Peneireiro cincento
| Peneireiro cincento | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Elanus caeruleus René Louiche Desfontaines 1789 | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||
|
Nome curto
| |||||||||||
|
Sinonimia
Elanus melanopterus | |||||||||||
| Características | |||||||||||
|
Tamaño da niñada
| |||||||||||
| Conservación | |||||||||||
|
Identificador UICN
| |||||||||||
| Distribución | |||||||||||
|
Área de distribución
| |||||||||||
| Dimensións | |||||||||||
|
Masa
21 g peso de nacemento | |||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||
| Reino | Animalia | ||||||||||
| Filo | Chordata | ||||||||||
| Clase | Aves | ||||||||||
| Orde | Accipitriformes | ||||||||||
| Familia | Accipitridae | ||||||||||
| Xénero | Elanus | ||||||||||
| Especie | E. caeruleus | ||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||

O peneireiro cincento[1][2] ou peneireiro cinsento[3] (Elanus caeruleus) é unha ave Falconiforme de pequeno tamaño de familia Accipitridae.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha ave de rapina pequena, duns 30 a 35 cm de lonxitude e cunha envergadura de ás de entre 80 e 90 cm. O corpo é na maior parte branco. A cabeza, relativamente grande, é branca cunha máscara negra. A parte superior do corpo ten cor gris azulada, con manchas negras nos ombreiros. As ás son estreitas coas puntas negras. A cola é moi curta. Ten os ollos vermellos brillantes e as patas de cor amarela alaranxada.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Áchase preferentemente na África subsahariana e na Asia tropical. No norte de África vive en Marrocos, Alxeria e Exipto. En Europa aparece só nunha pequena zona do sur da Península Ibérica. Son aves, en xeral, sedentarias, aínda que poden facer desprazamentos ocasionais.
En boa parte do sur de Asia encóntrase a subespecie E. c. vociferus. Nas illas surasiáticas hai diversas subespecies máis.
Viven en espazos abertos como estepas, sabanas e zonas semidesérticas ou mesmo campos cultivados, nos que haxa árbores illadas para espreitar e face-los niños.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Comen pequenos mamíferos, principalmente roedores, paxaros pequenos ou crías de ave de pequeno tamaño e réptiles, sobre todo lagartas e insectos. Localiza as presa voando lentamente ou espreitando dende unha árbore ou outro punto elevado.
Reprodución
[editar | editar a fonte]A femia constrúe, con material achegado polo macho, un niño nunha árbore. Poñen tres ou catro ovos, pero en casos illados a cantidade varía entre dous e seis.
Nome común noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Alemán: Gleitaar
- Danés: Blå Glente
- Inglés: Black-winged Kite
- Español: Elanio azul
- Finlandés: Liitohaukka
- Francés: Élanion blanc
- Italiano: Nibbio bianco
- Neerlandés: Grijze wouw
- Noruegués: Svartvingeglente
- Portugués: Peneireiro-cinzento
- Sueco: Svartvingad glada
- Turco: Ak çaylak
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de peneireiro no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peneireiro cincento |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Benny Génsbol, Walther Thiede; Greifvögel - Alle europäischen Arten, Bestimmungsmerkmale, Flugbilder, Biologie, Verbreitung, Gefährdung, Bestandsentwicklung, BLV Verlag München, 1997, ISBN 3-405-14386-1 (en alemán): "Manual sobre as aves de presa europeas".
- Theodor Mebs; Greifvögel Europas - Biologie - Bestandsverhältnisse - Bestandsgefährdung Franckh-Kosmos Verlag Stuttgart 2002, ISBN 3-440-06838-2 (en alemán): "Estudo sobre as aves de presa europeas".
