Conversa usuario:Elisardojm/arquivo 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Arquivo das conversas anteriores a 2012:

Índice

Reunión Wikimedia[editar a fonte]

Ola Elisardojm! Por desgraza nas datas que propoñedes eu non me atopo no país, xa que estou a estudar en Madrid. Unha mágoa, porque para min calquera excusa é boa para visitar Compostela. Que o pasedes ben! Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 01:01, 8 febreiro 2010 (UTC)

Boas! Digo o mesmo que Alberte, eu agora mesmo estou de Erasmus en Alemaña, así que me é imposíbel ir até alí. Unha mágoa, pero graciñas por avisares!-- Fryant 01:12, 8 febreiro 2010 (UTC)
Boas, a mín non me importaría participar nunha reunión no IRC, sempre e cando me veña ben a hora e a data, claro. Respecto á creación do capítulo, pois mira, eu penso que non hai máis interés por medo. Eu penso que todo o mundo sabe dun xeito ou outro que, sinxelamente por volume de poboación, o capítulo vai ser dominado por xente que provén dos proxectos wikimedia en castelán, e polo tanto hai medo á sensibilidade coa que se tratarán ao resto dos idiomas do estado nos que nalgún proxecto da Fundación WM estea dispoñíbel. E cousas como a manida polémica dos topónimos nos proxectos en castelán non axudan a mudar esa sensación. Por iso, penso que ate que WM-ES non demostre efectivamente que a sensibilidade está aí, non vai a atopar un apoio claro dos proxectos en outros idiomas. Un saúdo. -- Fryant 15:13, 9 febreiro 2010 (UTC)
Boas, a verdad é que non coñezo ningún programa que poida substituír ao Skype. Interésame usalo dependendo da data que se propoña, claro. Un saúdo!-- Fryant 17:09, 11 marzo 2010 (UTC)

reunión[editar a fonte]

ola, Elisardo;

en principio eu estou interesado en achegarme a Compostela á reunión organizada en Meta; terías a bondade de avisarme cando se chegue a unha data e hora concreta?

Graciñas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:22, 8 febreiro 2010 (UTC)

Con retraso[editar a fonte]

Decátome da túa nota. Coido que ata o de agora, as xuntanzas físicas que se tiveron sempre foron parciais e/ou secundarias, pero apúntome a unha teima de conseguir algo 'físico' xuntos. Un saúdo.--Agremon(contacto) 12:07, 21 febreiro 2010 (UTC) Mesmo se queres que falemos por teléfono, ás veces saen mellor as cousas así.--Agremon(contacto) 12:10, 21 febreiro 2010 (UTC)

Polo momento non teño pensado pasar por aí nunha tempada. Se se organiza algo, miraría de achegarme... Mentras, a ver se paso polo café.--Agremon(contacto) 06:56, 9 marzo 2010 (UTC)

Coido que ese fin de semana proposto non me iría mal. Mellor quizáis o sábado, por eso de que ó día seguinte do domingo hai que currar de novo.--Agremon(contacto) 06:45, 25 marzo 2010 (UTC)

Con skype hai veces que teño un pequeno problema aleatorio; en xeral funciona. Pero non te atopo. Eu alí tamén teño o alcume agremon.--Agremon(contacto) 20:32, 28 marzo 2010 (UTC)

imaxes[editar a fonte]

Ola, Elisardo! Graciñas por subires a imaxe a Commons; arranxei o enlace que puxeches no arquivo orixinal (se non lle mudas o nome á imaxe, non fai falta poñerllo). Un saúdo, e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:00, 23 de abril de 2010 (UTC)

Segundo galencontro[editar a fonte]

Por min, ningún problema (o tema de día e hora si que o será...). un saúdo.--Agremon(contacto) 15:14, 11 de maio de 2010 (UTC)

  • Saudos Elisardojm gustariame acudir e colaborar no segundo encontro sempre e cando non houbera problema por non asistir ó primeiro. Un saudo e gracias.--Carronada 22:12, 11 de maio de 2010 (UTC)
Ola, Elisardo. Agora ando bastante liado cos exames, e a pesar de ser un venres non me vai nada ben. Xa mirarei despois a crónica para ver o falado e o acordado. Graciñas por avisares, e parabéns polos últimos artigos que chreaches na galipedia sobre médicos galegos. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:17, 22 de maio de 2010 (UTC)

Ola, Elisardo. Polo mo0mento, non o teño moi doado para ir. De ser venres, apúntome a despois das 6, coma ti. Pero xa digo, difícil. Un saúdo e grazas pola info.--Agremon(contacto) 16:49, 22 de maio de 2010 (UTC)

Boas. Gracias polo teu aviso. Lamentablemente ata o mesmo día non vou saber se podo ir, a mañá téñoa ocupada cunha reunión que ameaza con estenderse a todo o día, de modo que se me vedes aparecer a iso das 6, estupendo (a ver se podo avisar con antelación), e se non logo xa lerei a crónica de rigor. Saúdos. Xoacas(dei verbum; adoramus te, domine) 09:47, 25 de maio de 2010 (UTC)

Ligazón a libro[editar a fonte]

Elisardojm, está moi ben o que lle envíes a Xoacas. Soamente iso. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:04, 28 de xullo de 2010 (UTC)

Tradución: fotografía en museos[editar a fonte]

Grazas Elisardo, aprecio o teu traballo--. HombreDHojalata.conversa 15:10, 2 de agosto de 2010 (UTC)

Foto[editar a fonte]

Ola Elisardojm! Vou facer que te arrepintas da nova información que puxeches na túa páxina de usuario, e vouche pedir unha foto... se podes claro. Culleredo seica está pegadiño a Oleiros, e hai tempo eu pedira unha imaxe en concreto de Oleiros, que é a da estatua do Che Guevara. Viría moi ben para os artigos Che Guevara e O Che Guevara na sociedade. Se che cadra un día, xa sabes :) --Alberte Si, dígame? 16:14, 30 de agosto de 2010 (UTC)

A foto é mellorable, mais serve de sobra polo de agora. Non fai falla que te molestes en ir ata alí a fotografa-la escultura, se non queres. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 15:54, 31 de agosto de 2010 (UTC)
Moitas grazas! As fotos son moi boas e coido que suficientes. E se hai unha farola pois terá que aparece-la farola... nunha enciclopedia penso que reflecti-la realidade tal como é, sen agochala, dálle puntos á imaxe. O esteticismo é máis para fardar no Flickr ;) Saúdos. --Alberte Si, dígame? 01:48, 1 de novembro de 2010 (UTC)

Nomes[editar a fonte]

Ola, Elisardo. Vin que crearas un artigo sobre Alfonso Armada. O costume que hai na Galipedia é que se empregan como título dos artigos os nomes máis simples e coñecidos das persoas. Ou sexa, é Alfonso Armada e non Alfonso Armada Rodríguez. Un saudiño, ;) --Xabier Cid Talk, please 14:26, 6 de setembro de 2010 (UTC)

Ligazóns[editar a fonte]

Encantadísimo de que che sexan de utilidade, Elisardojm. Eu boto man deles seguido. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:55, 2 de outubro de 2010 (UTC)

É verdade. Xa vin que hai un par de día non ía. Esperemos que sexa temporal. Outramente, temos o VOLGa, que vén sendo o mesmo.[1] Por certo, o dos artigos populares dá datos de, creo recordar, 2009. Está en desuso e non creo que volva a funcionar dende esa ligazón. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 23:20, 3 de outubro de 2010 (UTC)
Tanto ten. Era o mesmo. A diferenza é que no "catálogo" que tiñan antes vías as palabras precendetes e posteriores, e podías facerche unha idea. Pero a utilidade era a mesma, co cal co VOLGa vale ben. --Atobar (conversa comigo) 08:16, 5 de outubro de 2010 (UTC)

Tríatlon[editar a fonte]

Deixeiche resposta en Wikipedia:A Taberna (axuda). Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:20, 5 de outubro de 2010 (UTC)

Pois non che sei dicir, pero parece que o acento vai na primeira. De todos modos non son o máis recomendable para consultar sobre estes temas, hai outros que controlan máis. Preguntácheslle a Atobar? Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:28, 6 de outubro de 2010 (UTC)

Hola xefe[editar a fonte]

Hola, son BOTticeli. Saúdos.Corribot 23:52, 5 de outubro de 2010 (UTC)

Hola Elisardojm, m'alegro de veyer-te en o tuyo habitat gallego.--EBRO (conversa) 12:14, 5 de agosto de 2012 (UTC)

Tlon[editar a fonte]

Tríatlon e décatlon, pero heptatlón. Isto segundo o Gran xerais (o último e modernísimo). Estraño. As demais non as dou atopado e non cho sei. Mírocho mañá con máis vagar, Elisardojm. Bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 00:23, 9 de outubro de 2010 (UTC)

Máis: Heptatlón, seguindo co Gran Xerais, e despois vén unha nota explicativa dicindo que todas estas palabras se forman sobre o modelo pentatlón, con acento gráfico no O, pero se un busca pentatlón, o que aparece é péntatlon (con ac. no E). Creo polo tanto que querían dicir que se forma con respecto a péntatlon, seica houbo un pequeno erro de redacción deles. Eu estou case convencido de que a norma é tríatlon, décatlon, péntatlon, héptatlon etc. --Atobar (conversa comigo) 10:17, 9 de outubro de 2010 (UTC)
Manda, manda. --Atobar (conversa comigo) 11:46, 9 de outubro de 2010 (UTC)
Perfecto. Pois efectivamente as nosas suposicións eran correctas. Ben, ben. --Atobar (conversa comigo) 12:57, 26 de novembro de 2010 (UTC)

Segundo[editar a fonte]

Ola, Elisardojm. Na frase tipo que lle tes ao bot para cambiar un erro pola palabra correcta dis *según (castelán) cando é segundo. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 21:36, 11 de outubro de 2010 (UTC)

Para o bot. Ademais non leva acento gráfico, meu. --Atobar (conversa comigo) 00:04, 12 de outubro de 2010 (UTC)
E que non modifique == Oquesexa == por ==Oquesexa==, porque a correcta é a primeira, con espazos. --Atobar (conversa comigo) 00:10, 12 de outubro de 2010 (UTC)
Tívencho que bloquear por dúas horas. --Atobar (conversa comigo) 00:10, 12 de outubro de 2010 (UTC)
Canto aos cambios cosméticos, se as edicións son coma que me ligaches, daquela estaba ben e debín ver eu xusto o contrario por erro. --Atobar (conversa comigo) 09:27, 12 de outubro de 2010 (UTC)
Ponllos si, pero non lle quites ollo, ao menos ao comezo, que eu non vou andar por aquí. --Atobar (conversa comigo) 09:37, 12 de outubro de 2010 (UTC)
Moi ben. Pois que rule. Eu creo que xa lle debes pedir a bandeira de Bot, para que non aparece nos cambios recentes de editores 'reais'. --Atobar (conversa comigo) 12:26, 12 de outubro de 2010 (UTC)

Cantharellus / Craterellus[editar a fonte]

Sería bo da-la referencia que acredite que "o seu nome actual é Craterellus lutescens" e, unha vez confirmado, que corríxa-lo nome na caixa de taxonomía e revíse-las interwikis. Un saúdo. Pedro --Lameiro (conversa) 18:14, 15 de outubro de 2010 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

Ola, Elisardo. :) Abadín ten que estar na Categoría:Concellos da provincia de Lugo, non na Categoría:Abadín. :) Iso xa o mudara eu. Un saudiño ;)--Xabier Cid Talk, please 09:11, 20 de outubro de 2010 (UTC)

Yeeeha. :) faltan porque están a medio facer aínda. É dicir, estaban dun xeito, e estamos movéndolos para que estean doutro. Ou sexa, hai que mover todos os artigos de concellos á páxina [[Categoría:Concellos da provincia de Pimba]], e todas as [[Categoría:Nomedeconcello]] ao mesmo. As [[Categoría:Nomedeconcello]] serven para acoller todo o que está por debaixo, sexan parroquias, alcaldes, lugares, outros artigos parciais, monumentos, nacidos, deporte no concello, etc. Un saudiño! E sintoo pola brevidade, pero ando a mil --Xabier Cid Talk, please 09:27, 20 de outubro de 2010 (UTC)

Wikiproxecto:Concellos 2011[editar a fonte]

Olla para Conversa Wikipedia:Wikiproxecto:Concellos 2011/Estrutura Concellos, é máis ou menos urxente. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 09:41, 20 de outubro de 2010 (UTC)

solicitude para Corribot[editar a fonte]

Ola! Teño unha petición para Corribot, a ver se llo podes comentar. Trataríase de mudar "Península ibérica" por "península Ibérica" (en maiúsculas o topónimo, non o tipo de accidente xeográfico). Animádesvos? Saúde, e graciñas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:31, 21 de outubro de 2010 (UTC)

Teño outra solicitude para cando (se procede) se aprobe o status de bot de Corriño. Trataríase de mudar "Estrela (Astronomía)" por "Estrela (astronomía)" (astronomía en minúsculas). Vai apuntando, que creo que vou abusar bastante do bot. :) Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:45, 22 de outubro de 2010 (UTC)

Thank you![editar a fonte]

Thanks for translating the Fundraising message! It is a great help!Klyman 18:22, 22 de outubro de 2010 (UTC)

Arte[editar a fonte]

Ola, Elisardo. Deixeiche resposta en Wikipedia:Artigo destacado/Propostas/Arte, se cadra un pouco longa de máis (o tema ten chicha). Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:50, 29 de outubro de 2010 (UTC)

Crónica[editar a fonte]

Xa podes pasar a túa crónica sobre o galiencontro a esta páxina: Wikipedia:Xornal da Galipedia/01-11-2010/Encontros. Procura seguir o modelo que tes en aquí. Non te preocupes, que logo eu paso revista e corrixo o formato se fixese falta. Grazas polo artigo! --Toliño Fala aquí comigo 08:44, 29 de outubro de 2010 (UTC)

Haha, tá mui ben a crónica, Elisardo :) O de que teño muita paciencia é ben certo (xa de sempre...), o que non entendo é o do terceiro grao... non o dirías por min que me sentei a túa esquerda e che estiven a da-la brasa? :) Eu penso que queda ben así o escrito... non poñas que non aguantamos case nada e que ás 5 xa tiñamos desaparecido todos... Pra outra vez hai que tar máis descansados... Boa fin de semana e, de novo, un pracer coñecerte en persoa! Abur! --Lala Lugo 11:49, 29 de outubro de 2010 (UTC)
Corrixín algúns miudallos, aquí dese Usuario:Elisardojm/Crónica galiencontro 2010-10-23. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:01, 30 de outubro de 2010 (UTC)

Fotos[editar a fonte]

Bos días Elisardo, envieiche onte unha mensaxe ó correo, contéstame por favor cando poidas, graciñas :) --Lala Lugo 13:13, 1 de novembro de 2010 (UTC)

Veciño/a[editar a fonte]

Ola Elisardojm Ti fuches quen eliminaches a miña aportación do xentilicio veciño/a de Vigo? Quería por referencia pero aínda non controlo a Wikipedia e non sabía como facelo. Existen xentilicios oficiais? É Olívico/a? A miña entrada fíxena a raíz deste estudo: http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/10/30/0003_8816042.htm

Un saúdo! Eskio

An Urgent Request[editar a fonte]

Wikimedia Foundation RGB logo with text.svg

Hi Elisardojm! The WMF fundraiser kicks off next week and, in order to be ready, we need some quick translation help :) The translations can be found at Translations and the Jimmy letter appeal/en. If you have any questions, please do not hesitate to contact me directly at klyman@wikimedia.org. Thank you for your collaboration!Klyman 19:12, 3 November 2010 (UTC)

Translation Update[editar a fonte]

I want to thank you for your help translating throughout this year's fundraiser. The fundraiser has greatly benefited from all your contributions. Currently, the Kartika, Liliaroja, Abbas and Joan Gomà appeals need to be translated, as we are running appeals from editors. You can find all translation requests at the translation hub on meta and you can follow the progress of the fundraiser in real time by tracking the fundraiser statistics. It is important to check the Core Messages as many languages still need updating. Also if you haven't already, you can subscribe to the translators-l mailing list for all new requests and major changes. Many thanks for your help in truly making this a global fundraiser that you can edit.Klyman 18:57, 7 de decembro de 2010 (UTC)

RE: Libros e PDF[editar a fonte]

Realmente era algo que se propuxo hai algún tempo na Taberna e que quizais eu mesmo desbotase por crer que era algo que non dependía de nós. Pero podendo facelo mediante un erro en Bugzilla (xa vin que responderon a túa mensaxe en Meta) por que non? É interesante poder exportar os artigo a PDF, xa que ata o de agora só tiñamos a "Versión para imprimir". Por min adiante! --Toliño Fala aquí comigo 10:34, 7 de novembro de 2010 (UTC)

Nudez na arte[editar a fonte]

Elisardo, xa que fixeches Arte, anímaste a traducir este e a engadirlle contidos doutras fontes? Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:38, 7 de novembro de 2010 (UTC)

RE: Bugzilla[editar a fonte]

O primeiro é ter unha conta: tes que rexistrarte (o correo electrónico será o teu nome de usuario). Logo, simplemente con darlle a "Enter a new bug" accederás ao formulario, enches os campos que cumpran, na descrición dás un pequeno resumo do que queres facer a achegas tamén a ligazón coa proposta para que vexan que tomamos unha decisión positiva. Unha vez que o envíes haberá que esperar; adoitan tardar uns días/semanas. Por exemplo, o filtro de abusos que pedín hai nove días aínda non está activado (ten o estado "NEW"); saberás que xa está cando aí apareza "RESOLVED" (obviamente tamén o veremos aquí, coa adición da nova funcionalidade).

E coido que é todo. --Toliño Fala aquí comigo 15:05, 9 de novembro de 2010 (UTC)

Por outro lado, caso se tratasse de um "bug" (no sentido de erro no programa), mesmo após ele ser marcado como RESOLVED poderia demorar "séculos" até que a correção estivesse online nos projetos Wikimedia. Certamente o novo recurso estará ativado quando vir a mudança ser registrada no Server admin log. Olhando lá dá para deduzir quão longa poderá ser a demora na instalação de algo que pedirmos...
Outra coisa: lembre que o email que usar para criar a conta no bugzilla será visível publicamente, então o número de SPAMs que recebe poderá aumentar... Prefira usar um email secundário. Helder 00:42, 10 de novembro de 2010 (UTC)

Península[editar a fonte]

Elisardo, desfixen a edición, porque ese Península fai referencia á Península Ibérica, de aí o P con maiúscula. Outramente, debería ir en minúscula, claro. O mesmo pasa cando escribimos estado. Se queremos enfatizar que dentro do Estado a democracia é moi mediocre, podemos facelo coa maiúscula. --Atobar (conversa comigo) 23:49, 17 de novembro de 2010 (UTC)

Elisardo, creo que te estás enleando innecesariamente [2]. --Atobar (conversa comigo) 00:17, 19 de novembro de 2010 (UTC)
Elisardo, que non fai falla, amigo. [3] Olla para o exemplo do libro de estilo [4]. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:50, 20 de novembro de 2010 (UTC)
Escríbese Península Ibérica, Elisardo. Olla para o exemplo da páxina 108 deste manual da UDC. E nestoutro manuel figura: hai algúns casos concretos en que o nome que acompaña o nome propio do lugar forma parte do topónimo, son formas establecidas de nomes de lugares históricos, xeopolíticos ou xeoturísticos e nestes casos tamén deberá ir con maiúscula: Cidade de México, Mar Morto, Illas Salomón, Selva Negra, Costa Azul, Oriente Medio, Costa Dourada, Cidade Condal (...). --Atobar (conversa comigo) 23:12, 20 de novembro de 2010 (UTC)

Catro vellos mariñeiros[editar a fonte]

Pois eu sempre crin que se trataba dunha canción de autor, polo que vexo agora, de Xil Ríos, pero se segues buscando ves que igual é tradicional. Non o sei, nin polo tanto, cal pode se-la forma "correcta". Vin unha letra aquí pero supoño que xa o verías ti. Todo o que teño eu son cantigas populares, das foliadas, muiñadas e regueifas, e podo dicirche que as variantes segundo o colector -quero crer que segundo a cantou aquel a quen ese colector escoitaba- son cousa habitual, algo totalmente normal se temos en conta que falamos de transmisión oral. Sinto non ser de máis axuda. Pedro --Lameiro (conversa) 23:09, 20 de novembro de 2010 (UTC)

A única idea que se me ocorre e ver no disco de Xil Ríos onde aparece a canción a súa autoría, que debería aparecer. Busquei na súa páxina pero a información sobre a discografía e moi escasa. Agardo que te sirva de axuda. Un saúdo. --Beninho 23:47, 20 de novembro de 2010 (UTC)

  • ¿Conseguiches algo da orixe da canción dos mariñeiros? Alguén que sabe moito máis ca min sobre cantigas e outras formas de literatura oral dime que a primeira e segunda cuartetas, textual ou con lixeiras variantes, sí que están recollidas en escolmas de cantigas populares; pero a terceira non aparece. Como cantar completo tampouco o viu publicado, así que supón -está seguro, pero non o pode referenciar- que Xil Ríos reuniunas e converteunas nunha canción completa. O certo é que excepto esa terceira cuarteta temos referencias da orixe popular das outras dúas. O cal era previsible, en calquera caso. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:42, 3 de decembro de 2010 (UTC)
    • Bota un vistazo ó que fixen no artigo bote. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:26, 7 de decembro de 2010 (UTC)
      • A segunda cantiga, que reza así: Os mariñeiros traballan/ de noite coa luz da lúa./ Dá gusto velos chegare/ pola mañá cedo/cheirando a frescura, aparece nos cantigueiros con estas variantes:
O mariñeiro traballa /de noite coa luz da lúa. /¡Dá gusto velos chegar /pola mañán cedo /cheirando á frescura! (Xesús Alonso Montero: Cantigas Sociales. Escolma. Edicións Castrelos, VIGO 1969, páx. 33).
O mariñeiro traballa/ de noite a o meterse a lúa/ e pol-a mañán cediño/ ha de cheirar a frescura (Amancio Landín Carrasco: Cantares marineros gallegos, Cuadernos de Estudios Gallegos X, 31, 1955, 259-301).
O mariñeiro traballa /de noite coa luz da lúa, /da gusto velo chegar pola porta (pola mañán cedo) /cheirando a frescura (Adela Leiro Lois: O traballo no mar (aparellos e artes de pesca e marisqueo) (Consellería de Pesca, marisqueo e acuicultura. Santiago 1990).

Con esta información remato todo o que me dixeron deste cantar. Da terceira (Levo/traio sardiña e bocarte) non sei nada. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:13, 7 de decembro de 2010 (UTC)

peninsulae[editar a fonte]

ola! Graciñas polo aviso, que sempre está ben aprender. Se hai unha referencia do asunto, punto pelota, n'hai máis que falar. Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:46, 22 de novembro de 2010 (UTC)

Antibalas[editar a fonte]

Antibalas non o trae como unha entrada, pero se buscas chaleco, si aparecen as derivacións antibalas e salvavidas. Non sei se che valerá de algo. --Atobar (conversa comigo) 13:13, 23 de novembro de 2010 (UTC)

Non aparece porque é un adxectivo moderno e non un concepto como tal. Non dicimos "puxo o antibalas", senón "puxo o chaleco antibalas", ou "o disparo impactou no cristal antibalas", non "no antibalas". Pola contra, si dicimos "ese energúmeno é un antiabortista", "os antiácidos prevén a aparición de...", "Natzinger montou unha cruzada pola avance do Anticristianismo". Non sei se me explico. De calquera maneira, no futuro poida que figura nos dicionarios cunha entrada propia, está por ver. Eu non me comería a cabeza por isto. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:55, 23 de novembro de 2010 (UTC)
  • Elisardo, o 'Gran Xerais ese', falo do novo o que aínda se publicou hai agora un ano, é sen dúbida o dicionario de referencia (ollo, non o oficial, para iso guiámonos polo VOLGa). Así, ten máis de 100.000 entradas, mentres que as fontes da Academia (DRAG, que non serve, e VOLGa, que si) contemplan aredor de 25.000. Por outra banda, si: o dicionario da Academia seica sairá dentro de seis ou oito meses. E terás 50.000 entradas. Pregúntasem se comprar o Gran Xerais, e eu dígoche que dende logo se che interesa a lingua e queres mellorala, daquela si, o único pero é que son preto de cen euros (2 volumes), porque á fin e ao cabo é o dicionario de consulta, para todos, expertos e principiantes. Un apuntamento: poida que o Gran Dicionario Xerais da Lingua Galega saque unha versión en liña proximamente. Esa si que sería bo tela. A ti que che gustan esas cousas, podías escribirlles e preguntar para cando sería. Canto a antisistema, eu referíame ás palabras anti-, feitas por composición. Obviamente, calquera dicionario tra os adxectivos igual que trae substantivos ou verbos: aberrante, bonito, barato ou o que sexa. Un saúdo e a seguir traballando. --Atobar (conversa comigo) 13:59, 24 de novembro de 2010 (UTC)

Escudo de Lugo[editar a fonte]

Simplemente o dicía porque o escudo que adoita aparecer é o que estaba, refírome, un exemplo claro son as paraxes (ou vados) onde figura. Con todo sei que dende o concello se está (ou estaba) traballando para cambiar o escudo, así que se o .svg é máis moderno xa non podo dicir. Por desgraza agora nos documentos do concello figura unha nova imaxe coorporativa e non o escudo tradicional, así que fontes moi recente non as dou atopado. O que sei seguro é que o escudo que estaba era (remarco en pasado, porque agora non sei) o oficial (no vado do o meu eficio, novo deste ano, segue a figurar o escudo que estaba).

Con todo confío en que haxa alguén que sepa máis do tema, que eu de heráldica nada. De tódolos xeitos opto por discutir isto na páxina de conversa de Lugo por se alguén pode aportar algo. --Adorian (fálame) 13:28, 24 de novembro de 2010 (UTC)

Ola, Elisardo. Editei o artigo sobre Lugo conforme ó falado. Se tes tempo e inspiración, revisa o escudo para quitarlle esas raíñas á coroa, e tamén outra liña negra que se ve sobre o fondo á dereita do escudo e fai bastante feo. E se non che apetece, que o faga outro. Eu dou por pechado o tema, non sen tempo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:38, 26 de novembro de 2010 (UTC)

Ola, Elisardo. Na miña opinión as raíñas da montaña son o menos molesto, eu creo que non paga a pena quitalas. Sobre as da coroa, os cánones mandan empregar só cores planas, sen sombras, nin raiados nin degradados nin recursos polo estilo, pero claro, se xa temos todos os escudos coa mesma linguaxe, polo menos no referente ás coroas, non imos ir agora de guais (por certo, a ligazón que me deixaches á versión sen raiado non está completa). Hai pouco tiven unha discusión sobre outro escudo doutro concello, que alguén cambiou varias veces, e ó final o argumento que tivo o autor para cambialo foi que o escudo novo non tiña unhas sombras que o vello si. Curiosamente, tal autor é uns dos do famoso Taller de Heráldica da wiki hispana, cousas da vida. Ás veces os que máis traballan son os que máis deciden, outra cousa é se ese traballo está ben feito. O dito, deixa estar o escudo, que así está moi ben, se queres traballar heiche encargar que modifiques outros que están mellorables. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:28, 29 de novembro de 2010 (UTC)

Está estupendamente ben. Eu vexo dúas raias flotando sobre o escudo, unha á esquerda e outra á dereita, sobre a bordura, e as da montaña movéronse tamén. Supoño que non será a propósito. Eu de bandeiras non sei nada, non che podo axudar nese punto, posto que non hai bandeira oficial realmente non sei se corresponde facer unha bandeira para Lugo, iso déixocho ó teu criterio. Bo traballo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:13, 30 de novembro de 2010 (UTC)

Ref / Notas[editar a fonte]

Non estou de todo certo. Hai algunhas páxinas que si teñen referencias e notas ao mesmo tempo. E mesmo se decidimos que soamente deben quedar como notas, daquela teriamos o problema de crear dous apartados chamados notas nun mesmo artigo. Pregúntalle a Toliño, que seguro que sabe máis ca min. --Atobar (conversa comigo) 02:15, 28 de novembro de 2010 (UTC)

Certo é que cómpre ter moito tino, pero non vexo ningún problema. De feito, é un cambio que eu mesmo fago se reviso algún artigo. Ocórreseme que hai que ter en conta tamén aqueles que inclúen <references/> e <references /> no canto de {{Listaref}}. Pois iso, obra con coidado :) --Toliño Fala aquí comigo 11:58, 6 de decembro de 2010 (UTC)

Escudos para retocar[editar a fonte]

Xa que demostras ter tan boas mañas coas artes gráficas, vouche deixar aquí algúns escudos para que lles retoques algunhas cousiñas cando teñas ganas e tempo: Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:48, 30 de novembro de 2010 (UTC)

  • Alfoz: o castelo é aclarado de azur, é dicir, as fiestras son azuis no canto de negras, que é como están agora (se pode ser o mesmo azul usado na bordura mellor, máis lindo).
  • Antas de Ulla: deixarlle a torre toda de ouro, é dicir, quitarlle o vermello das xanelas e da porta. As estrelas e os caldeiros quedarían mellor sen esas liñas que teñen por dentro.
  • Arbo: a cor das lampreas debería ser máis definida, non esa cousa pardusca indescritible.
  • Avión: o paxaro parece máis un corvo que unha andoriña; na punta debería haber unhas ondas de azur sobre o fondo de prata; sáelle un rabo (unha raia) pola dereita.
  • Baralla: as xanelas das torres non deberían ser negras, senón da mesma cor das torres. (metín a zoca)
  • Barro: habería que refacelo enteiro, porque o que hai é un cangallo; en todo caso é un escudo moi atípico (como se representa unha fervenza?).
  • Caldas de Reis: é un desastriño todo. Ten a descrición sen referenciar, pero nin sequera se axusta a ela. (ó non ter referencia a descrición, os do taller de heráldica nin sequera lle meten o dente).
  • Calvos de Randín: foi modificado por decreto da Xunta, agora están a torre e os bezantes sobre fondo verde e máis nada.
  • Cambre: non se axusta de todo á descrición, fáltalle o perfilado de prata, semellante ó que se ve aquí.
  • A Cañiza: o carballo eu entendo que debería ir da súa cor, e non todo de verde.
  • Carballeda de Avia: No campo inferior hai debuxadas unhas cousas con forma ovoide que non constan na descrición. (sen referenciar)
  • Carnota: as cores non son as da descrición, e o tipo de letra non é o máis axeitado.
  • Lugo: hai un erriño na divisa.

