Saltar ao contido

Ángel Baltar Cortés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁngel Baltar Cortés

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de marzo de 1868 Editar o valor en Wikidata
Padrón, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de marzo de 1934 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosRamón Baltar Domínguez, Antonio Baltar Editar o valor en Wikidata
PaiÁngel Baltar Varela Editar o valor en Wikidata
IrmánsErnesto Baltar Cortés Editar o valor en Wikidata

BUSC: baltar-cortes-anxel-1868-1934

Ángel Baltar Cortés, nado en Padrón o 12 de marzo de 1868 e finado en Santiago de Compostela o 30 de marzo de 1934, foi un médico galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Ángel Baltar Varela o que fora alcalde de Padrón, e de Ramona Cortés Giménez, Ángel Baltar estudou bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela, rematando en 1884. Estudou na Facultade de Medicina e licenciouse con sobresaínte no ano 1893. No Hospital Provincial realizou as prácticas como médico interno e foi nomeado médico rural de Rois. En 1898 casou en San Xulián de Requeixo, Pontecesures, con Isabel Domínguez. En 1923 foi nomeado director do Gran Hospital, do que foi cirurxián durante trinta anos. Co doutor Manuel Varela Radío fundou en 1908 o Sanatorio Baltar. En 1909 viaxou a Berlín para observar as últimas técnicas da súa especialidade. En 1915 creou un laboratorio e deseñou aparellos.

Trala súa morte foi enterrado no cemiterio de Padrón. Na súa memoria creouse a Fundación Baltar, adicada a repartir bolsas a licenciados para estudos de cirurxía no estranxeiro.[2] O Concello de Padrón púxolle o seu nome a unha praciña en agosto de 1947, a Praza de Baltar.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Isabel Domínguez Orense e foi pai de Antonio e Ramón Baltar Domínguez.

  1. D. Ángel Baltar Cortés: Maestro de la Cirugía GallegaI (en castelán)
  2. Cun capital de 60 mil pesetas, os premiados debían comparecer perante un Tribunal para demostrar os suficientes coñecementos en cirurxía para poder optar a el. O importe do premio era de 1.896 pesetas (La Universidad de Santiago (el pasado y el presente), de Ciriaco Pérez Bustamante e Sebastián González García-Paz; Santiago, 1934; páxinas 67 e 68).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]