle un valor nulo, mais non estou seguro. Revisa cando poidas please. Se precisas axuda avisa. Banjo tell me 20 de abril de 2016 ás 06:23 (UTC)

Xa deben levar dende que se lle puxo o de coller as datas do wikidata a ese modelo. Non adoita ter moitos artigos esa categoría, pero agora cos módulos irán aparecendo máis cando haxa problemas. Non é urxente, son uns 12 artigos ou así, pódese decir que son casos illados moi particulares. Con calma, cando teñas algo de tempo. Banjo tell me 20 de abril de 2016 ás 07:48 (UTC)

Arao dos cons[editar a fonte]

Boas Elisardojm, a etimoloxía de arao atópase enriba da primeira definición en negriña. Saúdos. --Isili0n (conversa) 21 de abril de 2016 ás 15:59 (UTC)

RE:Referencias en Praga[editar a fonte]

A ollo conto unhas 50 referencias aproximadamente que fan falla, ben notas da bibliografía indicada ben referencias a maiores, e deixei de contar ó redor da sección Turismo, polo que serán máis. Chegados a ese punto, entendo que é máis doado usar {{sen referencias}} que poñer 50+ {{cómpre referencia}}. Se realmente cres que é mellor, podo indicalo de forma individual, pero ademáis de quedar bastante pouco estético vaime levar un bo rato. Banjo tell me 22 de abril de 2016 ás 11:54 (UTC)

Cando teña un minuto engado a lista das partes que precisan referencias na conversa, por iso non hai problema. Para mín o marcador ten tódolos motivos para estar aí. As referencias son insuficientes en moitas das seccións, os casos son numerosos e é máis "económico" empregar o marcador xeral. Ben sei que non queda ben nun artigo de calidade, pero é que a cuestión pasa a ser se realmente debería ser de calidade cando non cumpre un dos criterios de base. De termos un proceso de revisión ou "reválida" ó estilo das wikis es/en/pt/etc sería o primeiro candidato xunto a Alemaña. Precisa moito traballo de mellora no tocante ás referencias. Banjo tell me 22 de abril de 2016 ás 14:03 (UTC)
Queda engadido o cadro na páxina de conversa. Banjo tell me 22 de abril de 2016 ás 15:40 (UTC)

*Aforo[editar a fonte]

En galego, capacidade ou cabida (a dos estadios ou das salas de cinema); e aforamento cando se refire á acción de aforar. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 22 de abril de 2016 ás 18:05 (UTC)

Bos días[editar a fonte]

Bos días Elisardojm, teño unha novidade que pode ser do interese da comunidade da glwiki, na Wikipedia en portugués hái un gadget que activado permite traducir (e sorpreendentemente moi ben) á ortografia galega (se che parece ben, podes mellorar ou aumenter a lista de palabras a traducir), se activa nas preferencias, polo que creio que é xenial e como a glwiki ten menos artigos penso que pode ser moi útil, desta maneira se un artigo non existe na glwiki o usuario sen ter que ir á eswiki pode obter a información en galego con ese inxenioso gadget. Non sei se che interesa, de todos modos, grazas pola túa atención! Defensor da Língua El foro do bo burgo de Castro Caldelas, privilegio entregado por el rey Alfonso IX. Allariz, 1228. (Fala!) 23 de abril de 2016 ás 17:56 (UTC)

The Signpost: 24 April 2016[editar a fonte]

WikipediaSignpostIcon.svg
News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 24 de abril de 2016 ás 22:44 (UTC)

Tech News: 2016-17[editar a fonte]

25 de abril de 2016 ás 21:02 (UTC)

Suínos[editar a fonte]

Non atopei referencias sobre suíno nos dicionarios e enciclopedias de que dispoño, pero non teño dúbidas sobre a corrección da palabra, xa que os porcos, xabarís, facóceros e similares pertencen á suborde Suina e tamén á subfamilia Suinae, que penso que haberá que pasalos ao galego como suínos, e xa hai páxinas para ambos na Galipedia. Os termos Suina e Suinae son un exemplo de como ás veces os nomes científicos son mellores que os nomes comúns para o título de páxinas, xa que ambos habería que traducilos por suínos. Tamén se poden poñer titulos con parénteses, naturalmente, como de feito houbo que facer, pero teñen a molestia de ter que usar as parénteses. De moitísimos nomes taxonómicos tirados directamente do latín dificilmente se atoparán referencias, aínda que os estamos a usar constantemente nos artigos (que remedio), pero as formas galegas son neses casos case idénticas ás latinas, non son palabras populares, senón sacadas da terminoloxía taxonómica. En galego existe tamén a palabra suíño, que penso que non ten nada que ver (esta si é unha palabra popular). En portugués si que vén nos dicionários suíno referido a porcos. De todos modos, se non queres poñer suíno, podes poñer no seu lugar súidos, que é o nome da familia (Suidae) á que tamén pertencen todos eses animais, e que si aparece no DRAG (Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para súidos.). --Miguelferig (conversa) 28 de abril de 2016 ás 16:11 (UTC)

Eu penso que é distinto o nome común dunha "especie" animal que o nome dun taxon superior. Por exemplo, se eu digo que o Potamochoerus (ou o que sexa) se chama xabaril verrugoso ou facócero (ou o que sexa), entón terei que ter unha referencia para el, porque ese é o nome común. Pero se se trata dun taxon superior (ordes, subordes, familias, etc) entón a palabra sácase do latín e (xeralmente) non ten outras alternativas. Por exemplo Suinae (a subfamilia) creo que só pode dar suínos, igual que en moitos casos de nomes de taxons superiores. De todos modos, xa che dixen que nesa páxina se pode poñer súidos (o nome da familia Suidae), que si vén no DRAG (xa o vou poñer eu agora e asunto terminado). En xeral, eu son máis partidario dos nomes científicos que dos comúns nos casos en que o común pode dar lugar a ambigüidades, indefinicións e sinonimias cruzadas (que son bastantes), por exemplo o caso que xa algunha vez comentei de abázcaro. Pero isto afecta sobre todo a nomes de especies, e menos a taxons superiores. Pero está ben falalo na Taberna a ver que opina a xente.--Miguelferig (conversa) 29 de abril de 2016 ás 08:08 (UTC)
Feito! Feito!. Puxen súidos na páxina do Kilimanjaro, que aparece no DRAG.--Miguelferig (conversa) 29 de abril de 2016 ás 08:14 (UTC)

Marrovi[editar a fonte]

Non é traductor automático, grazas pela información. Saudos desde México.--Marrovi (conversa) 29 de abril de 2016 ás 14:51 (UTC)

Uombat - Vombat - Wombat[editar a fonte]

Ola outra vez. Vin que puxeches uombat na páxina do coala. Non sei cal é a referencia, pero o animal pertence á familia Vombatidae (vombátidos no dicionario Digalego) e ao xénero Vombat, escritos con uve. A palabra chéganos desde o inglés (onde pronuncian w como u), pero seguramente procede dalgunha lingua aborixe australiana, que non sei como pronunciará os w. Neste caso non sei se sería mellor escribir vombat, para harmonizalo con vombátidos e vombatiformes. En fin, isto dos nomes é sempre un problema.--Miguelferig (conversa) 29 de abril de 2016 ás 18:10 (UTC)

Ah, creo que aparece o termo uombat nun dicionario de Galaxia e na EGU de IR Indo.--Miguelferig (conversa) 30 de abril de 2016 ás 00:08 (UTC)

Imaxes parroquias da Ulloa[editar a fonte]

Boa tarde. Hoxe deixei completas todas as parroquias de Monterroso que non tiñan imaxe. Tamén mellorei algunhas outras. Agora queda un duro traballo con Palas de Rei, pois son moitas as parroquias para cumprimentar. Por certo, decátome que ao subir imaxes de máis de 2MB de peso a Wikimedia Commons, faino con extensión JPG (en maiúscula); iso é un problema?. Grazas e un saúdo --Satna (Ti dirás) 1 de maio de 2016 ás 19:48 (UTC)

 Boeno, pois veño para che dicir que hoxe quedan todas as parroquias de Palas con imaxe. Algunhas hai que melloralas, pero pouco a pouco...
 Con isto xa está toda a comarca da Ulloa completa. Seguirei con Taboada, que é colindante que píllame de perto. Saúdos --Satna (Ti dirás) 11 de xuño de 2016 ás 19:17 (UTC)

Moi boa tarde. Estas últimas semanas andiven de turismo por Taboada, e co "paseo" de hoxe logrei aportar imaxe a todas as parroquias dese Concello limítrofe co meu, aínda que da Comarcha chantadina. Así que cando pintedes o mapa, lembrade poñer outro máis en verde. Pero aquí quería matizar un asunto. Resulta que neste Concello figura como parroquia o lugar de Ansar, cando tal núcleo de poboación é un lugar que pertence á parroquia de Viloíde, no Concello de Monterroso; e así aparece recollido na entrada de Viloíde (Monterroso). Estiven tratando de me informar en boa fonte se é o caso de que "civilmente" poida pertencer Ansar a Taboada, aínda que as xentes do lugar, cando lles pregunto de onde son, contestan sen dúbida que de Monterroso. Entendo que haberá que aclaralo e facer a corrección pertinente. Cando teña máis info sobre ese matiz, avisarei. Saúdos --Satna (Ti dirás) 3 de xullo de 2016 ás 20:16 (UTC)

Volvo para deixar solucionado o asunto de Ansar en Taboada. Ao final o quid deumo un veciño de Bidueiros. Resulta que a parroquia que oficiclamente se chama Santo Estevo de Ansar é unicamente coñecida como Santo Estevo. Á xente do lugar se lles falas de "Ansar" dinche que é de Monterroso. Porque efectivamente o único núcleo poboado que leva ese nome pertence ao concello ullán. Asunto solucionado. Saúdos e unha vez máis graciñas pola atención --Satna (Ti dirás) 5 de xullo de 2016 ás 22:17 (UTC)

The Signpost: 2 May 2016[editar a fonte]

Tech News: 2016-18[editar a fonte]

2 de maio de 2016 ás 20:09 (UTC)

Modelo Portal[editar a fonte]

O modelo está ben así, cando haxa un só portal pode seguir empregándose. Para o que queres facer trouxen Modelo:Barra portal, da forma {{Barra portal|Portal1|Portal2|etc}}. A solución yankee é máis elegante que a francesa, aínda que algo máis complexa. As iconas hai que especificalas en Módulo:Barra portal/imaxes, en canto teña un minuto completo a documentación desas páxinas. Revisa coa xente o tema este de poñer unha barra para os portais, eu entendo que debería ir entre as caixas de navegación e o control de autoridades, pero pode haber opinións moi variadas tratándose dunha cuestión de maquetación. Banjo tell me 4 de maio de 2016 ás 06:51 (UTC)

Aviso votación para administrador[editar a fonte]

Hai unha aberta unha votación para decidir se outorgalle a Chairego apc as funcións de administrador.--MediaWiki message delivery (conversa) 5 de maio de 2016 ás 15:40 (UTC)

Tech News: 2016-19[editar a fonte]

9 de maio de 2016 ás 23:22 (UTC)

Tech News: 2016-20[editar a fonte]

16 de maio de 2016 ás 16:01 (UTC)

The Signpost: 17 May 2016[editar a fonte]

* Dirección <> Enderezo[editar a fonte]

En efecto, son cousas distintas. Non son sinónimos. Cando che pregunto onde vives para mandarche unha carta, pídoche o enderezo, non a dirección. Un saúdo! --Atobar (conversa comigo) 19 de maio de 2016 ás 12:39 (UTC)

RE:Dnipro[editar a fonte]

Efectivamente, Usuario:AMPERIO ten razón, mudou o nome da cidade a Dnipro este ano. Ao non haber forma galega, emprégase o nome oficial (WP:T), facendo a transliteración correspondente (WP:TRL), polo que o movemento é correcto. --Norrin (Fálame) 20 de maio de 2016 ás 12:45 (UTC)