Estou pensando que, posto que na wiki castelá hai un marabilloso equipo de xente entendida nesta materia, e considerando tamén que os nosos problemas son os seus problemas (basicamente usamos os mesmos escudos e somos as únicas wikis que empregan o escudo do concello), podemos cambiar de estratexia e limitarnos a notificarlles ós da wiki castelá cales son os erros, e logo agardar a que se animen a ir corrixíndoos. Sei que é aproveitarse un pouco da boa disposición dos demais, pero nós non temos capacidade para amañar todo o que hai que amañar cun gasto de enerxías razoable. Que che parece a ti? Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:03, 1 de decembro de 2010 (UTC)

Ben, xa lles pasei aviso ós do taller para que vaian botando unha ollada ós escudos de arriba cando poidan/queiran. O erro da divisa do escudo de Lugo se o podes amañar ti seguro que gañamos tempo, e se non pódollo endiñar a eles tamén. No sucesivo xa lles deixo aviso a eles directamente. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:38, 3 de decembro de 2010 (UTC)
Tes razón, voulle mudar o marcador xa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:51, 6 de decembro de 2010 (UTC)

Ola, Elisardo. Veste capaz de mudarlle a divisa ó escudo de Ponte Caldelas? A referencia di que debería dicir Ponte Caldelas, pero xa se sabe que na es:wp isto dos topónimos o levan ó seu xeito. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 02:40, 11 de decembro de 2010 (UTC)

A divisa que leva o escudo da Rúa sóbralle, pero xa deixei unha nota no taller de heráldica para ver se alguén se anima a quitarlla. Digamos que o que puxen é o escudo oficial con erros, que haberá que emendar. Se o fas ti mesmo pois xenial. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 02:10, 12 de decembro de 2010 (UTC)

Novo Encontro[editar a fonte]

Xa estou apuntado. Vémonos en un par de semanas (se non me esquezo...) Moitas grazas por avisar, --Furado 23:12, 30 de novembro de 2010 (UTC)

Vino, vino. Estou pensando se ir ou non, non teño claro que poida nin que teña interese. Xa che contarei algo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:30, 30 de novembro de 2010 (UTC)

Benedicto[editar a fonte]

Creo que si sería importante cambialo a Benedicto García Villar. Dálle. --Atobar (conversa comigo) 02:19, 6 de decembro de 2010 (UTC)

A Bibiano eu non lle metería man a non ser que queiras tamén facer o artigo de Bibiano como nome propio (cousa que non se podía con BenediCto, porque en galego non se di BenediCto senón Benedito ou Bieito). Outro galo cantaría de bateres con outro Bibiano que tamén efectivamente é coñecido como Bibiano a secas, que por agora non parece ser o caso. Un exemplo, en Sócrates temos o Sócrates máis famoso, e de aí os homónimos con outros Sócrates como poden ser o futbolista brasileiro. En fin, unha pequena lea na que cómpre estudar caso por caso. --Atobar (conversa comigo) 11:30, 7 de decembro de 2010 (UTC)

Concretar[editar a fonte]

Elisardo, se o que me preguntas é se hai ferramentas que ofrezan eses datos directamente, eu non as coñezo. O que ves na miña páxina de usuario é o que coñezo. De aí non saio. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 23:55, 8 de decembro de 2010 (UTC)

Que interesante. Moitas grazas, Elisardo. --Atobar (conversa comigo) 12:29, 9 de decembro de 2010 (UTC)

Encontro en Santiago[editar a fonte]

A verdade é que non teño preferencia ningunha, pero como eu non ando de parranda os sábados como facedes a xente nova, e xa sabes que os vellos nos levantamos cedo ainda que sexa domingo, si queredes que elixa pois elixo as 11-14, pero insisto que non teño problema ás outras horas. Saúdos, --Furado 13:25, 10 de decembro de 2010 (UTC)

Que tal o encontro en santiago, Elisardo?--Agremon(contacto) 19:00, 15 de decembro de 2010 (UTC)

Alafareiro de Niñodaguia[editar a fonte]

Amaianos acaba de contesta-la pregunta e confirma que é de Xunqueira de Espadanedo. Podes comprobalo na conversa da foto en Flickr. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:27, 13 de decembro de 2010 (UTC)

Modelo concellos[editar a fonte]

É certo que aínda non se discutiu o modelo, apenas estivemos discutindo a estrutura das categorías, e traballiño deu. Eu presentaría a discusión na páxina de discusión, que para iso está, aínda que me parece boa idea dar aviso á comunidade na Taberna, porque isto gañaría canta máis xente participase. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:42, 14 de decembro de 2010 (UTC)

Oes, Elisardo: que tal se dicimos algo na Taberna para que a xente se anime a dar a súa opinión no modelo de concellos? Dígoo porque a idea era ter listo o asunto antes das eleccións municipais, e aínda temos 315 concellos agardando, algúns deles verdadeiramente en mantillas. Tes razón en que o apartado de medios de comunicación é difícil de clasificar e eu tampouco o vexo á mesma altura que cultura e historia, pero non sei onde metelo. Se houbese máis voces habería máis ideas, e ata agora practicamente non falamos máis que ti e máis eu. Que che parece? Encárgaste ti? Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:15, 16 de febreiro de 2011 (UTC)

foto Barreiros[editar a fonte]

É unha foto ... de cando se necesitaba todo. Agora é ridícula. A ver se un día destes que pase por alí me lembro e tomo varias para substituíla.--Agremon(contacto) 18:59, 15 de decembro de 2010 (UTC)

Bo Nadal !![editar a fonte]

Bo Nadal, e feliz Aninovo!! te desexa este emigrado galego na wiki en español. Unha forte aperta, --Furado 00:04, 24 de decembro de 2010 (UTC)

RE: Contador de edicións[editar a fonte]

Vai ser que non teño acceso (referirase a unha conta no wiki?). Cría que por estas datas ía poder traballar máis ca o que viña facendo os últimos meses, pero ando bastante apartado da Galipedia así que non vou ser de moita axuda. Na mensaxe di que pode facelo el, terás que encomendarlle a tarefa. Sinto non ser de axuda. Bo Nadal! --Toliño Fala aquí comigo 10:11, 24 de decembro de 2010 (UTC)

Saudade[editar a fonte]

Elisardo, no Gran Xerais: *añoiro> saudade e *añoiranza > morriña (os * implican que son termos non admitidos, é dicir, non correctos). Canto a *espúreo, supoño que te refires a espurIo, que si aparece eu creo que en calquera dicionario. Procede logo a corrixir onde faga falla. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 01:12, 29 de decembro de 2010 (UTC)

Añoranza[editar a fonte]

Segundo Piñeiro e Torres queiruga, a saudade é un sentimento que responde á sensación de perda unida á esperanza de recuperar o perdido, e que ademais non precisa dun obxecto concreto. A *añoranza castelá non encaixa con isto. A morriña si que ten un antecedente, o que ten morriña ten morriña de algo, pero sen que necesariamente haxa unha esperanza implícita. Se hai que buscar un termo máis ou menos análogo, eu inclínome por morriña (falo sen o dicionario diante). Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:39, 29 de decembro de 2010 (UTC)

Cambia, cambia. Paréceme ben. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:14, 29 de decembro de 2010 (UTC)

gráfica ediciones[editar a fonte]

A raiz de tu petición he empezado unas gráficas diarias sobre cuantas ediciones se hacen al día, con eso puedes darle un poco de color al concurso de ediciones. Si ves algún error o algo, avisa. Emijrp 21:33, 29 de decembro de 2010 (UTC)

10 en Ribadeo[editar a fonte]

Ola, Elisardo. Remato de poñer a referencia dos actos do 15 de xaneiro en Ribadeo, pero aínda que sae na lista de España, non sae na portada nin sei como poñelo no mapa. Si o puxen para a portada en galego. Sabes como podo facer? Como fixeches para poñer no mapa A Coruña?--Agremon(contacto) 15:59, 3 de xaneiro de 2011 (UTC)

Parece que a cousa xa vai.--Agremon(contacto) 19:14, 3 de xaneiro de 2011 (UTC)

Traballo para o bot[editar a fonte]

Elisardo: hai que pasar *ubicación a localización. Hai máis de 200 casos, demasiados para facelo manualmente, e peor aínda se tamén nos atrevemos cos derivados: *ubicado/a/os/as/ando etc. Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:50, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)

Comentario inadecuado[editar a fonte]

Só unha puntualización, Elisardo: En absoluto o teu comentario me pareceu inadecuado, todos os comentarios que queiran contribuír á mellora da Galipedia, cada un dende a súa óptica, son adecuados. Só dixen, e o sigo pensando, que me deu a impresión de ser pouco reflexionado. Nada máis ca iso. Un saúdo e feliz 2011! --Paradanta (Cóntame) 13:03, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)

Video conference[editar a fonte]

Hola y Servus Elisardojm! I read that you will have a meeting in A Coruña for the 10th aniversary of Wikipedia on 15th January 2011. Maybe you have heard that a lot of Wikipedia meetings on this day will try to make video conferences via Skype. I am talking on behalf of the meeting in Vienna, Austria. We will meet at 18:00 and we would be very happy if we could also make such a skype video-conference with you in A Coruña. If you have internet-connection at your meeting and a webcam and microphone, such a Skype-call would be easily possible. Just tell us your Skypename and we will make such a call at this evening. At our meeting there will maybe even be some journalists from Austrian newspapers present, so this would certainly impress them, if we make such international video calls with Wikipedia colleagues from other countries. If you want to contact us, go to our page discussion at Wikipedia_Diskussion:Wien. Greetings. --El bes 16:32, 10 de xaneiro de 2011 (UTC)

Non sei se sabes que existe un vídeo de Jimbo Wales falando dos dez anos, moi ó estilo yanki. Como non tiña nada mellor que facer, traducín os textos para poder metelos a modo de subtítulos no texto. Se o teu inglés non é tan elemental coma o meu, bótalle unha ollada e edita o que haxa que editar. Dígocho por se che interesa usar o vídeo este no acto de Culleredo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 03:11, 11 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ocórreseme que pode ser útil o grupo de Galipedia en Facebook para darlle algo de publicidade ós dous actos programados. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:22, 11 de xaneiro de 2011 (UTC)

Mellor propono na Taberna, eu teño conta pero non son administrador do grupo, e os administradores son os que poden convocar un evento (chámanlle así, é como unha data na que vai suceder algo). Logo cada un pode invitar ós seus amigos a ese evento, pero iso é outra cuestión. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:12, 11 de xaneiro de 2011 (UTC)

Se necesitas un fotógrafo conta comigo. Levarei a miña cámara, non vaia ser o demo, pero advírtoche que é moi básica. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 02:20, 12 de xaneiro de 2011 (UTC)

En contestación á túa pregunta...[editar a fonte]

Os datos de poboación de 2010 foron sacados do INE, da súa publicación do 23 Dec 10: Cifras de población a 1 de enero de 2010. Esquecéuseme a referencia. Sinto non poderlla engadir pero non teño tempo suficiente agora mesmo. Un saúdo http://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Martinho12

Gráficas raras[editar a fonte]

Iso pode ter varias explicacións. Para a descomunal, que é común a varias wikipedias, debeu de ser un cambio nos formatos que non depende de nós. E algunha outra pode que tamén. Logo, as outras que superan as 5.000 son probablemente inclusións de bots para tarefas rutinarias moi concretas. Imaxina por un momento que agora decidamos na taberna que queremos unha categoría: amigos de fulano, e que fulano ten 4000 amigos, pois un bot posto a choiar niso teno listo en media xornada. En resumo, que non creo que sexan demasiado reais (no sentido de manuais), e non creo que se superasen nunca as as 4500 e pico deste pasado día 15, cando menos dende os últimos tres anos que eu levo aquí de colaborador asiduo. Descoñezo se anteriormente houbo un reto similar. Un saúdo, Elisardo. --Atobar (conversa comigo) 00:03, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)

Acouga, vai ao xeito. 10.000 aínda nos vai algo grande. Eu creo que o próximo reto ten que ser a fin de semana primeira despois de facermos os 8 anos de vida, e desta vez habería que facelo arredor da creación de novos artigos. Marcaría 500 como número a acadar. --Atobar (conversa comigo) 00:21, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)

Entroume a curiosidade e púxenme a buscar. Como ben apuntou Atobar o traballo realizouno un bot, BanjoBot para ser máis precisos. Vin varias páxinas aleatoriamente e en todas as que tiñas imaxe había isto esa data. --Beninho 02:54, 22 de xaneiro de 2011 (UTC)

Este / leste[editar a fonte]

Ola, Elisardo. Ti estás seguro de que a forma galega correcta é leste? ou preguntado doutro modo, estás seguro de que a forma este non é correcta? Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:34, 24 de xaneiro de 2011 (UTC)

Viva a eficiencia. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:25, 26 de xaneiro de 2011 (UTC)

Boas, boas[editar a fonte]

Ola, Elisardo. Eu estes días tamén ando a cen con outras cousas e non me queda moito wikitempo. En calquera caso, grazas polo saúdo. :-) --vilachan 13:00, 28 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ferramenta[editar a fonte]

Graciñas por avisar da ferramenta das categorías, Elisardo. Interesante, malia que non sei se lle saberei atopar uso. Por outra banda, parabéns por ese Gran Xerais. Úsao con xeito e sempre en concordancia coa RAG. Que conste que se non che respondín antes foi porque pasei uns días fóra. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:20, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)

Localización[editar a fonte]

Á hora de substituír (con b, Elisardo) *ubicación, o tema é complexo, porque non só temso situación ou localización; tamén hai unha persoa que se radica en tal lugar ou un complexo que se empraza ou encadra en tal outro. Localización, localizado/a/os/as é o que eu lle metería ao bot, iso si, revisando. Máis non che podo dicir, que isto é lingua, non matemáticas. Saúdos e a traballar. --Atobar (conversa comigo) 17:18, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ligazón vermella[editar a fonte]

Vina hoxe cando estaba "poñendo bonita" a páxina, pero como non chegaba o seu apartado non a correxín jeje. Póñome agora a elo. Graciña e un saúdo. --Beninho 14:15, 1 de febreiro de 2011 (UTC)

Modelo concellos nonato[editar a fonte]

Ola, Elisardo. Tes razón en que o modelo non existe. Eu quedara coa idea de que o apartado de persoeiros ilustres tiña que desaparecer, e de feito a algúns usuarios que editaron algúns destes apartados advertíuselles de que estaba prevista a súa desaparición. Na páxina de conversa parece que hai bastante consenso sobre este punto. De todos modos vou deixar de editar en espera de que se elabore o modelo definitivo, a ver se a peña se anima. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:32, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

O tema dos persoeiros falouse moitas veces pero en artigos distintos, cando cadraba. Que eu recorde, sempre dixemos todos que é algo que cómpre retirar, porque por definición é subxectivo e incompleto e porque ao termos agora o nados en xa non perdeu o pouco sentido que lle quedaba para ficar. Eu non lle daría máis voltas e comezaría coa poda, pero se o cre/credes necesario, sempre se pode abrir un fío na taberna ou incluso unha votación, unha política específica ou o que queiramos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:24, 8 de febreiro de 2011 (UTC)
E que non ten que se acceder á categoría:nado en dende a web dun concello. Quen desexe saber quen naceu en tal sitio, non ten máis que buscar por categoría. De igual maneira que cando vas á NASA non hai unha listaxe coas personalidades da aeronáutica, porque non é o lugar e para iso temos a categoría. Canto ao de que perde información adicional, ese engadido é mínimo, azaroso, subxectivo e por forza incompleto. Manter esa sección engade uns kb's de contido e resta un moito de rigor enciclopédico. Se non se tocou até o de agora foi porque é un traballiño considerábel ter que peneiralo todo, non creo que haxa nada máis. --Atobar (conversa comigo) 18:04, 8 de febreiro de 2011 (UTC)
Pois por min perfecto. --Atobar (conversa comigo) 22:22, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

RE: Procuras[editar a fonte]

Non che teño idea de como se pode facer. Podo aventurarme e dicir que sexa algunha escritura nunha páxina MediaWiki do tipo .css ou .js. Sigo investigando! --Toliño Fala aquí comigo 15:32, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

Hórreo[editar a fonte]

Ese *tornaaugas do que fala non se corresponde co tornarratos (que son as pedras sobre as patas) senón cos tornachoivas/tornachuvias. Tixeira é tesoura, si. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15:51, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

Bic naranja, bic cristal[editar a fonte]

Ola, Elisardo. A páxina do ministerio é a única fonte que eu coñezo, pero nin sequera a min me serve, pois sempre me dá erro, non sei se será polo navegador que uso. Que eu saiba, a Xunta non ten datos públicos, ou mellor dito, ten datos que deberían ser públicos pero non os publica. A única posibilidade que eu coñezo é a de facer unha criba do DOG e ver que se atopa, pero ese método non serviría para ter unha listaxe exhaustiva, pois serían todos os que están pero non estarían todos os que son. Tampouco serviría para atopar os BIC anteriores á transferencia de competencias á Xunta, para iso habería que ir ó BOE. O que eu non teño claro é a partir de que data se definiu a figura do BIC, pois antes o que había era o Monumento Nacional, que non pasou a ter unha equivalencia directa co BIC no momento que en que este naceu como figura xurídica. En fin, éche todo un desastriño, neste país o patrimonio está peor que o matrimonio. Eu sei que hai cousa dun par de anos estaban incoándose expedientes de declaración de BIC en Galicia, un bo fato deles ó mesmo tempo, pero claro, eran iniciativas do bipartito que non sei eu se terán entrado dentro das prioridades de Feijóóó. Moito temo non poder axudarte máis. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:25, 10 de febreiro de 2011 (UTC)

Ola, Elisardo. A delegación de Patrimonio na Coruña está na rúa Durán Loriga, nun edificio da Xunta que hai case chegando ó Banco Pastor. Creo que é no sétimo andar, pero non me fagas moito caso. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:49, 13 de febreiro de 2011 (UTC)

Ola olita. Creei onte a Categoría:Bens de Interese Cultural, por se che interesa. Estou categorizando os artigos que xa existen, pero vou ós poucos porque a páxina do ministerio funciona cando quere. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:04, 14 de febreiro de 2011 (UTC)

Hai que ter en conta unha cousa: a figura do BIC existe en España a partir da Ley de Patrimonio, que creo que é do 2006 (non me fagas moito caso), pero antes diso existía o que se chamaba Monumento Nacional, creo que dende tempos da República. O caso e que esta lei non identificou univocamente os MN cos BIC, de modo que hai MN que logo foron declarados BIC e outros que non (a incoación dos BIC é cousa das CCAA e cada unha traballa ó seu propio criterio e coa súa propia lexislación en materia de Patrimonio). Ademais hai MN que foron declarados sen definir con precisión o ámbito de protección (por exemplo, o Castelo de Monterrei). O que dis de facer unha base de datos internacional sería, ó meu entender, un pouco complicado, posto que aparte das diferencias entre os elementos protexidos nas diferentes etapas da lexislación española, non sei que diferencias existen entre as lexislacións dos diferentes países, e ata pode ser que haxa países nos que non exista protección ningunha. Xa che digo que falo de memoria, pero todo está recollido en non máis de catro ou cinco leis/decretos, de modo que se hai que revisalos revísanse, que é pouca cousa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:58, 14 de febreiro de 2011 (UTC)

Gracias pola ligazón, pode que me sexa máis útil a min que a ti, porque eu non necesito o código. Outra cousiña: deixei un comentario en Conversa:Lista de monumentos da provincia de Pontevedra, bótalle unha ollada antes de seguires editando a lista, a ver que opinas ti. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:29, 15 de febreiro de 2011 (UTC)

Ola, Elisardo. Incoado quere dicir que se iniciou o proceso administrativo para declaralo BIC. Sobre o que dicía eu dos nomes oficiais, hai que ir con moito coidado, porque algúns son totalmente irrecoñecibles. Non se trata só de que estean en castelán, senón que hai moitos escritos de calquera maneira ou incluso con faltas de ortografía ou con erratas. Que pensas dun que ten por nome oficial Iglesia de La Coruña? Imposible de saber cal delas é. Moitas veces vas ter que ir ó DOG para saber a que raio se refire, isto vai ser un traballo de romanos. Ánimo, que paga a pena. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:11, 16 de febreiro de 2011 (UTC)

Ten en conta que hai cousas que poden ser BIC das que non se pode sinalar un estilo, nin un autor nin unha época. Por exemplo, unha paisaxe pode ser un BIC, ou unha biblioteca (refírome a unha colección de libros, como patrimonio bibliográfico), ou unha festa (se lles dá por facer BIC o entroido de Xinzo, poden facelo). Por poñer un exemplo, o Camiño Francés é BIC pola Lei dos Camiños de Santiago, daquela que poderiamos dicir del? cal é o seu autor ou o seu estilo ou a súa época? Mesmo indicar unhas coordenadas pode ser problemático. Cales son as do Camiño Francés, as do final ou as do comezo? (que comezo, en Roncesvalles ou en París ou en Bruxelas...?) Mellor sería meter un ficheiro para o GPS que serva para percorrelo. Se cadra pode ser interesante a data de declaración, pero non sei se está moi dispoñible ese dato. Sobre o tema da incoación non sei dicirche máis, en teoría todo proceso administrativo pode resultar nulo, aínda que só sexa porque calquera particular afectado pode presentarlle un recurso en contra. Os Franco movéronse todo o que puideron para evitar que lles BICasen o pazo de Meirás, pero tamén é certo que de pouco lles serviu. Eu non coñezo ningún proceso BIC incoado que logo quedase en nada, pero tamén é certo que non sigo moito eses procesos, no meu traballo eu tiña que saber dos BIC-BIC, non dos se-cadra-BIC. O que está claro é que por non coñecelos non se pode dicir que non existan. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:44, 16 de febreiro de 2011 (UTC)

Un BIC é un elemento que, tras un certo proceso administrativo, adquiriu un estatuto xurídico propio e peculiar. Un elemento sobre o cal hai incoado un proceso de declaración de BIC aínda non é BIC. Na miña opinión, é excesivo incluír na lista dos BIC tamén ós incoados, porque os incoados non son BIC. Un señor que comeza una carreira ten incoado o proceso de licenciarse, pero aínda non é un licenciado (espero que se entenda o símil). Ti propós que se inclúan e que máis adiante se actualice para retirar os que finalmente non foron declarados BIC, pero eu propoño o contrario: que se actualice coas novas declaracións de BIC, cando as haxa. Sobre os campos da lista, eu vaticino que no 90% dos elementos o campo de autor e estilo vai estar baleiro. Bota unha ollada á categoría e verás que na meirande parte non se pode falar nin de autor nin de estilo, ou ben porque non se coñecen ou ben porque non procede. De que estilo é a paisaxe do val de Nonseidonde? Cal foi o seu autor? E o estilo e o autor do Arquivo do Reino de Galicia, cales son? Cal é o estilo do castelo de Pambre? O concepto de estilo non existiu antes do século XIX (xa sabemos que o romanticismo fixo moito dano ó ser humano). De feito na caixa de información dos artigos de castelos hai un campo para estilo e creo que outro para autor, e sempre están baleiros. E nos casos nos que se coñezan, a quen poñemos? A catedral fíxoa o Mestre Mateo, si, pero continuando a obra do Mestre Bernardo, e vai ti saber se non houbo outro antes. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:56, 16 de febreiro de 2011 (UTC)

Eu boto en falta unha columna para a data de declaración de BIC. Polo demais creo que todo está ben como está. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:42, 17 de febreiro de 2011 (UTC)

Polo que estou vendo, sospeito que a páxina do ministerio que recolle os BIC está incompleta. Só no concello de Cualedro hai dous que non figuran, o [[castro de San Millao[[ e o castro de Saceda, alén dalgún outro que me soa e tampouco aparece. Dígoo para que non esteamos enganados, porque se cadra a lista que estás facendo está incompleta. O peor é que non sei onde atopar información máis completa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:52, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

O ISA (Informe de Sustentabilidade Ambiental) do PXOM de Cualedro é de xuño do 2008, nesa época estábanse facendo os estudos previos á incoación do expediente, de San Millao e doutros dous máis. Os do concello, como sempre, colgan na páxina o que lles interesa, e as obrigas sobre patrimonio non lle interesan a ninguén. Tamén pode ser que me estea enganando, claro, que estou falando de memoria. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:24, 19 de febreiro de 2011 (UTC)

Ola, Elisardo. A listaxe de BICs do ministerio xa está revisada de esquerda a dereita e de arriba a abaixo (e de diante a atrás), é dicir, xa todos os BICs que hai na Gali están categorizados como tales. Se cadra algún colóuseme, porque a lista ten sorpresas e moitas veces no medio dun traballo mecánico a mente non está moi espilida. Outra cousa: alguén editou a túa Lista de monumentos da provincia de Pontevedra para corrixirlle os nomes ós elementos. Eu non quixen desfacer a edición porque sei que tes o traballo sen rematar, pero ese tema (o dos nomes) hai que resolvelo. O que eu non sei é se ten algunha importancia que empreguemos o "nome oficial" (que eu non sei que pode ter de oficial un nome errado, como vin onte monte Olaya no canto de monte Aloia), polo que dis ti de que logo esa lista vai ser procesada por bots. En todo caso algunha solución hai que atopar. E por último, non sería mellor Lista de Bens de Interese Cultural da provincia de Pontevedra? Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:04, 21 de febreiro de 2011 (UTC)

Foto de cabazo[editar a fonte]

Ola, Elisardo. Non a vira, é ben bonito, con pombal e todo. Mágoa de escaleira, por aí entraranlle os ratos. Non debe de estar en uso. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:53, 17 de febreiro de 2011 (UTC)

Viktor Frankl[editar a fonte]

Pois iso: Viktor Frankl :). Froito dun traballo para o CELGA 4... Unha aperta, --Lucien leGrey 10:07, 20 de febreiro de 2011 (UTC)

encargo para Corribot[editar a fonte]

Ola, meu!

Teño un pequeno encargo para Corribot; hai un montón de artigos que ligan cara a ano que deberían ligar cara a Ano (astronomía), nomeadamente a maioría dos artigos de datas (3 de febreiro, 5 de xuño, etc). Poderías revisar iso coa axuda do bot? Ollo! Non todos os artigos que ligan cara a ano deberían ser correxidos dese xeito (hai algúns que deberían ligar cara a ano (anatomía).

Calquera axuda é benvida, que facelo a man é bastante lío. Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:46, 21 de febreiro de 2011 (UTC)

Viktor Frankl[editar a fonte]

Acabo de editar Viktor Frankl e metinlle os títulos das obras que veñen na wiki alemá. Deille un toque a Cheluco, que parece que controla do tema, para que lle dea un repaso a ver se atopa algo que corrixir. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:07, 21 de febreiro de 2011 (UTC)

O ISBN é unha clave que identifica cada unha das edicións dunha obra. Iso quere dicir que o ISBN dunha edición en galego, por exemplo, é diferente da do orixinal, e mesmo entre varias edicións diferentes (1ª, 2ª...) hai diferentes ISBN. A ver se Cheluco di algo, se non xa veremos de amañalo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:48, 21 de febreiro de 2011 (UTC)

Supoño que si se poderá, non creo que haxa nada que o impida, o que non se pode é títular os artigos coa forma galega se non a hai, pero pregunta a Toliño, que das política está sempre ao tanto.--Cheluco 14:54, 22 de febreiro de 2011 (UTC)

RE: Títulos noutras linguas[editar a fonte]

A opción que adoito ver é incluír a tradución ao galego entre parénteses ao carón do título orixinal. Sería interesante incluílo no libro de estilo. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 17:25, 23 de febreiro de 2011 (UTC)

Co voso permiso, non sei eu se o libro de estilo será o mellor lugar, o peor é que non se me ocorre outro máis axeitado. Onde está a norma de pór os títulos na lingua orixinal, agás que exista unha versión en galego? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:28, 23 de febreiro de 2011 (UTC)
Votarei un vistazo por ahí a ver se atopo a norma esa para saber se di algo máis sobre o tema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:12, 24 de febreiro de 2011 (UTC)

CambRed[editar a fonte]

Ola, Elisardo. Eu mañá vou chegar tarde e mallado. Podemos poñernos de acordo para vernos o venres ou a fin de semana á hora que mellor che veña. E mellor por correo electrónico. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:49, 3 de marzo de 2011 (UTC)

Xa vin o teu correo. Contéstoche mañá mellor. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 02:29, 3 de marzo de 2011 (UTC)

Mira o correo, cambio de plans. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:34, 3 de marzo de 2011 (UTC)

Vexo que xa o miraches. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:35, 3 de marzo de 2011 (UTC)

Re: A Galipedia vai cumplir os 8 anos!![editar a fonte]

