Saltar ao contido

Viktor Frankl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaViktor Frankl

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Viktor Emil Frankl Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1905 Editar o valor en Wikidata
Viena (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor en Wikidata
Morte2 de setembro de 1997 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Viena (Austria) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOld Jewish Cemetery (en) Traducir, 76b-23-27 Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPsiquiatría, psicoloxía, neuroloxía e Psicoterapia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpsicoterapeuta, existential therapist (en) Traducir, escritor, cirurxián, aviador, neurólogo, psiquiatra, catedrático, psicólogo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Viena Editar o valor en Wikidata
AlumnosRaymond Ackerman (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioGabriel Lion Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeTilly Grosser Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
19 de outubro de 1944-20 de outubro de 1944Transport Es from Theresienstadt,Ghetto,Czechoslovakia to Auschwitz Birkenau,Extermination Camp,Poland on 19/10/1944 (en) Traducir
24 de setembro de 1942-25 de setembro de 1942Transport from Vienna to Ghetto Theresienstadt on 24.09.1942 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Frankl, Viktor Emil, 1905-1997,
Der zerrissene Himmel (en) Traducir, (p.104-108) >>>:Viktor Frankl, Editar o valor en Wikidata
TED: viktor_e_frankl BNE: XX880147 Discogs: 5094894 WikiTree: Frankl-22 Find a Grave: 14540087 Editar o valor en Wikidata

Viktor Emil Frankl, nado en Viena o 26 de marzo de 1905 e finado na mesma cidade o 2 de setembro de 1997, foi un neurólogo e psiquiatra austríaco, fundador da logoterapia, tamén chamada terceira escola vienesa da psiquiatría. De orixe xudía, sobreviviu dende 1942 ata 1945 en varios campos de concentración do Terceiro Reich nazi, incluídos Auschwitz e Dachau. Froito da súa experiencia, escribiu a súa obra máis coñecida, Ein Psychologe erlebt das Konzentrationslager (Un psicólogo experimentado no campo de concentración), tamén publicada en inglés en edición revisada polo autor coma Man's Search for Meaning (O home na busca de sentido).[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Viktor Frankl naceu no seo dunha familia xudía. Seu pai traballaba no parlamento, onde ocupou postos de estenógrafo e rematou coma ministro de asuntos sociais. Dende mozo, Frankl mostrou un grande interese pola psicoloxía e mais a política, pois pertenceu a varias organizacións xuvenís próximas ao socialismo.

Estudou medicina na Universidade de Viena e especializouse en neuroloxía e psiquiatría. Dende 1933 ata 1937 traballou no Hospital Xeral da cidade, pero os vindeiros anos, ata 1940, practicou a psiquiatría na súa propia consulta privada, algo moi típico na época. Despois, dirixiu ata 1942 o departamento de neuroloxía do Hospital Rothschild, o único hospital de Viena onde os xudeus podían acudir, tras o triunfo do NSDAP, o partido nazi, en Alemaña e o Anschluss.

En decembro de 1941 casou co Tilly Grosser, tamén de orixe xudía. No outono do seguinte ano, xunto á súa muller e os seus pais, foi deportado ao campo de concentración de Theresienstadt. Tres anos máis tarde, foi trasladado a Auschwitz e despois a Kaufering e Türkheim, dous subcampos asociados a Dachau. Foi liberado o 27 de abril de 1945 polo exército estadounidense, mais a súa muller e familia non sobreviviron ao Holocausto xudeu e endexamais volveu velos.

Tras a liberación

[editar | editar a fonte]

Despois da súa liberación, volveu a Viena, onde escribiu, froito dos seus pensamentos nos campos de exterminio, o seu máis famoso libro, Ein Psychologe erlebt das Konzentrationslager , unha aproximación á psicoloxía dun prisioneiro (e, ás veces, dos carcereiros) nun campo de concentración dende a perspectiva dun psiquiatra. Nesta obra expón que, aínda vivindo nas máis extremas condicións de deshumanización e sufrimento, o home pode atopar unha razón para vivir, un sentido para a súa vida que o protexa de perder o siso, baseándose na súa tendencia natural á transcendencia e á súa dimensión espiritual, que leva de xeito natural á esperanza. O libro é considerado un dos mellores testemuños do Holocausto, grazas, en gran parte, á súa linguaxe serena e comprensiva, moi lonxe da vinganza ou do rancor.

Esta reflexión confirmouno nas súas ideas previas ao Holocausto, concretadas na logoterapia, considerada a terceira escola vienesa da psicoloxía, despois da psicanálise de Freud e a psicoloxía individual de Alfred Adler, ambos os dous importantes influencias de Frankl, aínda que defendesen ideas dispares sobre a conduta e natureza humana, feito que animou a Frankl a crear a súa propia escola. A logoterapia afirma que o verdadeiro motor dunha vida é a busca dun sentido vital pleno, cara á esperanza. O traballo do terapeuta será axudar o paciente a coñecer os camiños para atopar este sentido. Grazas ao seu traballo dirixiu a policlínica neurolóxica de Viena ata 1971.

