Conversa:Lista de monumentos da provincia de Pontevedra

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Temos un problemiña aquí. Esta lista (benvida sexa) recolle os monumentos declarados BIC. Estes constan nun inventario cun nome oficial, que é o que aquí se emprega. O problema é que, visitando a páxina do Ministerio, compróbase unha vez máis que ós de Madrid non entenden que Galicia non é Parla, e que non se poden admitir na Galipedia denominacións como estas:

  • Finca de Doña Marina
  • Santuario de Nuestra Señora de las Ermitas
  • Delimitación de la Iglesia de San Esteban (Santo Estevo)
  • Torre-fortaleza de Junquera
  • Iglesia de Santa María de Penamayor
  • Dolmen de Ageitos
  • Puente Romano denominado Puente Pedriña
  • Monasterio de San Lorenzo Trasouto
  • Conjunto Histórico Artístico Casco Antiguo de la Ciudad de Orense
  • Iglesia Parroquial de Santa María de Azogue
  • Iglesia Parroquial de Villabad
  • Iglesia Parroquial de Pedro Felix de Hospital
  • Iglesia de San Julian de Asturienses
  • Iglesia de San Mamed de Moldes
  • Catedral de Nuestra Señora de los Remedios
  • Jardín En la Casa-fuerte de Rubiales
  • Monasterio del Buen Jesús

... e varios centos máis. E estou esquecendo cousas como Cotobad, Puentedeume, Orense e outras do mesmo xénero. En atopo imprescindible ter unha guía sobre o patrimonio de Galicia, que hoxe non existe aquí, pero négome a que sexa nestes termos. Isto é barbarie. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:23, 15 de febreiro de 2011 (UTC)

Estou totalmente dacordo, revisarei as denominacións para amañalas, o problema é que aínda non atopei referencias en galego (a web de patrimonio só ten 175 monumentos e todos contentos aínda o poñen na páxina principal, debería darlles vergonza), tentarei buscar nas webs dos concellos, supoño que ahí si que terá que haber algo, pero tendo estes datos de partida espero que as buscas sexan máis doadas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:42, 16 de febreiro de 2011 (UTC)
Cómpre unha explicación sobre os criterios que segue esta páxina. Na denominación, por exemplo, entendo que vai a denominación oficial que conste no nomeamento, pero iso ten como consecuencia que as Ruínas da Igrexa Oxival de Santa Mariña queden en vermello aínda que xa estista o artigo, baixo o nome de Igrexa de Santa Mariña Dozo. Paralelo a isto ¿imos respecta-las designacións en castelán: "Iglesia de San Francisco". Outras dúbidas: ¿que pretende ser esa "(Categoría)"?, ¿e "Outros nomes"?. Finalmente, esta lista ¿non entra en conflito coa Categoría:Bens de Interese Cultural de Galicia (que, por certo, habería que ir pensando en dividir por provincias)?. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:08, 16 de febreiro de 2011 (UTC)
A denominación non creo que deba ser a oficial do nomeamento xa que en moitos casos non é a correcta en galego, ata o de agora están algunhas mal porque teño que revisalas. E tampouco creo que haxa que poñer eiquí a denominación oficial en castelán, si se quere poñer nalgún sitio que se poña no artigo, ¿non?. O de Categoría non fai falta eiquí, estaba na tabla de onde a copiei, xa llo quito agora. O de "Outros nomes" penso que pode quedar por si hai outras denominacións, pode haber un nome oficial moi longo que teña outro común máis sinxelo, por exemplo.
Eu penso que non entra en conflicto coa categoría, é o mesmo que a Lista de Concellos de Lugo e categoría de concellos de Lugo, ¿non?. Estou dacordo en dividir a categoría en provincias. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:44, 16 de febreiro de 2011 (UTC)
De acordo, entón. Ti dirás se necesitas unha man ou prefires non corre-lo risco de conflitos de edición. Discrepo no último punto, xa que nunca me gustaron as "Listas", das que se dixo aquí varias veces que naceron cando se consideraba preciso unha relación para ir desenvolvendo artigos. Quizais algunhas listas sexan boas e imos crer que esta tamén o vai ser. Pedro --Lameiro (conversa) 23:53, 16 de febreiro de 2011 (UTC)
Unha man sempre ven ben!!, claro que si! :). Tes razón que hai que ter coidado cos conflitos, pero non hai problema, hai outras tres provincias para choiar ;). Si quixeras adicarte ti a Pontevedra eu iría para Coruña ou Lugo :), só tes que dicirmo. O das listas..., eu penso que é outra forma de ver a información das categorías, permiten engadir información que sirve para facer comparativas entre os seus elementos e tamén son moi útiles para o control do contido das propias categorías. Tamén é certo que son artigos adicionais a manter... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:02, 17 de febreiro de 2011 (UTC)
  • Moito me temo que os petróglifos de Fragoselo son os da Devesa e non Dobesa como erroneamente refire a páxina do ministerio (por exemplo, vese nesta páxina especializada aínda que o escriben con b; sendo ademais un topónimo bastante común no país); páxina, a do Ministerio, por outra banda, inzada de erros toponímicos. Penso que cómpre mudar o nome. --Paradanta (Cóntame) 18:00, 23 de abril de 2011 (UTC)
Xa me parecía a min moi raro iso da Dobesa pero como teño que revisar tódolos nomes deixeino ir porque como non coñezo o sitio non podía correxilo. Xa llo cambio agora mesmo, graciñas polo aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:16, 23 de abril de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Lista de monumentos da provincia de Pontevedra. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de setembro de 2018 ás 06:37 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 9 ligazóns externas en Lista de monumentos da provincia de Pontevedra. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 15:52 (UTC)[responder]