Grazas polo aviso, pero ainda que apunteime e xa estaba a facer unha listaxe de artigos a crear, resulta que ó final non vou poder. Síntocho ben, --Furado 09:42, 6 de marzo de 2011 (UTC)

Grazas polo aviso dobre, Elisardo. Esta volta non podo moverme.--Agremon(contacto) 21:11, 7 de marzo de 2011 (UTC)

Ao ver que non ía poder unirme á festa e participar no reto, decidín que en lugar de facer moitos artigos hoxe, podía facer un grande ao longo de toda a semana. A verdade é que tiven que facer un gran esforzo, e pensei que non ía ser capaz de telo listo para hoxe, pero ao final conseguín rematar o artigo sobre a Catedral de Santiago de Compostela. Estou bastante satisfeito co resultado, espero que vos guste.
Pois nada, e eu agora volvo pelexarme cos meus "bichos" na wiki en español, que teño un proxecto entre mans que me ten moi ilusionado. Espero que o reto de hoxe sexa todo un éxito. Un cordial saúdo, Furado 00:04, 12 de marzo de 2011 (UTC)
Pois si que faltou pouco... De tódolos xeitos penso que foi todo un éxito conseguir un número tan importante de artigos nun só día. Parabéns a tódolos participantes! Furado 07:08, 14 de marzo de 2011 (UTC)

Dereitos dun video[editar a fonte]

Resposta en Wikipedia:A Taberna (imaxes)#Dereitos dun video. Saúdos-- Lmbuga / Conversa comigo  20:45, 11 de marzo de 2011 (UTC)

Sempre estou disposto a botar unha man se se me solicita, agás cando penso o contrario do que pensa o que mo solicita. Pero o caso é que eu non estou ó tanto do que me dis, non entendo. Falas de votar. Interpreto que a imaxe do vídeo está a ser votada, pero ¿onde?.
Se está a ser votada en Commons, dime onde está a ser votada. Ollo!, pois quizais non importe o número de votos xa que unha imaxe pode ser borrada en Commons por un administrador a pesar de ter máis votos a favor de manterse que a favor de ser borrada. O que importan son os razoamentos. No momento en que un administrador está plenamente convencido polos razoamentos, independentemente do número de votos, a imaxe pode manterse ou borrarse.
Se a imaxe está na Galipedia, dime onde está. Na Galipedia as cousas non funcionan con tan adecuado criterio coma en Commons: Aquí pesan os votos mentres que alá pesan os razoamentos.
Conclusión: Non sei cal é a imaxe nin onde está a discusión.
Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  21:45, 11 de marzo de 2011 (UTC)
Xa me dei conta de que cometera un erro na lectura do teu comentario nada máis escribir o último meu. Que se lle vai facer. Non sei cómo podo axudar. Non sei pasar a ogg. Sen ver o vídeo, non teño opinión-- Lmbuga / Conversa comigo  19:12, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Condicións de rexistro[editar a fonte]

Elisardo, a ver que che parece o meu comentario ao respecto do rexistro. Se cres que é útil, modifica o que haxa que modificar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:19, 11 de marzo de 2011 (UTC)

Formato[editar a fonte]

Elisardo, como Rito vai ser o primeiro de moitas na xornada de hoxe, ten presentes estes temas de formato [5] --Atobar (conversa comigo) 00:58, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Duro co formato, Elisardo. --Atobar (conversa comigo) 02:38, 12 de marzo de 2011 (UTC)

máis encargas[editar a fonte]

Para cando teñas un momento, a ver se podes ir traducindo as imaxes dos ciclos biolóxicos doutros parasitos nos seguintes artigos:

Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 20:43, 13 de marzo de 2011 (UTC)

Eduardo Sanjurjo[editar a fonte]

Ola, moitisimas grazas polo dato! Supoño que ao ser o nome dunha persoa non fai falla referencia, pero tampouco estou nada seguro.--Adorian (fálame) 19:35, 14 de marzo de 2011 (UTC)

Ángel Baltar Cortés[editar a fonte]

Ola, Elisardo. Unha interwiki é unha "ligazón dun artigo con aqueles que tratan do mesmo nos diferentes idiomas". A ligazón que metiches en Ángel Baltar Cortés non vai ó mesmo artigo, senón a unha sección, por tanto non procede. Haberá que esperar a que alguén cree ese artigo na es:wp. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:42, 18 de marzo de 2011 (UTC)

RE: Ficha[editar a fonte]

Certamente, e agora que o dis, hai que admitir que moitas veces é bastante "engorroso" traer modelos que empregan ese molde á Galipedia. Pensando nos beneficios, ocórreseme que daría unha maior homoxeneidade a todos as caixas de información, aínda que é choio abondo cambiar todos as que empregamos actualmente! Por probar que non quede. Adiante e pídeme axuda no que precises. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 20:02, 18 de marzo de 2011 (UTC)

Padre Merino[editar a fonte]

Ola, Elisardojm. Repito esta mensaxe que puxen na miña páxina de conversa porque, como son novato, non sei se teño que contestar aí, ou na túa.

Revisei os teus cambios. Uns parécenme moi ben, outros non tanto. Como poderás ver, volvín a introdicr a categroría "Científicos galegos" porque, se ben non era nacido en Galicia e non escribiu en galego (cousa, por outra parte, impensábel na súa época), non por iso non o debemos considerar como un científico galego, como trato de demostrar coas dúas citas que copiei da súa Flora de Galicia. O (meu) profesor de Matemáticas (no instituto e mais na universidade), don Enrique Vidal Abascal, non naceu en Galicia e non escribiu ningunha das súas obras científicas en galego, a pesar da súa condición de numerario da Real Academia Galega, e todos o consideran un científico galego. Puxen tamén a categoría Botánicos de España que aínda non ha hai, pero calquera día pode que a haxa, xa que son abundantes e famosos moitos deles. Tampouco non existen na Galipedia voces como herbario ou arboretum, e por iso non deben deixar de usarse; os proxectos wiki medran. Por outra parte, volvín cambiar pais xesuítas por padres; na tradición galega, vixente hoxe, acostúmase dar ese título (padre) aos clérigos, por respecto, como se fai tamén cando un se refire ao seu pai biolóxico (e madre, á nai biolóxica); non escoitarás a ninguén falar, por exemplo, do *Pai Sarmiento. Tomo boa nota do que dis das traducións doutras wikis; equivocadamente pensaba que iso só se refería ás primeiras edicións dun artigo. Finalmente, é un pouco penoso ter que buscar información sobre un personaxe meritorio da ciencia galega... nunha wiki en castelán. Un cordial saúdo. --Xoio (fálame) 19:10, 26 de marzo de 2011 (UTC)

Imaxe[editar a fonte]

Ola, elisardo. tiven que marcar unha foto para borrar que ti subiches en Commons. Síntoo. Estou seguro de que podes achegar máis información e resolver o sarillo. Apertas.--Xabier Cid Talk, please 14:17, 28 de marzo de 2011 (UTC)

Bot[editar a fonte]

Ola, Elisardo. Cando teñas tempo dille ó teu bot que me bote unha man co seguinte:

  • Substituír voltar e similares por volver e similares.
  • Substituír single por sinxelo.

Xa se me irán ocorrendo máis. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:39, 30 de marzo de 2011 (UTC)

Commons, Galizionario, Galifontes[editar a fonte]

Moi boa idea, Elisardo. Encárgaste ti? Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 11:00, 8 de abril de 2011 (UTC)

Feito queda. --Atobar (conversa comigo) 14:02, 8 de abril de 2011 (UTC)

Recuperación de versión válida[editar a fonte]

Ben vista. Corrixido queda. É un usuario novo que non sabía o de respectar a opción do primeiro editor, creo. Coméntasllo ti? Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:55, 16 de abril de 2011 (UTC)

Encontro, encontro[editar a fonte]

Vaime ser complicado asistir, ainda que farei o posible por ir. Grazas por avisarme. Furado 19:51, 16 de abril de 2011 (UTC)

Artigo fútbol[editar a fonte]

Paréceme ben. Xa lera que hai que respectar as opcións do primeiro editor, pero o problema dese artigo é que non é consistente. Tende a mesturar dúas normas. O que fixen foi homoxeneizalo; non pretendín corrixilo. Xa na primeira liña tes: "O fútbol é un deporte por equipos, o máis popular do mundo, tanto respecto ao número de espectadores como ó número de participantes activos". Bótalle un ollo :) --Cabaleiro de Espadas 01:51, 17 de abril de 2011 (UTC)

Xuntanza Pontevedra[editar a fonte]

Ola, Elisardo! Pois se podes e vénche ben podemos quedar nalgún sitio de Vigo ás 17.30. Dime ti que sitio de Vigo coñeces e quedamos nel, eu vivo en Lavadores (preto da Estación de Autobuses e da Escola Oficial de Idiomas, para que te fagas unha idea), pero non teño ningún problema en moverme pola cidade ata onde faga falta. Para volver non te preocupes, entre as 10 e as 11 da noite teño dous autobuses e dous trens, así que teño en que volver. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 11:40, 19 de abril de 2011 (UTC)

  • Si, é a Avenida de Madrid. Temos dúas opcións:

a) Unha vez que deixas a autovía e entras na Avenida de Madrid, en vez de subires polos carriles centrais podes subir polo carril que queda á dereita de todo que está separado dos centrais por unhas reixas metálicas. Subindo por aí vas dereitiño á estación de autobuses (logo de pasares unha gasolineira e un cruce) e podes recollerme na marquesina da parada do Vitrasa (os autobuses urbanos de Vigo) que está xusto enfronte da entrada á estación ás 17.30h.

b) Se isto é complicado de máis, segues recta toda a Avenida de Madrid ata a Praza de España (a que ten a escultura dos cabalos) e podemos quedar na gasolineira que hai na propia praza tamén ás 5.30. O que a ti mellor che veña! Saúdos!--Paradanta (Cóntame) 12:59, 19 de abril de 2011 (UTC)

Acabo de fixarme que escribiches "Autovía do Atlántico". Esa non existe, temos a "Autoestrada do Atlántico" que é a que entra en Vigo dende o Norte (dende Pontevedra) e a "Autovía das Rías Baixas", que é que entra dende o leste (dende Ourense) e é na que, tras deixala, entras na Avenida de Madrid e vas dereitiño á Estación de Autobuses e á Praza de España (a dos cabalos).--Paradanta (Cóntame) 13:07, 19 de abril de 2011 (UTC)
Ok, na parada esa entón ás 5,30... O carallo de Google Maps tamén ma xogou a min algunha vez, non te preocupes :-) Envieiche un correo electrónico co meu número de móbil por se temos algún problema para atoparnos. Ata mañá! --Paradanta (Cóntame) 14:50, 19 de abril de 2011 (UTC)

Diagnose[editar a fonte]

Ola, Elisardo. Cando teñas tempo a ver se me podes cambiar *diagnosis por diagnose no Ficheiro:Trichinella LifeCycle-gl.gif. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:53, 20 de abril de 2011 (UTC)

Monumentos WLM[editar a fonte]

He estado mirando la estructura de la lista de Pontevedra para poder integrarla en la base de datos tal como has comentado en la lista de correo. Algunos comentarios:

  • El identificador tiene que ser único para el mismo monumentos en todas las listas. El formato habrá que coordinarlo con eswiki y cawiki. Todavía hay algunos problemas a resolver, así que puede esperar.
  • Las coordenades es mejor que esten en dos parámetros, tipo lan y lon, para su tratamiento. Se puede incluir la plantilla "coor d" en la plantilla "BIC". Si quieres hago la migración.
  • Se puede incluir un enlace a la página de la Xunta, igual que hemos hecho por ejemplo en ca:Template:Filera BIC Val. Se trata de incluir un parámetro idurl. Por ejemplo, con idurl=61 se podría enlazar con http://www.patrimonio.org/catalogo/ben.php?id=61&lg=gal
  • Veo que en la web de la Xunta incluye las coordenadas en formato dms. Te puede servir la calculadora que he hecho en ca:User:Vriullop/Coordenades para convertir a formato decimal.
  • Incluir la plantilla commonscat de cada municipio es un problema para el bot de WLM. Esta información la utilizará el bot para categorizar automáticamente las imágenes en Commons en subcategorías de commons:Category:Cultural heritage monuments in Spain. Debería ser una plantilla única y enlazada a "Category:Cultural heritage monuments in Pontevedra".

Saludos. --Vriullop 11:24, 22 de abril de 2011 (UTC)

He hecho el cambio de las coordenades, ahora son los parámetros lat y lon, y la función está incluída en la plantilla BIC con algunos parámetros más para la utilidad de mapas. Lo que ha cambiado es el oeste por este. Como la longitud ya está con número negativo entonces se muestra siempre E. Creo que se puede incluir en la base de datos a falta de saber qué hacer con el identificador. Es un tema que ya nos está dando problemas y habrá que resolver. La plantilla commonscat no se incluye en la base de datos, pero el bot tienen previsto consultarla para poder categorizar automáticamente todas las imágenes que esten en listas o que se carguen durante el concurso. Por ejemplo, la commons:Category:Cultural heritage monuments in Formentera se llenará automáticamente detectando las imágenes con identificador de la lista de Formentera y leyendo la plantilla commonscat incluída de esa lista. --Vriullop 16:01, 27 de abril de 2011 (UTC)

Fotos BIC[editar a fonte]

Boas Elisardo. Hoxe deuseme por percorrer monte na procura dalgúns BIC do concello de Marín. Neste primeiro intento só conseguín esta foto [6], pásocha porque ao ter o marcador "en uso" non quero andar a fedellar no artigo. A foto non é gran cousa, pero o grupo está en moi mal estado e igual a hora do día non era a mellor (nin o fotógrafo), a ver se te serve. Localizar o resto vai ser ben complicado, dous grupos que estaban ao carón deste fun incapaz de atopalos polo estado do monte, e moitos dos demais polo que sei están desaparecidos. De todas formas, estou guiándome por un libro editado polo concello de Marín con algunhas fotografías de hai uns 10 anos, os autores foron compañeiros meus así que vou procurar poñerme en contacto con eles para ver se nolas ceden. De ser así teríamos imaxes de boa parte dos BIC do concello. Un saúdo. --Beninho 20:30, 23 de abril de 2011 (UTC)

A verdade é que non sei cal é cada un deles. No libro que estou consultando fala de tres grupos distintos en Champás. A foto é do grupo 1, o 2 non o din localizado e o 3 tampouco (nin sequera os autores do libro). De todas formas podo consultarlles a eles a ver se saben cal é cada un. E con respecto ao concurso... non me considero un bo fotógrafo, pero por subilas non se perde nada jeje. Mantéñote informado coas pescudas e seguirei buscando para tirar máis fotos. Un saúdo. --Beninho 22:59, 23 de abril de 2011 (UTC)
Segundo vén descrito por García Alén e de la Peña (Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra) está claro que é o grupo 1. O grupo 2 está "sobre una roca plana fuertemente inclinada", o que non é o caso; e o grupo 3 é unha pedra de "casi un metro de altura", que non é a da foto, e só mostra "os restos de un círculo, un zoomorfo de cuerpo arqueado y gran oreja, así como dos grupos de seis cazoletas cada uno", que está claro que non se coprresponde co que vemos (ou adiviñamos) na foto. Pedro --Lameiro (conversa) 14:25, 24 de abril de 2011 (UTC)

