Abstracción
A abstracción é o proceso de xeneralizar regras e conceptos a partir de exemplos específicos, significantes literais (reais ou concretos), primeiros principios ou outros métodos. O resultado do proceso, unha abstracción, é un concepto que actúa coma un nome propio para todos os conceptos subordinados e conecta todo concepto relacionado nun grupo, campo ou categoría.[1]
As abstraccións e os seus diferentes niveis xogan un papel importante na teoría da semántica xeral iniciada por Alfred Korzybski. Segundo Anatol Rapoport, "a abstracción é un mecanismo polo cal unha infinda variedade de experiencias pode relacionarse con breves sons (as palabras)".[2] Unha abstracción pode elaborarse filtrando o contido informativo dun concepto ou un fenómeno observable, seleccionando só aqueles aspectos que son relevantes para un propósito particular. Por exemplo, abstraer unha pelota de fútbol cara á idea xeral dunha pelota implica seleccionar unicamente a información dos atributos xerais dunha pelota e o seu comportamento, excluíndo mais non eliminando o resto de características fenoménicas e cognitivas da pelota concreta.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Langer 1953, p. 90.
- ↑ Rapoport 1950, p. 43.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Langer, Suzanne K. (1953). Feeling and Form: A Theory of Art Developed from Philosophy in a New Key (en inglés). Charles Scribner.
- Rapoport, Anatol (1950). Science and the Goals of Men (en inglés). Harper & Bros.
Este artigo sobre filosofía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |