Conversa usuario:Elisardojm/Inscrición 8 aniversario

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As 15 liñas depende do modelo de monitor e non é un dato esacto--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 18:21, 11 de marzo de 2011 (UTC)

  • É certo. Máis acaído sería dicir que o mínimo é unha cabeceira e o formato apropiado. Ademais, non é o mesmo tratar unha personalidade das letras que unha do deporte, e menos ca un artigo de matemáticas, outro de lingüística e outro máis de formación planetaria. Quero dicir que o mínimo é deixalo feitino co básico, pero iso pode implicar 8 liñas ou 25. E com di Alfonso, aí xa entramos na pantalla, no navegador e na resolución de cadaquén. En fin, que haberá que ser permisivo pero sen baixar do formato adecuado. --Atobar (conversa comigo) 18:33, 11 de marzo de 2011 (UTC)
O das 15 liñas está matizado indicando que deberían ser sobre 1200 caracteres, iso evita os problemas de monitor e tal. Pero só é un dato aproximado, era para que a xente non se metera a facer artigos dunha ou dúas liñas. Quito o das 15 liñas e poño que sexan aproximadamente 1.200 caracteres. E no que tedes razón en que o importante é que os artigos queden o máis rematados posible. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:00, 11 de marzo de 2011 (UTC)
  • Coido que se debería permitir que a xente se siga a inscribir ao longo do día. Nada se perde. Ao contrario, incentívase que a xente pase, vexa que hai concurso e quede. E non existe agravio comparativo con aqueles que nos inscribimos antes do reto, porque loxicamente quen se escribe ás 14.00 soamente vai ter 10 horas de marxe, mentres que os pre-rexistrados temos as 24 horas íntegras. --Atobar (conversa comigo) 23:18, 11 de marzo de 2011 (UTC)
Tes toda a razón, eu penso que non lle fai mal a ninguén, todo o contrario. Vouno cambiar, graciñas polo aporte. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:08, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Tiven un pequeno problema, non iniciei sesión antes de empezar a facer artigos non me din conta, e os artigos que fixen estan gardados coa miña I.P.:83.35.40.171, que fago?Villalustre (parolo'm) 12:06, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Non te preocupes, ti segue dándolle ós artigos, iso xa o miraremos despois si fai falta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15:56, 12 de marzo de 2011 (UTC)
Perde coidado, Villalustre. Súmanse e xa está, como che di Elisardo. A seguir. --Atobar (conversa comigo) 15:59, 12 de marzo de 2011 (UTC)
  • Acabo de chegar á casa. Non poñedes aínda os artigos, porque segundo o sistema o asunto é de 01.00 de onte até dentro dunha hora. Creo que o puxo Elisardo onte na taberna. O dito, sigamos unha hora máis. --Atobar (conversa comigo) 23:08, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Contador de artigos creado[editar a fonte]

Vexo que xa algúns puxestes o número de artigos creados, pero ide amodo porque aínda non sabemos se cómpre contabilizar de 12.00 a 12.00 ou da 01.00 a 01.00, e ademais hai que delimitar que modo de contaxe aceptamos. Contadores hai varios: un o historial de contribución, outro o das tools de wikimedia. En síntese: que todos temos que medir as nosas contribucións co mesmo baremo. --Atobar (conversa comigo) 00:05, 13 de marzo de 2011 (UTC)

  • ¿E pola conta da vella non vale? Un papelito xunto ó teclado onde un vai anotando artigos... ¿sabías que estas cousas aínda se poden facer á man, con papel-papel e lápis de mina de grafito? ¡Que antigo son! Pedro --Lameiro (conversa) 00:14, 13 de marzo de 2011 (UTC)

Eu empecei á 01,00 e rematei á 01,00, que é o que se falou na taberna, pero non me queda claro se quedou claro. Tamén din por suposto que se trata de contabilizar artigos creados, non categorías nin páxinas de redirección nin cousas polo estilo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:16, 13 de marzo de 2011 (UTC)