Reseña para o Xornal[editar a fonte]

A ver se lle podes dedicar un cuarto de hora a redactar unha pequena reseña do encontro en Pontevedra. Estaría ben que citases algunhas das cousas que se falaron sobre a Galipedia (como o que se está a tratar das imaxes na Taberna), así como a onde os levou a esmorga. Se tes tempo, faino aquí. Saúdos e graciñas! --Toliño Fala aquí comigo 19:19, 28 de abril de 2011 (UTC)

Esas ligazóns da barra lateral van xestionadas pola mensaxe MediaWiki:Sidebar e normalmente non coinciden coas que veñen por defecto (na Galipedia, por exemplo, engadimos os "Artigos de calidade"). Esa tradución non depende das mensaxes habituais da interface. Vou pedir eu a tradución pero explícoche o procedemento por se o queres facer outra vez: Vas á versión da páxina que citei antes en Commons; alí terás os nomes das mensaxes cos textos da barra lateral; vas á versión en inglés para asegurarte de que é a que contén o texto que queres traducir e logo buscas na caixa de procuras o mesmo nome e engádeslle á fin "/gl" (sen as comiñas); como non poderás editar a páxina ao pertencer á interface, solicitas na conversa que inclúan a tradución que lles deixes; algo importante é deixar a mensaxe marcada co modelo {{editprotected}} (ao comezo ou ao final da mensaxe) para que os administradores se decaten da tarefa. E coido que máis nada.
Por certo, alédome de que te unises a translatewiki.net. O certo é que nalgún tempo houbo bastante xente traballando alí e facíanse as cousas máis rápido, pero desde hai moito estou eu só e acumúlase o choio. Imaxina que unha vez (hai tempo, cando xa estaba só) conseguín rematar as traducións de todos os produtos soportados ao 100%, pero xa poderás comprobar que agora hai milleiras agardando por unha tradución. Se necesitas axuda por aló, xa sabes onde estou. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 17:58, 29 de abril de 2011 (UTC)
Falei antes de tempo: a ligazón pertence a unha ferramenta. Vou procurar o lugar onde traducilo (que en calquera caso é alí en Commons). --Toliño Fala aquí comigo 18:14, 29 de abril de 2011 (UTC)
A crónica está perfecta, coincido con Paradanta que tes madeira de xornalista. Por outra banda, alédame saber que froito da reunión estades a debatir o tema de subir as imaxes a Commons, pois penso que non ten máis que ventaxas, e porque xusto acabo de sufrir un pequeno malentendido (que xa está arranxado) ó pasar a imaxe de Lois Pereiro da Galipedia a Commons para utilizala no artigo en castelán, incidente que reflexa na práctica un dos problemas que conleva manter as imaxes na Galipedia. Saúdos, Furado 08:55, 30 de abril de 2011 (UTC)
Unhas pequenas correccións de lingua, Elisardo.[7] Un saúdo e ben por esa crónica que nos achegades. --Atobar (conversa comigo) 09:28, 30 de abril de 2011 (UTC)

Encontro no xornal[editar a fonte]

Está moi ben, non lle mudaría un punto nin unha coma. Grazas por plasmar o encontro. Unha aperta. --Iago dime 11:44, 30 de abril de 2011 (UTC)

Traducións en Commons[editar a fonte]

Fixen unha solicitude en Commons para arranxar a tradución Cargar o ficheiro/Cargar un ficheiro. A primeira debería aparecer no botón para confirmar a carga, mentres que a outra na columna lateral, como na Galipedia. En canto ao de Marcar para borrar (Nominate for deletion) sigo buscando... E, por certo, grazas polo artigo do Xornal. Saúdos. --Toliño Fala aquí comigo 13:43, 30 de abril de 2011 (UTC)

Prep. e verbos[editar a fonte]

Elisardo, telo nas normas e en todos os manuais, pero eu cópiocho de aquí, que está explicado moi clariño:

A preposición a e o complemento directo: En galego o complemento directo non leva, polo xeral, preposición a.

O público apoia os xogadores.
Apoia as súas teses na experiencia.

Con todo, a lingua habilitou a preposición a cando o complemento directo é:

• Un nome propio.
Viu a María,
• Un pronome persoal.
Coñéceo a el,
• Un nome de parentesco con posesivo sen artigo.
Criticou a seu pai,
• Nomes propios non persoais, pero personalizados.
Italia alcanzou a Francia na clasificación,
• Cando o suxeito e o CD van os dous antes ou despois do verbo e hai posibilidade de confusión.
Apoian os médicos aos farmacéuticos?
Acusou o xardineiro á veciña,
Ao home o neno viuno na rúa.

Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:20, 1 de maio de 2011 (UTC)

Non che hai trucos. Pero tampouco é difícil. O que pasa é que estás acostumado ás moitas preposicións do castelán. Unha pequena artimañan é pensar como se di en portugués e mesmo en inglés, que moitas veces coincide co galego. De calquera maneira, todo o que non sexan persoas ou personalizacións, sen prep. Así de sinxelo. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 10:30, 4 de maio de 2011 (UTC)
Xa lle din o toque ao usuario con dúas contas, por certo. Graciñas.--Atobar (conversa comigo) 10:30, 4 de maio de 2011 (UTC)

Vaca[editar a fonte]

En referencia ao comentario que me fixeches sobre da foto no artigo "vaca", a verdade é que concordo contigo, a foto da vaca pacendo é bastante mala en canto á calidade, foi por iso que a saquei e coloquei a outra, ainda que non se axusta tan ben ao artigo. Non sabía moito onde poñela e coloqueina alí. Se cadra era bo abrir un paragrafo con "Galerías de imaxes de vacas". Pareceme ben que a retires se queres.

Saúdos.

Grazas[editar a fonte]

Boas Elisardojm ! Moitas gracias pola axuda en Commons. Saùdos --Elvira (conversa comigo) 22:25, 24 de maio de 2011 (UTC)

Torre de Escudero[editar a fonte]

Ola. Puxen os dous nomes porque, anque o de Escudero é o que aparece na páxina do Ministerio, o nome polo que se coñece é Escuredo. O que vou a facer é retirar este segundo ata que atope algunha fonte fiable. Polo das coordenadas, estiven probando e non sei qué lle pasa. Son 42° 29' 36.1" N, 8° 51' 56" O, e así están na páxina da imaxe. Pero ao poñelas na ficha de BICs sae a outro sitio. Miro máis tarde a ver qué lle pasa. Saúdos. --Iago dime 09:34, 31 de maio de 2011 (UTC)

Re: Galipedia[editar a fonte]

Grazas polo aviso Elisardo; sempre tan amable lembrándote de min e poñéndome o día do que pasa por aquí... Furado 09:53, 1 de xuño de 2011 (UTC)

De notas e referencias[editar a fonte]

Quería facer unha aclaración sobre a data de consagración da Catedral de Santiago, pero non sei como facelo. Tiña pensado poñer un apartado "Notas" antes da sección "Referencias", como fixen no artigo en castelán, pois a nota que quero poñer ten a súa vez referencias (sería a nota "b" do artigo en castelán), pero aquí as referencias chamádelles "Notas" e alá se foi o invento, porque, como podes ver, a nota precisa ineludiblemente das referencias, e non poder ir na mesma sección. Pensarás que é unha trapallada pero, pódesme dicir como facedes nestes casos? Saúdos, Furado 22:46, 2 de xuño de 2011 (UTC)

Feito! Feito!. Supoño que hai varias fórmulas. Unha simple é esta. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:29, 4 de xuño de 2011 (UTC)
Grazas amigo Elisardo. Xa lle agradecín e comentei o tema a Atobar. Saúdos, Furado 20:42, 4 de xuño de 2011 (UTC)

Vacacións[editar a fonte]

Xa estiven por aí, pero xa me volvín... Home, podes deixarma nun par de sitios de Santiago/O Milladoiro, que ben ma gardan, pero non sei se che cae a mau... Senón, en setembro. --Xabier Cid Talk 2 me, please 00:28, 8 de xuño de 2011 (UTC)

Deal! --Xabier Cid Talk 2 me, please 12:24, 8 de xuño de 2011 (UTC)

Camiseta[editar a fonte]

Ola! Xa non me acordaba da camiseta! Si que irei este verán por aí, así que xa che direi algo. Grazas! --Imxavitooh 09:50, 8 de xuño de 2011 (UTC)

Camisolas[editar a fonte]

En agosto mudo de residencia e cambio Copenhaguen por Compostela. Vémonos sen falla, xa non pola camisolas (que tamén: heina lucir orgulloso) senón para galipediar e tomar uns viños. Saúdos, Elisardo. --Atobar (conversa comigo) 10:25, 8 de xuño de 2011 (UTC)

Si, en xullo e agosto estarei na casa. Un día no verán habería que facer unha xuntanza e así xa repartes as camisolas e falamos todos de cousas wikipédicas, acompañando cunha cervexa ou un viño como di Atobar. --Alberte Si, dígame? 17:41, 9 de xuño de 2011 (UTC)

Mapa de coordenadas[editar a fonte]

Ya funciona. He actualizado el enlace en {{coor URL}} ya que esta herramienta extrae todos esos enlaces que encuentra en la página. Google Maps utiliza una caché por lo que es posible que todavía no te salga la lista en La Coruña, pero lo he añadido en Pontevedra y funciona. Saludos. --Vriullop 10:51, 9 de xuño de 2011 (UTC)

No sé si te he entendido bien. Los datos para el mapa los prepara el toolserver comprovando en el código fuente de la página las llamadas al url definido en Coor URL. Estos datos los procesa en un formato compatible con los servidores de mapas, sea Google, OpenStreetMap u otros. Lo que ocurre es que Google Maps utiliza una memoria caché. Si has visualizado un mapa en Google y luego modificas la página, aunque el toolserver le pase datos actualizados, para Google sigue siendo la misma consulta y utiliza los que tiene en la caché. Creo que con OpenStreetMap y Bing esto no ocurre y los procesan de nuevo en cada consulta. --Vriullop 13:46, 9 de xuño de 2011 (UTC)

re:Parabéns[editar a fonte]

Grazas! Ti tamén deberías estar neste grupo. Anímaste?--. HombreDHojalata.conversa 06:46, 23 de xuño de 2011 (UTC)

Sarcófago[editar a fonte]

Boas Elisardo. Eu usaría sartego, pero que conste en acta que sarcófago é perfectamente lexítima como sinónimo de sartego, segundo o DRAG: "sarcófago s.m. Sepulcro de pedra. Nas escavacións atopáronse dous sarcófagos moi antigos. SIN. sartego". Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:29, 28 de xuño de 2011 (UTC)

Camiseta[editar a fonte]

Xa conseguín entregarlle a camiseta que me deras en Pontevedra para Sualaxe. Tardei un "pouquiño" porque agora apenas se conecta, pero por fin din feito. Saudos, Furado 19:41, 28 de xuño de 2011 (UTC)

Lista de monumntos da provincia de Lugo[editar a fonte]

Bos días. No artigo Lista de monumentos da provincia de Lugo tes, no concello de Begonte, no Monumento arqueolóxico de Santa Eulalia de Bóveda. Nós témolo baixo o título Templo de Santalla de Bóveda e no concello de Lugo.

O caso é que na GEG aparece na entrada Bóveda, no concello de Lugo, parroquia de Santalla de Bóveda de Mera, pero tamén se lle cita no artigo Begonte, na parroquia do Castro. Na EGU está en Begonte. Necesariamente temos que estar falando do mesmo templo pero o caso é que xa non sei en que concello está. E agora non atopo a carpeta onde teño a información que recollín. A ver se averiguas onde está o erro e qué artigo temos que corrixir. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:25, 3 de xullo de 2011 (UTC)

Vela[editar a fonte]

Boas, Elisardo. Estiven de viaxe e aínda cheguei onte á casa, polo que non puiden responderche a pregunta até agora. Vela non é en ningún caso candea, polo que ese véxase tamén nos homónimos de vela non tería sentido máis que dende unha óptica castelá. Despois, canto da redirección a buxía, vou retirala (cambialo por candea de ignición sería un invento con moi pouca ou ningunha base filolóxica). Sobre das velas votivas de Braga, ben vale a cursiva para respectar o nome portugués, aínda que como indicas tamén se podería pasar a candea votiva. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 09:52, 5 de xullo de 2011 (UTC)

Torre de Coruxo (Lista monumentos Coruña)[editar a fonte]

Ola, Elisardo. Perdoa que tardase tanto en responder, pero levo moitísimo sen me conectar nin editar. Si, as Torres de Santa Cruz son o mesmo ca a Torre de Coruxo, porque están en Coruxo de Abaixo (Liáns, Oleiros). Había moito tempo que non as oía chamar así, pero é certo que lle teño visto ese nome en publicacións historiográficas. Dígocho de memoria, pero creo lembrar que aparece mencionada así (ou quizais tamén como "Pazo de Coruxo") nesta referencia: MARTÍNEZ-BARBEITO, Carlos (1978): Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña. Coruña: Diputación Provincial. Saúdos, --vilachan 16:39, 6 de xullo de 2011 (UTC)

Formato de coordenadas[editar a fonte]

He añadido dos plantillas nuevas: {{Coord/dec2dms}} y {{Coord/dec2dms/dms}}. Estan copiadas de la versión inglesa, aunque son comunes en otras wikipedias. Forman parte del conjunto de plantillas en:Template:Coord que resulta muy versátil aunque con estas dos es suficiente para el Modelo:BIC. Falta añadir la documentación de uso y categorias. He puesto N, S, L y O para los 4 puntos cardinales, supongo que es correcto en gallego. --Vriullop 11:46, 9 de xullo de 2011 (UTC)

Axuda:Libros/para expertos[editar a fonte]

Elisardo, anímaste a rematar e retirar o {{entradución}}?--. HombreDHojalata.conversa 18:09, 10 de xullo de 2011 (UTC)


Logotipos moi sinxelos[editar a fonte]

Cando os logotipos están compostos por pouco texto, simple, e algunha forma xeométrica ou cor, dicimos que non alcanza a orixinalidade necesaria para ter copyright. Estamos a falar da obra artística, dos dereitos de autor do deseñador. Outro tema é os dereitos de marca, que non nos competen).

Claro que xulgar ata que punto un deseño e máis ou menos sinxelo é algo subxectivo.

Neste caso guieime por Wikimedia Commons que teñen un caso similar. Tes máis información sobre o tema premendo nas ligazóns correspondentes na propia páxina de Commons que che indico.