Dereitos administrativos[editar a fonte]

Moitas grazas! Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 21 de maio de 2016 ás 12:26 (UTC)

Tech News: 2016-21[editar a fonte]

23 de maio de 2016 ás 18:40 (UTC)

Proposta para limitar o tempo dos dereitos de administración[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para limitar o tempo dos dereitos de administración. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de maio de 2016 ás 23:07 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

The Signpost: 28 May 2016[editar a fonte]

Tech News: 2016-22[editar a fonte]

30 de maio de 2016 ás 16:18 (UTC)

Tech News: 2016-23[editar a fonte]

6 de xuño de 2016 ás 20:51 (UTC)

RE:Lingua de Detalles das contribucións[editar a fonte]

Mediawiki:Histlegend. Queda cambiado xa :) Banjo tell me 10 de xuño de 2016 ás 13:56 (UTC)

Río Támese/Támesis[editar a fonte]

Perde coidado, Elisardo, que está ben feito. Ambos os nomes son válidos, pero as referencias dadas non están en pé de igualdade. Unha vén dun manual específico de lingua (Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega) e a outra limitáse a un libro doutra temática no que cadra que é citado polos autores (Manual de oceanografía física descritiva). Por así dicilo, unha referencia pesa máis ca a outra, de modo que a forma Támese (a falta doutras fonte máis potentes) polo momento é preferente. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12 de xuño de 2016 ás 09:28 (UTC)

Tech News: 2016-24[editar a fonte]

13 de xuño de 2016 ás 18:41 (UTC)

India[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Xa lin o correo, vai tranquilo, xa che contestarei con máis tempo. Mira unha cousiña, vendo os artigos de calidade que temos vin que andamos un pouco frouxos en artigos sobre xeografía... hai tempo ampliei o artigo da India (que ademais ten portal) e me comentaras que querías votarlle un ollo ás referencias cando rematara con el, creo que sería o único (ademais dunha revisión ortográfica) que precisaría para poder ser de calidade. Anímaste a revisalas para propoñelo nas próximas semanas? Se non podes miro de facelo eu cando teña un anaco entre tantos artigos "en uso" que teño agora. Un saúdo! Piquito (conversa) 14 de xuño de 2016 ás 07:58 (UTC)

Problema cun modelo[editar a fonte]

Boas Elisardojm!! Perdoa que che dea tanto a vara, pero hai uns días modifiquei o Modelo:SM-liiga para que aparecera coas cores que emprega a competición (negro e branco) pero non sei por que a ligazón que hai na liña negra despregable sae en azul e non en branco, polo que non se ve. Pedinlle a AMPERIO que o revisara pero debéuselle esquecer e antes de que se me esqueza a min tamén dígocho. Seguro que é unha tontería, pero eu non sei como arranxala e tal e como está agora non se le de que vai a caixa. Graciñas!!! Piquito (conversa) 14 de xuño de 2016 ás 23:13 (UTC)

Perdón por meterme, pero por alusións..:) Revisei o código no seu momento pero non debin de gardar os cambios. Hai que mudar a cabeceira do navbox para que funcione ben.--AMPERIO (conversa) 14 de xuño de 2016 ás 23:20 (UTC)
AMPERIO, xa que ti xa o miraches e sabes de que é, podes amañalo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xuño de 2016 ás 17:43 (UTC)
Feito! Feito! --AMPERIO (conversa) 15 de xuño de 2016 ás 17:54 (UTC)
Moitas grazas! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xuño de 2016 ás 20:19 (UTC)

Barra portal[editar a fonte]

Boas Elisardojm. Sabes se se podería facer algún cambio para engadir no Modelo:Barra portal unha ligazón cara a páxina de commons que corresponda co artigo? Así en lugar de ter unha ventá cara commons e despois a barra embaixo, queda todo no mesmo lugar. Non sei se me explico. --AMPERIO (conversa) 15 de xuño de 2016 ás 10:04 (UTC)