Eu creo que deberiamos usar este contador excluíndo redireccións, claro. Así e todo. E creo tamén que debería ser de 01.00 a 01.00, polo apuntado por Elisardo. Voume poñer a facer contas. As miñas e poida que as das outras, e apuntareina a man, ao estilo Lameiro. --Atobar (conversa comigo) 00:28, 13 de marzo de 2011 (UTC)
Así, por exemplo, segundo estes cálculos, a min me dá que fixen 100 xustos [1]. Con todo, o importante é saber se pasamos ou non, e iso saberémolo pola gráfica: [2] (aínda non se actualizou) --Atobar (conversa comigo) 00:33, 13 de marzo de 2011 (UTC)
(Conflicto)Si miramos a hora destes comentarios acabamos de rematar fai media hora o día 12 según o servidor que é o que ten cándo se crean as páxinas, por certo, creo que eu fixen a última páxina nova dese día: Georgi Plejánov ;). Repecto ó tipo de páxinas a crear eu tamén entendía que eran artigos-artigos.
Vou facer as miñas contas de artigos totais e logo vos conto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:37, 13 de marzo de 2011 (UTC)

Creo que premendo en full history marca os resultados actualizados. Se é así estamos en 451. Mágoa. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:38, 13 de marzo de 2011 (UTC)

  • Vou probar a facer un par de artigos para ver se sube a 453. Non vaia ser que contabilice doutra maneira e esteamos perdendo tempo (se o aceptamos como o bo). --Atobar (conversa comigo) 00:40, 13 de marzo de 2011 (UTC)
Pois creo que ese é o número: 451 artigos creados. Mágoa, quedamo moi pero que moi preto de conseguilo. --Atobar (conversa comigo) 00:48, 13 de marzo de 2011 (UTC)
(Conflicto outra vez :) Fixen as miñas contas collendo os datos de Especial:Páxinas novas e sáenme 452 páxinas... :((( Quedamos ás portas meus... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:52, 13 de marzo de 2011 (UTC)

Ola, na suma de artigos non me tivestedes en conta os que fixera coa miña IP:83.35.40.171. Creo que son 3 ou 2.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Villalustre (conversacontribucións)

Arranxado. --Atobar (conversa comigo) 21:36, 17 de marzo de 2011 (UTC)
Graciñas Atobar. Estes días ando liado coa historia da CambRed, pero para a semana xa falamos das camisolas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:19, 17 de marzo de 2011 (UTC)

Encontro en Pontevedra[editar a fonte]

Boas a todos. Resulta que a semana que ven vou pasala toda perto de Pontevedra e quería aproveitar para repartir as camisetas da xente que anda por alí. Eu tentarei quedar o día que mellor vos veña a todos. Xa teño as camisolas empacadas, ¿quén se apunta?. Incluso si queredes podemos avisar na taberna e facer un mini-encontro. Por favor, poñede o día/s, hora/s e sitio/s que máis vos conveñan para atopar un que nos veña ben a todos. Un saúdo, --Elisardojm (conversa) 22:05, 14 de abril de 2011 (UTC)

Como xa somos uns cantos os apuntados, ¿que vos parece si dou un aviso na taberna por si se quere apuntar alguén máis?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:01, 15 de abril de 2011 (UTC)
Pois si, se fas favor sería bo avisar á comunidade por se hai máis persoas que se queren apuntar. Agradecido! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:03, 15 de abril de 2011 (UTC)
Feito! Feito!, un saúdo, --Elisardojm (conversa) 23:21, 15 de abril de 2011 (UTC)
Usuario Cidade Día Hora Notas
Elisardojm Eu vou onde me digades :).
Estevoaei Pontevedra é boa vila
dá de beber a quen pasa
Mércores 20, pero a unha hora prudente que ás 22 hai que ir mirar o Barça
Beninho Pontevedra ou arredores venme ben A priori estou libre calquera dos días mellor pola tarde, pero algún día poderei tamén de mañá
Villalustre Sanxenxo Calquera día Podería acercarme a Pontevedra se fose necesario.
Paradanta Vigo, preferentemente. Tamén me podo achegar a Pontevedra se é preciso. Calquera dos días non festivos (luns, martes ou mércores) pola tarde.
Lameiro Pontevedra Calquera día. Gústame o mércores. Luns a mércores, a partir das 5 da tarde. Xoves en diante, calquera hora (se non implica magrugar)  
Radix2 Vigo Son de vigo, pero a verdade e que ando moy liado asi que case seguro que non vou podr ir recollela :( Non me esperedes
Furado Son de Vilagarcía, así que Pontevedra a teño a un paso. O luns fixo que non podo. O resto dos días intentaría adaptarme ó que decidades, porque non sei vos, pero eu por unha camiseta maaaaaato. Non é seguro. Vaime ser complicado, ainda que farei tódolo posible.