Recoñecemento

[editar | editar a fonte]

As ensinanzas de Frankl foron recoñecidas mundialmente. En 1949 recibiu un doutoramento honorario en Filosofía. En 1955, foi nomeado profesor da Universidade de Viena. A partir de 1961, compaxinou cinco postos de profesor nos Estados Unidos, nas universidades de Harvard, Stanford, Dallas, Pittsburgh e San Diego. Foille outorgado o premio Oskar Pfister da Sociedade Americana de Psiquiatría, así como outras distincións de diferentes países, entre os que destacan os seus 29 doutoramentos Honoris Causa.

Ensinou na universidade ata os 85 anos e foi un experto escalador de montañas e piloto de avionetas. Publicou máis de 30 libros, traducidos a diversos idiomas, e impartiu numerosas conferencias ata meses antes do seu pasamento, o 2 de setembro de 1997, na súa cidade natal.

Portada de Die Psychotherapie in der Praxis (A psicoterapia na práctica).
  • Ärztliche Seelsorge. Viena, 1946 (edicións posteriores Ärztliche Seelsorge. Grundlagen der Logotherapie und Existenzanalyse)
  • Ein Psychologe erlebt das Konzentrationslager. Verlag für Jugend und Volk, Viena, 1946
  • ... trotzdem Ja zum Leben sagen.Franz Deuticke, Viena 1947
  • Die Existenzanalyse und die Probleme der Zei. Amandus-Verlag, Viena, 1947
  • Zeit und Verantwortung. Franz Deuticke, Viena, 1947.
  • Der unbewußte Gott. Psychotherapie und Religion. Amandus-Verlag, Viena, 1948 [2].
  • Der unbedingte Mensch. Franz Deuticke, Viena, 1949
  • Homo patiens. Versuch einer Pathodizee. Franz Deuticke, Viena, 1950.
  • Logos und Existenz. Amandus-Verlag, Viena, 1951.
  • Die Psychotherapie im Alltag. Psyche, Berlin-Zehlendorf, 1952.
  • Pathologie des Zeitgeistes. Franz Deuticke, Viena, 1955 ( Psychotherapie für den Alltag. Rundfunkvorträge über Seelenheilkunde a partir das edicións de 1971)
  • Theorie und Therapie der Neurosen. Einführung in Logotherapie und Existenzanalyse. Urban & Schwarzenberg, Viena-Innsbruck, 1956
  • Das Menschenbild der Seelenheilkunde. Hippokrates-Verlag, Stuttgart, 1959.
  • Der Mensch auf der Suche nach Sinn. Herder, Freiburg im Breisgau, 1972-1977.
  • Der Wille zum Sinn. Ausgewählte Vorträge über Logotherapie.. Hans Huber, Viena, 1972 ISBN 3-456-81165-9
  • Anthropologische Grundlagen der Psychotherapie. Hans Huber, Viena, 1975 (2ª edición revisada Der leidende Mensch. Anthropologische Grundlagen der Psychotherapie, 1984)
  • Der Mensch vor der Frage nach dem Sinn. Eine Auswahl aus dem Gesamtwerk. Piper, Múnic, 1979 ISBN 3-492-02492-0[3].
  • Was nicht in meinen Büchern steht. Quintessenz, Múnic 1995. (Memorias)
  • Zeiten der Entscheidung. Herder, Freiburg . 1996 ISBN 3-451-04861-2

Recompilatorios

[editar | editar a fonte]
  • Frühe Schriften 1923–1942, 2005 ISBN 978-3-85175-812-2(Escolma de textos da súa primeira época)
  • Gesammelte Werke: Trotzdem Ja zum Leben sagen: Und ausgewählte Briefe (1945 - 1949), vol. 1, 2005 ISBN 978-3-205-77351-1
  • Gesammelte Werke: Psychologie des Konzentrationslagers. Synchronisation in Birkenwald und Ausgewählte Texte 1945–1997, vol. 2, 2006 ISBN 978-3-205-77390-0
  • Gesammelte Werke: Die Psychotherapie in der Praxis und ausgewählte Texte über angewandte Psychotherapie, vol. 3, 2007 ISBN 978-3-205-77664-2
  1. Ambos os dous textos, alemán e inglés, son as fontes das traducións do libro. Cfr. Man's Search for Meaning, Viktor Frankl. Beacon Press, 2006, ISBN 978-0-8070-1426-4 e Frankl, Viktor Emil; [Traducido por Christine Kopplhuber e Gabriel Herrera] (2005). Herder, ed. El hombre en busca de sentido. ISBN 978-84-254-2331-4. 
  2. Textauszug aus Der unbewußte Gott, Psychotherapie und Religion
  3. Rezension von Der Mensch vor der Frage nach dem Sinn

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]