Se aínda así crees que o deseño é orixinal dabondo entón dimo, haberá que eliminala. Hai moitos exemplos destes casos en commons:Category:With trademark--. HombreDHojalata.conversa 18:27, 12 de xullo de 2011 (UTC)

Galencontro[editar a fonte]

Feito! Feito!. Estás feito un organizador, Elisardo! Oíches: coidadiño coa ortografía: votar por Fulano, botar unha ollada. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 00:48, 29 de xullo de 2011 (UTC)

RE: Imaxe do asistente de cargas[editar a fonte]

Véxoa perfecta. Parabéns polo traballo. --Toliño Fala aquí comigo 11:40, 31 de xullo de 2011 (UTC)

Destacado[editar a fonte]

Feito! Feito! --Atobar (conversa comigo) 10:09, 1 de agosto de 2011 (UTC)

Fungo dos lameiros[editar a fonte]

Bos días colega. ¿De onde saiu este nome para o Agaricus campestris? Nas miñas guías, ou non aparece nome común ou se engloba baixo a denominación común 'champiñón (ou, nun dic. sinónimos, choupín, que entendo nome de calquera seta). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:07, 5 de agosto de 2011 (UTC)

  • Busca, busca, que o dato me interesa. Cantó o Galencontro, tranquilo que, salvo morte de home, penso ir. Non o dixen na conversa porque calquera data me vale, salvo en xornada laboral que ben sei que queda excluída. Verémonos. Pedro --Lameiro (conversa) 13:55, 5 de agosto de 2011 (UTC)

Campo Lameiro[editar a fonte]

Grazas, pero non vai poder ser. Pasádeo ben!--. HombreDHojalata.conversa 08:38, 6 de agosto de 2011 (UTC)

Vin, vin, pero non son moi dado as quedadas--. HombreDHojalata.conversa 08:54, 6 de agosto de 2011 (UTC)

Campo Lameiro[editar a fonte]

Ola, Elisardo! Graciñas polo aviso, pero vou estar fóra; unha mágoa, tamén teño ganas de coñecer o chiringuito. A ver se noutra ocasión coincidimos de excursión. Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:21, 6 de agosto de 2011 (UTC)

Boas Elisardo. Síntoo eu tamén, pero mañá teño ensaio e tampouco vou poder ir. Un saúdo. --Beninho 12:21, 6 de agosto de 2011 (UTC)

Eiquí[editar a fonte]

Eiquí claro que é correcto, mais como dialectalismo, que con moi bo criterio recolle o Xerais e supoño que tamén outros dicionarios. Iso non quita, non obstante, para que os eiquí si deban ser substituídos na Galipedia por aquí (mesmo cando eu como lugués digo sempre eiquí, sen excepción). Pensa por exemplo noutro caso, o dos pró, que na fala e mesmo na escrita son formas perfectamente válidas pero que non verás nunha enciclopedia, onde o que corresponde é para o. Un saúdo, Elisardo. --Atobar (conversa comigo) 19:31, 8 de agosto de 2011 (UTC)

libros escaneados[editar a fonte]

Chegou, chegou, pero o escáner funciona cando quere e estou aburrido con el. Vou facer unha última proba antes de tiralo ó punto limpo, a ver se se asusta e funciona. Dáme cinco minutos. Pedro --Lameiro (conversa) 21:41, 17 de agosto de 2011 (UTC)

Feirado, feireado, feriado > festivo[editar a fonte]

Confírmocho, logo. En galego, como ben apuntas, é festivo, do latín festivum. Un saúdo, Elisardo, e a ver se nos organizas aí esa xuntanza (a poder ser coa proposta do Estevo da Cidade da Cultura de por medio). --Atobar (conversa comigo) 16:21, 26 de agosto de 2011 (UTC)

  • Non será oficial, mágoa, pero feirado existe co significado de día de feira (en principio laborable, pero, por extensión ós días de feira festivos, tamén como día festivo) e co signifacdo da propia feira (Si vas a feirado, ou vai enganar ou volve enganado). Pero chámame a atención que ninguén do Dicionario de dicionarios recolle a entrada feirado e só Carré (1928) recolle día feriado, como Día ordinario, día de trabajo. Acabo de comprobar que tamén existe, xa como día feriado, en castelán, e cos mesmos significados simultáneos de día laborable e día festivo. Cousas curiosas que ten a lingua que nunca deixará de sorprendernos. Saúdos ós dous, Pedro --Lameiro (conversa) 19:04, 26 de agosto de 2011 (UTC)

Re: Galencontro[editar a fonte]

Se non é por ti, non me enteraría de nada. Grazas por terme informado, coma sempre. Furado 12:49, 31 de agosto de 2011 (UTC)

  • Eu tampouco me esteraría jeje Moitas grazas! --Beninho 18:39, 31 de agosto de 2011 (UTC)

Cartel e WLM11[editar a fonte]

Elisardo.

  • Mudeiche a licenza do cartel en Commons, debido a que inclúe o logotipo de Wikipedia.
  • Inspirado no que xa fixeron en Commons fixen un modelo que igual che interesa.

Un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 23:56, 4 de setembro de 2011 (UTC)

Cambios[editar a fonte]

Acabo de chegar. A sala está ben para traballar, e ao outro lado da porta ten a Biblioteca. Pensei eu tamén o de modificar minimamente o póster. Dentro dun anaco mándoche o resultado final cos engadidos, e xa comezamos a mover todo para a prensa. Dende a Cidade da Cultura tamén van quitar a súa propia nota sobre o evento. --Atobar (conversa comigo) 10:03, 13 de setembro de 2011 (UTC)

Xa falei co tipo in situ. E dixo que estaban moi interesados en quitar unha note de prensa propia. Supoño que o farán. O convite de difusión xa o teñen, que llelo pasei eu onte. Vou escribir dentro dun pedazo na taberna. Saúdos, Elisardo, e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 13:42, 14 de setembro de 2011 (UTC)

Rebenvida[editar a fonte]

Xa che decia eu que estaba algo verde, je je. Moitas grazas unha vez mais --Loischantada (fálame) 10:42, 16 de setembro de 2011 (UTC)

Usuario:Sobreira[editar a fonte]

Envieiche un correo.

Elisardo, ¿non sería bo que fixeras un comentario ó evento no Xornal da Galipedia? Xa subín as fotografías a Commons, aquí. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:59, 21 de setembro de 2011 (UTC)

Imaxes a Commons[editar a fonte]

Ola Elisardojm por alusions contestoche aqui na tua páxina pois eu ó meu fio de conversa xa o dei por terminado, creo que temos uns e máis outros as cousas tan claras que por moito que turremos non vamos a ser capaces de cambiar as ideas dos outros; ainda que estas votacións dan para reflexionar e pensar ¡que grande seria a galipedia! si cando se propon un obradoiro colaborasemos todos coas nosas ideas o igual que o estamos a facer neste caso, non crees? Eu pola miña parte sintome representado, de momento, polos comentarios que fai o usuario Prevert e polo tanto, de momento, non é a miña idea retomar o fio das conversas, tan soo decir que sinto moito neste caso non compartir as mesmas ideas con respeto as imaxes agora ben tanto si gañan o sis ou os nons sintome orgulloso de haber devatido en tan importante tema e haber si calla e noutros temas que tamen teñen a sua relevancia colaboramos todos co mesmo impetu, máis nada un saudo e unha aperta e para o que queiras --Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 05:44, 24 de setembro de 2011 (UTC)

Maquetación s:Estatuto de Galicia de 1936[editar a fonte]

Verás, a maquetación (emprego das abreviaturas, interliñado, salto de liñas, sangrías, ausencia de negras, aliñación mesmo das antefirmas e sinaturas...) que escollín non é casual.

Sendo como é un documento oficial histórico, procurei cinguirme en todo ó orixinal, sen afastarme do formato do Wikisource. Podes comprobalo facendo a comparación (documento orixinal).

Saúdos --. HombreDHojalata.conversa 17:03, 3 de outubro de 2011 (UTC)

Traducións de páxinas en Commons[editar a fonte]

Vexo que estás traballando (ou pensando en traballar) na tradución dalgunhas páxinas de Commons. Pois ben, se tes pensado traducir Commons:Image guidelines, ten en conta o traballo que xa fixera Lmbuga no seu día e que deixou en Wikipedia:Guía de imaxes de calidade. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13:32, 6 de outubro de 2011 (UTC)

RE: Commons Ticker[editar a fonte]

O que sei é que a ferramenta é un bot alleo á Galipedia, controlado por un operador de Commons (supoño) que pon en funcionamento en varios wikis. Segundo a lista de contribucións leva sen funcionar desde 2008. O que si funciona bastante a miúdo é o usuario CommonsDelinker (conversa · contribucións), que elimina referencias a ficheiros eliminados en Commons, entre outras tarefas. Volvendo ao primeiro, tes varias ligazóns con información na páxina de usuario, pero o certo é que o arquivo local remata en verán de 2008, como dixen. E coido que non podo dar máis información. --Toliño Fala aquí comigo 10:16, 9 de outubro de 2011 (UTC)

Acantodios[editar a fonte]

Non sei exactamente qué é o que queres con esa categoría, pero intentarei supoñelo. Os acantodios (Acanthodii) son unha Clase de peixes´fósiles que se divide en 3 Ordes. Están dotados de mandíbulas (Gnatostomados), á diferenza dos Agnatos, sen mandíbulas (por exemplo, lampreas). Non sei se terás en mente algún artigo para meter nesta categoría, pero por agora ten en conta que esa ligazón que pos na páxina da categoría a Commons e a Wikispecies leva, precisamente, ós Agnatos que, insisto, sonche outra cousa (e para os que xa temos creada categoría propia). Non sei se esta resposta satisface a túa curiosidade, pero tempo haberá de concretar todo o que necesites (e poida atopar). Se che interesan os peixes, hai un Glosario de ictioloxía na rede completísimo (12 megas de peixes). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:37, 10 de outubro de 2011 (UTC)

  • Para o teu artigo sobre o Sanmartiño, regáloche unha foto que subín antronte a Commons: Ficheiro:Sanmartiño 01-02.jpg. Todo teu. Pedro --Lameiro (conversa) 18:43, 10 de outubro de 2011 (UTC)
    • Se se trata de crear a categoría, debería chamarse Acantodios e colgar de Peixes, efectivamente (na Galipedia, erroneamente, usamos os nomes comúns). Se a queres ligar a Commons, ten que ser a Category:Acanthodii, o mesmo que en wikispecies. O que xa non acabo de entender é para que queremos unha categoría baleira. Claro que tamén podes crear os artigos que a enchan. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 10:25, 12 de outubro de 2011 (UTC)

Cogomelo[editar a fonte]

A forma correcta é cogomelo, segundo o VOLGA e segundo o Xerais. Tamén é certo que neste último redirixen dende cogumelo a cogomelo, dando a entender que non é incorrecta mais tampouco a forma recomendada. Eu deixaríao estar así. Cando o VOLGA recolla cogumelo para redirixilo a cogomelo é cando o tocaría aquí na Galipedia. En todo caso, se fas a redirección non creo que se poida borrar, pois non estaría mal porque ten esa referencia de Xerais (e tamén algunhas outras por aí). Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 08:58, 12 de outubro de 2011 (UTC)

"Cogumelo" borreino eu ó non atopalo no VOLGA. Igual me pasei. O recupero? --. HombreDHojalata.conversa 09:04, 12 de outubro de 2011 (UTC)
se recuperas a redirección, era ben que no artigo apareza unha nota a pé de páxina indicando esta referencia do Xerais mais non do VOLGa. E se non a recuperas, xa nada. --Atobar (conversa comigo) 09:10, 12 de outubro de 2011 (UTC)
Pra está admitido, pero a palabra recomendada e sen dúbida primeira opción é para. Algo así pasa con cogomelo, polo que non creo que sexa unha cuestión de respectar a escolla do primeiro editor (sobre todo porque o VOLGa non o recolle como válido -cogúmelo-, e a RAG é ao cabo o noso referente último). Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 09:34, 13 de outubro de 2011 (UTC)
Non hai de que. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 09:38, 13 de outubro de 2011 (UTC)
Non hai que metelo na listaxe de erros porque non é un erro, senón que non está recollido no VOLGA (si noutros sitios -Xerais e varios lugares do Dicionario de Dicionarios da UVigo). Darlle a batida esa aos cogumelos que hai por aí e pasalos a cogomelos si se pode. Moito che chista a complicadeira, Elisardo! --Atobar (conversa comigo) 11:22, 13 de outubro de 2011 (UTC)
Non é por seguir complicando a cousa, pero o feito de que no VOLGa non apareza é que para o VOLGA si é incorrecto, mais o VOLGa non é o único lugar de referencia que temos, malia que si o primeiro. Conclusión: é incorrecto para a RAG, pero non o é para outros que tamén son moir relevantes, principalmente o Gran Xerais. Non lles deas máis voltas, que non dá máis de si. Voulle facer a redirección e xa ten a nota a pé de páxina que lle puxen antes. --Atobar (conversa comigo) 12:25, 13 de outubro de 2011 (UTC)

votacións e comentarios[editar a fonte]

Elisardo, na parte superior da votación "Tódolos ficheiros a Wikimedia Commons", hai un recadro que indica que para discutir o tema cómpre facelo no fío aberto na Taberna (imaxes); dígocho porque a propia votación non é lugar para facer contraargumentacións e para dar consellos. Amais, está moi feo que pidas á xente que reconsidere o seu voto. Somos persoas adultas e cando nos implicamos nun proxecto así e nunha votación tan importante non o facemos á lixeira, senón que temos ben en conta os pros e as contras de emitir un voto nunha determinada dirección.

Por certo, recoméndoche que instales o corrector de galego que mencionou HombreDeHojalata, que axuda a mellorar a propia ortografía. Dígocho porque é un impacto ver que nunha discusión sobre ortografía escribas palabras como "demáis".

Soan un pouco feas, pero non me tomes a mal as recomendacións. Só pretendo ser construtivo :)

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:24, 17 de outubro de 2011 (UTC)

Ana Frank[editar a fonte]

Ben, rastrexei o artigo e non vin que tivese tradución... pero iso tamén quere dicir que é tarde e que hai que ir prá cama. Ao caso: ponse en galego o que está traducido. Se o libro está traducido pero o filme non foi dobrado, vai Ana Frank nun lado e Anne Frank no outro. ;) Saudiños --Xabier Cid Talk 2 me, please 01:10, 18 de outubro de 2011 (UTC)

Linneo[editar a fonte]

Ola, Elisardo. As regras que se seguen na wikipedia galega é non galeguizar nunca os nomes dos non-galegos (e no caso dos galegos, recoller as dúas formas se teñen uso as dúas). Linné é un bo señor sueco, a quen non lle deberiamos galeguizar o nome. Outra cousa é que en español, que é no que está escrita a GEG, e no español dunha determinada época, iso se fixese. Pero a non ser que fose un caso superexcepcional (penso en Cristovo Colón, p.ex., creo que non o deberiamos facer. --Xabier Cid Talk 2 me, please 22:00, 18 de outubro de 2011 (UTC)

Bos días, :) Non, non. O criterio está claro. :) Os nomes de reis e papas (tamén son reis) tradúcense en case todos os idiomas, e tamén en galego. Os demais non E en canto a Durero, voume encargar agora mesmo dese págharo. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 08:11, 19 de outubro de 2011 (UTC)
Tanto Ana Frank como Alfonso de Albuquerque son erros. Un dos motivos para crear redireccións son erros supercomúns. Onde poñer o grao de 'supercomunez' é complexo... pero vamos, Alfonso Albuquerque non e Linné tampouco. Polo demais, si, levará tempo. A orixe de moitos erros destes está na tradución a eito de artigos da es.wiki... Bueno, xa se irá facendo mellor. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 13:14, 19 de outubro de 2011 (UTC)

RE: Corrector[editar a fonte]

Podes facer sen problema ningún a solicitude na Taberna... e logo por que non ías poder?