Vila[editar a fonte]

Ola, Elisardo. Perdoa que non contestase antes. Ando estes días fóra da casa, e con escasa conectividade. En galego é vila, tanto para o núcleo de poboación (Ex.: A vila de Rianxo) como para o casal dun certo nivel, unha mansión (Ex.: Para este verám alugaremos unha vila de marca maior na Costa Azul). Ora ben, se queres citalo como villa, tamén podes, dando a entender que recorres ao italianismo, e polo tanto coa obra da cursiva. Saúde!—o anterior comentario sen asinar foi feito por Atobar (conversacontribucións) 15 de xuño de 2016 ás 19:03‎

The Signpost: 05 June 2016[editar a fonte]

WikipediaSignpostIcon.svg
News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 15 de xuño de 2016 ás 22:02 (UTC)

The Signpost: 15 June 2016[editar a fonte]

Palacio de Aquisgrán‎[editar a fonte]

Non esquezas arranxar as ligazóns que hai cara páxinas de homónimos. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 16 de xuño de 2016 ás 09:54 (UTC)

Dereitos das imaxes[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Primeiramente darche as grazas por revisar as referencias do artigo da India!! Como sabes ando a voltas co artigo do Deportivo da Coruña, referenciando e ampliando, estou facendo unha sección sobre os estadios que empregou ao longo da súa historia e vin que ata 1909 xogou no Corralón da Gaiteira, o caso é que atopei imaxes do campo que son postais de 1907, eu penso que non teñen dereitos (109 anos son moitos anos), no artigo hai imaxes de 1912 e 1927, e esta é máis antiga, pero antes de subilas quería consultalo contigo. Tamén na web do Deportivo hai imaxes 1908 e 1909 que estarían moi ben (se non para o artigo do Deportivo -que saturaría un pouco de imaxes as primeiras seccións- si para o da súa historia, que aínda está en cueiros), o caso é que por idade seguramente non teñan dereitos de autor, pero como son dun club deportivo non sei se eles posúen os dereitos e polo tanto non se poden empregar (cousa que a min, persoalmente, non me parece ben), podes velas aquí. Xa me contas, un saúdo!! Piquito (conversa) 17 de xuño de 2016 ás 23:01 (UTC)

Ok graciñas!! Por outra banda, atopei estas dúas fotos do Real Club Coruña que poderían ir ben para o artigo, a verdade é que está ben, o xornal publica con licenza Creative Commons e permite obras derivadas :D Unha aperta!! Piquito (conversa) 18 de xuño de 2016 ás 20:49 (UTC)
Si Elisardojm! Empreguei para todos a licenza que me indicaches. Lendo a advertencia da licenza do xornal vin que non afecta a fotos de terceiros, así que puxen esa licenza en todas, incluíndo as do Corralón da Gaiteira que podes ver no artigo do Deportivo da Coruña. No caso das do Corralón creo que igual habería que recurtalas porque logo de cargalas en Commons vin que teñen un marco no que aparece o sitio web dunha tenda de antigüidades que vende esas postais e non sei se pode aparecer iso nas imaxes (é fóra da imaxe, pero pode verse se a amplías), tería que investigar como recurtalas, eu non sei moito disto... Unha aperta e grazas por todo! Piquito (conversa) 18 de xuño de 2016 ás 23:08 (UTC)
Recortei a do Corralón, se hai outras avísame e fágoo nun momento. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2016 ás 23:20 (UTC)

Tech News: 2016-25[editar a fonte]

20 de xuño de 2016 ás 19:14 (UTC)

vogais[editar a fonte]

Ola! Grazas por creares o modelo! Desde hai tempo teño como materia anotada ampliar o campo da fonética, que o temos moi vago, mais non é o ámbito que máis me entusiasma. Hei revisar ao chegar a casa e contrastar cos libros. Aperta! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de xuño de 2016 ás 09:53 (UTC)

Tech News: 2016-26[editar a fonte]

27 de xuño de 2016 ás 15:42 (UTC)