Entón, argallamos a quedada para o mércores 20 a partir das 5 da tarde en Pontevedra? Semella que é o día no que concordamos todos. Que dis, Elisardo? --Paradanta (Cóntame) 12:01, 18 de abril de 2011 (UTC)

Si, o día e a cidade están claros, agora a hora e o sitio que sexan onde vos veña mellor, eu xa pedín libre toda a tarde :). Só unha cousa, o sitio que non sexa moi complicado de atopar que eu Pontevedra non a controlo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:58, 18 de abril de 2011 (UTC)
Mellor nun sitio céntrico da cidade, eu Pontevedra máis ou menos coñézoa, pero non vou poder dispoñer de coche e irei en bus ou tren, así que mellor un sitio céntrico que estea a man para todos. Quizais Estevoaei, pontevedrés de pro, é o máis indicado para nos citar no sitio máis axeitado. A hora, contra as 6 ou así?--Paradanta (Cóntame) 13:17, 18 de abril de 2011 (UTC)

O máis probable é que vaia. Saúdos. --Iago dime 16:00, 18 de abril de 2011 (UTC)

  • Un sitio coñecido, fácil de atopar e preguntar por el e cun aparcamento xusto embaixo é o Cafetín, na Alameda de Pontevedra, no pleno centro da boa vila. Igual Estevo ten en mente outro sitio máis enxebre e menos pijo; nese caso, retiro a miña proposta. A min o mércores ás 6 venme perfectamente. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:20, 18 de abril de 2011 (UTC)

O mércores ás 18 paréceme fantástico, pero quizais podemos facer unha cita máis cultural e menos hosteleira. Podemos quedar a esa hora diante do concello, e visitar as ruínas de Santo Domingo (Iago falou e facer unhas fotos alí), e despois se cadra tomar unha ou dúas. Parece ben ás 18 xunto ao concello? --Estevo(aei)pa o que queiras... 22:35, 18 de abril de 2011 (UTC)

Por min estupendo a todo o que di Estevo. Paradanta, eu podo pasar por Vigo de camiño ó encontro, si queres podo recollerte nalgún sitio ó que sexa doado de chegar, que tampouco controlo Vigo demasiado!! :). O que non sei é si poderei levarte de volta porque depende do que teña que esperar por algunha xente que está pendente de ir máis tarde..., ti dirás. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:04, 19 de abril de 2011 (UTC)
Ás 6 e diante do concello paréceme unha boa hora e un bo sitio. Deica mañá! --Beninho 05:40, 19 de abril de 2011 (UTC)
Paréceme perfecta a proposta de Estevoaei. Elisardo, deixeiche resposta na túa páxina de conversa. Un saúdo a todos! --Paradanta (Cóntame) 11:43, 19 de abril de 2011 (UTC)
Eu non poderei ir, ó final teño que currar... Tomádelle unha por min!Villalustre (parolo'm) 14:28, 19 de abril de 2011 (UTC)
Aínda que non o sei seguro, penso que finalmente non vou poder ir. Portádevos ben! Furado 20:34, 19 de abril de 2011 (UTC)
Boas a todos!, hai unhas fotos da xente que fomos ó encontro, pero non queremos poñelas sin o acordo de todos os que saen nelas, así que para coñecer a vosa idea sobre a súa publicación ou non, cando teñades un momento mandádeme un correo electrónico dicíndome simplemente si estades dacordo ou non para manter o economato de todos. Si un só dos que saen na foto non da permiso gardámolas e listo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:10, 22 de abril de 2011 (UTC)

Camisetas[editar a fonte]

Coméntovos que teño as camisetas na casa e a ver si no verán que hai un pouco máis de tempo libre e sae tamén o sol, fago unhas excursións e xa volas vou levando. Saudos a todos, --Elisardojm (conversa) 01:03, 8 de xuño de 2011 (UTC)

Galencontro 2011[editar a fonte]

Boas, fixen unha proposta na taberna para montar un galencontro, os que teñan pendente recibir a súa camiseta podería ser unha boa oportunidade para que lla levara si podemos coincidir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:22, 17 de xullo de 2011 (UTC)