E que a conta fose creada automaticamente simplemente significa que a conta foi creada por MediaWiki como conta global, como ben supuxeches. --Toliño Fala aquí comigo 14:55, 19 de outubro de 2011 (UTC)

Spell check[editar a fonte]

Hi Elisardojm. It is possible, to use the spell checker for this wikipedia. There are a few steps to do:

  1. Create a page like es:Wikipedia:Corrector ortográfico.
  2. Create a list of words like es:Wikipedia:Corrector ortográfico/Listado. In the beginning a few words are enough.
  3. When this list is created, I will create the script for the toolserver, which is needed.
  4. When I created the script, you have to add the gadget, to use it. You could find the code at es:MediaWiki:Gadget-CorrectorOrtografico.js. The toolserver URL in one of the first lines has to be changed (from "/~apper/sc/es/" to "/~apper/sc/gl/").

So please let me know, when steps 1 and 2 are ready ;) --APPER 13:22, 21 de outubro de 2011 (UTC)

Thank you for creating the pages and sorry for the delay. I now created the script, it is at [8]. So now you have to do step 4 and it should work. --APPER 22:47, 30 de outubro de 2011 (UTC)

Pena Furada[editar a fonte]

Moi boas Elisardojm, eu estaría moi interesado en axudar en Pena Furada, escribín un correo a esta dirección napenafurada@gmail.com non sei se sabes, se segue operativa ou non. ¿Únicamente vai ser este fin de semana ou haberá mais? Un saudo. --Carronada (Si me quieres escribir, ya sabes mi paradero) 10:02, 25 de outubro de 2011 (UTC)

Dúbida[editar a fonte]

Ola! Elisardojm Sabes se existe un modelo como este es:Plantilla:Usuario na Galipedia? E un como este es:Plantilla:Lengüeta1 na Galipedia? -- Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 16:33, 1 de novembro de 2011 (UTC)


Foto de Barreiros[editar a fonte]

Por fin puiden sacarlle unha foto máis ou menos como é debido. Resta que xa fixeron obras e ampliaron... Un saúdo.--Agremon(contacto) 08:34, 2 de novembro de 2011 (UTC)

Listas[editar a fonte]

Elisardo, eu restaurochas sen problema se o que lle vas facer é moita modificación e engadirlles táboas de datos diversos que nas categorías nunca terían cabida. Outramente, eu deixaríao estar (o único que teñen agora é o nome -por orde alfabética- de cada concello e o dato de poboación). Xa son moitas as veces que falamos (Xabier Cid, HombreDHojalata, eu mesmo...) do acaído de eliminar listaxes a medida que vaiamos categorizando con máis precisión. De feito, hai varias páxina de conversa por aí soltas onde se acorda eliminalas todas pero despois a cousa queda sen facer. Ti dirás como facemos, e se o ves para restaurar, eu procedo a restaurar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:21, 8 de novembro de 2011 (UTC)

Ok. En todo caso, é dun dos temas pendentes con prioridade que haberá que falar proximamente. Verémonos no debate. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 11:42, 8 de novembro de 2011 (UTC)
Tamén son partidario de manter casos coma os que citas. --Atobar (conversa comigo) 11:48, 8 de novembro de 2011 (UTC)

Especial:Páxinas_que_ligan_con_esta/Modelo:Praia[editar a fonte]

Elisardo, agora o modelo funciona defectuosamente. Cómpre amañalo ou restauralo ó estado anterior. --. HombreDHojalata.conversa 11:36, 9 de novembro de 2011 (UTC)

OK, grazas! --. HombreDHojalata.conversa 11:46, 9 de novembro de 2011 (UTC)

Ligazóns rotas a ficheiros[editar a fonte]

Perdoa, esquecera asegurarme de non deixar lixo :) Solucionado, pero con máis basoira que maña ;) Un saúdo! ─ GallaecioE logo? 18:50, 9 de novembro de 2011 (UTC)

Fotos de escritores/as, especialmente da AELG[editar a fonte]

Pois creo que se se adianta traballo, mellor. Sabes de alguén que coñeza mellor este tema?

Mil grazas e saúdos!

Ramiro Torres 10:09, 10 de novembro de 2011 (UTC)

Meu: Consultei o tema, e comentáronme desde alí que non as poden liberar, xa que son fotos que os socios/as facilitan, con diversas autorías, para os efectos exclusivos de seren subidas ao seu respectivo espazo na web da AELG, co que son os socios quen manifestan ter a autorización dos autores/as das fotos, mais só para eses efectos. Por iso non se inclúen nas fotos que a AELG libera. Eu tamén pensara o mesmo, mais aclaroumo moi amabelmente o secretario xeral técnico da Asociación.

Unha aperta, amigo!

Ramiro Torres 10:09, 11 de novembro de 2011 (UTC)

Ola: Consultei, e estes son os enderezos: Santos Díez e Eduardo Castro Bal

Grazas polo teu traballo!!

Ramiro Torres 09:01, 15 de novembro de 2011 (UTC)

Non sei quen as subira. En todo caso, para evitar problemas, aquelas fotos que non cumpran cos requisitos en Commons, deberían ser eliminadas, máis ainda se as fotos que proveñen da páxina da AELG si os cumpren. En todo caso, ti sabes máis ca min deste asunto, e, pola miña parte, confío plenamente no teu criterio e saber facer. Saúdos!

Ramiro Torres 11:50, 15 de novembro de 2011 (UTC)

Pois do pouco que sei creo que está ben. No da AELG xa lles comento, ainda que esas fotos probabelmente fosen subidas anteriormente ao texto actual, que é menos ambiguo que antes. Parabéns polo teu traballo!!!

Ramiro Torres 13:09, 15 de novembro de 2011 (UTC)

Boas novas. Falei co secretario xeral técnico da AELG e finalmente xa está hoxe modificado o texto. Esta é a entrada da Fototeca e este o exemplo dun escritor Xosé Abeal. Por certo, comentoume que che transmitise (a ti e a toda a xente da Galipedia) o agradecemento da AELG pola rigorosidade e acerto das túas suxestións, xa que lles permite mellorar a súa propia web. O texto, tal e como podes ver, é o seguinte: "Esta sección da web da AELG ten como obxectivo conseguir a visibilización social dos escritores e escritoras. As fotos cuxa autoría corresponde a Eduardo Castro Bal e Santos-Díez poden ser reproducidas segundo a licenza CC-BY-SA 3.0. Para o uso das demais fotos, debe contactar cos seus autores/as."

Saúde e unha aperta!

Ramiro Torres 08:56, 16 de novembro de 2011 (UTC)

RE: Ligazóns rotas cara a ficheiros[editar a fonte]

Ben, en primeiro lugar eu optaría por unha opción máis cómoda para o primeiro modelo: simplemente borrar o modelo {{SituaciónDaParroquia}}. É un modelo minimamente usado e non sei se ten moita utilidade (isto, por suposto, pódese rebater). Sobre o modelo {{Elemento químico}}: fixen uns arranxos e coido que se a imaxe non existe seguindo o formato establecido non ha dar problemas. En calquera caso, non vexo páxina ningunha relacionada co modelo que estea metida na categoría de ligazóns rotas. Conta como o ves. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 11:58, 13 de novembro de 2011 (UTC)

Homónimos[editar a fonte]

Moi boas, Elisardo. Na miña opinión, a páxina debe limitarse aos extremos. É máis, se por min fose mesmo quitaría deporte extremo e outros similares. A razón de ser dunha páxina de homónimos e axudar a atopar unha páxina que pode confundirse con outra. No caso de deporte extremo non creo que ninguén vaia buscar na caixa extremo para atopar deporte, que ademais non ten un homónimo que queira dicir outra cousa. Polo tanto, tampouco creo que os extremadura, extremoduro e demais teñan que ir aquí. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:10, 14 de novembro de 2011 (UTC)

  • Eu creo que está ben así. De collermos o parágrafo enteiro xa dá unha idea máis completo do que é: Con frecuencia atopamos enlaces que por erro ou ambigüidade se refiren a artigos con títulos homónimos (palabras que teñen dous ou máis significados diferentes e que se escriben ou pronuncian igual). Para evitar iso existen as páxinas de homónimos, que conteñen unha lista de ligazóns ás páxinas que inclúen no seu título a palabra homónima. Moito che gustan os matices, Elisardo. En calquera caso, se dás mellorado a redacción, eu encantando, por suposto! Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 18:48, 14 de novembro de 2011 (UTC)

Ligazón rota[editar a fonte]

Ola! Solucionei o problema eliminando a páxina, porque xa non lle daba ningún uso. Grazas por avisares. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 23:10, 14 de novembro de 2011 (UTC)

Árbore filoxenética[editar a fonte]

¡Hai que ver o que cambiaron as cousas desde que eu estudei! Nesta imaxe vexo tres cambios e dúas dúbidas. A forma usual é Microsporidios (lat. Microsporidia) e non *microsporidias; en lugar de *Diplomonadas sería Diplomonánidas (lat. Diplomonadida); e as Bacterias verdes filamentosas sen maiúsculas innecesarias (só no B). Non entendo a razón de ser de T. celer en lugar de Thermococcus celer, que non sei por que se particulariza nunha especie concreta (Thermococcus celer é unha arqueobacteria termófila); quizais tería máis sentido poñer, como mínimo, o xénero: Thermococcus. E finalmente, algo parecido coa Thermotoga, pero aquí é nome dun xénero, que pertence ó filo Thermotogae. ¿Valeuche para lgo todo isto? Apertas, Pedro --Lameiro (conversa) 18:01, 16 de novembro de 2011 (UTC)

Estatuto de Autonomía[editar a fonte]

Boas, Elisardo. Acabo de ver que hai uns días fixeches 3 preguntas na conversa do Estatuto de Autonomía de 1936. Intentei contestar, na mesma páxina de conversa. Bótalle un vistazo e xa me contarás se así queda claro. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:01, 18 de novembro de 2011 (UTC)

  • Estou a durmir. Lin a data 10 de novembro cando se trataba de hoxe 18. Síntoo. Pedro --Lameiro (conversa) 23:06, 18 de novembro de 2011 (UTC)

Imaxe da semana[editar a fonte]

Bo día, Elisardo! Xa lle botei un ollo ao da imaxe da semana; era que non se elixira aínda ninguha. Xa está amañado, graciñas por andar ao quite. Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:45, 21 de novembro de 2011 (UTC)

Categoría:Páxinas con ligazóns rotas cara a ficheiros[editar a fonte]

Feito. Non me puxera porque me liei buscando a imaxe, e que era máis complicado do que en realidade foi. Un lapsus: os dous modelos xeneraban unha imaxe en función do nome da páxina. Grazas por andar pendente. Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 23:17, 1 de decembro de 2011 (UTC)

Datas do Paz Andrade[editar a fonte]

Boas Elisardo. A ver se atopas onde está o erro nas datas, que a partir de 1945 só atopa erros. Pedro --Lameiro (conversa) 00:21, 8 de decembro de 2011 (UTC)

Dous timelines[editar a fonte]

En relación a isto que dixeches, explícoche. A páxina partina en dous timelines porque teñen unha limitación de 2000 puntos de alto, e nun só quedaba todo amontoado. --. HombreDHojalata.conversa 10:36, 8 de decembro de 2011 (UTC)

Fai como vexas. Se hai que quitar as imaxes se quitan, inda que depende moito das resolucións de pantalla, coa miña (1920x1080) caberían as dúas columnas e tamén as fotos e inda sobra espazo. O que si hai que procurar que as frases sexan curtas, que para estenderse xa está o artigo principal. --. HombreDHojalata.conversa 12:08, 8 de decembro de 2011 (UTC)
Elisardo ¿xa se pode fuchicar nesta cronobiogafía? ¿podo engadir algunha cousa máis? Déixoche para ti unha data en vermello: 7.01.1950: morre Castelao. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:45, 10 de decembro de 2011 (UTC)

Hola[editar a fonte]

Contesteiche na wiki castelan [9] saudos --Jorjum 16:35, 12 de decembro de 2011 (UTC)

Saudos, hoxe estarei por aqui. --Jorjum 08:54, 13 de decembro de 2011 (UTC)

Ramón Conde[editar a fonte]

Boias. Acabo de subir unha foto de Man con Man, en Vilagarcía: File:Manconman 03b.jpg. Toda túa. Pedro --Lameiro (conversa) 15:48, 19 de decembro de 2011 (UTC)

  • Xa, xa vexo. Pero hai que ver a de esculturas deste home que nos faltan por fotografar. Veña, saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 00:43, 20 de decembro de 2011 (UTC)
    • Outro regalo para a túa colección. Acabo de subir a Commons dúas fotos da escultura que ten o Conde na galería Trigo de Pontevedra: File:Ramón Conde Cabeza amistosa 01-02.JPG e File:Ramón Conde Cabeza amistosa 01-03.JPG. Todo teu. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:12, 21 de decembro de 2011 (UTC)
      • Non sei o nome da rúa, pero é saíndo da cidade cara a estación, entre a rotonda esa que collerías para ir a Vigo e a estación de autobuses. Segundo vas cara a estación, hai un ximnasio (á esquerda) e logo un edificio. Nos baixos dese edificio está a galería de arte e abre a un xardincito, que é onde está esta estatua (e dúas máis doutra xente). Seguro que o Estevo cha localiza sen problema. Mirei no Google Earth e dáme 42 25 19,65 e 8 38 17,62. Pero non te fíes moito de min. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 00:11, 22 de decembro de 2011 (UTC)
Xenial, moitas grazas ós dous, acabo de vela no Street View :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:40, 22 de decembro de 2011 (UTC)

Bo Nadal !![editar a fonte]

Grazas por lembrarte sempre de min. Espero que disfrutes destas fermosas e entrañables festas, e deséxoche o mellor para o ano entrante. Unha forte aperta e... Bo Nadal!! Furado 14:05, 20 de decembro de 2011 (UTC)

80.000[editar a fonte]

De seguro que chegamos!! Pola miña parte o día de hoxe o teño bastante ocupado, pero mañá procurarei poñerme a elo para aportar o meu graniño de area e conseguir o obxectivo. Un saúdo! --Beninho 14:44, 30 de decembro de 2011 (UTC)

Desta vez si que foi, e non era doado... Un bo final de ano!!! --Furado 10:43, 31 de decembro de 2011 (UTC)