Desenvolvemento humano (bioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O desenvolvemento humano é o proceso de medrar até a madurez. En prazos biolóxicos, isto implica crecemento dende un cigoto unicelular até un ser humano adulto.

Desenvolvemento biolóxico[editar | editar a fonte]

Aspectos xerais[editar | editar a fonte]

Espermatozoide fertilizando un óvulo

A fertilización ocorre cando o espermatozoide se introduce con éxito na membrana do óvulo. O material xenético do esperma e o óvulo combínanse para formar unha soa célula, chamada cigoto, comenzando a etapa prenatal de desenvolvemento.[1] A etapa xerminal refírese ó tempo dende a fecundación, pasando polo desenvolvemento temperán do embrión, e chegando á implantación. A etapa xerminal ten unha duración de 10 días de xestación.[2]

O cigoto contén un complemento completo de material xenético e desenvólvese no embrión. Pouco despois, os desenvolvementos embrionarios teñen catro etapas: morula, bastula, gastrula etapa e neurula. Antes da implantación, o embrión mantense dentro dunha protección de proteínas, a zona pelúcida, e experimenta unha serie de divisións de célula, chamado mitose. Unha semana despois da fecundación o embrión aínda non medrou en tamaño, mais sepárase da zona pelúcida e adhirese á superficie do útero da nai. Isto induce unha reacción na cal as células uterinas proliferan e rodean o embrión. O embrión prolifera e desenvolve as membranas fetais e a placenta. Nos humanos, o embrión é chamado feto nas etapas máis tardías do desenvolvemento prenatal. A transición dende o embrión a feto é ocorre 8 semanas despois da fertilización. En comparación ó embrión, o feto ten características externas máis recoñecibles e progresivamente vai desenvovendo un conxunto de órganos internos. Un proceso case idéntico ocorre noutras especies.

Etapas físicas[editar | editar a fonte]

O seguinte é algúns gamas de idade para etapas de desenvolvemento físico:

Etapas do desenvolvemento prenatal.
  • Prenatal (O esperma fertiliza o óvulo)
    • Embrión (fecundación - 8 semanas após a fecundación)
      • Cigoto, a etapa de célula soa que ocorre após a fecundación
      • Blastocisto, a etapa antes da implantación, cando o embrión é unha esfera oca.
      • Embrión post-implantación, período 1 – 8 semanas após fecundación (3 a 10 semanas de xestación)
    • Feto, (10 semana de embarazo - nacemento)
Esquema dos períodos de desenvolvemento do neno.
Altura da muller vs idade (CDC dos Estados Unidos)
Altura do home vs idade (CDC dos Estados Unidos)
  • Infancia (Parto) (0 - 19)
    • Neonato (acabado de nacer) (0 – 28 días)
    • Bebé (0 - 12 meses)
    • Cativo (1 – 3 anos)
    • Idade de xogo (3 – 5 anos)
    • Idade escolar en primaria (prepubescencia) (6 - 11)
      • Idade escolar elemental (6 - 11)
      • Preadolescencia (9 – 11 anos)
    • Adolescencia (12 – 19 anos)
  • Adulto (20+ anos)
    • Adulto mozo (20 – 39 anos)
    • Adulto maduro (40 – 60 anos)
    • Ancián/Adulto maior grande (60+ anos)
  • Morte (imprevisible)
    • Descomposición (desagregación do corpo após morte)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sherk, Stephanie Dionne. Gale Encyclopedia of Children's Health, 2006, ed. "Desenvolvemento prenatal". Gale. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2013. Consultado o 6 de outubro de 2013. 
  2. Mosby's Medical Dictionary, 8th edition. (ed.). "germinal stage". Elsevier. Consultado o 6 de outubro de 2013. 
  3. Growth of Asthmatic Children Before Long-Term Treatment with Inhaled Corticosteroids T. Moudiou‌, D. Theophilatou‌, K. Priftis‌ and A. Papadimitriou, M.D. Journal of Asthma. 2003, Vol. 40, No. 6, Pages 667-671.
  4. "Jaffe-Campanacci Syndrome.". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2013. Consultado o 09 de marzo de 2017. 
  5. Persistent osteopenia in adolescent idiopathic scoliosis (AIS) – Factors predisposing to generalized osteopenia, a cross-sectional and longitudinal investigation Warren T.K. Leea, C.S.K. Cheunga, Y.K. Tsec, W.W. Chaua, L. Qina and Jack C.Y. Chenga. doi 10.1016/j.ics.2006.08.003

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]