Licor de guindas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Botella e vasos de ginjinha.

O licor de guindas é un licor tradicional galego. Elaborado de xeito artesanal nas casas, é o pricipal licor caseiro do norte de Galicia, mentres que o licor café ten máis tradición no sur. Adoita tomarse na sobremesa de xantares especiais.

Co nome de ginjinha é tamén un dos sinais de identidade da capital portuguesa. Foi un galego, Francisco Espiñeira, quen levou a Lisboa o licor de guindas, fundando en 1840 a primeira marca comercial de ginjinha, Espinheira, que continúa producíndose hoxe en día pola quinta xeración de descendentes de Francisco Espiñeira[1][2].

Elaboración[editar | editar a fonte]

Establecemento de ginjinha, en Lisboa.

A guinda é o froito da guindeira, unha árbore do xénero Prunus, o mesmo có da cerdeira. Recóllense no mes de xuño e o seu sabor é moi acedo polo cal non se comen. Para preparar o licor de guindas, quítaselles o rabo e se introducen nunha botella de boca ancha. A continuación bótase augardente ata cubrir as guindas e unha ramiña de canela. Tápase ben a botella e déixase en maceración durante corenta días, transcorridos os cales engádense 250 gramos de azucre por cada litro de augardente. Reméxese suavemente varias veces e pasada unha semana xa está listo para tomar. A cantidade de azucre pode variar para facer o licor máis ou menos doce segundo os gustos.

Na literatura[editar | editar a fonte]

O escritor lugués Ánxel Fole remata o seu conto en castelán Cuento de Navidad. El secreto del espejo[3], cunha frase que fai referencia ao licor de guindas: En la tallada copa fulgura un rubí.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. avidaportuguesa.com (ed.). "Ginginha Espinheira" (en portugués). Consultado o 27 de marzo de 2016. 
  2. Diário de Notícias (ed.). "Ginjinha do Rossio teve bênção de um monge" (en portugués). Consultado o 27 de marzo de 2016. 
  3. Ánxel Fole (2003): Obra literaria completa, tomo III (obra en castelán). Ed. Galaxia. ISBN 84-8288-647-9

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]